Mércores, 30 Xullo de 2025

A Biblioteca Pública Municipal da Guarda conta xa cunha sección de temática feminista

0

Na xornada do martes 2 de marzo o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, a concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes, a concelleira de educación Fátima Rodríguez e Marisol Diz, responsable da Biblioteca Pública Municipal da Guarda, deron a  coñecer a posta en marcha do “Punto Lila”.

O “Punto Lila” é un espazo no que se recollen máis de 130 exemplares de temática feminista no que a muller, a igualdade e a coeducación son os protagonistas, atopando exemplares de autoras consagradas comaRosalía de Castro, Concepción Arenal ou Emilia Pardo Bazán.

Ata o de agora estes exemplares atopábanse en diferentes seccións da biblioteca e foron seleccionados para formar parte desta nova sección, que se irá completando con outros novos exemplares que serán adquiridos proximamente para incrementar a oferta literaria da Biblioteca Pública Municipal da Guarda.

Para Montserrat Magallanes esta é unha nova iniciativa para por en valor o papel da muller dentro da literatura e unha das accións enmarcadas nas propostas municipais para conmemorar o Día Internacional da Muller o vindeiro 8 de marzo.

Nigrán aproba a renovación completa da tubaxe de impulsión en Torrente Ballester para impedir calquera posible verquido á foz

0

O goberno de Nigrán aprobou onte o proxecto de obra por valor de 108.150 € para instalar unha nova tubaxe de impulsión no tramo de Torrente Ballester, na Ramallosa, zanxando así con calquera posible problema de verquidos á Foz do Miñor en caso de roturas. O prazo de execución previsto é de 2 meses e comezará nas vindeiras semanas. Anteriormente, Aqualia substituirá 580 metros de tubaxe mediante o sistema de encamisado (evita abrir gabias) na Xunqueira á altura de A Golada, cun investimento de  143.000 € e completándose así toda a Avenida de Portugal.

Segundo o propio proxecto recolle, a tubaxe de impulsión discorre paralela ao colector de saneamento da rúa Torrente Ballester e está obsoleta tras superar ampliamente a súa vida útil, polo que ten que ser reparada constantemente ante as roturas habituais ao ser unha estrada que soporta bastante tráfico. A nova proposta consiste na súa substitución íntegra por unha tubaxe de polietileno de 250 mm de diámetro e 1 qm de lonxitude (desde a Alameda ata Lourido). Para elo, o tramo de pedra da Alameda de San Campio e o escalón da cafetería da Terceira Idade será reposto coas mesmas pezas para evitar calquera impacto estético, mentras que no cruce do carril bici e no propio aglomerado da rúa substituirase por materiais idénticos (boa parte discurrirá pola terra das zonas axardinadas, polo que non terá impacto na estrada).

“Ante o risco medioambiental constante que supón unha tubaxe nestas condicións propensas a rachar optamos por substituíla ao 100%, polo que unido a actuacións complementarias na zona que realizamos os pasados anos, podemos dicir que Nigrán zanxará calquera posible problema de verquidos puntuais á Foz ao ter toda a infraestrutura renovada”, explica o alcalde, Juan González, sobre este espazo integrado na Red Natura 2000.

Este investimento de Aqualia súmase aos preto de 80.000 euros no ano 2016  na contorna da Alameda de San Campio, onde se arranxou o cruce de Torrente Ballester con Manuel Lemos cun novidoso sistema de ‘encamisado’ que evita abrir gabias (consiste en instalar manguitos de fibra de vidro chamados packers e mediante a inxección de aire a alta presión, se infla e comprime contra as paredes do colector; unha vez seco se desinfla e extrae, quedando xa selado). Esta actuación integral demandada desde o Concello incluíu a impermeabilización do pozo de bombeo xeral ubicado na Alameda, que presentaba filtracións nas paredes laterais e no fondo (nese mesmo ano realizouse a conexión á rede de saneamento do centro da terceira idade, que sorprendentemente vertía directamente ao río dende a súa creación). Xa máis recentemente, substituíronse todos os colectores do tramo da Avenida de Portugal, polo que todo o trazo do esteiro de A Foz de Nigrán será novo.

“Temos un compromiso claro de mellora e protección do medio ambiente, por iso dende o Concello e Aqualia levamos a cabo un control absoluto da rede de saneamento. O obxectivo é acabar con tódolos verquidos coa maior urxencia. Na contaminación da Foz do Miñor están implicados os tres concellos da comarca e Nigrán está facendo tódolos deberes”, sinala o alcalde.

Redondela organiza as ‘Xornadas de Muller e Igualdade «Gemma Pereira Otero»

0

O martes 9 de marzo, Redondela acollerá as I Xornadas de Muller e Igualdade «Gemma Pereira Otero», unha iniciativa que nace co obxectivo de ser un foro de debate aberto sobre todos aqueles temas que permitan poñer en valor o papel da muller na sociedade e a súa loita por acadar unha igualdade real como único camiño para conseguir unha sociedade máis xusta.

A alcaldesa e concelleira de Igualdade, subliñou a importancia da creación destas Xornadas de Muller e Igualdade Gemma Pereira Otero, que servirá “para poñer o foco de atención sobre o papel da muller na sociedade e a importancia que ten a igualdade para acadar unha sociedade máis xusta e, polo tanto, máis decente”.

“Queríamos –dixo Digna Rivas– que este foro que agora nace e que se desenvolverá todos os anos con diferentes temáticas, levara o nome de Gemma Pereira Otero, unha redondelá posiblemente descoñecida para a maioría da veciñanza, pero que foi unha das primeiras mulleres pioneiras en estudar unha carreira de ciencias e a primeira muller que rexentou unha farmacia en Redondela, un campo ata o momento restrinxido aos homes”.

“Con ese nome queremos non só dar a coñecer a súa figura, senón perpetuar o seu legado cunhas xornadas que poñan sobre o tapete de debate todos os temas que afectan directamente á muller, visibilizalos e contribuír a construír un camiño igualitario”.

As Xornadas, iniciativa da Concellería de Igualdade que xestiona a alcaldesa Digna Rivas, desenvolveranse nesta primeira edición coa colaboración da Asociación AMA. Baixo o nome xenérico de ‘Arte de Vivir, o parto e nacemento, motivo de creación social e artística’ se achegará ao público “un movemento artístico-creativo para afondar en todos os ciclos vitais e no equilibrio entre o feminino e masculino que hai en cada ser”.

Nesa filosofía de traballo, o martes 9 de marzo, haberá unha xornada “promotora de debate e pensamento” que por motivo das medidas de seguridade sanitaria dadas pola actual situación de pandemia, se desenvolverán en formato online.

Logo da apertura da rede para conferenciantes e asistentes en liña que terá lugar de 9 h a 9:15 horas, a alcaldesa de Redondela Digna Rivas e a doutora Igualdade Marina Iglesias Bernardez, presidirán o acto oficial de apertura das xornadas.

De seguido, Maria Rivas Couceiro e María Romero Morillo presentarán o movemento ‘Arte de Vivir’ que dará paso ás xornadas propiamente ditas. Nelas, de 10 h a 11:45 horas, desenvolverase a primeira mesa redonda que levará por título “Desde o parto e crianza; Construír Igualdade, redes e novas realidades”, na que participarán como relatoras Montse Catalán Morera; Carmen Tejero Lainez e Carmen Escrivano Maíllo ás que se sumarán posteriormente para o debate Luna Brigantia: Marta Bernárdez Carbón y Carmen Amorín Pedrosa; Gaia ecocrianza e MaterFEM: Sabela Losada Cortizas.

Tras unha pausa para o café, ás 12 horas comezará a segunda das mesas redondas co tema O saber maternal como legado e transmisión cultural” e na que participarán Ana Filgueiras Rei e Núria Pereira Martínez. O acto rematará cun debate e rolda de preguntas das persoas asistentes en liña.

Consello Municipal de Deportes do Rosal, un foro de debate do que nacerán propostas e ideas de futuro

0

O Concello do Rosal continúa apostando pola colaboración activa e estreita coa sociedade para seguir avanzando nos distintos ámbitos municipais. Con este obxectivo, hai uns días constituíase o Consello Municipal de Deportes, un órgano consultivo integrado por representantes de todos o tecido deportivo do Rosal que funcionará como foro de debate e reflexión, como viveiro de propostas e como fonte de visión crítica para abordar calquera cuestión relacionada con este eido na localidade.

“Temos a sorte de contar co bo facer de deportistas e clubs, que están a facer un grande esforzo por continuar coa súa actividade a pesar das dificultades coas que nos atopamos nestes intres”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, quen salientou na reunión inicial a capacidade de clubs e deportistas para “adaptarse e readaptarse á situación cambiante para poder seguir desfrutando do deporte seguro”.

Xunto ao concelleiro de Deportes e ao de Participación Veciñal, Germán Fernández e Ramón Fernández Leal, o Consello está integrado por representantes do Acanor Novás Valinox de balonmán, da UD Ribera de fútbol, do Club Atletismo Trega, do Club Ciclista O Rosal, e dos clubs de petanca, fútbol gaélico, futgolf ou judo. Tamén conta coa participación de deportistas relacionados co décatlon ou o trial, como o olímpico David Gómez e o piloto Gabriel Marcelli, coa futbolista Sara Álvarez, o activista deportivo Ignacio Rivas, o ciclista Christian Silva, o asesor deportivo Víctor Valderradam, o ex ciclista profesional e animador deportivo Serafín Martínez ou o profesor de Educación Física xa retirado Félix Piñel.

Neste primeiro encontro por videoconferencia abordouse a propia constitución do Consello e fíxose a primeira toma de contacto deste órgano. Así, na reunión explicáronse as liñas xerais da folla de ruta do Concello no ámbito deportivo, na que se contempla tamén unha descentralización para levar a actividade deportiva aos barrios. Por outro lado, durante o encontro abordáronse cuestións como a promoción do deporte base, a necesidade de maior información sobre as instalacións deportivas municipais e de asesoramento en materia de subvencións e axudas, a posibilidade de colaboración con municipios da contorna para o aproveitamento de recursos, a adaptación e creación de instalacións contando co asesoramento dos propios técnicos e deportistas, a realización de novas actividades ou o fomento do apoio económico entre as empresas.

O Consello Municipal de Deportes súmase así ao de Cultura, o de Igualdade e ao de Desenvolvemento Local, que buscan crear un espazo de suma de sinerxías, experiencias, ideas e valores dende unha perspectiva positiva nos distintos ámbitos da vida da localidade.

O Servizo Galego de Saúde reforza as vías para actualizar os datos da tarxeta sanitaria

O Servizo Galego de Saúde salienta que a cidadanía galega ten a súa disposición varias ferramentas para actualizar os datos da tarxeta sanitaria. Ben a través da súa páxina web (www.sergas.es), se se ten certificado dixital para garantir a protección de datos do usuario, ou, tamén, acudindo ou chamando ao centro de saúde correspondente.

Coa posta en marcha do Plan de Vacinación, o departamento sanitario galego pon a disposición da cidadanía outro número máis, o 981 569 540, que activa un desvío de chamadas para contar con maior número de operadores para, deste xeito, poder atender a demanda. Dado o elevado número de chamadas recibidas na xornada de onte, ao redor de 100.000, o Sergas lembra á cidadanía que, só é necesario que chamen, neste momento, os maiores de 80 anos que aínda non foron chamados para vacinar, e teñan a certeza de que os datos da súa tarxeta non están actualizados.

Non é necesario que chamen os cidadáns que pertencen a colectivos como educadores, sanitarios, membros de Forzas de seguridade do Estado, etc, dado que estes son chamados a través dos datos, xa actualizados, que envían á Consellería de Sanidade os colexios profesionais ou entidades responsables de cada colectivo.

Tampoco teñen que chamar para actualizar os datos as persoas que non teñan tarxeta sanitaria do Sergas, xa que son chamados polas listaxes que envían á Consellería de Sanidade, MUFACE, ISFAS, etc.

Reforzo a traves do envío de SMS

O Sergas reforza agora tamén as vías para actualizar os datos, co envío de SMS cun pequeño texto no que se lles pregunta aos cidadáns se os teléfonos adscritos á súa tarxeta son correctos. Se son correctos, non é necesario facer ningún trámite.

