11.9 C
Pontevedra
Domingo, 26 de Marzo de 2023
Máis
    HomeVal MiñorGondomarXuventude ofrece cursos adaptados ás necesidades xeradas tras a pandemia

    Xuventude ofrece cursos adaptados ás necesidades xeradas tras a pandemia

    O departamento do goberno de Gondomar, dirixido por Nuria Lameiro, desenvolverá unha acción formativa de preparador/ra en liña, respondendo á necesidade de persoal para atender o incremento do comercio online xerado pola pandemia

    A actividade dirixida á mocidade de entre 17 e 35 anos do concello de Gondomar busca dotar de formación básica a quen ocupará un posto nas novas profesións que están a aparecer no mercado e para as que non existe unha formación regrada pero si se precisan uns coñecementos básicos.

    O prazo de inscrición para os interados/as permanecerá aberto desde este mércores, día 3 de marzo, ata o 16 de marzo, fixándose o inicio do curso o día 22 de marzo. Deberán presentar no Rexistro Municipal ou a través da Sede Electrónica do concello a solicitude xunto os anexos dispoñibles en www.concellodegondomar.gal ou na oficina da Omix (que tamén se pode remitir a través do correo omix@concellodegondomar.gal).

    O alumnado recibirá unha formación de 100 horas (30 teóricas e 70 prácticas) nas que prepararanse para desempregar o proceso de “picking”, é dicir, selección de produtos adquiridos por un cliente vía online, comprobrar o seu estado, preparalo, etiquetalo e finalmente embalalos.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS