Sábado, 21 Xuño de 2025

Gondomar retoma esta fin de semana a súa programación de verán

0

Este xoves, a partir das 22.30 horas na Praza das Antiguas Escolas Vellas retómase o programa de actividades “Gondocultura” coa actuación do artista gondomareño Rubén de Lis, suspendido a pasada fin de semana debida ás pésimas previsións meteorolóxicas anunciadas para aqueles días.

Será a primeira dunha serie de actividades que se retoman e desenvolveranse ao longo de toda a fin de semana como a actuación do grupo “La Franga”, o venres a partir das 22.30 horas ou a actuación do premiado espectáculo circense “Xampatito Pato “Só”, que chega a Gondomar o sábado 31 á Praza Paradela. Os asistentes poderán gozar do espectáculo galardoado en numerosos festivais no que o seu creador, Jesús Velasco, preséntanos un personaxe obsesivo, cuadriculado e rodeado de caixas que escapan ao seu control. Desde o caos xorde un universo onde non faltará a tolemia cómica que fará a delicia de todos.

Gondocultura pechará a fin de semana coa actuación da Burgas Big Band, concerto que vén da man de Musigal promovido pola Deputación Provincial de Pontevedra. Sobre o escenario da Praza da Paradela 15 artistas que tocarán clásicos de Swing, Twist, Boleros, Rock and Roll… que non deixarán a ninguén indiferente.

Reserva entradas

O goberno local de Gondomar lembra que o sector da cultura demostrou en todo momento ser seguro e que é un dos máis prexudicados durante a pandemia. Por iso manteranse as actuacións en espazos abertos, e “en todo momento atendendo a normativa vixente covid19, suxeita neste momento á orde da Xunta publicada o pasado 22 de xullo no Diario Oficial de Galicia”.

Ademais de respectar os aforos e acoutar as zonas ás que poderá acceder o público, será necesario reservar previamente as entradas para os distintos eventos dispoñibles no despacho de billetes electrónico https://taquilla.concellodegondomar.gal. Será obrigatorio o uso de máscara, o xel hidroalcohólico e deberán manterse sentados no lugar asignado e dispoñerase dun dispositivo de control para evitar a aglomeración de persoas no exterior do recinto acoutado.

“A cultura é segura, e demostrouse”, asegura o alcalde Paco Ferreira, quen apunta que “todo apoio que podamos dar, sempre respectando as medidas de seguridade é importante seguir adiante coa axuda de todos e todas” nun claro chamamento á veciñanza para que “sigamos respectando as medidas que nos impoñen, que impere o sentido común e resistamos un pouco máis para que todo volva aos poucos á normalidade”.

O BNG de Redondela apoia a concentración de Cabanas para a “supresión total” da peaxe de Rande

0

Para hoxe xoves 29 xullo, ás 20 h está convocada unha concentración na rotonda de acceso á Peaxe de Rande, polas A.VV. De Teis e Chapela, para forzar a eliminación total e real da peaxe de Rande. O voceiro nacionalista, Xoán Carlos González, anima a todos os veciños e veciñas de Redondela, colectivos, asociacións “a sumarse a esta concentración para reclamar que se elimine este pago inxusto”.

Segundo o edil nacionalista, “as rebaixas e bonificacións anunciadas, nacen do acordo polo que o BNG apoiou a investidura de Pedro Sánchez”. No seu momento, o deputado Néstor Rego, deu conta do mesmo nunha Asemblea Aberta en Chapela.

Mais para a organización nacionalista, non se está a cumprir ao cen por cen co asinado, pois as bonificacións aprobadas polo Consello de Ministros, cínguense á segunda viaxe, nas vinte catro horas seguintes, para o que hai que dispor do dispositivo de telepeaxe. “Agora quen vai lucrarse, son os bancos que cobran unha taxa por uso do dispositivo”, sinala Xoán Carlos González.

Finalmente anima ao conxunto do corpo social redondelá, a concentrarse apoiando ás A.VV. De Veciños de Teis e Chapela, para acadar entre todos a supresión real da Peaxe de Rande.

O Rosal homenaxea aos irmáns Flores

0

A Praza do Calvario acollerá o próximo domingo un concerto homenaxe a dous músicos emblemáticos de O Rosal, José e Emilio Flores Costas, os Irmáns Flores. O espectáculo comeza ás 21.00 horas con entrada balde ata completar aforo e a reserva de entradas está activa na web do Concello.

Xistra e convidados encargáranse de interpretar as creacións musicais dos irmán Flores, dúas persoas que interviñeron moi activamente na formación persoal de moitas e moitos veciños, algúns dos cales hoxe en día dedícanse profesionalmente á música. Participaron e crearon colectivos que abranguen calquera manifestación de música popular galega. Soamente cunha gaita divertiron e ensinaron a todo un pobo.

Este concerto é unha actividade máis para valorizar o legado dos irmáns. O pasado mes de xuño o Concello de O Rosal acolleu a presentación do libro “O Legado dos Irmáns Flores”, de Xerardo F. Santomé e Xosé Miguélez, grandes admiradores destes dous destacados rosaleiros.

Neste traballo de 220 páxinas e acompañado dun CD hai partituras do repertorio dos Flores, entre as que destacan as compostas por José; diversas gravacións de audio e diferentes ligazóns a vídeos dos dous protagonistas cun alto valor documental e histórico.

O pleno de Ponteareas aproba o primeiro Plan de Igualdade do persoal do Concello

O pleno de Ponteareas aprobou onte o primeiro o Plan de Igualdade do persoal municipal do Concello. O documento, promovido pola concellaría de Benestar Social e Igualdade que dirixe Verónica Carrera, contempla 39 actuacións que permitirán camiñar cara a igualdade entre ambos xéneros na plantilla de persoal da entidade local.

O plan establece 7 áreas de intervención: transformación organizativa municipal (9 actuacións), información, sensibilización e formación continua (6 actuacións), acceso ao emprego (4 actuacións), retribucións, promoción interna e desenvolvemento da carreira profesional (4 actuacións), corresponsablidade e conciliación da vida persoal, familiar e laboral (4 actuacións), saúde laboral e prevención do acoso sexual ou por razón de sexo (5 actuacións), e violencia contra as mulleres (3 actuacións).

Co Plan de Igualdade o goberno local de Ponteareas pretende incorporar a perspectiva de xénero na xestión dos recursos humanos do Concello, fomentar a igualdade de oportunidades e o equilibrio na participación de traballadoras e traballadores en todos os ámbitos de xestión, integrar o respecto pola igualdade na cultura e non valores de funcionamento, e incrementar o impacto positivo do xénero nas políticas e servizos públicos.

O pleno tamén ratificou por unanimidade un manifesto polos dereitos das persoas LGTBI consensuado polas forzas políticas da corporación. O Concello de Ponteareas declarouse como un “municipio de liberdade para todas as persoas independentemente da súa identidade de xénero ou afinidade sexual”, e mostrou a súa vontade de construír unha sociedade inclusiva con oportunidades para todos e para todas.

Gondomar avalía o seguimento do Plan de Igualdade da localidade no seu Consello Municipal da Muller

0

A Concellería de Igualdade de Gondomar celebrou, esta mañá, unha nova reunión do Consello Municipal da Muller, na que se abordaron diferentes cuestións relacionadas coa actividade desenvolto neste departamento durante o primero semestre do ano.

A reunión, celebrada de forma telemática, estivo presidida pola responsable do departamento Nuria Lameiro e a secretaria do Consello Susana Fernández, axente de Igualdade, que ademais de aprobar as actas do último encontro, celebrado o pasado mes de marzo, informaron sobre as distintas actividades realizadas ata o momento desde o Centro de Información da Muller (CIM).

Así se destacaron as accións realizadas este ano en colaboración cos centros escolares do municipio, facendo fincapé na necesidade de implicar ás novas xeracións na identificación de condutas machistas e a sensibilización pola aposta nos valores de igualdade entre homes e mulleres. Para iso celebráronse diferentes talleres dirixidos a estudantes de primaria.

Cursos on-line dirixido a mulleres, implicación dos clubes deportivos na defensa dos valores da igualdade ou a publicación dunha guía sobre a violencia de xénero, como identificala e combatela son outras das actividades desenvolvidas polo CIM ás que se sumarán nos próximos meses novas iniciativas.

Ademais, tamén se realizou balance sobre o Plan Municipal de oportunidades de homes e mulleres destacando a concelleira que “seguimos avanzando na aplicación e desenvolvemento do seu contido co fin de seguir loitando por unha maior integración das mulleres na sociedade e a consecución dunha igualdade real”.

O Reina Sofía exhibe dúas obras do galego Uxío Souto cedidas polo Museo de Pontevedra

O Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía exhibe desde hoxe dúas obras do artista galego Uxío Souto que lle foron cedidas temporalmente polo Museo de Pontevedra para formar parte da súa nova sección ‘Pensamiento perdido: Autarquía y Exilio’, dedicada a mostrar tanto o complexo contexto no que viviron os creadores que se viron obrigados a abandonar España trala Guerra Civil, como á produción artística realizada dentro do país durante a ditadura franquista.

O préstamo, que se prolongará ao longo de 18 meses, inclúe a escultura en bronce ‘Oaxaqueña’ datada en 1942, e a augada en cor ‘Campo de concentración’, realizada en 1944 e que recolle unha escena dos prisioneiros republicanos españoles no campo de concentración francés de Barcarés, no que estivo internado o propio autor.

“Este tipo de colaboracións entre institucións museísticas son habituais tendo en conta, ademais, o interese que suscita a nosa colección pola súa calidade e  dimensión”, subliñou o director do Museo de Pontevedra, José Manuel Rey, quen lembrou que “de feito, temos cooperado co Reina Sofía en distintas exposicións temporais e contamos cunha obra súa en préstamo”.

Campo de concentración

O Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía atópase actualmente traballando nun proxecto que permita reler a súa colección permanente para ofrecer unha nova interpretación dos seus fondos e ampliar a zona expositiva, reordenación que culminará a finais deste ano. Dentro desta acción atópase a apertura ao público hoxe deste terceiro episodio da súa colección, na cuarta planta do edificio Sabatini, no que se cobren dous elementos antitéticos, por un lado, as primeiras décadas do franquismo ata a Trienal de Milán de 1951; e polo outro, a fuxida dos republicanos e o seu exilio en países como Francia, México ou Porto Rico.

O alcalde de Nigrán solicita á Xunta a gratuidade da autoestrada do Val Miñor

0

O alcalde de Nigrán, Juan González, e a deputada nacional e portavoz de Transformación Digital do Congreso, Ángeles Marra, mantiveron un encontro para informar de primeira man das diferentes axudas económicas que aprobará o goberno central en beneficio dos concellos. Estas forman parte do ‘Plan de recuperación, transformación y resiliencia’ con reformas e investimentos por importe de 70.000 millones de euros (2.700 para a provincia de Pontevedra) que o Goberno prevé executar entre 2021 e 2023.

Ao respecto, o alcalde de Nigrán, trasladou os seus parabéns ao goberno do Estado por ter rebaixado os peaxes da AP-9 ao tempo que solicitou á Xunta dar algún paso a prol da gratuidade da AG-57, autoestrada do Val Miñor e de competencia autonómica. “O goberno de España ven de aprobar unha rebaixa histórica na AP-9 que inclúe a gratuidade no tramo Vigo-Redondela, mentras que a Xunta mantén os peaxes na autoestrada do Val Miñor”, reprochan o alcalde e a portavoz de Transformación Digital do Parlamento de España. Esta cuestión foi incluso aprobada en diferentes plenos coa unanimidade da corporación e trasladada á Xunta oficialmente reiteradas ocasións. “O goberno cumpriu no prazo anunciado a súa promesa de rebaixar as peaxes e na Xunta se desentenden por completo nas vías que son da súa competencia”, subliña Marra. Así, esta autoestrada do Val Miñor, da que o Grupo Itinere ten a concesión ata o ano 2045, ten un custo de 1’15 € no traxecto Baiona-Nigrán, 0’80 € Vincios- A Ramallosa ou 0’35 € Nigrán-A Ramallosa. O goberno de Nigrán, co apoio do goberno do Estado, retoma agora esta vella reivindicación tras esta nova na AP-9.

“A Xunta non considera esta cuestión para o Val Miñor, é un agravio comparativo”, sinala o alcalde, Juan González, quen incide en que o feito de que tódolos tramos da AG-57 teñan un custe impide que esta funcione como a verdadeira circunvalación que precisa o Val Miñor. “A realidade é que sendo de pago non resulta un vial alternativo nin nos momentos de máxima afluencia na comarca”, resume.

O goberno de Nigrán recorda que as circunvalacións das grandes áreas de Galicia son gratis, máxime cando unen cunha gran cidade. “A supresión é algo moi necesario para o día a día dos veciños do Val Miñor, pero é que ademais, no caso de Nigrán, resta competitividade ao Parque Empresarial Porto do Molle e fai que o tráfico de mercadorías discorra habitualmente por estradas convencionais, coa perda de fluidez viaria e merma de seguridade que conleva”, sinala González, quen engade que é a autoestrada que, de xeito máis rápido e directo, conecta o Val Miñor con servizos básicos como o Hospital Álvaro Cunqueiro, a Universidade de Vigo, o Aeroporto de Peinador ou o Parque Tecnolóxico de Valadares. “Ir ao hospital ou á Universidade non pode significar para os nosos veciños un plus de desembolso con respecto a outras áreas, son todos servizos básicos aos que se chega en escasos minutos a través da AG-57”.

En definitiva, a gratuidade da AG-57 permitiría que se empregase como verdadeira circunvalación beneficiando a toda a veciñanza da comarca, desconxestionaría o tráfico gañando ao tempo en seguridade e contribuiría á competitividade empresarial de toda a área.

“Compre recoñecer o traballo dos alcaldes porque os concellos están asumindo incluso competencias impropias sen que desde a Xunta se lles aporte ningún recurso económico”, incide Marra, quen pon como exemplo “os traballos de desinfección nos centros escolares”, cuestión que non corresponde aos municipios pero que están realizando con cargo ao seu orzamento.

A música, protagonista das noites desta semana no Rosal

0

A programación cultural de verán en O Rosal céntrase esta semana na música. Portecelo acollerá a actuación de Radio Pesquera, a banda composta polos guitarristas Pablo Novoa e Nono García que tocará o próximo xoves ás 21.30 horas, mentres que o sábado ás 22.00 horas será a quenda da Banda da Sociedade Atlántida de Mátama na Praza do Calvario. Ambas actuacións serán de balde, con prazas limitadas e entrada libre ata completar aforo, e se desenvolverán atendendo a todas as medidas de prevención.

Radio Pesquera  é o resultado da unión da guitarra flamenca de Nono García e a guitarra eléctrica de Pablo Novoa baixo ritmos propios do jazz, do blues, do flamenco, e tamén da música latina. Os seus concertos supoñen un punto de encontro entre a música de dous portos pesqueiros, un do sur e un do norte.

A Banda da Sociedade Atlántida de Mátama é histórica no sur de Pontevedra. Dende que comezou a súa andadura alá no ano 1983, acadou numerosos premios entre os que destaca unha primeira posición no V Certame de Bandas de Música da Deputación de Pontevedra. O seu programa abarca todo tipo de xéneros musicais, tanto orixinais como alleos, ademais de incluír programas de ópera, zarzuela e música galega.

Tui participou no encontro entre as redes de xuderías de España e Portugal

0

Tui, coma membro da Red de Juderias de España, foi unha das cidades participantes no encontro entre as redes de xuderías de España e Portugal que na fin de semana se celebrou na localidade portuguesa de Castelo de Vide.

No encontro participou a xerente da Red de Juderías de España, Marta Puig, o presidente da Cámara de Castelo de Vide e vicepresidente da Rede de Judiarias de Portugal, así coma representantes institucionais de Tui, Cáceres, ou Bragança, o embaixador de Israel en Portugal, a secretaria xeral e o director executivo da AEPJ, Asociación Europea para a Preservación e Difusión da Cultura e o Patrimonio Xudeu, entre outros.

O Concello de Tui estivo representado polo concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, quen valorou positivamente a participación neste encontro xa que por unha banda permitiu dar a coñecer o legado xudeu de Tui, con especial atención aos Sambenitos, e establecer importantes contactos.

Entre as propostas suxeridas nos relatorios realizados ao longo da fin de semana Laureano Alonso destacou a creación de catro rutas pola Península Ibérica. Indicaba que “Tui sería o eixo vertebrador da Ruta do Norte que partiría de León, Monforte, Ribadavia e Tui para continuar cara ao sur por Portugal”. Explicaba que “a idea é facer un itinerario” no que Tui sería o punto de entrada a Portugal.  Nesa situación estratéxica salientou tamén a importancia de que Valença poida formar parte da Rede de Xuderías de Portugal, de tal xeito que o legado xudeu da Eurocidade sexa un elemento máis na promoción turística e cultural dos dous municipios.

Os Sambenitos, pezas únicas que se conservan en Tui, centraron parte da ponencia do profesor da Universidade de Lisboa, Jorge Martíns, e suscitaron o interese de Alan Schneider, director del Centro Mundial de B’nai B’rith en Jerusalén.

Por outra parte Laureano Alonso destacou coma o legado xudeu de Tui está sendo un polo de atracción máis para os visitantes que este verán se achegan ata cidade, sinalando coma exemplo un grupo de Toledo “interesado en coñecer o legado xudeu de Tui”. Cómpre lembrar que Tui conta cunha Ruta Xudía que se pode seguir de forma autoguiada a través da sinalización ubicada na cidade histórica e dos código QR situados nos distintos sinais. Tamén na Oficina de Turismo, situada na praza de San Fernando, están a dispor dos visitantes folletos turísticos desta ruta. O percorrido inclúe lugares coma a Sinagoga, o Museo Diocesano onde se gardan os Sambenitos, o Claustro da Catedral onde hai unha menorá gravada na pedra, ou a Casa de Salomón.

Os espectáculos nocturnos volven ás rúas de Ponteareas

O programa ‘Noites ao vivo’ volverá a encher este verán as noites e as rúas de Ponteareas cos seus espectáculos ao aire libre para todos os públicos. O Mago Martín será o encargado de dar o pistoletazo de saída a unha nova edición deste programa, que ata finais do mes de agosto ofrecerá diversas propostas culturais de diferentes estilos.