As mensaxes de SMS enviaranse primeiro aos maiores de 80 anos, aos que se está a vacinar agora contra a covid, e logo á poboación en xeral por tramos de idade. Respecto á vacinación dos desprazados, todos os que están recoñecidos polo Servizo Galego de Saúde atópanse na base de datos, se foron ao seu centro de saúde a darse de alta, e serán chamados a vacinarse cando lles corresponda.

A fiscalía arquiva a denuncia dunha asociación contra o Concello de Ponteareas pola obra da caldeira de biomasa

A Fiscal Xefe da área de Vigo decretou o pasado día 22 o arquivo da denuncia presentada pola Asociación ‘Ponteareas Saludable’ en relación coas obras da caldeira de biomasa e da rede de calor. A asociación interpuxera o 22 de outubro de 2020 unha denuncia contra o alcalde de Ponteareas, a Xunta de Goberno, o Secretario, Interventora e a mesa de contratación da obra da rede de calor, por un presunto delito de prevaricación e usurpación de bens inmobles, alegando que os terreos non eran municipais. A Fiscal Xefe sinala no decreto de arquivo da denuncia “que non existe nin delito de prevaricación nin de usurpación”.

Con carácter previo ao arquivo, a fiscalía solicitou información ao Concello quen facilitou toda a documentación existente. Dacordo cos datos dispoñíbeis os terreos foron transmitidos pola súa propietaria a unha fundación de beneficencia creada en 1967, que debía ser xestionada conxuntamente polo Concello e os superiores das dúas ordes relixiosas existentes daquela en Ponteareas. Dende 1967 nunca se chegou a aprobar un regulamento sobre o funcionamento de dita fundación nin os seus estatutos se chegaron a adaptar á nova normativa vixente dende 1984. Tampouco existen actuacións da fundación dende 1989 nin actuacións do protectorado da Xunta que ten como función velar polo correcto e legal funcionamento das fundacións. Tampouco consta a presentación de contas anuais nin plans de actuacións da fundación.

Entre os anos 1978 e 1983, baixo a alcaldía de José Castro, iniciáronse dous expedientes de expropiación para adquirir os terreos. Sen embargo, non se chegou a realizar a expropiación e o Concello presidido por Castro cedeu directamente os terreos á Xunta para destinalos ao Centro de Servizos Sociais e aos edificios da Residencia de Maiores e, logo, Centro de Día.

No ano 1997, aínda baixo o goberno de José Castro, a Xunta transferíu ao Concello de Ponteareas os edificios construidos sobre os terreos. Segundo un informe do Secretario Municipal, os terreos, ao levar máis de 30 anos sendo posuídos polo Concello de forma pública, ininterrumpida e sen oposición de ninguén, poderían ser adquiridos formalmente pola administración municipal.

O Goberno Local salienta que “durante máis de 50 anos a Fundación non existíu na práctica. O Concello, baixo o mandato de José Castro, empregou os terreos como propios para fins públicos, se ningunha intervención da Fundación, pero destinándoos a fins sociais, respectando a vontade da súa propietaria”. Segundo o goberno actual “resulta rechamante que agora, 50 anos despois, e con varios edificios públicos construidos nos terreos, algúns reclamen uns presuntos dereitos dunha fundación formada polo propio Concello e unha orde relixiosa”. Para o executivo local “o importante é que os terreos se adicaron e se adican a fins públicos tal e como quería a súa antiga propietaria cando decidíu doalos a unha fundación participada polo propio Concello”.

O Goberno Municipal expresou a súa satisfacción pola decisión da Fiscalía que “corrobora que a nosa actuación foi legal e correcta”. “O tempo pon as cousas no seu sitio” segundo o executivo local que lembra que “os detractores da caldeira de biomasa recorreron á manipulación e ao alarmismo chamando central térmica ao que é unha caldeira e anunciando que se instalarían 4 grandes chemineas de 4,5 metros de diámetro. Hoxe a cheminea está instalada e calquera pode comprobar que é equivalente a unha saída de gases dun restaurante”.

Mondariz e Mos pasan a nivel 2 de restrición pola COVID logo da reunión do Comité Clínico desta noite e Redondela baixa ao nivel 3

O Comité clínico que fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia vén de propoñer, na súa reunión de hoxe, que os concellos de Mos e Mondariz queden no nivel dous de restricións e que Redondela baixe ao nivel 3 que permite a mobilidade con toda Galicia agás con Mos e Pazos de Borbén –en nivel 2– e con Soutomaior que é o único municipio de Galicia que permanece no nivel máximo.

Mondariz e Mos, polo tanto, pasarán a ter as medidas restritivas que corresponden ao Nivel 2 con reunións de ata catro persoas non convivintes e coa hostalaría con apertura só nas terrazas, cun 50 % de ocupación e con peche ás 18 horas.

No que á mobilidade fai referencia, as veciñas e veciños de Mondariz só poderán desprazarse ata Pazos de Borbén (que se atopa no mesmo nivel) e a mesma circunstancia rexe para Mos que ten a Pazos de Borbén como único municipio limítrofe no seu mesmo nivel.

A baixada ao Nivel 3 de Redondela permitirá a apertura da hostalaría ata as 18 horas cun 50 % de ocupación nas terrazas pero tamén cun 30 % no interior. Amais poderá abrir instalacións deportivas como ximnaxios e piscinas e poderán realizar deporte xuntos ata catro persoas non convivintes pero sempre con máscara de protección.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do venres día 5 de marzo.

O AECT Río Minho habilita un rexistro de persoas afectadas polo peche da fronteira con Portugal para reclamar indemnizacións

O AECT Río Minho ten operativo dende hoxe o rexistro de persoas afectadas polo peche da fronteira co fin de proceder á tramitación de posibles indemnizacións. Nas primeiras horas dende a súa posta, sen aínda difusión oficial, o rexistro xa recibiu máis dunha ducia de reclamacións, que se prevé aumenten considerablemente nos vindeiros días.

O obxecto deste rexistro é coñecer a casuística de cada unha das persoas afectadas e poñerlle nome e apelidos a unha situación que está a prexudicar a un elevado número de persoas que están a perder tempo e diñeiro diariamente ao non ter todos os pasos da fronteira abertos.

“Sabemos que hai moitas persoas afectadas e ata o de agora dirixíanse aos seus concellos, as administracións máis cercanas, para queixarse e saber como actuar. Con esta iniciativa do AECT queremos centralizar as reclamacións nunha ‘oficina de afectadas’ conxunta e traballar co fin de tramitar posibles indemnizacións, xa que entendemos que o territorio do Miño debe ser compensado economicamente pola decisión dos estados de pechar a fronteira e non deixar máis que un paso. Hai un grande impacto que iso está a ter na economía”, explicou o deputado de Cooperación Transfronteiriza e vicedirector do AECT Uxío Benítez.

No formulario online que se pode atopar nesta ligazón (tamén hai a opción de cubrir un PDF) as persoas interesadas deben deixar os seus datos persoais, aclarar se son particulares, empresas ou autónomos, o sector no que traballan (servizos, industria ou comercio), o número de viaxes que debe realizar entre ambos lados da fronteira, o número de quilómetros que percorren habitualmente coa fronteira aberta e coa fronteira pechada. Tamén se solicitan datos sobre os perxuízos padecidos: percorrer máis distancia e gastar máis tempo no traxecto entre a residencia e o lugar de traballo, aumento do custo do desprazamento, redución de clientes da outra marxe ou impedimento de atravesar a fronteira.

Todos estes prexuízos que xa foron constatados polo estudo socioeconómico elaborado polo profesor Xavier Cobas da Universidade de Vigo, no que se puña de manifesto o dano que o peche da fronteira engade á situación da pandemia na economía miñota. As perdas de facturación cifráronse en máis de 92 millóns de euros só nos sectores de hostalería e comercio a consecuencia do primeiro confinamento e o peche da fronteira entre Pontevedra e Portugal na primeira vaga da pandemia, entre o 17 de marzo e o 30 de xuño do pasado ano. “Para este novo peche de fronteiras –lembrou Benítez– prevese que ‘Efecto Fronteira’ sexa maior, xa que hai máis actividade económica aberta”.

Benítez lembrou que o AECT presentará alegacións ao programa operativo POCTEP 2021-2027 que está en fase de exposición pública para que se garanta que os fondos se destinen ás zonas de raia e se creen partidas específicas para a zona do Miño. Tamén se prevé aprobar unha moción sobre este tema nos 26 concellos para reivindicar ante todas as institucións tanto a apertura inmediata dos pasos como as compensacións económicas polo peche.

Galicia segue baixando o número de casos activos por coronavirus para situarse nos 4.953

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.953, deles 1.612 son da área da Coruña, 456 da de Lugo, 280 da de Ourense, 722 da de Pontevedra, 842 da área de Vigo, 554 da de Santiago e 487 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 105 están en UCI, 383 en unidades de hospitalización e 4.465 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 105.552 persoas curadas, rexistrándose 2.252 falecementos. O número de PCR realizadas é de 1.676.059.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 223.879.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través dos propios centros e as xefaturas territoriais. A listaxe completa dos colexios de Galicia pode descargarse nesta ligazón.

“Emprégate desde a Igualdade” entra na segunda fase e aposta pola inserción socio-laboral de 16 mulleres desempregadas

0

A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona, a través do Centro de Información á Muller,  puxo en marcha no mes de novembro o programa “Emprégate desde a Igualdade” para mellorar a inserción socio laboral das mulleres. Esta iniciativa, promovida de forma conxunta co Instituto das Mulleres e para a Igualdade de Oportunidades, busca incrementar a empleabilidad das mulleres mellorando as súas expectativas e a súa calidade de vida.

Dirixido a 16 mulleres desempregadas, o programa desenvólvese de forma presencial en dous grupos a través dun itinerario integrado e personalizado, con accións de apoio e acompañamento ao proceso de inserción laboral. Co fin manter as medidas de prevención ante a COVID19 e atendendo ás necesidades de conciliación familiar e persoal das participantes, establecéronse que os dous grupos asisten de luns a venres en horario de 09.00 hs a 13.00 hs. .

Mediante o traballo grupal participativo e tutorías individuais, o programa consta de varias fases, unha inicial onde se fomenta a autoestima e confianza das participantes para que se convertan en protagonistas do seu propio proceso de inserción, xunto a unha segunda ao redor de información e asesoramento para definir o perfil profesional, expectativas e oportunidades. O programa, que se desenvolve a través dun itinerario integrado de inserción, atópase neste momento nesta segunda fase de execución onde se orienta ás participantes para definir o seu perfil profesional.

A mediados de abril dará comezo a acción formativa “Actividades Auxiliares de Comercio” cun total de 210 horas e que, co fin de promover un achegamento práctico ao mercado laboral, inclúe prácticas no comercio e empresas da zona.

De forma simultánea, as participantes no programa, realizan outras accións formativas que lle permiten mellorar a súa empregabilidade e estar máis preparadas para afrontar o mercado de traballo. O programa ten unha duración de 8 meses.

A Concelleira de Igualdade do Concello de Baiona, Yasmina Moreira Costas, destaca:

“É fundamental mellorar a empregabilidade das mulleres, neste escenario de pandemia, cansanzo e falta de oportunidades laborais, o desenvolvemento deste programa axuda a tecer redes entre as mulleres de Baiona, mellorando a súa autoestima, formándose en diversidade de campos e ofrecéndolles unha oportunidade na iserción laboral do municipio”.

Mos pon en marcha unha baixada de impostos para compensar o catastrazo anunciado polo Ministerio de Facenda

0

Esta mañá celebrouse a primeira xuntanza da Comisión de Seguemento do novo Procedemento de Valoración Catastral constituída no pasado Pleno celebrado o 22 de febreiro como parte da moción presentada ‘in voce’ con carácter de urxencia polo goberno local para solicitar a moratoria dun mínimo de 2 anos do proceso e que foi aprobada por unanimidade pola totalidade dos membros da Corporación Municipal.

A devandita Comisión está integrada pola alcaldesa, Nidia Arévalo, os voceiros/as dos 4 grupos integrantes da Corporación, o Secretario e Tesoureira municipais.

Nesta sesión constitutiva a rexedora local mosense deu conta dos avances realizados nos últimos días de traballo conxunto entre a Alcaldía, Secretaría e Tesourería municipais, que mantiveron diversas comunicacións co ORAL e o Catastro a este respecto.

