12.4 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasVinte persoas desempregadas comezan en Ponteareas o obradoiro «Coidar de Nós II»

    Vinte persoas desempregadas comezan en Ponteareas o obradoiro «Coidar de Nós II»

    O goberno do BNG-PSOE aposta por ofrecer formación en sectores punteiros que demandan traballadores e por vez primeira ofrecerase unha especialidade na rama forestal para actuar nas horas prácticas no parque forestal da Picaraña

    A concelleira de Emprego, Vanesa Fernández e o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas inauguraron hoxe un novo obradoiro de emprego ‘Coidar de Nós II’ que dará unha oportunidade laboral a vinte persoas desempregadas, ofrecendo por vez primeira formación para o sector forestal.

    Acompañados polo xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial, e polo director da Axencia para a Industria Forestal, José Ignacio Lema, o goberno do BNG-PSOE deu hoxe a benvida ao alumnado que se formará e traballará tanto na rama de sociosanitaria como na de forestal.

    Durante nove meses recibirán formación teórica e práctica para acadar un doble título. Por un un lado, as/os dez alumnos de sociosanitaria prepararánse para a atención de persoas dependentes en domicilio e tamén en institucións sociais. Por outro lado, o alumnado da rama forestal formarase para desenvolver actividades de auxiliares en conservación e mellora de montes e para realizar repobacións forestais e tratamentos silvícolas ou mantemento de camiños forestais ou ser peón forestal ou de explotacións forestais.

    “O obradoiro de emprego pemite que vinte persoas desempregadas teñan maior formación para acadar a inserción laboral pero tamén redunda nunha mellora dos servizos ofrecidos á cidadanía porque o seu traballo contribuirá no coidado dos nosos maiores e tamén do noso patrimonio natural”, explicou Vanesa Fernández.

    O alumnado deste segundo obradoiro ‘Coidar de nós II’ deixará a súa pegada no concello de Ponteareas realizando as súas tarefas tanto na residencia de maiores Santa Ana como en moitos domicilios da nosa cidade mentres o alumnado da rama forestal actuará no parque forestal da Picaraña.

    O alcalde de Ponteareas agradeceu a colaboración da Xunta e das comunidades de montes en man común e destacou a importancia de acoller un obradoiro da rama forestal dada a importancia que ten este sector que sostén un volume de negocio de máis de 2.200 millóns de euros cunha cifra de facturación en exportación de máis de 800 millóns de euros.

    O goberno do BNG-PSOE posibilitou que nestes últimos cinco anos se ofreceran de xeito continuado e estable obradoiros de emprego que deron unha oportunidade laboral a 100 alumnas e alumnos e 30 técnicas/os encargados de ofrecer a formación, todos eles e elas desempregadas.

    Dende o goberno local consideran imprescindible apostar por sectores punteiros que actualmente demanden traballadores como é o sector forestal que se atopa en crecemento e o sector sociosanitario no que se acadou o 100% da inserción laboral nos últimos dous anos.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.