12.5 C
Pontevedra
Mércores, 17 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasO Goberno de Ponteareas cualifican de "despropósito" o pintado da Avenida de...

    O Goberno de Ponteareas cualifican de “despropósito” o pintado da Avenida de Castelao

    A concelleira de Vías e Obras, Chus Garrote, e o concelleiro de Tráfico e Mobilidade, Roberto Mera, tacharon de “despropósito” e “grave irresponsabilidade” o pintado da Avenida de Castelao por parte da Xunta de Galicia. Ambos edís lembraron que as obras de asfaltado concluiron hai uns dous meses “e o pintado continua incompleto”.

    “Faltan os cebreados en zonas de seguridade, cedas ao paso ou stops, frechas de xiro, etc”, sinalan e recordan que “ao rematar o asfaltado a Xunta dispuxo de bastantes días con bo tempo para facer o pintado. A pesares dos nosos requirimentos non o fixeron. Tras un mes de novembro de choivas, existía o compromiso de comezar o pintado o luns 2 de decembro ante a previsión de bo tempo, pero os traballos non comezaron até o festivo 6 de decembro, de tarde e noite”.

    Garrote e Mera acusan á Xunta “de deixar pasar unha semana enteira de bo tempo e vir no último momento para deixar o traballo de novo sen rematar”. Engaden que “en lugar de pintar nos primeiros días de bo tempo, fixérono de noite e con néboa e humidade no chan de maneira que o pintado é de mala calidade”.

    Por último, os edís lamentaron que a Xunta néguese a facer o paso de peóns solicitado polo Concello a carón do coñecido como Parque de Mota e anunciaron que a súa realización será asumida polo goberno local “porque o primeiro é garantir a seguridade dos peóns”.

    Para Garrote e Mera, o acontecido revela aínda máis a necesidade de que “a Xunta negocie un acordo para traspasar ao Concello a competencia sobre a Avenida de Castelao, entregándoa debidamente humanizada de maneira que no futuro a responsabilidade sobre o mantemento e xestión da rúa sexa municipal”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.