Desde o Concello, despois de que fose publicada sen previo aviso a revisión catastral con data 18 de febreiro, presentouse a pertinente alegación que aínda non foi respostada pois o prazo de presentación de alegacións remata o vindeiro xoves 4 de marzo. Así mesmo, a maiores da alegación e solicitude de moratoria, o Concello de Mos porá en marcha unha serie de medidas para tentar reducir o impacto deste novo Procedemento de Valoración Catastral nos petos dos mosenses. Medidas das que xa se deu conta na xuntanza desta mañá:

  1. Solicitar ao ORAL a posibilidade de máximo fraccionamento e facilidades de pago para os contribuíntes.
  2. Baixar o tipo impositivo do IBI ao mínimo.
  3. Reducir o imposto de rodaxe (atópase en estudo económico para establecer a rebaixa exacta que implicaría).
  4. Estudar con Catastro a posibilidade de baixar o valor do solo para que o importe a pagar polos particulares sexa menor.

Así mesmo Arévalo manifestou novamente o seu “disgusto como alcaldesa polo mal comezo de Catastro neste procedemento, coa actitude demostrada co Concello de Mos, no que actuaron sen previo aviso e sen respectar a autonomía municipal, xa que a administración local ten dereito a decidir en que momento se fai unha ponencia de valores deste tipo e, desde logo, este non era o momento en plena crise económica derivada da COVID-19”, declarou a rexedora mosense.

Ademais insistiu en que “o argumento de que esta revisión entra en vigor pola aprobación do Plan Xeral en 2017 é incerto, xa que as normas urbanísticas do Porriño son de 2014 e Salceda non ten PXOM, e tamén son municipios que se ven afectados por este Procedemento Simplificado de Valoración Catastral”.

Na reunión celebrada por videoconferencia tamén se deu conta do próximo comezo da chegada de notificacións do Catastro aos fogares mosenses co valor catastral das súas propiedades (non o que van pagar). Nese momento os veciños afectados deberán dirixirse ao Catastro ou ao ORAL para presentar alegacións e/ou solicitar información ao respecto, xa que existe un convenio entre a Deputación de Pontevedra e o Catastro polo que este delega no ORAL as competencias de atender e explicar á veciñanza contribuínte este tipo de situacións e/ou procecementos e, en xeral, todo asesoramento e atención ao público necesarios no que a recadación de impostos e taxas se refire.

Tui reinviste unha baixa do Plan Concellos nun tanque e chafariz de combustible co software de control

0

O Concello de Tui investiu 15.212 €, procedentes dunha baixa da licitación da Substitución da Cuberta da nave de Guillarei ao abeiro da liña 1 do Plan de Concellos 2018-2019, na adquisición dun tanque e chafariz de combustible.

En concreto trátase dun tanque e chafariz de combustible (gasóleo) de dobre mangueira, con capacidade de 10.000 litros, que se colocou na nave municipal de Guillarei. Tamén se adquiriu o software e material necesario para o control eficiente do consumo do gasóleo.

Con este novo sistema de almacenaxe increméntase a capacidade do depósito, pasando dos 5.000 litros de capacidade aos 10.000 litros. Isto posibilita unha mellora notable na negociación de prezos do combustible, xa que no mercado prodúcense baixadas substanciais de prezos á hora de aumentar o volume no pedido de carburantes. Este novo chafariz ten a maiores dúas mangueiras, o que permite a repostaxe de dous vehículos á vez, reducindo o tempo de espera.

Outra das melloras, é o programa de software sinxelo e eficiente para control de consumos, que ten en conta o gasto pormenorizado por vehículo, por percorrido e condutor, isto permite crear estratexias de desprazamentos maximizando a eficiencia da frota dos vehículos municipais.

Un 95% dos vehículos municipais funcionan con carburante gasóleo, incluídos os vehículos que prestan o servizo de recollida de lixo. Todos eles deberán encher neste chafariz situado na nave de Guillarei.

Estas melloras conseguidas co novo chafariz, veranse reflectidas nunha baixada do gasto corrente no consumo de gasóleo para vehículos, que poderán ser analizadas ao final deste exercicio 2021.

O Concello e a Policía Local establecen protocolos coa hostalería para garantir o cumprimento das restricións

Os establecementos de hostalería do Porriño recibirán unha folla informativa para que coñezan as medidas que deben adoptar e para que teñan a información necesaria para descargar os códigos QR. Axentes da Policía Local e voluntarios de Protección Civil serán os encargados da distribución.

O acordo acadouse hoxe nunha reunión celebrada na Alcaldía, presidida por Eva García e coa asistencia de Lourdes Moure, concelleira de Seguridade, Daniel Rodríguez, inspector xefe, e Antonio Pereira Nandín, oficial de policía local, e José Manuel Fernández Sanjuán, Presidente da Asociación de Hostaleiros de Porriño (AHOSPOR).

O obxectivo é evitar problemas de exceso de capacidade e garantir o cumprimento das restricións vixentes tanto no interior como nas terrazas dos establecementos.

Feminíssimas: teatro cómico e feminista para reivindicar o 8M en Tomiño

0

Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller o vindeiro 8 de marzo, o Concello de Tomiño programou o espectáculo teatral Feminíssimas, que será interpretado o día 6 de marzo ás 20:00 horas no Auditorio de Goián, cumprindo coas máis estritas medidas e protocolos de prevención sanitaria.

Feminíssimas é unha comedia negra e moi violeta que ten como eixo temático a amizade e a perspectiva de xénero. Protagonizada por tres amigas da adolescencia que xa fai 15 anos que non se ven, estas reencóntranse nun congreso feminista en Vigo para o que deciden pasar a noite anterior nun moderno AirBnB. Este reencontro estará caracterizado pola confrontación das distintas sensibilidades do feminismo que representan cada unha, encarnadas con ironía e complicidade, aínda que a medida que a noite avanza tamén van aparecendo a nudez, a humanidade e a empatía.

A obra vai dirixida a un público adulto, ten unha duración de 75 minutos e terá un prezo de 5 euros. A reserva das entradas pode facerse a través do número de teléfono do Concello de Tomiño ou do correo [email protected].

Alén diso, o propio 8 de marzo o Concello de Tomiño vai compartir un vídeo moi especial para conmemorar o Día Internacional da muller no que participaron moitas tomiñesas co que se pretende celebrar os avances conseguidos nos últimos anos, pero tamén reafirmarse na loita e a reivindicación da igualdade real, que aínda está lonxe de ser acadada.

O Concello amplía a cita previa telefónica e por internet ao servizo de renovación do DNI

O Concello de Ponteareas ampliou o sistema de cita previa telefónica e por internet ao servizo de renovación do DNI que presta a Policía Nacional na Casa do Concello cada dous meses. Este sistema de atención cidadá súmase ao de Estatística e Padrón onde se implantou no mes de agosto do pasado ano. Segundo Roberto Mera, concelleiro de Bo Goberno, Transparencia e Participación Cidadá, onde se inclúe a competencia en materia de información cidadá, “a mellora e modernización da atención cidadá é un dos principais obxectivos do actual mandato”. Mera lembrou que tralo remate da corentena, o pasado ano, o Concello creou a Oficina de Información e Atención Cidadá, atendida por dúas traballadoras que se ocupan da información telefónica así como presencial na propia Casa do Concello, á que se suma a atención telefónica e presencial no acceso ao Centro de Servizos Sociais.

As citas para a renovación do DNI víñanse dando até agora na Oficina da Policía Local. O servizo de renovación préstase cada dous meses ofrecéndose un total de 70 citas, que resultan claramente insuficientes para a demanda existente. “No mes de febreiro, as 70 citas esgotáronse en poucas horas unha vez se abríu o prazo para solicitalas e outras 70 persoas quedáronse sen posibilidade de facer a renovación do DNI nese mes. Por iso dende a Alcaldía estase xestionando coa Subdelegación do Goberno que o servizo se preste mensualmente en lugar de cada dous meses”, explicou Mera.

Case 4.000 persoas atendidas con cita previa en Estatística e Padrón en sete meses

En canto á Oficina de Estatística e Padrón “o balance destes primeiros sete meses é moi satisfactorio” segundo o Concelleiro de Bo Goberno. “Antes non se daban citas previas, co cal a xente probaba sorte, acudía á oficina e tiña que facer cola. Co sistema actual estase atendendo con puntualidade ás persoas usuarias que acuden coa cita previa e non teñen apenas que agardar”. En sete meses déronse un total de 3.729 citas, das que o 68% foron telefonicamente e o 32% por internet. Tan só 390 non acudiron á cita solicitada, o que representa pouco máis do 10%.

Para acceder telefonicamente ao sistema de cita previa o Concello conta co número 886405106. Para facelo a través de internet a persoa interesada debe acceder á web do Concello e entrar na pestaña de “atención e información cidadá”. Ademais o sistema envía un recordatorio por SMS á persoa usuaria 24 horas antes da hora fixada para a cita.

A implantación dos sistemas de cita previa foi supervisada pola Oficina de Innovación do Concello de Ponteareas, que dirixe o concelleiro socialista, Benito Márquez.

Vive Arbo, a través das rutas de sendeirismo

0

Arbo é un lugar de contrastes. A paz, a tranquilidade que lle envolve a Arbo, non son capaces de ocultar que, en realidade, trátase dun municipio dinámico.

Os tres ríos que bañan o municipio, Deva, Cea e Miño, confírenlle un  microclima especial que non só permite practícaa de calquera actividade natural no municipio de Arbo permite aos visitantes gozar dunha excelente  cultura, patrimonio e magníficas paisaxes en calquera época do ano.

Os leitos fluviais que discorren polo municipio de Arbo, tamén permiten que o visitante poida gozar, en todo momento de magníficas paisaxes.  Sendeiro dá Moura, Roteiro dous Pescadores, Roteiro dás Pesqueiras  ou o Paseo fluvial Rio Miño –Deva ou o Roteiro da Lamprea, que  mostran os encantos dos nosos  Rios e paisaxes.

En Arbo estamos orgullosos da contorna no que temos a sorte de vivir, non só pola innegable beleza dos nosos ríos e montes, as fermosas praias fluviais e augas medicinais, senón tamén, polas enriquecedoras maneiras de gozalo que desenvolvemos. Arbo é pura natureza, é paisaxe, pero tamén conta cun gran patrimonio inmaterial cheo de lendas, crenzas e rituais de carácter místico e relixioso onde a auga, as pedras e a  lamprea son protagonistas de fascinantes historias. Atesouramos preciosos roteiros para os amantes do sendeirismo, un importante patrimonio artístico e  unha gran vida cultural. Arbo é terra de inspiración, de boa comida e de deleite #ante o acougado discorrer do tempo xunto a unha copa de bo viño, e que mellor forma de coñecernos, que  através dos nosos roteiros e carreiros….

Ruta de sendeirismo, Arbo

Razóns que motivan ao goberno municipal para poñer en valor o patrimonio natural habilitando novos sendeiros ou acondicionando os xa existentes; creando novos Miradores sobre o Miño como o de ‘As Pesqueiras do Coxo e dous Frades’, colocando mobiliario nas praias fluviales ou rehabilitando a histórica ponte románico de Mourentan e mellorando os espazos publicos e de ocio que están convertendo a Arbo nun referente turístico, comenta o alcalde.

O Rio está ligado á historia, a cultura e a gastronomía do Municipio de Arbo, conformándose como parte indisoluble da súa paisaxe. A  lamprea do Rio Miño en Arbo é a de maior fama de toda Galicia. Auga e natureza son protagonistas en Arbo, que ademais de ser terra de Lamprea, tamén é terra de viños, onde se producen os caldos máis apropiadas para acompañar á Lamprea.

Durante os percorridos polos carreiros  arbenses  descubriras as  pesqueiras, o Puente  Romanico de  Mourentan, o Centro de Interpretación do Miño e a Lamprea, as augas medicinais de  Sela…. En Arbo atopases un paraíso de tranquilidade.

A información e a lenda das rutas atópase en numerosas páxinas webs especializadas e na páxina web do Concello de Arbo, nas redes sociais do Concello de Arbo o no canal de Youytube, rutas que cada ano son visitadas por miles de senderistas e curiosos que queren coñecer de primeira man os cauces da Ribeira do Miño, as Pesqueiras e as artes de pesca da lamprea que é único en todo Galicia, desfrutar dun día tranquilo de paseo en familia, descansar nas nosas praias fluviais o divisar dende os nosos miradores sobre o Rio o descorrer da auga.