A primeira actuación será este xoves 29 de xullo a partir das 22.00 horas na Praza Fernández Vega, con entrada de balde e libre ata completar aforo e cumprindo con todas as medidas de prevención e seguridade necesarias na actual situación sanitaria.

Dende a Concellaría de Eventos, que dirixe Miguel Bouzó, animan a toda a veciñanza a non perderse un espectáculo no que o Mago Martín sorprenderá con trucos e ilusións de gran beleza. Maxia de cerca, a poucos centímetros das súas mans, que farán crer  ao público en cousas imposibles; efectos de impacto que fan desafiar as leis da física ou grandes ilusións deixarán con ganas de máis a todas e todos os asistentes.

A Deputación remata as obras no Castelo de Soutomaior

A Deputación de Pontevedra vén de rematar as obras de conservación na cuberta e a fachada do Castelo de Soutomaior, que permitiron solucionar os problemas de filtracións de augas que se viñan producindo nos encontros da fachada cos petos e as ameas pero que, sobre todo, supoñen todo un avance nos criterios de sustentabilidade e eficiencia enerxética. A institución provincial dedicou preto de 90.000 euros a estes traballos, que forma parte do Plan de Conservación e posta en valor do recinto que se iniciou en 2017 con investimentos cara á súa musealización, e que continúa agora cos parámetros sostibles do século XXI. As obras non interferiron coas visitas guiadas nin tampouco co calendario de actividades culturais de verán que se está a celebrar todos os xoves no exterior do recinto, o programa “Tras as ameas”. De feito, unha das premisas foi a de intervir o mínimo o inmoble. Para iso, empregáronse técnicas e materiais compatibles e non agresivas que respectaron en todo momento as características esenciais deste Ben de Interese Cultural.

En concreto, os traballos focalizáronse na cuberta inclinada, nas cubertas planas transitables situadas enriba da Galería das Damas e das latrinas, no muro da fachada suroeste e tamén nas ameas e nos petos perimetrais. Ao solucionar os problemas derivados da presenza de humidades e da entrada de auga, evítase tamén a posíbel aparición doutras patoloxías no futuro. Os traballos incluíron, no que atinxe ás cubertas, a reparación de gárgolas, a recolocación de tellas, o cambio das fiestras, a substitución do lucernario por un novo de vidro, a limpeza e toma de xuntas das lousas do chan das cubertas transitables ou a execución dunha nova quenlla. No muro realizáronse labores de limpeza e de tratamento puntual de xuntas, e se resolveron as filtracións que se producían nas salas que dan á fachada suroeste. Na súa aposta por seguir convertendo o Castelo de Soutomaior no gran foco de atracción do turismo vencellado á historia en toda Galicia, a Deputación destina amplos recursos para a conservación e posta en valor tanto da fortaleza como de todo o seu recinto. O investimento do actual goberno provincial no Castelo só en traballos de conservación e mantemento, coa súa musealización como proxecto estrela, supera os 2 millóns de euros.

Concienciación e conservación do territorio camiñan da man en Ponteareas co voluntariado ambiental xuvenil

Coidar o medio ambiente xa non é unha opción, é unha obriga para todas as persoas que habitan no planeta. Algo do que é consciente o Concello de Ponteareas, que leva anos desenvolvendo o programa de Voluntariado Ambiental Xuvenil, posto en marcha pola Concellaría de Voluntariado que dirixe Miguel Bouzó e que ofrece á mocidade “a oportunidade de desfrutar, aprender e mellorar os vínculos coa súa contorna”.

Este verán máis dunha vintena de mozos e mozas participan nas actividades formativas ao aire libre deste programa, que busca que a mocidade ponteareá desfrute do seu tempo de lecer coñecendo a flora e fauna da súa contorna e fomentando a súa concienciación medioambiental.

“Queremos que os rapaces e rapazas sexan conscientes da importancia da conservación do medio natural e de mellorar a calidade dos ecosistemas, pero tamén que desfruten de actividades de lecer diferentes, que fomenten o contacto social con actividades saudábeis e evitando o sedentarismo”, salienta o edil.

Deste xeito, durante a participación no programa os mozos e mozas reciben unha formación práctica sobre tarefas tradicionais do rural asociadas so medio ambiente, coñecen un pouco máis a Rede Natura 2000 e a súa flora e fauna, achéganse ao patrimonio de Ponteareas, conciéncianse sobre a problemática dos residuos ou aprenden a seguir rastros e pegadas da fauna da contorna e a distinguir as especies exóticas invasoras.

A formación complétase con actividades como a limpeza de río e de monte; a limpeza do río dende kayak, que permite retirar lixo ao que é difícil de acceder dende terra; a aprendizaxe sobre o ceo nocturno ou a realización dunha mostraxe de fauna e flora da contorna ponteareá.

O Rosal, A Guarda e Tomiño solicitarán ao Goberno o recoñecemento das propiedades veciñais da liña de costa

0

A alcaldesa de O Rosal, Ánxela Fernández; a tenente de alcalde da Guarda, Montserrat Magallanes, e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, acordaron, tras unha reunión coas comunidades de montes dos tres municipios, esixir ao Goberno de España as modificacións lexislativas necesarias para o recoñecemento das propiedades veciñais da liña de costa por parte do Estado.

O Concello do Rosal levará a pleno este xoves 29 de xullo (20.00 h, no Centro Social Polivalente) unha moción conxunta para poñer de manifesto que os montes veciñais en man común son lexítimas titularidades da veciñanza comuneira e solicitar ao goberno os cambios na regulación.

Esta solicitude é produto das denuncias dos comuneiros após que o Catastro remitiralles varias cartas para advertir que a titularidade desas propiedades corresponde á Administración do Estado. As comunidades de montes avisan que se está a realizar unha “confiscación encuberta das terras comunitarias”.

O Estado ampara esta actuación ao amparo do artigo 9 da lei de Costas que di “que dentro da demarcación marítimo-terrestre, non poderán existir territorios de propiedade distinta da demanial do Estado”, pero para os comuneiros esta interpretación non é correcta. Consideran que a natureza colectiva das terras comunitarias está protexida pola lei de Montes Veciñais, e non deben ser tratadas como as propiedades privadas.

Recollidas estas denuncias, esta moción conxunta recolle solicitar ao Estado a modificación do artigo 9 da lei de Costas, no que se inclúa que as titularidades comunitarias poidas existir nas demarcacións marítimo-costeiras, e a modificación do artigo 388 do Código Civil para que se recoñeza aos montes veciñais á par dos bens de dominio público e privado.

Obradoiro de iniciación ao ilusionismo no programa ‘Mocidade Viva’ de Ponteareas

O programa Mocidade Viva busca esta semana aprendices de maxia. A Concellaría de Mocidade, que dirixe Miguel Bouzó, organiza este xoves 29 de xullo un obradoiro de iniciación no que todos os mozos e mozas maiores de 12 anos poderán introducirse no mundo do ilusionismo da man do Mago Martín.

O curso, de balde, celebrarase a partir das 18.30 horas no parque da Feira Vella con todas as medidas e protocolos de precaución. As persoas interesadas poden inscribirse xa enviando un correo electrónico a [email protected].

O concelleiro anima a toda a mocidade a participar nesta aproximación ao mundo da maxia, no que poderán aprender xogos doados e espectaculares cos que sorprender a familiares e amizades.

Deputación e Odega dan un novo paso adiante na procura dunha economía circular na provincia

Na liña do compromiso co medio ambiente e o respecto á sustentabilidade en todos os eidos do desenrolo económico e social da provincia, a Deputación de Pontevedra ven de asinar un novo convenio con ODEGA, a Asociación de Desenvolvemento Rural, para poñer en marcha un programa divulgativo sobre o fomento do bo manexo e xestión dos plásticos de uso agrícola na provincia. Esta iniciativa, á que a Deputación achega 36.400 euros, busca avanzar no concepto de economía circular, transformando os residuos en subprodutos ou materias primas doutros procesos, pasando a ser motores da economía, e xerando riqueza e emprego.

No marco deste acordo coa Deputación, ODEGA elaborará unha guía de boas prácticas para a xestión adecuada dos PUA (plásticos de uso agrícola) destinada aos diferentes axentes do sector na provincia e, amais, instalará dous puntos físicos de información e asesoramento sobre a xestión destes residuos en Silleda e Cambados. Igualmente, realizarase unha revisión técnica dos modelos actuais de recollida, xestión e tratamento dos residuos plásticos agrícolas na que se terán en conta a todos os axentes dos sectores agrícola e gandeiro amais dos entes locais e autonómico. Tamén se realizarán ata cinco microvídeos para explicar cuestións como a problemática ocasionada polos PUA nas explotacións, consellos para realizar boas prácticas de xestión ou formas de almacenalos correctamente.

Segundo datos oficiais, en Galicia xéranse cada ano ao redor de 7.700 toneladas de residuos de plásticos de uso agrícola. Delas 4.800 son de silo, 900 dos plásticos cos que se constrúen os invernadoiros e 2.000 de bolsas para silo. Polo tanto, a actividade agraria xera a diario unha variedade de residuos de diferente tipoloxía e perigosidade. Este feito, ligado á frecuente vertedura, incineración ou incluso soterramento dos PUA, produce un dano á paisaxe e un problema de contaminación aos que hai que poñerlles freo.

Concerto gratuíto de Óscar Ibáñez o próximo sábado 31 de xullo en Oia

0

A música do gaiteiro Óscar Ibáñez soará en directo o próximo sábado a partir das 21:00 horas na Eira do Convento, nun concerto organizado polo Concello de Oia. A entrada é gratuíta e as prazas son limitadas, polo que o acceso se realizará con inscrición previa.

O espectáculo musical desenvolverase con control de acceso e aforo, co público sentado e seguindo todos os protocolos da COVID-19. Así, as persoas interesadas en asistir deberán reservar a súa praza enviando os seus datos ao correo electrónico [email protected] O prazo de inscrición rematará o venres día 30 ás 13.00 horas. Para máis información pódese contactar co Concello no teléfono 986 36 21 25.

Óscar Ibáñez é un gaiteiro e frautista que realiza unha fusión musical sen límites partindo das raíces, a medio camiño entre investigación e creación, e que ten como resultado un novo e único son. A súa banda de directo, Óscar Ibáñez & Tribo, está formada por músicos de longa e recoñecida traxectoria como Fernando Fraga (acordeón), Harry.C (violín), Carlos Calviño (guitarra), Paco Dicenta (baixo), Andrés Vilán (percusión/batería) e Carla Villanueva (xilófono), entre outros.

Este concerto está organizado coa colaboración da Consellería de Cultura da Xunta, a través do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo. Ao tratarse dunha actuación ao aire libre, en caso de choiva será suspendida. Todas as novidades iranse actualizando na páxina de Facebook da Oficina de Turismo de Oia.

Ponteareas moverase a ritmo de rock’n‘roll coa Escola de Rock de Paredes de Coura

Ponteareas moverase este mércores 28 de xullo a ritmo de rock and roll. A Praza Maior acollerá a partir das 21:00 horas o concerto da Escola de Rock de Paredes de Coura, que elixiu a vila como un dos escenarios da súa xira por Galicia. Os grupos The Rebel Spirits e Os Garagebamzos, un grupo de mozos formados no Conservatorio Municipal de Música de Ponteareas, serán os encargados de amenizar a noite neste encontro organizado pola Câmara Municipal de Paredes de Coura en colaboración co Concello de Ponteareas e dirixido polo programa de formación Space Ensemble.

Cartaz de © Margarida Macedo (Click para ampliar)

Este concerto busca “dar a volta á lóxica dos grandes festivais e dar a oportunidade de ser cabeza de cartel aos mozos e mozas que están a dar os seus primeiros pasos no mundo da música”, como salienta o concelleiro de Eventos, Miguel Bouzó.

A actuación será de balde, con entrada libre ata completar aforo.

A Escola de Rock de Paredes de Coura naceu en 2014, na terra do icónico Festival Paredes de Coura, contribuíndo ao fomento deste xa clásico romance entre a vila e o rock’n’roll. Decorre en períodos de curta duración, nun formato de residencia artística e campo vacacional con actividades que varían entre ensaios, formacións, concertos e moito máis.

Todos os anos a Escola de Rock organiza unha xira con concertos en condición inéditas para o alumnado e profesorado, reunindo a todas as persoas participantes no escenario. Os grupos da Escola do Rock xa actuaron en moitos festivais, así como nalgunhas das mellores salas de espectáculo de Portugal e Galicia, como o Festival Vodafone Paredes de Coura, o Serralves em Festa (Museu de Serralves, Porto), o Verão na Casa (Casa da Música, Porto), o SURFING THE LEREZ (Pontevedra, Galicia), o NOS Primavera Sound (Porto), o Hard Club Porto, o Auditorio Municipal de Vigo ou a Fundación Barrié (Vigo), entre outros.

O Concello instala un semáforo na contorna do CEIP de Cesantes “dando resposta a unha demanda histórica da veciñanza”

0

O Concello de Redondela vén de rematar a instalación dun semáforo na estrada N-550 na contorna do CEIP Outeiro das Penas, en Cesantes. Dáse resposta así ao que a alcaldesa Digna Rivas cualificou de “demanda histórica” tanto da veciñanza coma da comunidade escolar para mellorar a seguridade viaria nunha zona que rexistra un elevado tránsito de peóns.

É preciso subliñar que por esa zona circulan a pé, diariamente, non só numerosos veciños e veciñas senón que é paso obrigado Camiño de Santiago ao igual que o é para o alumnado e familias do CEIP Outeiro das Penas.

A alcaldesa Digna Rivas quixo agradecer, especialmente “a colaboración e traballo incansable” da ANPA do CEIP Outeiro das Penas que, coas xestións realizadas dende o primeiro momento pola Alcaldía de Redondela, “foron quen de dar solución a un grave problema de seguridade viaria que afectaba, moi directamente, á veciñanza e aos nenos e nenas do Outeiro das Penas”.

O paso de peóns regulado por semáforo, quedou instalado entre as dúas paradas de autobuses e a intersección de acceso ao CEIP.

Dende á chegada ao Goberno, non é esta a primeira actuación de mellora da seguridade viaria tanto de veciñas e veciños como de escolares e, nese sentido, cómpre lembrar que, en menos dun ano dende a súa chegada ao Goberno local, a Alcaldía redondelá daba resposta ás demandas que, en materia de seguridade viaria, viña realizando dende hai anos a comunidade escolar do CEIP Alexandre Bóveda de Angorén, na parroquia de Chapela, instalando outro semáforo para permitir que alumnos e alumnas do CEIP puideran cruzar, sen risco, a N-552.

“Tanto o semáforo de Cesantes, que agora entra en funcionamento, como o de Angorén, que está operativo dende hai varios meses, respondían a demandas da veciñanza que levaban anos sen ver satisfeitas e que nós consideramos como de absoluta prioridade”, apuntou Digna Rivas.

Baiona activa un novo sistema de inscrición online para garantir a seguridade nos eventos do verán

0

O Concello de Baiona vén de poñer en marcha un novo sistema de inscrición para garantir a seguridade nas actividades e eventos que se desenvolvan no recinto do parque da Palma. Trátase dun sistema dinámico e práctico, habilitado na web do Concello –na ligazón https://www.baiona.gal/calendario/–, no que figuran os días das diferentes actividades, horario e unha pequena descrición do evento.

Nesa páxina, coa lenda “Sistema de inscrición previa obrigatorio na actividade”, as persoas interesadas poden reservar as súas entradas. Na mesma páxinas figura información complementaria sobre as medidas habilitadas para garantir a seguridade sanitaria das e dos asistentes.

Entre outras directrices, sinálase que todos os eventos seguiránse sentados en cadeiras que terán unha serparación de 2 metros entre elas e, amais, será obrigatorio o uso de máscara de protección e estará prohibida a introdución de bebidas alcohólicas, comer ou fumar en todo o recinto.

A maiores destas medidas, aplicaranse tamén todas aquelas medidas adicionais que marquen as autoridades sanitarias dependendo da evolución da pandemia.

Dentro da programación do Baiverán, mañá mércores, 28 de xullo e dentro do ciclo ‘Baiona con Humor’ ás 21 horas será a quenda do humorista local Rafa Durán co seu espectáculo Duranadas.

O xoves 29 de xullo, veciñanza e visitantes terán a oportunidade de realizar unha visita guiada con saída ás 10 horas e xa pola noite, ás 21 horas, será a quenda do concerto ‘Spanish Castle Magic’, tributo a Jimi Hendrix

Xullo remata na Guarda con programación para os mais pequenos e o concerto do Grupo Klason

Nesta semana que remata o mes de xullo, o Concello da Guarda retoma as actividades infantís canceladas no inicio do mes por culpa da choiva. Así, o espectáculo de maxia de Cayetano Lledó Titanic, chegará o venres 30 no Auditorio de San Benito ás 20:30 h. O sábado 31 de xullo será a quenda dos pasarrúas de O séquito do Capitán Nemo, pola mañá e ás 21 horas do concerto do grupo de clarinetes Klason.

Dende a maxia e o humor transporta, Cayetano Lledó trasladará aos espectadores aos preliminares da viaxe do Titanic contando o que a historia oficial non recolleu: que o barco fixo escala en Galicia. A cita será o venres 30 de xullo no Auditorio de San Benito ás 20:30 horas.

O espectáculo pensado para entreter a toda a familia, precisa de inscrición previa a través do correo electrónico [email protected], para aqueles que non estaban anotados na súa data orixinal do 3 de xullo.

O séquito do Capitán Nemo

Mentres o sábado pola mañá terá lugar o pasarrúas O séquito do Capitán Nemo, entre a Praza de Avelino Vicente e o Porto da Guarda ás 12:30 h que encherá de fantasía ambientada no mundo mariño e submarino as rúas da vila.

Xa pensando no público adulto, o día 30 será o derradeiro Venres de xullo baixo as estrelas no Puntal, que tan bo éxito foi acadando durante todo o mes. Os interesados en asistir deberán reservar a súa praza en [email protected], xa que contan cun aforo moi limitado.

Mentres que o sábado á noitiña volverá a música á Praza do Reló (21:00 h) da man do grupo de clarinetes KLASON, unha formación xurdida do seo da Agrupación Musical do Rosal para traballar a música de cámara, incorporando un variado repertorio que vai dende a música popular, a música de escena, o barroco, o clásico, romántico e contemporáneo. Ao igual que no resto de actividades para asistir é preciso a inscrición previa en [email protected]

Pola súa banda no Monte de Santa Trega continúan as visitas regulares aos diferentes elementos do Monte dende o xoves ata o domingo, debendo reservar as prazas no mail [email protected] e lembramos que a sesión de Teatro no Trega A viaxe de Exeria ao castro” desta semana está suspendida ata o vindeiro catro de agosto.

A Xunta pon en funcionamento de novo a liña de autobús entre Redondela e a praia de Cesantes logo das reclamacións do Concello

0

A Xunta porá en funcionamento este venres, día 30 de xullo, dúas novas liñas de autobús para conectar o núcleo urbano de Redondela coa praia de Cesantes. O Concello viña de urxir, nesta última semana, que Xunta e empresa chegaran a un acordo que permitira a veciñas e veciños olver a gozar deste servizo.

A Xunta, na comunicación da reanudación desta liña, asegura que a mesma “busca facilitar os desprazamentos dos veciños e usuarios cara este areal, estarán operativos durante o mes de agosto”.

As novas liñas contarán cun total de 8 expedicións, tres de ida e cinco de volta, de luns a venres. Unha das novas conexións cubrirá o traxecto Cedeira-Redondela-praia de Cesantes, con paradas en Cedeira (O Cruceiro), Redondela (A Farola, Fonte de Santiago, ambulatorio), Cesantes (Cruceiro), San Pedro de Cesantes, Alto de Cesantes e punta praia de Cesantes. O horario de ida será ás 16,15 horas, con volta ás 19,00, 19,45 e 20,15 horas.

A outra expedición terá saída de Redondela e seguirá o mesmo percorrido que a anterior ata a praia de Cesantes, con horarios de saída desde a vila ás 13,00 e 16,30 horas e de volta ás 13,15 e 16,15 horas.

A Catedral de Tui acolle en agosto a décimo quinta edición de ‘Música no Claustro’ que inclúe un foro musical profesional co apoio da Xunta

0

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, acompañado pola xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro e polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, participou hoxe na presentación da XV edición de Música no Claustro, o festival de música, patrimonio e creación que se celebra do 1 ao 7 de agosto na Catedral de Tui e que incluirá unha nova edición do foro profesional de instrumentos musicais para divulgar os oficios artesanais, #Resonancias, co apoio da Xunta de Galicia.

Como expresou o representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, este festival é un “dos clásicos do verán galego” que este ano suporá, ademais, “reflexionar sobre un patrimonio único, nun momento de especial sensibilidade e no que é importante dar continuidade ás iniciativas culturais de éxito como esta e recuperar a confianza dos cidadáns para participar na cultura de xeito seguro”, expresou.

Neste sentido, salientou a importancia de que esta iniciativa sume á programación de concertos e propostas musicais este foro de debate que, como indicou, servirá para que artistas, intérpretes musicais e profesionais da xestión, así como outras empresas vinculadas ao sector, “afonden nos retos e necesidades dunha actividade moi vinculada aos oficios artesanais como é a construción de instrumentos que son elementos da nosa identidade cultural e tamén unha oportunidade de negocio”, indicou.

O foro conta por sexto ano consecutivo coa colaboración da Xunta de Galicia co obxectivo de achegar á sociedade a profesionalización e a divulgación dos oficios artesanais nun diálogo co tecido artístico. Neste sentido, a xerente de Artesanía de Galicia Elena Fabeiro sinalou a relevancia deste foro como espazo de intercambio de coñecemento e de creación de sinerxías no tecido artesán, e como plataforma de impulso da investigación e da innovación no eido dos instrumentos musicais.

Anxo M. Lorenzo animou tamén a participar tanto no foro como no resto de actividades de Música no Claustro, que se suman ás máis de 3.000 actividades culturais que este verán impulsa a Xunta de Galicia cun investimento de 9M€. “É fundamental apoiar a cultura e a mellor maneira de facelo é participando dela coas máximas garantías sanitarias”, expresou.

Percorridos nocturnos

A programación deste ano incluirá recitais de numerosos intérpretes de distintas partes do mundo e tamén percorridos nocturnos pola Catedral os días 4, 5 e 6 de agosto, realizando un percorrido artístico pola iconografía musical dos retablos barrocos do templo. Pola súa banda, o Foro Profesional de Instrumentos Musicais #Resonancias está dividido en catro bloques temáticos. No primeiro, Innovación desde a tradición, participan cinco obradoiros da marca Artesanía de Galicia: Xaneco (Outeiro de Rei), Pablo Sánchez Otero (A Coruña), Héctor Salgado de Morenita Percusións (Laza), Xosé Manuel Gil de Obradoiro de Gaitas Gil (Ponteareas) e Antón Corral (Tui), entre outros.

No bloque Iconografía musical e tecido artístico afondarase na relación entre artesáns e intérpretes coas intervencións, entre outros, dos historiadores Suso Vila e Sara Quintana,

Baiona completa o paseo fluvial de Baredo cunha achega de 170.000 euros do Plan Concellos da Deputación

0

Percorrer a senda fluvial que transcorre a carón do Río da Fraga, situado preto do Monte Baredo, en Baiona, é unha actividade do máis atractiva tanto para a veciñanza de Baiona como para todas as persoas amantes da natureza que se achegan ao municipio do Val Miñor, un fermoso enclave que conta agora coa prolongación da súa pasarela gracias a unha achega de 167.300 euros do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. Hoxe, os deputados provinciais Carlos Font e Santos Héctor visitaron o novo paseo xunto a Carlos Gómez, alcalde de Baiona, e Óscar Martínez, primeiro tenente de alcalde.

[su_image_carousel source=”media: 41949,41950,41951,41948″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

As obras realizáronse dende a ponte situada no lugar de Carballo de Aba ata a denominada Torre e permitiron alongar 500 metros o paseo construído polo concello. Neste novo trazado deuse continuidade á pasarela existente, realizada en madeira de pino silvestre e formada por unha varanda e unha tarima de taboleiros con postes de madeira situados sobre o terreo ou fixados con parafusos á rocha. As características da zona dificultaron o acceso polo que a maior parte deste novo trazado foi construída por medios exclusivamente manuais. As actuacións completáronse co axardinamento dun terreo situado nesta zona e que se atopaba sen cultivar e a rebaixa da cota dos pozos sobre os que discorre o paseo.

9,3 millóns de euros

A ampliación do paseo fluvial de Baredo é un exemplo máis da aposta da Deputación de Pontevedra polo concello de Baiona, que recibiu nos últimos seis anos máis de 9,3 millóns de euros da institución provincial. Neste senso, destacan as múltiples subvencións que chegaron a través do Plan Concellos, que este ano aportará ao municipio preto dun millón de euros, e que fixeron posible a recente reforma do mercado multiusos de Sabarís (629.200 euros), a renovación do céspede artificial e pista de atletismo na instalación deportiva municipal do Aral (265.450 euros) ou a financiación provincial da contratación de 148 persoas traballadoras. Ademais, a avenida urbana de Sabarís veu mellorada a súa mobilidade e seguridade grazas a unha achega de 290.000 euros do Plan Deporemse.

Pily Reñones agasalla ao Concello de Tomiño cunha copia da obra seleccionada nos Premios Goya de Fotografía Profesional

0

A fotógrafa tomiñesa Pily Reñones foi recibida hoxe no Salón de Plenos do Concello de Tomiño pola alcaldesa Sandra González e parte do equipo de goberno. Nun emotivo acto a rexedora, acompañada por varios membros do seu equipo, agradeceu a xenerosidade da fotógrafa, que quixo agasallar ao Concello cunha copia oficial da obra nomeada na categoría de Gráfico Documental nos últimos Premios Goya de Fotografía Profesional e Vídeo.

Sandra González, agradeceu o agasallo e felicitou á fotógrafa polo seu traballo relacionado coa visibilización da muller, “un tema co que estamos moi sensibilizados neste goberno”. Prometeu buscarlle un lugar moi especial, o mesmo que se fixo no ano 2019 con ‘Holanda’, retrato dunha anciá de Riós (Ourense), co que tamén obtivo un nomeamento aos premios de fotografía zaragozanos.

Fotógrafa especializada en vodas e actos sociais, cultiva unha rica faciana en fotos de autor, foto fixa para documentais e concertos, como os que fixo con Pablo Alborán, Fito, Hombres G, María do Ceu ou Herdeiros da Cruz.

A foto coa que logrou o seu segundo nomeamento aos Goya de Fotografía retrata a Virginia, unha muller de 92 anos, dunha parroquia de Ponteareas, avoa dunha amiga. Unha muller bella, vital e alegre que rexentou antigamente unha tenda de ultramarinos, da que garda innumerables lembranzas. Comentou a autora que a inspiración chegoulle cando viu á señora colocarse xunto a unha antiga pesa que aínda descansa enriba do mostrador. Pensou nese intre que a imaxe era “unha boa metáfora da vida; dos contrapesos, das penas e alegrías, do camiño…e dunha muller que finalmente sorrí”.

A fotógrafa quixo que o Concello tivera unha copia dese traballo tan importante para ela, “porque aquí todos os veciños e veciñas poden velo, na miña casa non”.

