10.2 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaIsabel Blanco presenta en Redondela o seu libro «La muerte de Marilyn...

    Isabel Blanco presenta en Redondela o seu libro «La muerte de Marilyn y otros relatos»

    Na presentación participarán tamén a alcaldesa Digna Rivas e a avogada do Centro de Información á Muller, Mercedes Carreira

    A Casa da Cultura de Redondela acolle, este venres 13 de decembro ás 19 horas, a presentación do libro de Isabel Blanco «La muerte de Marilyn y otros relatos». Cinco historias nas que o amor e a morte forman parte de todas elas.

    La muerte de Marilyn, El reloj, La boda, Pecados veniales e La niña Perla, las muertes de la calle Estrecha y las pintadas, constitúen un compendio de historias “incisivas, inquietantes ou disparatadas”, nas que se tratan temas como o trastorno disociativo, a miseria moral dos vencedores da Guerra Civil, a ambición, as diferencias de clase ou mesmo unha historia de crímenes en serie.

    Na presentación, Isabel Blanco estará acompañada da alcaldesa de Redondela, Digna Rivas e da avogada do Centro de Información á Muller (CIM), Mercedes Carreira.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.