O alcalde informa que estos sendeiros nos descubren tamen a cultura e historia de Arbo e os Arbenses a través dos seus monumentos como pode ser o caso das Augas Medicinais de Sela sitas na Praia fluvial de Sela, estas augas que no seu momento foron  embotellas e exportas a distintas zonas da xeografía galega que era vendida embotellada e comercializada co nome de Augas Minerais de San Martin de  Sela, tamen a Ponte Romanica de San Xoan punto de defensa na Guerra da Independencia. Crese que á altura de 1809, os veciños de Arbo defenderon os seus fogares e familias fronte ás numerosas tropas francesas nunha batalla que tivo lugar nos arredores da ponte. O alcalde Horacio Gil rematas dicindo que Arbo é pura natureza, é paisaxe, pero tamén conta cun gran patrimonio inmaterial cheo de lendas, crenzas e rituais de carácter místico e relixioso onde a auga, as pedras e a  lamprea son protagonistas de fascinantes historias. Atesouramos preciosas rutas para os amantes do sendeirismo, un importante patrimonio artístico e  unha gran vida cultural. Arbo é terra de inspiración, de boa comida e de deleite ante o acougado discorrer do tempo xunto a unha copa de bo viño.

Unha veciña de Redondela busca desesperada, dende xaneiro, ao seu can ‘Faruq’ e ofrece 600 euros a quen llo poida devolver

0

Dende o 18 de xaneiro, unha veciña Cesantes busca sen descanso ao seu can Faruq, unha busqueda que, logo de preto de dous meses, segue sen dar resultado. A súa propietaria asegura que o can foi roubado e da conta que á semana da súa desaparición ” recibín unha chamada anónima onde me dicían que o can estaba ben, pero que deixara de buscalo, que dende o primeiro día o tiña unha persoa, o levara para a súa casa e non tiña intención de devolvelo”.

Así comeza a historia dunha busca desesperada na que Beatriz Rodríguez ofrece 600 euros a quen o traia de volta. “600 euros que non teño nin sei de onde os sacarei” afirma desesperada a propietaria de Faruq, “os pedirei prestados ou venderei o que teño, pero preciso recupear ao meu neno”. Beatriz é perfectamente consciente de que moita xente non entenderá a súa desesperación, “dirán que é un can”, afirma.

“Tivemos cans e gatos toda a vida e os seguimos tendo –explica– pero este peludo é o fillo que a vida me negou”. Poucas palabras bastan para entender a estreita relación entre Beatriz e Faruq, “foi el quen me sacou do sofá nos meus peores momentos de depresión, quen pasou conmigo os postoperatorios das miñas operacións, quen se accuruca con meu pai cando ven malo dos seus tratamentos… é un membros máis da familia”. Non entende –nin ela nen ninguén cun mínimo de humanidade– como unha persoa “o pode atopar pola rúa e levalo para a súa casa sabendo que ten donos que o están pasando mal”.

Click para ampliar

Acudiu á policía, pero ao tratarse dun can o seu marxe de manobra é limitado. O Seprona (Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil) ten toda a documentación do can por se o localizan pero pouco máis poden facer.

As redes sociais e os medios de comunicación estánse a converter nos aliados de Beatriz nesta busca desesperada. “Subín un vídeo de chamada desesperada a ver se esa persoa ou algún veciño o miraba e mo devolvían. Leva máis de 32.000 reproducións pero, de momento, a persoa ou persoas que o teñen non voltaron a poñerse en contacto con nós”. “Tento chegar a esa persoa por todos os medios para ver se se lle ablanda o corazón e me devolve a meu neno“.

Faruz ten un collar co seu nome e o teléfono e dirección de contacto e, ademais, ten o correspondente chip. Dende o primeiro día avisouse ao CAAN da Deputación Provincial, a Madroa, veterinarios, REGIAC, perreras, protectoras… déuselle unha gran difusión e “incluso poño anuncios pagados en Facebook e Instagram para chegar a máis xente todas as semanas”.

A desaparición de Faruq va máis aló da desaparición dunha simple mascota. “Estou morrendo de pena. Son unha persoa con problemas depresivos, en tratamiento psiquiátrico e ese can e a miña vida, o único que me alegra a alma”, subliña Beatriz que, pese a súa dor, sabe que non está soa. “No concello veciño fixeron un grupo para saír a buscar a Faruz polas casas facendo soar o seu xoguete preferido –o confinamento perimetral non lle permitía realizar a busca fora de Redondela– e os meus veciños e veciñas fan o mesmo na zona. O mesmo acontece en Vigo onde hai voluntarios repartindo carteis de xeito desinteresado”.

“Moita xente está axudando –asegura– hai máis de 30 voluntarios que non coñezo de nada, colaborando na busca activa e repartindo carteis”. Pero, pese a iso, recoñece con tristura que “é frustrante sair a buscar sen saber onde, percorrer as parroquias casa por casa chamándoo e entregando carteis e, logo, voltar a casa feita polvo todos os días”.

A estas decepcións engándense as falsas esperanzas que sempre aparecen en calquera busca, sexa do tipo que sexa. “Hai dúas semanas unha persoa, anonimamente, dixo que o can estaba na zona de Cesantes”. Toda a familia saíu seguindo a pista “recorremos a zona, saltei valados e entrei en fincas para asegurarme cando me parecía escoitar o seu ladrido. Meu pai, que está a tratamento contra o cancro, ese día subiu costas como un jabato buscando desesperadamente”. Saíron pensando que era o día en que Faruk voltaría a casa “e nos voltamos coas mans baleiras e máis destrozados que nunca”.

Á campaña da procura de Faruq, sumaronse páxinas especializadas en atopar mascotas perdidas e a Asociación de Rescate Animal Ohana axuda a repartir carteis en Pontevedra cidade. Pola súa banda, Beatriz Rodríguez pasa as mañás en Redondela deixando carteis nos coches aparcados “xa que hai moito movemento de xente que baixa das parroquias a facer a compra”.

A procura segue e a bo seguro Beatriz non estará soa. A bos xente –que é máis que a que non o é– seguirá buscando, axudando ata que, non nos cabe dúbida, Faruq volva a casa.

Redondela celebrará o mercado do sábado 6 de marzo ao descender significativamente os casos activos por coronavirus no municipio

0

Logo de dous meses de suspensión, o sábado 6 de marzo, o mercado de Redondela volverá a retomar a súa actividade logo que, a diminución de casos activos por coronavirus, permitira que o municipio pasase do nivel 3 (máximo en canto a restricións) ao nivel 2 e, de seguir esa tendencia, o vindeiro venres podería baixar ao nivel 1 que eliminaría calquera restrición de mobilidade intermunicipal.

En todo caso, a feira do sábado 6 de marzo contará cun estrito control de seguridade santiaria. “É preciso que a veciñanza tome conciencia de respectar as normas xa que diso depende, en gran parte, que poidamos seguir na liña descendente e volver a acadar unha certa normalidade” sinala o concelleiro de Feiras e Mercados, Vicente Lamas.

De cara a posibilitar que os postos de venda manteñan unha distancia de seguridade apropiada, a feira ocupará toda a Avenida Mendiño que, nesa xornada, quedará pechara ao tráfico, polo que se habilitarán itinerarios alternativos. “Sempre é un inconvinte pechar á circulación rodada unha avenida céntrica –explica a alcaldesa de Redondela– pero sabemos que a cidadanía entende perfectamente a necesidade desta medida que permite compatibilizar a celebración da feira coa necesaria seguridade fronte á COVID-19”

Policía Local e Protección Civil vixiarán o cumprimento das normas sanitarias no que fai referencia ao uso obrigatorio de máscaras, que deberán usarse en todo momento, e ao mantemento das distancias mínimas de seguridade. Amais, estableceranse rutas de entrada e saída no recinto para evitar tanto aglomeracións como cruces innecesarios de persoas.

Chegar a este punto da desescalada, subliña a alcaldesa de Redondela, “non foi doado” e lembrou os esforzos que tiveron que facer a cidadanía, empresas, hostalería e comercio local para chegar a actual situación de diminución de contaxios. “Agora depende de nós e da nosa responsabilidade seguir nesa liña descendente e facer que todos eses sacrificios valesen a pena”. Finalmente Digna Rivas quixo transmitir o seu sincero agradecemento “á toda a cidadanía que, durante case un ano, leva cumprindo as directrices sanitarias, seguindo as pautas e recomendacións que ditan as autoridades tanto autonómicas como estatais e que, coa súa actitude, permiten que vaiamos camiñando cara a unha nova normalidade”

A Xunta porá en marcha neste ano un centro de produción de medicamentos CAR-T

Galicia porá en marcha, ao longo de este ano, un centro de produción de medicamentos CAR-T, terapia celular avanzada, innovadora e personalizada que revolucionará o modo de tratar o cancro, e un dos eixes fundamentais do proxecto que o Executivo galego ten en materia de sanidade. Así o anunciou, na sede da Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS), o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.

Grazas á súa alta eficacia, esta terapia ofrece esperanzas a pacientes que xa agotaron todas as vías de curación. Así, remarcou o titular da carteira sanitaria do Executivo galego, en pacientes cun prognóstico de supervivencia que non superaba os seis meses, e para os que non existía ningunha alternativa terapéutica, acadouse a remisión total do cancro entre un 50 e un 80%.

O feito de desenvolver unha estratexia de medicina personalizada e terapia celular avanzada, e poñer en marcha un centro CAR-T, responde, –dixo García Comesaña–, a un compromiso da Xunta coa sanidade. Ademais, estamos a cumplir, –remarcou o conselleiro–, o mandato parlamentario do pasado mes de outubro, a este respecto.

García Comesaña agradeceu a todo o equipo de Asistencia Sanitaria do seu departamento, a Galaria, e a un dos hospitais do Sergas de referencia, o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, moi especialmente ao seu servizo de Hematoloxía e Hemoterapia, que, tan so catro meses despois do acordo parlamentario, estanse a dar os primeiros pasos deste ambicioso proxecto.

Tres millóns de investimento

Tal e como incidiu o conselleiro, esta iniciativa require dun importante esforzo organizativo e económico e, a tal efecto, os orzamentos da Xunta para este ano destinan 3 millóns de euros á creación dun centro de fabricación de fármacos CAR-T.

O feito de que Galicia vaia contar cun centro de terapia avanzada CAR-T supón, -dixo o conselleiro-, que pasa a ser un centro de referencia na produción e investigación deste tipo de medicamentos, co que, “a nosa Comunidade, non só desenvolverá as liñas de investigación doutros centros nacionais, senón, que poderá crear os seus propios fármacos a partir das liñas de investigación que se leven a cabo en Galicia”. Ademais, poderase poñer o potencial dos investigadores galegos ao servizo de novas curas, non só de CAR-T, senón doutras inmunoterapias punteiras.

Tal e como remarcou o responsable da sanidade pública galega, a terapia CAR-T é un tratamento que vai supoñer un punto de inflexión na loita contra o cancro. Con ela, o sistema inmune do enfermo oncolóxico recupera a súa capacidade, primeiro de recoñecer a célula canceríxena para, despois, destruíla dun modo selectivo. Serán os mesmos linfocitos T do paciente, modificados xeneticamente, os que se convirtan en fármaco para atacar e acabar co tumor. Estamos pois, –subliñou o conselleiro–, “diante dun dos principais hitos da oncoloxía”.

Alianza co Hospital Clínic de Barcelona

No acto que tivo lugar na sede de ACIS, o conselleiro deu a coñecer a primeira das alianzas neste campo, a realizar co Hospital Clínic de Barcelona, pioneiro na investigación deste tipo de terapias. Este centro catalán identificou e desenvolveru unha liña de investigación que, agora, pon en mans de Galicia, para que o convirta en medicamento. Unha fórmula maxistral de curación que, –segundo explicou o conselleiro–, “a nosa comunidade autónoma a fará tanxible este mesmo ano para que chegue ao paciente”.

O acto contou coa presenza, así mesmo, do xerente do Sergas, José Flores Arias, así como do director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal Viñas.

A Guarda recibe aos participantes do proxecto Jamii, gañador do segundo hackaton da Deputación de Pontevedra

O luns 1 de marzo o alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a tenente de alcalde, Montserrat Magallanes, recibiron na Casa dos Alonso a Henar Alonso, Jarold Lugo e Eduardo Castr, tres dos cinco participantes no Proxecto Jamii, gañador do segundo hackaton da Deputación de Pontevedra.