O Consello Escolar de Ponteareas pecha o curso cun positivo balance

O Consello Escolar de Ponteareas pechou o curso 2020/21 con balance positivo. A alcaldesa, Cristina Fernández, recoñeceu o bo facer do alumnado e o profesorado durante un ano tan difícil, e destacou as actuacións desenvolvidas dende a concellaría de Educación. Na xuntanza, ademais de analizar todas as actividades desenvolvidas durante o curso, tamén se aproveitou para revisar a nova normativa contra a Covid e iniciar así o curso con total seguridade.

No Consello destacáronse varias actividades realizadas durante o curso pese as dificultades, e que interesa manter no futuro. Entre elas está a Semana das Ciencias, programa de conferencias, seminarios, e exposición de experimentos nos centros educativos, a actividade Mulleres en Acción, organizada entre o Concello e a Deputación, e o proxecto Flores para as Meninas, un traballo de recadación de fondos en cada centro para doar a unha entidade sen ánimo de lucro, este ano foi AFAGA, no que alumnado desenvolveu varios traballos florais expostos o día do Corpus.

Un dos proxectos máis destacados é o Entre Nós, un servizo de atención psicolóxica dirixido ao alumnado con problemas educativos en educación secundaria, no que participan cinco centros escolares, tres institutos e dous centros concertados. Se todo vai conforme o planificado, no vindeiro ano subscribirase un convenio coa FANPO para a contratación directa deste servizo.

No Consello Escolar tamén destacaron a innovadora terapia educativa con cans que se desenvolveu no CEIP Ramiro Sabell Mosquera. Este ano propoñerase a ANPA do colexio un convenio para desenvolver esta actividade co alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Ademais o Concello solicitou a Consellería de Educación que se poida facer cargo da xestión destes dous proxectos con “tan bos resultados” en Ponteareas e noutros municipios que o precisen para vindeiros cursos.

Dende Alcaldía aproveitaron o Consello para anunciar a inversión de máis de 25.000 euros para o mantemento das instalacións e actividades educativas. Fondo que se suma aos 20.000 euros que o Concello destina ás Axudas Municipais para Libros e Material Escolar. Estas bolsas poden ser solicitadas polo alumnado de estudos non obrigatorios e o prazo está aberto ata o próximo 20 de agosto.

No próximo curso a Aula Matinal de Ponteareas amplíase ao CEIP Feliciano Barrera de Guláns. Tanto neste centro como no CRA A Picaraña hai pouco alumnado anotado, soamente tres alumnos, pero a intención da Alcaldía é apostar plenamente por dotar de servizos ao rural, dando a oportunidade de que se animen máis familias e estes centros manteñan o número mínimo de alumnado exixible.

Na xuntanza tamén se volveu reiterar o deber da Xunta de Galicia de xestionar directamente o comedor escolar do CEIP Fermín Bouza Brey, un servizo que con 70 persoas usuarias, das 90 autorizadas, e acordouse solicitar ao Goberno autonómico a ampliación das instalación do IES Pedra da Auga.

Por último, celebrouse a declaración de Ponteareas como Cidade Amiga da Infancia por UNICEF. O próximo outono haberá unha entrega oficial deste recoñecemento, xa de xeito presencial.

Última semana para gozar da exposición ‘Hollywood 2021’ de José Romero-Amich no Multiúsos da Xunqueira

0

A mostra Serie Hollywood 2021, do artista e arquitecto José Romero-Amich, organizada pola Concellaría de Cultura de Redondela –que dende a súa inauguración recibiu xa máis de 500 visitantes–, permanecerá aberta ao público ata o 31 de xullo na sala 1 do Multiusos da Xunqueira.

A través de 18 lienzos de 80 por 90 cm, a exposición percorre a historia do cine norteamericano do século XX e XXI, abarcando filmes icónicos desde 1921 ata 2014. Así, todo aquel que se achegue poderá recoñecer nas súas obras, e entre outras, películas como The Kid, de Charles Chaplin, Casablanca, O Padriño, Matrix, Kill Bill, 007 contra o Dr. No, Os Paxaros, A Guerra das Galaxias, o Silencio dos Cordeiros ou a máis recente Interstellar, dirixida en 2014 por Cristopher Nolan.

O autor, José Romero-Amich, é un arquitecto vigués amante do cine e da pintura que atopou na pandemia unha oportunidade única para tomar tempo e crear esta serie que, segundo as súas propias palabras, “nace da necesidade creadora en relación ás imaxes recoñecibles colectivamente cuxo orixe está na industria estadounidense”. “Poderíamos aventurar que detrás destas míticas fotos escóndese quizá a máis efectiva exportación sociocultural desde o dereito ou a enxeñaría romanas”, conclúe Romero-Amich.

A exposición, inaugurada o pasado venres, 2 de xullo, segundo Daniel Boullosa, concelleiro de Cultura, “está a ser un éxito rotundo. Son xa preto de 500 persoas as que xa gozaron da mostra e quero animar a todos os que aínda non o fixeron porque, de seguro, van quedar gratamente sorprendidos tanto pola técnica empregada como polo que representa a mostra para os amantes do cinema”.

Mondariz levará a Pleno a mellora e ampliación dunha senda fluvial no río Xabriña

0

O alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros, acordou coa Confederación Hidrográfica do Miño-Sil un convenio de colaboración para a execución dun proxecto de mellora e ampliación da senda fluvial da Coviña, que transcorre pola beira do río Xabriña, afluente do Tea e parte do espazo protexido pola Rede Natura 2000.

Este convenio, que deberá ser aprobado polo Pleno da Corporación Municipal para ser efectivo, prevé un investimento total de 530.000 € en catro anos para elaborar e executar o proxecto. A Confederación Hidrográfica aportará o 80 % do orzamento (424.000 €), e o Concello de Mondariz, o 20 % restante.

Segundo consta no acordo, o proxecto de mellora e ampliación da senda fluvial da Coviña sería redactado pola Confederación Hidrográfica e consistiría na construción dun novo treito desde o barrio da Pedreira para enlazar coa actual senda na marxe dereita do río Xabriña e darlle continuidade polo barrio do Escobeiro, xa na marxe esquerda do río, a través de pontes e pasarelas. O resultado será unha senda circular peonil na contorna deste espazo protexido pola Rede Natura 2000 de 3.225 metros.

“Durante estes dous anos de goberno en minoría buscamos activamente a colaboración institucional para emprender proxectos que puxeran en valor os atractivos naturais que ten o Concello de Mondariz, como o río Tea e os seus afluentes, e así promover tanto a calidade de vida da poboación como o desenvolvemento dun turismo de natureza”, comenta Xosé Emilio Barros, alcalde da localidade.

O Concello de Mondariz conta actualmente con varios vieiros de uso peonil na ribeira do Tea e os seus afluentes. A senda máis destacada é a que transcorre entre Mondariz e Ponteareas, pasando pola ponte de Cernadela e a praia fluvial do Val, que está deteriorada nalgúns treitos polas riadas que se rexistraron hai uns anos.

O río Xabriña, malia ser menos caudaloso e coñecido que o Tea, ofrece no seu curso estampas naturais de gran beleza e valor etnográfico, xa que durante séculos foi escenario de actividades produtivas como a moenda do millo ou mesmo a fabricación de papel. Os numerosos muíños que se atopan á beira do río son testemuña dese importante dinamismo.

“O Concello de Mondariz ten un enorme potencial de desenvolvemento turístico arredor da auga e dos ríos, que son fonte de vida. Estamos traballando noutros proxectos de sendas, mesmo de longo percorrido e que abarquen todas as parroquias. Xunto a outros concellos de Condado-Paradanta, tamén optamos a un centro BTT de ámbito comarcal. Son proxectos que requiren colaboración institucional e certo tempo para poder chegar a desenvolvelos, pero os pasos que se dan son firmes”, afirma o alcalde de Mondariz.

Mos dá unha volta por Sanxenxo para darse a coñecer con motivo de La Vuelta

0

A alcaldesa de Mos Nidia Arévalo, presentou unha campaña publicitaria promocional do municipio mosense con motivo de La Vuelta 21 en Sanxenxo. E precisamente fíxoo na Praia de Silgar acompañada polo alcalde do Concello do que sairá a etapa 20 de La Vuelta con meta en Mos o vindeiro 4 de setembro, Telmo Martín.

A campaña consiste na instalación de varios mupis publicitarios e unha marquesina en Sanxenxo, promocionando o fin de etapa en Mos da etapa 20 de LA VUELTA 21 (Sanxenxo-Mos) o 4 de setembro, de xeito que tanto habitantes de Sanxenxo como veraneantes que alí se atopen se animen a coñecer e a consumir en Mos.

Os mupis, que xa se atopan instalados e permanecerán ata o vindeiro mes de setembro, están encabezados co lema “Ven a dar una Vuelta, ven a Mos”. O eslogan refórzase con imaxes dos principais reclamos do municipio mosense como son o Camiño de Santiago, o Pazo de Mos, a senda do río Louro, o Centro Dotacional de Torroso, o parque de Sanguiñeda, o Castro de Herville (onde rematará a etapa 20 de La Vuelta 21), etc…

As fotografías céntranse nos lugares emblemáticos das parroquias polas que pasará La Vuelta 21 ao seu paso por Mos. De xeito que os visitantes de Sanxenxo contemplen a opción de visitar tamén Mos, municipio de gran interese e potencial, tanto por formar parte de La Vuelta 21 como por destacar en lugares de interese turístico.

