Luns, 24 Marzo de 2025

Redondela expedienta a unha empresa por colocar carteis en espazos públicos sen autorización

O Concello considera os feitos como “infracción grave” que podería carrexar unha sanción de ata 1.500 euros

A Alcaldía de Redondela ditou este luns unha resolución pola que se inicia un expediente sancionador contra unha empresa que anuncia un oulet no IFEVI “pola instalación sistemática de carteis publicitarios sen autorización en diferentes espazos públicos”.

Os feitos, segundo consta na Resolución, constitúen “unha infracción grave segundo a Ley do Patrimonio das Administracións Públicas (LPAP)” o que pode carrexar unha multa de hasta 1.500 euros.

Asi mesmo, o Concello de Redondela vén de requirir á empresa “á retirada no prazo improrrogable de tres días naturais de todos os carteis instalados”. No caso de que a empresa non cumprira con este requirimento, ditos carteis serían retirados polos correspondentes servizos municipais “cobrándoselle á empresa o custo desta actuación e os posibles danos causados” segundo dispón o artigo 193.3 da antedita LPAP.