É a segunda vez que parte deste equipo participa e gaña neste certame de programación que organiza a institución provincial e no que, baixo o nome de Jamii, desenvolveron unha plataforma que permitirá, grazas á xeolocalización, conectar ás persoas coas asociacións, con multidude de interesantes funcións, coma voluntariado, mecenazgo ou crowfounding, entre outras.

Para Antonio Lomba “é importante coñecer e por en valor o talento local que, a través destes tipo de certames, axudan a resolver problemas existentes na nosa comunidade, destacando o bo facer deste equipo e a súa profesionalidade.”

Montserrat Magallanes estendeu as súas felicitacións para este grupo de xoves emprendedores, destacando “o método de traballo empregado, traballando remotamente e con tarefas perfectamente predefinidas e meticulosamente calculadas”, facendo tamén especial fincapé na existencia de dúas mulleres neste equipo, “o único con este ratio no concurso, o que lle outorga un excelente papel para amosar tamén o traballo e formación das nosas mulleres”.

Tal e como manifestaron os membros deste equipo, o proxecto continúa máis aló deste certame, e contan con telo plenamente en funcionamento e operativo de cara a este verán, amosando dende o Concello da Guarda o seu apoio ao mesmo.

A Deputación dotará ao CAAN dun completo equipo de radiodiagnóstico veterinario

A Deputación de Pontevedra segue a modernizar o Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) e iniciou o proceso para dotar dun completo equipo de radiodiagnóstico veterinario ás instalacións da Armenteira. Esta dotación suporá unha importante mellora no benestar dos animais, coa axilización do diagnóstico das súas posibles lesións a través dun método complementario de gran valor clínico, xa que ata agora as radiografías que se precisaba practicar aos cans e cadelas tiñan que ser realizadas a través dun servizo externo.

Deste xeito, a Deputación vai investir un orzamento de 29.000 euros na contratación do subministro, instalación e rexistro dun equipo de radioloxía de uso veterinario de, como mínimo, 20kw, e dun equipo completo de dixitalización indirecta da imaxe radiolóxica.

A radioloxía é unha das técnicas diagnósticas non invasivas que maior información aporta na clínica veterinaria, de xeito que resulta imprescindible para a valoración de estruturas óseas e aporta información de gran relevancia noutras estruturas brandas dos animais. Ata o momento, a valoración de posibles fracturas de animais ingresados no CAAN supoñía o traslado destes a un centro veterinario, o que implicaba tanto un custe económico como un retraso na obtención dun diagnóstico e no inicio dun tratamento, tanto no momento da valoración inicial como para as correspondentes revisións. De aí a necesidade de que o CAAN conte co seu propio equipo de radioloxía para garantir dese xeito o benestar animal, coa realización das probas diagnósticas necesarias desde o primeiro momento.

Hai que lembrar que nas importantes obras de mellora que realizou o pasado ano a institución provincial nas instalacións do CAAN incluíse a reforma da sala de clínica, coa creación dun novo quirófano e unha sala de raios X que é a que agora se vai completar cos novos equipos, cuxa contratación se prevé que estea lista a principios de abril.

Novos cursos de balde da aula CEMIT de Ponteareas

A Concellería de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico, que dirixe Benito Márquez, informa que abre o prazo de inscrición dos novos cursos que oferta a  Aula CEMIT  ubicada no Centro Social na rúa Oriente.

Neste mes de marzo a aula CEMIT de Ponteareas ofrecerá cursos de segundo nivel dos xa iniciados no mes de febreiro e tamén cursos específicos para maiores co obxectivo de mellorar o seu manexo do teléfono móbil/tableta e das súas aplicacións para a procura de información, para a realización de xestións coas administracións e para facilitar ferramentas dixitais que lle axuden no ámbito social e familiar.

Os cursos para maiores serán presenciais e con grupos reducidos e o resto impartiranse on line. A inscrición pode realizarse na seguinte ligazón  https://cemit.xunta.gal/gl/centro/59.

O alumnado contará con titorías online e offline por correo electrónico e en liña segundo cita previa no horario de atención do aula todos os días de 9 a 11 horas e os mércores de 21:30 a 22:30hrs.

A aula CEMIT ofrece formación informática totalmente de balde axeitando o deseño dos cursos á demanda e necesidades da cidadanía, por este motivo o responsable dos cursos recorda que as persoas interesadas poden achegar á aula CEMIT suxestións para estudar as necesidades de formación informática e programar distintos niveis e contidos a medida da demanda.

Para obter máis información ou trasladar as súas necesidades formativas, as persoas interesadas deberán contactar a través de chamada ou de mensaxe de whatsapp no número de teléfono 634 238 962 ou de correo electrónico [email protected].

Ademais poderán contactar coa aula CEMIT de Ponteareas a través do enderezo electrónico [email protected].

Plan Municipal de Seguemento e Axuda á Hostalería para a correcta implantación do Plan de Control da Xunta

0

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira mosense de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, Julia Loureiro, o Xefe da Policía Local de Mos, Gerardo Álvarez, o Secretario Municipal e a técnico municipal do Servizo de Asesoramento a Emprendedores da Axencia de Colocación do Concello de Mos, reuníronse onte para ultimar os detalles do Plan Local de Seguemento e Axuda á Hostalería para a correcta implantación do Plan de control da Xunta a este sector desde a súa reapertura o pasado venres 26 de febreiro co inicio do novo proceso de desescalada.

O Plan Municipal ofrecerá colaboración a todos os hostaleiros mosenses que así o desexen para a correcta implantación das novas medidas autonómicas para o sector e tamén revisión para garantir que as devanditas medidas se están a cumprir.

Deste xeito a Policía Local xunto coa exeñeira municipal visitarán todos os establecementos do municipio para supervisar que se respecten os aforos establecidos pola Xunta de Galicia así como as demais medidas establecidas, que deberán estar correctamente aplicadas a data 5 de marzo.

A Policía Local realizará dúas visitas semanais por local de hostalería para axudar, asesorar e supervisar. Nestas visitas comprobarase que o local ten exposta no exterior a súa capacidade máxima permitida e o aforo, nun lugar visible e de acordo cos modelos postos á súa disposición pola Xunta; que se cumpre esta porcentaxe de acordo á situación epidemiolóxica do concello; que se respectan os horarios de apertura e peche e que os empregados e clientes cumpren coas distancias e o uso de máscara.

Cartel con aforos permitidos

Un dos elementos de seguridade que dispón este plan é a obrigación de que os establecementos declaren e manteñan accesible ao público e á autoridade sanitaria a súa capacidade máxima, interior e exterior, dunha maneira estandarizada. A persoa responsable do establecemento deberá dispoñer, en soporte físico, da documentación acreditativa das superficies utilizadas para os cálculos das capacidades, que con todo, terá que ser adaptada á superficie de ocupación.

A apertura ao público do establecemento implicará o deber de dispoñer nun lugar visible, preferentemente na porta de entrada, dun cartel que sexa de fácil lectura e no que conste a capacidade máxima permitida en condicións normais, a porcentaxe de uso establecido en cada momento e a capacidade interior e exterior en cada momento. Para iso, deberán utilizarse os modelos de cartel estandarizados postos ao dispor do sector para a súa impresión na páxina web https://coronavirus. sergas. gal/ que deberán manterse actualizados. Para elo desde o Concello de Mos ofrécese tamén aos hostaleiros servizo de asesoramento, localización e incluso impresión da devadita cartelería para darle todas as facilidades posibles aos negocios de hostalería do municipio.

Todas as mesas, tamén as anuladas

Para permitir un mellor control das medidas e garantir as distancias de seguridade, tanto no interior como no exterior, as mesas e cadeiras montadas deberán corresponderse coas capacidades permitidas en condicións normais. Sobre elas, procederase a inutilizar, mediante bandas ou adhesivos, as mesas e cadeiras que sexa necesario, para que só póidanse utilizar aquelas que corresponden ás porcentaxes permitidas.

Código QR

Co obxectivo de facilitar o rastrexo de persoas en posibles brotes, a Xunta puxo ao dispor dos hostaleiros un código QR para cada establecemento que poderán descargarse e poñer ao dispor dos clientes. En concreto, o titular obterá un código QR na páxina web https://coronavirus. sergas. gal/ e os usuarios, a través da aplicación Passcovid, poderán rexistrar a súa presenza no local mediante a captura do código QR. Para aquelas persoas que non dispoñan da aplicación Passcovid, o local poderá dispoñer de QR personalizados para entregarlles aos usuarios e que permitan o seu rastreabilidad en caso de detección de casos positivos. Para a implantación deste Código QR o Concello de Mos ofrece aos hostaleiros tamén servizo de asesoramento, orientación e asistencia técnica.

Exención no canon da auga e coeficiente de verquido

Por outra banda as representantes municipais, Arévalo e Loureiro, expuxeron que “dentro do Plan de Apoio á Hostalería do Concello de Mos xestionouse a exención no canon da auga e coeficiente de verquido para este sector como axuda para contribuir a paliar os efectos causados pola Covid-19, exención que os hostaleiros mosenses xa poden solicitar a través da sede electrónica da Xunta de Galicia e para a que contan co asesoramento e colaboración do persoal da Axencia de Colocación de Mos se así o precisasen”.

No segundo semestre do ano 2020 o Concello de Mos, informóulle ás empresas do municipio, as xestións que se estaban a realizar co Consorcio de Augas do Louro, para paliar os efectos da Covid-19 nos pequenos negocios de Mos. A Lei 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas, establece no seu art. 4: unha nova exención no canon da auga e coeficiente de vertedura dirixida a paliar os efectos da Covid-19 en determinados sectores. Esta exención débese solicitar a través do modelo AU231C a través da sede electrónica da Xunta:  https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?cotram=AU231Cm. Para calquera dúbida Augas de Galicia pon á súa disposición os teléfonos: 981545081 e 981544575.

O territorio do Miño reclama cunha pancarta xigante na ponte da Amizade a apertura da fronteira con Portugal e a compensación polo dano económico

Cunha pancarta xigante co lema ‘Open the border’ no medio da ponte da Amizade entre Tomiño e Vila Nova de Cerveira. Así decidiron hoxe alcaldes e alcaldesas do territorio do Miño (de 26 concellos) chamar a atención sobre o dano económico que está a sufrir o territorio miñoto, tanto empresas como persoas traballadoras dunha e outra banda, polo peche da fronteira con Portugal.

O vicedirector do AECT Rio Miño Uxío Benítez destacou que se trata dun berro de axuda tanto ás autoridades galegas, estatais como europeas para abrir todos os pasos da fronteira, e tamén para que se inxecten axudas económicas que palien o dano feito na economía da zona pola decisión dos estados español e portugués. “O mal xa está feito ábranse agora os pasos ou dentro dun mes. Non nos fixeron caso nas nosas reivindicacións e agora queremos que nos teña en conta e se nos compense polas perdas”, afirmou o nacionalista.

Benítez puxo cifras e lembrou que as persoas traballadoras están a gastar unha media de 200 e 300 euros mensuais en combustible nos rodeos para pasar polo único paso aberto 24 horas (Tui-Valença). Tamén destacou que, segundo o estudo de impacto elaborado pola UVigo (presentado o pasaro venres), a hostalería da zona do Miño está a perder un 19% de facturación polo ‘efecto fronteira’ a maiores do que perdería pola pandemia calquera negocio noutra ubicación, igual que o comercio ten un 12% máis de perdas por estar na ribeira do Miño.

Fotografía de Rafa Estévez

O mandatario destacou que nestes momentos está aberto o debate do cadro comunitario dos fondos transfronteirizos do POCTEP 2021-2027, polo que o que cómpre “ é compensar ao territorio polo perxuizo económico de decisións políticas dos Estados”. “Este é  un momento axeitado, hai que habilitar partidas específicas para territorios directamente de fronteira nos que o perxuizo económico foi maior, garantindo que os fondos se destinan ás zonas de raia e non se deturpen”, dixo, criticando que nestes momentos case toda Galicia e todo Portugal menos a zona de Lisboa teña dereito a acceder a eses fondos a pesares de non estar na ‘raia’.