Estes soportes publicitarios que conteñen a campaña mosense que se poderá ver en Sanxenxo ata setembro, atópanse instalados nas zonas do paseo da Praia de Silgar e o centro da localidade.

Arévalo, rexedora local mosense, declarou sentirse “moi satisfeita co resultado da creatividade. Mos loce moi fermoso xunto ao mar, en Sanxenxo, e deste xeito esperamos que sexan moitas as persoas que se interesen por nós e se acheguen a coñecernos, posto que somos un municipio por descubrir turísticamente, moi interesante, con moito potencial e cun enorme patrimonio cultural e histórico”.

Así mesmo a alcaldesa informou de que esta campaña atópase incluída dentro da colaboración que a Xunta de Galicia, desde a Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, e en concreto Turismo de Galicia e Xacobeo 2021, mantén co Concello de Mos con motivo de La Vuelta 21. Esta campaña publicitaria conta polo tanto con financiación autonómica.

O Concello da Cañiza pon a venda 76 novos nichos no cemiterio municipal

0

O alcalde da Cañiza, Luis Piña, deu a coñecer o inicio do proceso de licitación para poñer á venda un total de 76 nichos no Cemiterio Municipal da Cañiza polo procedemento aberto, puxa e dun orzamento de licitación que establece o canon de concesión den 1,016,62 por unidade.

Os criterios de adxudicación que se valorarán para resolver a puxa serán:

  • O numero de familiares do solicitante ( máximo 9 puntos):
    • Por ascendente ata 2º grao: 1 punto por cada familiar ata un máximo de 3
    • Por descendente ata 2º grao: 1 puntos por cada familiar ata un máximo de 3
    • Por cónxuxe ou relación analóxica de afectividade: 3 puntos
  • Incremento sobre o prezo da concesión, prezo que en ningún caso poderá ser inferior ao establecido como tipo de licitación 0,5 puntos por cada 50 € de aumento no canon mínimo establecido como tipo de licitación: Ata 5 puntos.
  • Diminución da duración do prazo da concesión 0,5 puntos por cada 5 anos de disminución do prazo de concesión: Ata 3 puntos.

As persoas interesadas en adquirir un destes bens deberán presentar as súas proposicións no rexistro xeral do Concello dentro dun sobre co nome e apelidos así como o enderezo e número de teléfono de contacto e a inscrición de ‘Concesión de Nichos no Cemiterio Municipal da Cañiza’.

Este sobre debe estar  asinado polo interesado e debe conter a seguinte documentación:

  • Documento que acredite a personalidade do interesado e a representación,
  • Declaración responsable de que que cumple as condicións establecidas legalmente para contratar coa administración, a que se refire a “Ley internacionalización”. Para esto facilítase o Anexo II nas Bases.
  • Oferta, de conformidade co modelo que tamén se anexa
  • Certificación de atoparse co corrente das obrigas tributarias.

A data e hora de apertura das ofertas se fixará por Resolución de Alcaldía notificando a todas aquelas persoas que presenten oferta

Nigrán comprométese a evitar a emisión de 23.271 toneladas de CO2 de aquí ao 2030

0

O Concello de Nigrán aprobou unánimemente no pleno ordinario deste luns o plan de acción do ‘Pacto Europeo de Alcaldes polo Clima e a Enerxía’ para acadar unha reducción das emisións de CO2 nun 40% de aquí a 2030. Esto suporá que o municipio deixe de lanzar 23.271 toneladas de CO2 á atmósfera tomando como referencia as cifras do ano 2017.

“Reduciremos a emisión en 1,32 toneladas per cápita só a través de iniciativas de competencia municipal, como é o cambio a iluminación LED no alumeado público”, explicou o alcalde, Juan González, en referencia a este pacto ao que Nigrán se subscribíu oficialmente o 5 de agosto de 2019.

Así, o Plan de Acción presentado polo goberno local neste pleno ordinario sinala como liña maestra o troco a iluminación LED como a fórmula estrela para acadar ese aforro do 40% de emisións. Como proba irrefutable, a través do troco que ven levando a cabo o Concello en diferentes rúas nos derradeiros catro anos, o consumo pasou de 4,8 millóns de Kw/hora/ano a 3,6 millóns, cuantificándose o aforro en 61.839 €. Outro dos obxectivos de cara a 2030 é que polo menos o 27% da enerxía empregada polo Concello proveña de fontes renovables.

O Pacto foi lanzado en Europa no ano 2008 e reúne xa a case 8.000 autoridades locais pertencentes a 57 países de todo o mundo, está coordinado en Galicia pola Xunta, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Ademais, coa adhesión ao Pacto, o Concello de Nigrán contribuiría á consecución da Axenda 2030, un chamamento universal desenvolvido polas Nación Unidas para acadar un mundo máis xusto e sustentable.

Castanheira de Pera

O goberno de Nigrán aprobou tamén coa unanimidade da corporación  unha moción para iniciar os trámites do anunciado irmandamento coa localidade lusa de Castanheira de Pera, cuestión que a Covid-19 retrasou máis do desexado. Ambos rexedores acordaran no 2019, na celebración do aniversario dos incendios de 2017 en Chandebrito, formalizar esta unión (Nigrán está paralelamente oficializando o irmandamento co coruñés de Valdoviño). A súa vez, unha representación do goberno nigranés acudirá como invitada ás celebracións do 8 de agosto en Castanheira, no seu día grande, para continuar cos trámites alí.

O vínculo entre Nigrán e a localidade de Castanheira de Pera (rexión central de Leiría) transcende máis alá da histórica unión Galicia/Portugal ao ter compartido ambas localidades unha experiencia traumática que, precisamente, se desexa reverter con este irmandamento: neste municipio portugués faleceron en xuño de 2017 un total de 47 persoas calcinadas nos seus vehículos mentres trataban de fuxir do lume pola estrada N236 que comunica con Figueiró dos Vinhos.  Só catro meses despois, as parroquias de Chandebrito e Camos viviron o 15 de outubro un dos momentos máis tráxicos da súa historia ao sufrir uns gravísimos incendios que supuxeron a vida de dúas mulleres nunha evacuación fallida, Angelina Otero e Maximina Iglesias, e máis de 600 hectáreas arrasadas; mentres que o incendio do 17 de xuño de 2017 en Portugal está considerado como peor da súa historia recente ao causar  66 mortos, máis de 250 feridos e 46.000 hectáreas calcinadas entre Pedrógão Grande, Castanheira de Pera, Figueiró dos Vinhos, Alvaiázere e Ansião, na rexión central do país.

“As vidas humanas son irreparables, a dor inconmensurable, e a testemuña do vivido non se debe esquecer nunca. Sen embargo, tanto desde o goberno nigranés como desde o de Castanheira, se desexa ver o futuro con esperanza e que desas cinzas de 2017 prenda un irmandamento entre ambas localidades que permita intercambiar experiencias e compartir proxectos ilusionantes”, explica o alcalde nigranés, Juan González.

Ademais deste vínculo emocional que comparten ambas localidades, tamén teñen en común o seu encanto paisaxístico, a gran biodiversidade natural e a experiencia turística que proporciona riqueza económica a ambos territorios e que se poderá ver aumentada con esta unión. Máis alá do propio irmandamento, ambos territorios, de 3.600 y 18.000 habitantes respectivamente, traballarán conxuntamente para conseguir fondos europeos interrexionais de programas como “Europa para las personas”, destinado a financiar encontros, visitas, xornadas….

“Galicia e Portugal son verdadeiramente pobos irmáns ao ter compartido unha mesma lingua e cultura froito dun pasado histórico común. Os lazos entre ambos pobos son evidentes e en Nigrán cobran un especial significado ao situarse a orixe dos devanceiros de Luis Vaz de Camöes (poeta universal portugués autor de ‘Os Lusíadas’) na parroquia de Camos (de aí o topónimo)”, incide González.

Cidade Amiga da Infancia

O Concello de Nigrán da un paso máis de cara ao recoñecemento ‘Cidade Amiga da Infancia’ (CAI) que concede o Fondo das Nacións Unidas para a Infancia (Unicef) coa aprobación unánime no regulamento querexerá o Consello Sectorial da Infancia e da Adolescencia. Este novo órgano municipal aprobado esta mañá nace para situar na axenda local os verdadeiros intereses e necesidades de cativos e adolescentes, xa que a través del poderán participar na vida política de Nigrán realizando propostas, seguindo as mesmas, pedindo información, etc. O goberno consignará xa para desenvolver todas as actividades do selo ‘CAI’ unha partida orzamentaria de 10.000 €.

A partir de setembro, os 21 nenos (dous por cada aula de 5º, 6º de Primaria e 1º da ESO de cada unhas das escolas públicas ou concertadas de Nigrán) reuniranse durante o curso escolar unhas decena de veces co obxectivo de trasladar todas as súas peticións a este Consello Local da Infancia e da Adolescencia, este novo órgano sectorial presidido polo alcalde, constando dun secretario, dous vogalías de adultos con voz pero sen voto (dous representantes de Anpas, un de cada grupo político municipal, un técnico municipal, un concelleiro das áreas máis implicadas, un representante de ‘Un Nigrán para todos’) e, por descontado, todos os integrantes do Consello de Participación Infantil e Xuvenil (21 nenos, dous por cada aula de 5º, 6º de Primaria e 1º da ESO de cada unhas das escolas públicas ou concertadas de Nigrán ).