Pola súa banda, a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, censurou a negativa de poñer controis nos pasos entre ambos países para facer efectivo o control sanitario. Lembrou que iso obriga ás persoas traballadoras , máis de 6.000 que se moven na raia do Miño, a utilizar un punto que funciona como funil que é a ponte internacional de Tui-Valença. “Persoas con salarios que nesta zona non son moi altos ven incrementados os seus gastos e o tempo dedicado ao desprazamento, co que implica na conciliación”, dixo.

Tamén subliñou que resulta “lamentable” esta situación porque “este erro” xa se cometeu o ano pasado durante o anterior peche de fronteiras. “Estamos convencidos de que é unha cuestión efectista, porque a xente que ten que pasar segue a pasar igual. O que hai que facer é poñer controis nas cinco pontes internacionais, é moi fácil”, insistiu, engadindo que neste caso o que fixeron é dividir un territorio. “É como se nos quitasen a metade do territorio, a metade dos clientes, a metade dos empresarios, a metade dos traballadores… Ao pechalo, que se nos compense. Os fondos transfronteirizos teñen que compensar aos territorios de fronteira, non poden ser para todo. E iso tense que facer efectivo no próximo cadro comunitarios”, finalizou.

Dende o AECT anunciouse a creación dun rexistro de persoas afectadas polo peche da fronteira que se xestionará a través do Agrupamento e de todos os concellos implicados nunha oficina conxunta co fin de proceder á tramitación de posibles indemnizacións. Así mesmo, presentarase unha moción tipo nos 26 concellos para ter o refrendo e reivindicar ante todas as institucións tanto a apertura inmediata dos pasos como as compensacións económicas polo peche.

Na protesta de hoxe participaron alcaldes e alcaldesas e outros representantes dos concellos dunha e outra banda do río: A Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui, Salceda de Caselas, Salvaterra, As Neves, Arbo, Caminha, Vila Nova de Cerveira, Valença, Paredes de Coura, Monçao e Melgaço. Nesta ocasión non foi posible desenvolver o acto simbólido de maneira conxunta por impedimento expreso da GNR e da Guarda Civil, que non autorizaron á comitiva galega e á portuguesa a xuntarse no medio da Ponte da Amizade: cada parte escenificou a queixa do seu lado. “Esta ponte chámase da Amizade, moi simbólico, pero agora esa amizade está rota non por vontade dos seus veciños e veciñas, senón das autoridades”, criticou a alcaldesa de Tomiño.

A Policía Local reforza a inspección dos locais de hostalería seguindo as instrucións da Xunta

A Policía Local de Ponteareas realizou este domingo unha inspección de terrazas en 18 locais de hostalaría da localidade para comprobar o cumprimento das normas sanitarias ditadas pola Xunta. Os axentes comprobaron que o 100% dos locais non cumprían coa norma establecida pola administración autonómica que obriga a colocar todas as mesas e cadeiras inutilizando o 50% delas de maneira que tan só se poida utilizar o restante 50%. A maioría dos locais tiñan as mesas distanciadas pero a nova normativa, para facilitar o control do aforo permitido e garantir as distancias, obriga a colocar o mobiliario ao 100% e inutilizar o 50% das mesas e cadeiras con bandas ou adhesivos. Esta obriga tamén se debe cumprir no interior dos locais, neste caso inutilizando o 70% das mesas e cadeiras e permitindo o uso só do 30%.

A normativa da Xunta establece de maneira orientativa que en concellos de máis de 20.000 habitantes se deberán realizar dúas visitas semanais por local de hostalaría e realizar unha vixilancia especial nas fins de semana e días festivos.

Na inspección realizada onte domingo a Policía Local limitouse a informar sobre a normativa de aplicación esixindo o seu cumprimento aos titulares dos establecementos. Unha vez advertidos, durante os vindeiros días os incumprimentos conlevarán a correspondente denuncia.

A Xunta sinala no seu decreto que se poderá solicitar aos concellos información sobre as actuacións de control e inspección realizadas e as denuncias levantadas e a actuación da Policía Local será avaliada dentro dos órganos de coordinación e colaboración policial constituidos para o seguimento da crise sanitaria.

O decreto da Xunta habilita á Policía Local para que, no caso de incumprimento das medidas de prevención, de forma directa se suspenda a actividade e se desaloxe e precinten os establecementos.

Ponteareas investirá 35.000 euros para solucionar incidencias no saneamento na contorna da minidepuradora da Freixa

O Goberno local, a través da alcaldesa en funcións, Cristina Fernández Davila, informa da decisión de acometer determinadas obras no entorno da minidepuradora ubicada na Freixa para solucionar as incidencias na rede de saneamento nesa zona, “son obras que imos acometer de inmediato para solucionar as incidencias e chapuzas derivadas do que fixo no seu día o goberno do PP”, afirmou a alcaldesa.

As obras, valoradas en 35.000 euros consistirán en reparar e ampliar a capacidade das tubaxes de saneamento perto da minidepuradora, ademais de novos pozos ou “arquetas”, así como un novo pozo de bombeo na zona dos baños, coa finalidade de que o sistema de saneamento funcione adecuadamente.

O Goberno local cualificou de “gravísima irresponsabilidade do PP” ubicar no seu día a minidepuradora nun espazo tan sensíbel a nivel ambiental e turístico. “Un gravísimo erro do PP que agora temos que solucionar gastando miles de euros da cidadanía pero tendo o impacto negativo desa ubicación nun espazo tan sensíbel a nivel ambiental, ademais de estar no medio dun recurso turístico tan importante”, salientou a Alcaldesa en funcións.

Ademais, nos vindeiros meses, o goberno local contempla realizar un investimento na propia minidepuradora para mellorar a eficiencia do seu funcionamento, este investimento está financiado ao 80 % con fondos da Unión Europea, a través do IDAE, a partir da solicitude do goberno local que foi aprobada polo Estado.

Por outra parte, dende o goberno local tamén informan de que veñen de encargar o proxecto de ampliación de abastecemento, saneamento e mellora de asfaltado nesa mesma zona da Freixa para completar estes servizos básicos dos que carecen varios veciños e veciñas.

Unanimidade en Salceda para reclamar estudios postobrigatorios

O Pleno do Concello de Salceda aprobou por unanimidade a moción presentada de xeito conxunto polos tres grupos da corporación (MS, PSOE e PP), para instar á Xunta de Galicia a que proceda canto antes á ampliación do IES Pedras Rubias, así como á instauración de ensino postobrigatorio no municipio.

Salceda de Caselas conta na actualidade con un único centro de educación secundaria, o IES Pedras Rubias, que acolle unicamente os estudos da ESO, e que conta nestes momentos con 342 estudantes. Salceda de Caselas é na actualidade un dos municipios con maior taxa de natalidade de Galicia, o que fai fundamental a necesidade de existencia de infraestruturas educativas para acoller á súa poboación escolar.

Xa dende o curso 2017/2018, a dirección do centro ven manifestando a necesidade real de que se amplíe o número de aulas, insuficientes polo contínuo aumento de alumnado, e que neste curso se viu empeorado pola situación da covid 19, que obrigou a converter en aulas espazos como a biblioteca, o salón actos, a sala de mestres/as ou a aula de música.

Na mesma liña, a dirección ven solicitando que se establezan estudios de bacharelato no centro, para que deste xeito o alumnado de Salceda de Caselas teña a posibilidade de continuar a súa formación postobrigatoria sen saír do seu Concello, co que iso conleva para as súas familias tanto no que a conciliación se refire como ao esforzo económico que supón actualmente a formación en centros educativos doutros municipios.

A isto engádese o feito de que o IES Pedras Rubias non ten asignado neste momento ningún centro adscrito para a continuidade dos estudios do seu alumnado, o que na actualidade está orixinando situacións de incerteza que en moitos casos ata ben avanzado setembro non se ven solucionadas, deixando os mozos e mozas de Salceda nunha clara situación de discriminación con respecto ao alumnado dos Concellos limítrofes que si ven garantida a súa praza nos centros de referencia. Como exemplo próximo, o Concello de Salvaterra conta co mesmo número de alumnos e alumnas no cuarto curso da ESO e dispuña ata o de agora con dous bacharelatos a elixir. Nestes días a Xunta ven de conceder un terceiro bacharelato a Salvaterra, deixando unha vez máis fora ao Concello de Salceda de Caselas. Así pois seguen a ser escasas as escasas posibilidades do alumnado de Salceda, que ten que agardar a ver as prazas que quedan dispoñibles nese e nos demais centros próximos.

Tamén as ANPAS dos diferentes centros educativos de Salceda (E. I. A Galiña Azul, CRA Raíña Aragonta, CEP Altamira e IES Pedras Rubias), así como a Asociación SAPIX (Salceda pola Infancia e a Xuventude) teñen solicitado á Consellería de Educación a ampliación do centro e a implantación de estudos postobrigatorios, así como a inmediata adscrición do IES a outro centro con estudos postobrigatorios, sen que ata o de agora se obtivese unha resposta afirmativa a esta solicitude.

Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda, Verónica Tourón, portavoz do PSOE e Santiago Rodríguez, portavoz do PP coincidiron en que “Por vez primeira a sociedade de Salceda únese para pedir a mellora da nosa educación. É un orgullo que as tres forzas políticas con representación no Concello, as catro ANPAS dos diferentes centros escolares, a dirección do IES Pedras Rubias e a Asociación SAPIX vaiamos da man na defensa dos intereses da nosa comunidade educativa. A nosa reclamación é de xustiza, e confiamos en que a Xunta de Galicia atenderá as nosas peticións”.

O alcalde de Nigrán recibe ao club de BTT ‘Bicivoadores Val Miñor’ para trasladarlles o apoio do Concello

0

O alcalde de Nigrán, Juan González, recibiu na Casa Consistorial aos ciclistas do clube de BTT ‘Bicivoadores Val Miñor’ para trasladarlles o apoio do Concello tras inscribirse como asociación deportiva no Rexistro Municipal de entidades deportivas.

O clube está constituído como tal desde hai preto de unha década e está formado actualmente por oito deportistas, todos eles de Nigrán, pero non estaban rexistrados oficialmente no Concello. Tradicionalmente organizan coa axuda do Concello unha BTT anual e, de cara a 2021, terán novos eventos.

“É o único club de BTT en Nigrán e desde o Concello queremos ofrecerlle todo o noso apoio, estaremos encandados de poder colaborar nos eventos deportivos que programarán para 2021 tras ter que cancelar os deste ano por mor da pandemia”, indica o rexedor.

Xuventude ofrece cursos adaptados ás necesidades xeradas tras a pandemia

0

A actividade dirixida á mocidade de entre 17 e 35 anos do concello de Gondomar busca dotar de formación básica a quen ocupará un posto nas novas profesións que están a aparecer no mercado e para as que non existe unha formación regrada pero si se precisan uns coñecementos básicos.

O prazo de inscrición para os interados/as permanecerá aberto desde este mércores, día 3 de marzo, ata o 16 de marzo, fixándose o inicio do curso o día 22 de marzo. Deberán presentar no Rexistro Municipal ou a través da Sede Electrónica do concello a solicitude xunto os anexos dispoñibles en www.concellodegondomar.gal ou na oficina da Omix (que tamén se pode remitir a través do correo [email protected]).

O alumnado recibirá unha formación de 100 horas (30 teóricas e 70 prácticas) nas que prepararanse para desempregar o proceso de “picking”, é dicir, selección de produtos adquiridos por un cliente vía online, comprobrar o seu estado, preparalo, etiquetalo e finalmente embalalos.

Entrega de premios III edición do Concurso de poemas ilustrados de Rosalía de Castro

O xurado do III concurso de poemas ilustrados “Día Rosalía de Castro” reuniuse o pasado mércores 24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro, para escoller os mellores traballos.

O concurso, que pretende ser unha das actividades principais para homenaxear figura e obra da nosa escritora nacional máis importante, recolleu, nesta edición, case medio cento de traballos realizados por alumnos de 5º e 6º de primaria dos centros: CEIP Fermín Bouza Brey, CEIP Feliciano Barrera de Guláns, CEIP de Santiago de Oliveira, Colexio Plurilingüe A Inmaculada e o Colexio Santiago Apóstol.

As persoas que conformaron o dito tribunal foron Hortensia Bautista Fernández, mestra e escritora; Alfonso Pexeguiro, escritor e poeta; Fernando Groba Bouza, concelleiro de Cultura do Concello de Ponteareas; e Sofía Rodríguez Suárez, traballadora do Departamento de Cultura, que actuou como secretaria.

Os xurados valoraron os traballos con criterios de orixinalidade, relación entre o poema presentado e o deseño, a composición, a técnica empregada, o uso e calidade da lingua galega, entre outros aspectos.

Os membros do xurado destacaron a alta participación e a destacábel calidade dos deseños e  decidiron outorgar os seguintes premios:

  • 1º Premio para o traballo titulado “Soños”, presentado por Daniela Otero Rial
  • 2º Premio, a obra realizada por Leire Porto Rodríguez
  • 3º Premio para o traballo titulado “Néboa” presentado por Claudia García Martínez
  • 4º Premio para a obra “A tristura da lúa”, da autora Ana Díaz Martínez

Amais, ante dificultade de deixar dous traballos máis sen premiar, decidiron conceder dous accésits:

  • O traballo colectivo titulado “A fermosa estrela”, realizado polo curso de 6º B do CEIP Fermín Bouza Brey
  • E o caligrama en forma de paxaro da autora Ángela Boente Laso

A entrega de premios realizouse o venres, día 26 de febreiro, ás 18 horas diante do Concello de Ponteareas.

“Queremos agradecerlles aos centros participantes e ao seu profesorado a súa implicación neste concurso e animalos a seguir traballando en prol da defensa da nosa cultura e lingua”, sinala Fernando Groba, concelleiro de Cultura.

Os concellos do Grupo de Desenvolvemento Eu Rural únense para conmemorar o 8M

Os 13 concellos que forman parte do territorio da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural únense este mes de marzo pola igualdade. Con motivo da celebración do 8M, Día Internacional da Muller, o grupo de desenvolvemento rural porá en marcha unha campaña a través da súa web e das redes sociais coa que continuar dando pasos cara a visibilización da muller e na loita contra a desigualdade de oportunidades por cuestións de xénero.

Farao coa difusión do vídeo ‘Nos espellos’, unha peza audiovisual que recolle a historia das participantes na última edición do obradoiro ‘Namórate de ti’ celebrado o pasado ano en Mos e no que elas relatan en primeira persoa as súas experiencias, as súas historias de vida e os seus esforzos por superar as dificultades coas que se atoparon. Durante toda esta semana Eu Rural irá publicando nas súas redes diferentes pílulas promocionais para difundir o vídeo íntegro o luns 8 de marzo, coincidindo co Día da Muller.

Por outra banda, este vídeo poderá servir como material didáctico a empregar nos centros de ensino dos concellos do territorio (A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Tomiño e Tui) para traballar co alumnado nas aulas calquera temática relacionada co 8M.

Malia que cada municipio conta con actividades propias para conmemorar o 8M, tamén se implicaron nesta acción conxunta conscientes de que unidos a loita será máis visible e que dende as institucións debe liderarse o traballo pola igualdade en todos os eidos.

A Xunta formaliza a adxudicación dunha parcela de máis de 2.500 metros na Plisan ao grupo tecnolóxico Arbinova

A Xunta de Galicia, a Autoridade Portuaria de Vigo e o Consorcio da Zona Franca asinaron esta mañá co grupo tecnolóxico Arbinova SL as escrituras polas que se lle adxudica formalmente a esta empresa unha parcela de 2.570,9 m2 na Plataforma Loxístico Empresarial de Salvaterra de Miño-As Neves (Plisan). En concreto, a firma accederá ao solo en dereito de superficie con opción a compra por un prazo de 30 anos, sen prexuízo da posible concesión de ata tres prórrogas.

Arbinova, que traballa no deseño e fabricación innovadora de implantes e instrumental específico para o sector veterinario, foi unha das tres empresas que resultou adxudicataria no proceso de poxa pública convocado polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) en 2019 para sacar parte da superficie da Plisan ao mercado.

A adxudicación realizouse en dereito de superficie, unha modalidade que permite ás empresas acceder ao solo a cambio do pago cada ano dunha cantidade reducida por metro cadrado, o que lles facilita financiar a súa instalación e o inicio da actividade. En concreto, o canon anual a abonar equivale ao 1,5% do prezo da parcela durante os dous primeiros anos, ao 2,5% nos anos terceiro e cuarto, e ao 3,5% do prezo a partir do quinto ano.

En todo caso, os adxudicatarios teñen tamén a opción de adquirir a propiedade da parcela en condicións vantaxosas nos anos seguintes á adxudicación, con dereito a bonificacións e descontando do prezo de venda unha porcentaxe das cantidades xa satisfeitas.

Cómpre lembrar que o Consello da Xunta aprobou recentemente a oferta de solo empresarial nos seus parques para este ano (1,4 millóns de m2 repartidos en 545 parcelas) así como o mantemento das bonificacións e incentivos que desde 2015 ofrece ás empresas para facilitarlles o acceso a esta superficie. A Xunta é partidaria de manter esas condicións vantaxosas tamén no caso da Plisan, para o que estuda con Zona Franca e o Porto de Vigo a fórmula concreta coa que se comercializarán este ano as parcelas aínda dispoñibles.

O Rosal estrea marzo cun apartado específico de igualdade na web municipal

0

O Rosal aposta pola igualdade todos os días do ano e en todos os ámbitos municipais. Nese camiño para continuar revolucionando mentes a web municipal estrea este luns un apartado específico de igualdade que contará con material relacionado con este ámbito e que lonxe de ser estático continuará crecendo ao longo do tempo con novo contido. “Buscamos un cambio de mentalidade, sensibilizar á veciñanza e facela reflexionar para camiñar cara unha sociedade máis respectuosa baseada na igualdade entre persoas, independentemente do seu xénero ou condición”, salienta a concelleira Sara Vicente.

Este novo apartado na web municipal contará cunha categoría de curtas, na que se poderán ver por exemplo todos os vídeos do proxecto Claqueta Violeta, a charla de novas masculinidades ofrecida por AHIGE Euskadi ao alumnado rosaleiro ou as pílulas de igualdade desenvoltas pola Universidade de Vigo. Neste espazo atoparanse ademais recomendacións de películas, libros, series…; unha guía de recursos; un enlace ao Proxecto VÍA posto en marcha polo alumnado do CPI Manuel Suárez Marquier ou as imaxes das exposicións ‘Eu tomo partido’ e ‘Mulleres no deporte’.

Tamén estará recollida toda a información relacionada co ‘Revolucionando mentes’, unha campaña de sensibilización e igualdade posta en marcha polo Concello en marzo do 2020 co obxectivo de achegar á veciñanza unha nova conciencia social. “O lema é revolucionando porque os cambios adoitan supoñer unha revolución, sexa cal sexa o ámbito da vida no que se apliquen; evolucionando porque buscamos o avance para ter unha sociedade máis aberta e igualitaria na que as persoas teñan os mesmos dereitos e liberdades, e mentes porque é o primeiro que debe abrirse para poder evolucionar. Tivo unha grande acollida por parte da veciñanza, polo que decidimos dar un paso máis alá e convertelo en bandeira do noso Concello”, explica.

8M

O mes de marzo arrancará cunha ampla programación centrada na igualdade e cunha iniciativa que busca a implicación da veciñanza. “O 2021 é un ano moi atípico no que non se pode pensar en actos presenciais nin multitudinarios, por iso optamos por actividades para conmemorar o 8M, Día Internacional da Muller, con actividades nas que os rosaleiros e rosaleiras poidan participar de forma activa sen correr ningún risco”, asegura a concelleira. Por ese motivo o Concello busca inundar as fiestras dos domicilios e os escaparates dos comercios con pegatinas do ‘Revolucionando mentes 8M’ que as persoas interesadas poderán recoller dende hoxe mesmo na casa consistorial.

Nesa aposta por unha conmemoración do 8M segura, o Concello apostará por realizar este mes de marzo accións ao aire libre. Así, na Praza do Calvario poderá verse dende o 5 de marzo a exposición ‘O traballo non ten xénero’, unha mostra de 11 figuras de diferentes oficios nas que as persoas que se acheguen poden poñer o seu rostro para visibilizar que o traballo non é cuestión de homes ou mulleres. A mostra complementarase cun teito de cristal, unha lona que simula o teito de cristas para que as persoas poidan pasar debaixo e ver algunhas das dificultades ás que teñen que enfrontarse as mulleres ao longo da súa vida laboral, social, familiar… polo mero feito de ser muller e no que se debe continuar traballando para facer desaparecer.

Serán máis as accións en igualdade previstas. As rúas do Rosal tinguiranse de morado coa exposición ‘Farrapos morados’ elaborada polo alumnado do CPI Manuel Suárez Marquier, que crearon unhas lonas con palabras cheas de contido coas que traballar e sensibilizar a prol da igualdade. Pola súa banda, a ANPA do CRA María Zambrano tamén participará coa súa exposición ‘Iguais somos +’ e as redes sociais do concello servirán de altofalante para difundir diferentes iniciativas sobre a igualdade.

Hoxe rexístranse un total de 5.207 casos activos por coronavirus en Galicia

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.207, deles 1.711 son da área da Coruña, 500 da de Lugo, 291 da de Ourense, 753 da de Pontevedra, 871 da área de Vigo, 569 da de Santiago e 512 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 105 están en UCI, 431 en unidades de hospitalización e 4.671 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 105.194 persoas curadas, rexistrándose 2.238 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.671.969.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 215.798. A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Rexistro de viaxeiros no 881 00 20 21 e obrigatoriedade do uso da máscara

Lémbrase que as persoas que visiten Galicia nas vindeiras datas e procedan ou estivesen, durante os 14 días previos á súa chegada, nalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica incluídos na listaxe publicada no Diario Oficial de Galicia, deberán facilitar os seus datos de contacto ao Servizo Galego de Saúde, ben a través do teléfono 881 00 20 21 ou ben a través do formulario da web do Sergas.

Ademais, reitérase o carácter obrigatorio do uso da máscara tanto en espazos abertos como pechados, poñendo especial énfase na súa utilización nos locais e establecementos comerciais e de hostalería.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven  reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe.

Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.

Non se debe esquecer o mantemento da distancia de seguridade, o uso axeitado da máscara e atender ás restricións específicas que se poidan establecer en cada comarca ou concello.

O prazo de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso abre este luns ata o 22 de marzo

Desde hoxe luns, 1 de marzo, e ata o 22 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2021/22, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, de Educación Primaria de ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.

As solicitudes de admisión poderán presentarse a partir do día 1, tanto de xeito telemático na aplicación ‘AdmisionAlumnado’ (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) como de xeito presencial nos centros escolares que se elixan como primeira opción, prazo que permanecerá aberto ata o 22 de marzo.

A publicación das listas provisionais de persoas admitidas e non admitidas publicaránse antes do 25 de abril, e as definitivas antes do 15 de maio. Posteriormente abrirase o prazo de fomalización de matrícula, que será do 20 ao 30 de xuño para alumnado de Infantil e Primaria, e do 25 de xuño ao 10 de xullo para o de ESO e Bacharelato. Estes últimos contarán, ademais, cun prazo extraordinario de matrícula entre o 1 e o 10 de setembro.

A ferramenta informática de admisión posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación. Ademais, as familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante.

Sorteo de Letra

Tal como quedou establecido no sorteo público que tivo lugar o pasado xoves na Consellería de Educación, en caso de empate de puntos para unha mesma praza, as letras de prioridade establecidas neste sorteo foron “W” e “S” para o primeiro apelido e “B” e “F” para o segundo.

O calendario de admisión e matrícula réxese pola Orde do 12 de marzo de 2013 modificada pola Orde de 18 de decembro de 2020, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado, que estableceu o arranque do procedemento de admisión o pasado xaneiro unicamente para o alumnado que remataba etapa nun centro escolar e tiña que pedir praza nun centro adscrito (o que lle corresponde ao cambiar de etapa). Agora ábrese o prazo para o resto do alumnado, é dicir, o que entra por primeira vez no sistema ou desexa cambiar de centro no próximo curso.

Máis de 650 nenos e nenas participan dende hoxe luns nas DEPOrte Escolas da Deputación

Co inicio do mes de marzo, a Deputación de Pontevedra arranca tamén o programa “DEPOrte Escolas”. A partir deste próximo luns, máis de 650 nenos e nenas en idade escolar da provincia practicarán nas diferentes escolas deportivas ata nove modalidades, atletismo, baloncesto, balonmán, judo, loita, patinaxe, piragüismo, rugby e tawkwondo. Este programa, de carácter gratuíto, levarase a cabo grazas á colaboración e coordinación da Deputación coas federacións deportivas

As escolas que se desenvolven no marco deste programa prolongaranse ata o mes de xuño, excepto as da modalidade de piragüismo que rematarán no mes de setembro. Todas elas seguirán o protocolo FISICOVID-DXTGALEGO para garantir a seguridade sanitaria na súa realización así como cunha persoa responsable designada por cada federación.

Deste xeito, a Deputación de Pontevedra segue a fomentar achegando as DeporteEscolas a 27 concellos da provincia, que neste caso son A Cañiza, A Guarda, Baiona, Barro, Bueu, Cambados, Cangas, Cerdedo-Cotobade, Forcarei, Gondomar, Mondariz, Moraña, Oia, O Rosal, Pazos de Borbén, Pontevedra, Ponteareas, Ponte Caldelas, Redondela, Ribadumia, Rodeiro, Tomiño, Tui, Valga, Vigo, Vila de Cruces e Vilagarcía de Arousa.

Mos empodera á muller na súa faceta laboral na presentación da programación do 8M

0

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro, e a de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, Julia Loureiro; presentaron esta na Axencia de Colocación de Mos a programación conmemorativa do Día Internacional da Muller.

Con esta presentación quíxose empoderar á muller na súa faceta laboral e visibilizar o feito de que as mulleres poden desenvolver calquera profesión, incluídos os históricamente considerados ‘traballos de homes’. Para elo a rexedora local mosense uniformouse coa indumentaria de soldadora para presentar o cartel conmemorativo xunto coa protagonista do mesmo, Tatiana González Arias, única muller que cursa o AFD (Accións Formativas para Desempregados/as) de soldadura que se imparte na Axencia de Colocación de Mos.

O devandito cartel foi, así mesmo, deseñado por David Sánchez Freitas, alumno-traballador do Obradoiro de Emprego Mos coa Mocidade (especialidade de deseño gráfico), que tamén se está a desenvolver na Axencia de Colocación.

Os alumnos-traballadores deste Obradoiro teñen un papel moi importante na programación do 8M deste ano pois foron os encargados de deseñar os 8 carteis que conmemorarán diariamente esta efeméride durante a semana do 1 ao 8 de marzo. Publicarase un cada día nas redes sociais e páxina web do Concello de Mos.

Ademais permanecerán expostos en gran formato durante todo o mes de marzo nunha mostra que se poderá contemplar no exterior do Instituto das Pozas, na zona da entrada principal.

Por outra banda o acto central do propio día 8 de marzo, celebrarase ás 16.30 horas da tarde e consistirá nun acto homenaxe ás 58 traballadoras do SAF (Servizo de Axuda no Fogar) de Mos polo seu gran labor durante esta crise sanitaria.

O persoal do SAF é un dos colectivos mosenses máis imprescindibles durante esta crise sanitaria. Ademais de non ter interrompido a súa actividade laboral en ningún momento da pandemia, cubriron tamén desde abril de 2020 o SAF Temporal Extraordinario activado pola Xunta de Galicia e nunca deixaron de prestar servizo nos domicilios das 114 familias ás que atenden, aínda que neles existise algún positivo por COVID-19. Para elo estas heroínas contan coa axuda e colaboración do Servizo Municipal de Emerxencias do Concello de Mos e coa Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mos, que as acompañan aos domicilios para facilitarlles a colocación de todos os EPIs dos que teñen que ir provistas e á saída para a pertinente desinfección e retirada dos mesmos.

As representantes municipais, Arévalo e Cebreiro, destacaron “a importancia fundamental deste colectivo de traballadoras que se volven imprescindibles en tempos como os actuáis, xa que moitos dos usuarios do servizo son maiores enfermos que viven sós, e sen elas quedarían desatendidos. Ademais ao ser Mos un Concello eminentemente rural, moitas familias elixen este servizo para garantir a atención aos seus maiores antes que un centro, por exemplo”, concluíron. Por último rexedora local e edil de Política Social insistiron no “importante papel que xogan as traballadoras do SAF nos Servizos Sociais Municipais e no gran vínculo e coordinación que manteñen coas Traballadoras Sociais deste departamento, para garantir que maiores e familias usuarios estean perfectamente atendidos cada día; de ahí que sexan sobradamente merecedoras desta homenaxe e de que lles dediquemos o Día da Muller”.

Ademais a programación deste ano incluirá moitas outras iniciativas como a proxección da imaxe conmemorativa do Día da Muller na pantalla da rotonda das Angustias desde o 5 ata o 9 de marzo. A lectura dun manifesto no Campo de Fútbol das Baloutas previo ao partido na casa do U.D. Mos Feminino o domingo 7 de marzo. E unha programación diaria on line incluída no programa municipal Vive Mos nas Redes mediante a que todos os días publicarase no Facebook do Concello a historia dunha muller emblemática e/ou referente así como outro tipo de diferentes actividades tales como un monólogo, accións relacionadas coa muller conmemorativas do Día da Poesía o 21 de marzo… etc.

Por último entre as concellerías de Política Social e Igualdade e Mocidade organízase o concurso de TikTok “Mos pola igualdade”, certame que, ao redor do hashtag #Mosporlaigualdad, recompilará vídeos na rede social TikTok para concienciar e loitar pola igualdade de xénero e en oposición ao machismo. Formar parte do certame é tan sinxelo como subir un vídeo á plataforma Tik Tok co hashtag do concurso e encher un formulario de inscrición (onde tamén se poden consultar as bases).

A temática do certame é todo o que concerne á loita pola igualdade de xénero (igualdade no deporte, en oportunidades laborais, en tarefas domésticas, denuncia de relacións tóxicas, oposición ao machismo, empoderamento, detección de micromachismos, loita contra a violencia de xénero…). A duración máxima dos vídeos será de 60 segundos, e pódense utilizar todas as posibilidades creativas que proporciona a propia rede social TikTok.

O certame conta con dous premios, un primeiro premio dotado con 200 euros e un segundo premio dotado con 100 euros. A data límite para a inscrición é o 12 de marzo e os gañadores daranse a coñecer o 16 de marzo. A iniciativa atópase encadrada dentro do proxecto nacional “Rodando pola igualdade”, que aglutinará numerosos certames locais similares con temática de igualdade de xénero, que sumarán forzas no obxectivo común da concienciación pola igualdade e a loita contra o machismo. As obras gañadoras de cada certame local competirán entre elas para dirimir cal é a mellor obra a nivel nacional, premio cunha dotación económica de 500 euros que se dará a coñecer o 25 de marzo.

Sanidade convida ao estudiantado galego a participar en concursos de curtametraxes e carteis co fin de fomentar a doazón de órganos

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, presentou no Museo Pedagóxico de Galicia, diversas iniciativas postas en marcha polo seu departamento dirixidas ao alumnado galego, coa fin de fomentar a doazón e o transplante de órganos. O máximo responsable sanitario galego anima aos estudantes galegos a que participen nestas actividades, que promoven unha actitude solidaria e favorable ao xeneroso xesto da doazón e a importancia dos transplantes entre a nosa mocidade, permitindolles coñecer, de primeira man, unha parte fundamental do noso sistema sanitario.

En concreto, o titular da carteira sanitaria presentou tres actividades. A primeira delas, en colaboración coa Consellería de Educación, é a convocatoria do III Concurso de carteis para escolares relacionado coa doazón e os transplantes de órganos. Nesta actividade establécense dúas categorías, unha primeira, para 5º e 6º de educación primaria; e unha segunda, para o alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Secundaria Obrigatoria. En ámbalas dúas, os participantes deben abordar a temática da doazón e os transplantes de órganos e tecidos nos seus traballos. Para cada unha destas categorías, concederase un primeiro e segundo premio, dotados con 1.000 e 500 euros, respectivamente, destinados á adquisición de material escolar para o centro docente. Tamén haberá premios para o alumnado (tablets e cámaras de fotos).

A segunda das iniciativas dadas a coñecer polo conselleiro é o VII Concurso de curtametraxes para escolares relacionado coa doazón e os transplantes de órganos. Está dirixido ao alumnado de bacharelato e ciclos formativos de grao básico, medio e superior de todos os centros educativos. As curtametraxes deberán ser orixinais e inéditas, mudas ou sonoras, e se poden gravar en calquera dispositivo, mesmo teléfonos móbiles. Os traballos presentados poderán ser individuais ou en grupo de ata cinco autores por cada curtametraxe, e terán unha duración máxima de catro minutos. O primeiro premio é de 1.000 euros para o centro escolar e 1.000 euros a repartir entre o alumnado participante. O segundo premio é de 750 euros.

A terceira das iniciativas que presentou o conselleiro é o VI Concurso universitario de curtametraxes relacionado coa doazón e transplante de medula ósea; que vai dirixido ao alumnado matriculado durante o curso 2020/21 nas universidades do sistema universitario de Galicia e nos centros da UNED da nosa comunidade. O primeiro premio é de 2.000 euros é o segundo de 1.500 euros.

Sinalar que, no acto, o conselleiro de Sanidade estivo acompañado polo director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal Viñas; pola directora de ADOS, Marisa López García; e pola coordinadora autonómica de transplantes de ADOS, Encarnación Bouzas Caamaño.

SmartPeme pon en marcha esta vindeira semana outros catro obradoiros online

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana catro novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre o perigo de sufrir un ciberataque, novas ferramentas de Instagram para o turismo, como deseñar unha estratexia de email márketing e axustes de impresoras 3D.

En concreto, este luns 1 impartirase o obradoiro Covid e ciberseguridade en 2021, a cargo de Manuel Freire, experto universitario en Robótica. O martes 2 será a quenda de Novas ferramentas de Instagram para turismo, que será impartido por Mariana Rosa, graduada en Turismo.

Pola súa banda, o mércores 3, a posgraduada en Comunicación e Industrias Creativas Fátima Faílde, impartirá Desenvolve a túa propia estratexia de email márketing e, o xoves 4, contaremos de novo coa participación de Manuel Freire, que dará continuidade aos anteriores obradoiros sobre impresoras 3D en Impresión 3D VIII – Axustes de impresora.

A Deputación aproba novos investimentos por 835.000 euros no marco do Plan Concellos

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra segue a aprobar recursos ao abeiro das liñas 2 e 3 do Plan Concellos 2021 destinados a financiar diferentes actividades e, sobre todo, a contratación de persoal para os municipios da provincia. Nesta ocasión deuse vía libre a novos investimentos de 835.000 euros, cos que se verán favorecidos os concellos da Cañiza, Cerdedo-Cotobade, Gondomar, Meaño, Pontecesures, O Porriño e Vilanova.

Beneficiaranse desta cuarta relación de achegas para o emprego A Cañiza, Gondomar, Meaño, Pontecesures e O Porriño. Para estes cinco concellos foron aprobados 763.000 euros cos que poderán levar a cabo a contratación de 71 traballadores e traballadoras. Contando con estes investimentos, xa son 45 os concellos que teñen aprobadas subvencións dentro da liña 3 por 7,1 millóns de euros grazas aos cales se contratarán a 677 persoas na provincia de Pontevedra.

En concreto, A Cañiza contratará a 12 persoas con 125.027 euros financiados pola Deputación mentres que Gondomar fará o mesmo con outras 10 traballadoras e traballadores grazas a un investimento de 158.069 euros. O Porriño será o concello que máis persoas contrate con estas novas achegas, que no seu caso ascenden a 249.366 euros cos que dará traballo a 25 persoas. O concello de Meaño dará traballo a 16 persoas con 148.500 euros. Pola súa parte, Pontecesures contratará a 8 traballadoras e traballadores grazas a un investimento de 82.002 euros.

Na Xunta de Goberno foi aprobada tamén a terceira relación da liña 2 grazas á cal os concellos de Cerdedo-Cotobade, Pontecesures, O Porriño e Vilanova de Arousa contarán con máis de 72.000 euros para amortizacións, pago de débedas e gastos correntes. Con estas achegas Cerdedo-Cotobade actuará sobre dous treitos do XIX Rally do Albariño e Pontecesures realizará labores de limpeza viaria en varias rúas. Pola súa banda, O Porriño empregará as subvencións para o apoio e reforzo escolar a menores en desvantaxe así como para realizar accións de formación académica a familias en risco de exclusión social. Ademais, Vilanova de Arousa poderá financiar a Festa do Momo Virtual 2021.