O Concello de Tomiño inicia o xoves a Ruta das Artes e Oficios 2021

0

A edición 2021 da Ruta das Artes e Oficios organizada polo Concello de Tomiño arranca este xoves, 29 de xullo.

“Trátase dunha actividade, de balde, que ten coma fin promocionar o patrimonio de Tomiño. Enfocada esta vez, máis nos oficios que nas artes (coma en anos anteriores), a ruta permitirá coñecer mellor ás empresas e particulares que desempeñan un oficio tradicional”, explica a concelleira de Eurocidade, Mocidade e Participación Infantil, Fátima Rodríguez.

Unha visita ao obradoiro do escultor Luis Álvarez, artista tomiñés recoñecido pola súa obra en pedra, abre a ruta desta edición.

Aínda que a maior parte das súas obras as realiza en mármore e granito, tamén traballa materiais como a resina, a escaiola, o metal, a madeira ou o canto rodado. Xustamente disto falará aos seus visitantes este xoves, ensinándolles o proceso das súas esculturas.

Entre as súas creacións podemos atopar cruceiros, fontes, figuras relixiosas, monumentos e unha gran variedade de imaxes decorativas como lámpadas de grandes dimensións. Recentemente esculpiu no seu taller os dous leóns e o escudo da réplica do famoso templete do arquitecto porriñés Antonio Palacios, que vén de ser instalada na entrada do Metro Gran Vía, de Madrid.

Programa

A saída será o día 29 ás 20.30h, enviándose desde o Concello a ubicación ás persoas inscritas.

Esta ruta, como o resto delas, son para todo público e gratuítas, sendo imprescindible inscrición previa.

A actividade continuará o día 12 de agosto, cunha visita ao taller de Diana Pereira Oliveira-Ivindi, experta en xoiaría artesanal.

Seguiralle unha visita guiada pola plantación cítrica local “Cítricos Rías Baixas”, para coñecer de primeira man o proceso de elaboración dos seus produtos, o día 19 de agosto.

A seguinte visita guiada será o 26 de agosto, a Viveiros Río Tollo onde poderase coñecer in situ o proceso de produción das súas variedades ornamentais máis importantes.

Por outra banda, o Concello ofrece este ano, tamén de balde, unha visita guiada polo patrimonio etnográfico de Tomiño. Será o 6 de agosto ás 20.30h. Xosé Lois Vilar, membro do Instituto de Estudos Miñoranos, dará unha charla no salón de plenos do Concello, e posteriormente aos petróglifos do Monte Tetón.

Todas as actividades son de balde pero é preciso realizar inscrición previa, por razóns de aforo, chamando ao Concello (986 622 001/03) ou enviando os datos por correo electrónico a [email protected] ou [email protected].

Salvaterra pide novas liñas de tren con Vigo e Ourense

O Grupo de Goberno do Concello de Salvaterra vén de presentar ao Pleno da Corporación unha proposta da Alcaldía  onde se solicita a Renfe Viajeros que reconsidere a decisión pola que retiraria, da coñecida como Vía do Miño, os trens que unen Vigo con Madrid, mantendo as paradas en Redondela e Guillarei en vez de facelo en Santiago.

O Goberno que preside Marta Valcarcel pide tamén que se estude a creación de novas liñas VIGO – OURENSE E OURENSE -VIGO que faciliten os horarios laborais dos veciños e veciñas para desprazarse aos seus traballos e estudos.

Dende que o 10 de novembro de 1878 chegara  por primeira vez  o ferrocarril a Salvaterra, este converteuse nun eixo fundamental  e vertebrador da vida económica e social do municipio, explica o Concello.

Nun momento onde eran escasos os vehículos o tren converteuse no medio de transporte mais utilizado polos veciños e veciñas para as relacións económicas como persoais uníndonos dunha forma áxil e rápida a Vigo e Ourense.

Ademais de ser un punto de enlace con Portugal, viaxeiros que utilizaban o tren para os seos desprazamentos  a Francia no tempo da emigración.

“A día de hoxe esa situación mudou en gran medida debido o uso do vehículo particular que fixo que caira a demanda e como consecuencia a oferta pero temos claro e temos que ser conscientes de que temos  que inverter situación”, afirma a alcaldesa Marta Valcárcel.

A rexedodra local sinala amais que “todos somos conscientes da importancia que ten estar comunicados con Vigo e Ourense a través dun servizo  publico que nos axude a tomar medidas para reducir a contaminación, e nese senso este concello aprobou unha proposta de Alcaldía en data 25 de novembro de 2019, solicitando unha ampliación nas paradas das liñas xa existentes, co fin de mellorar o servizo ofertado”

Lonxe diso, engade Valcárcel, ‘vemos como de repente Renfe elimina as paradas da vía do Miño, para desvialos os trens por Santiago, polo que cremos que é necesario mostrar a nosa disconformidade e solicitar un servizo digno e de calidade para os nosos veciños e veciñas”.

O folclore internacional volve a Ponteareas no festival “Algazara Danzando entre Culturas”

Os ritmos internacionais volverán a resoar en Ponteareas como cada verán dende 2015. O próximo domingo día 1 de agosto ás 22.00 horas o parque da Feira Vella acollerá a 7ª edición do festival “Algazara Danzando entre Culturas”, que organiza a Agrupación Folklórica Algazara xunto a concellaría de Cultura do Concello de Ponteareas.

A entrada ao festival será libre ata encher aforo. Para poder asistir será necesario reservar entradas de maneira online como indicaron a alcaldesa, Cristina Fernández Davila, e o concelleiro de Cultura, Fernando Groba, na presentación do evento xunto aos integrantes da Agrupación Folklórica Algazara.

A pandemia, tal e como pasou na pasada edición, complicou moito a presencia de grupos internacionais. Por iso, dende o festival, “apostouse por agrupacións de ritmos estranxeiros, pero afincadas en Galicia”, como sinalou o edil de Cultura. África estará representada polo grupo de orixe caboverdiana Batuko Tabanka, e México polo grupo Mariachi Vigo. As súas actuacións darán color a unha noite no que a música galega tamén estará presente nas notas da Agrupación Folklórica Algazara.

Batuko Tabanka está integrado por mulleres de orixe caboverdiana afincadas na Mariña lucense. Dende a súa fundación ten o obxectivo de dignificar a cultura de Cabo Verde, e lembrar a súa orixe africana en todos os expoñentes culturais posíbeis. Na súa música destaca o batuko, un pano pregado colocado entre as pernas e que funciona como instrumento de percusión, e as súas mensaxes de respecto, e diálogo coas migracións.

Mariachi Vigo é unha agrupación afincada en Galicia e formada por profesionais latinoamericanos con máis de 20 anos de experiencia na música. No seu amplo repertorio hai dende boleros, a polkas, pasando por pasodobres, rancheiras, serenatas… E por suposto, non faltan as pezas máis tradicionais de México.

A Agrupación Folklórica Algaraza é un grupo xa histórico en Ponteareas. Xurdiu a finais do ano 1997, cando un grupo de amigos uniuse para formar unha asociación que recuperara e difundise o folclore tradicional de Galicia e, en concreto, da zona de O Condado. Nos seus 24 anos de historia participaron en numerosos festivais por toda a Península Ibérica. Ademais do Festival Internacional Algazara Danzando entre Culturas tamén organizan o Festival Algazara que cada outono achega a Ponteareas grupos de folclore nacional.

Reserva de entradas

https://www.eventbrite.es/e/entradas-festival-internacional-algazara-danzando-entre-culturas-164459618145de

O Camiño Escolar Seguro a carón do Colexio Pedro Caselles de Tomiño xa é unha realidade

0

O convenio que converterá en realidade o Camiño Escolar Seguro da estrada provincial EP-3102 nas inmediacións do colexio Pedro Caselles, en Tomiño, deu o último paso antes da licitación das obras. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, e a alcaldesa, Sandra González, asinaron o convenio dunhas obras valoradas en 286.235 euros nas que a Deputación asumirá o 70% do importe (200.364 euros) e o concello do Baixo Miño asumirá o 30% restante (85.870 euros).

A actuación finaliza deste xeito a súa tramitación administrativa previa á licitación, que se efectuará deseguido. O proxecto, elaborado pola Deputación, ten como obxectivo acondicionar o tramo de 400 metros que vai dende o comezo da estrada provincial, no PQ o+000 ata o PQ 0+400 na contorna deste centro educativo e da igrexa de Santa María de Tomiño e o cemiterio, unha zona con forte presión peonil ao dar acceso a estes equipamentos. Coas obras proxectadas garantirase a seguridade viaria ao tempo que se melloran algúns servizos de titularidade municipal. Deste xeito adaptarase a rede de drenaxe de augas pluviais, renovarase completamente a iluminación e soterraranse os servizos de electricidade e telecomunicacións.

A nova senda peonil terá un ancho variable, pero non será inferior en ningún punto aos 3,80 metros. Está deseñada pola marxe dereita da vía e mantén a tipoloxía xa existente na EP-3104 para enlazar coa avenida do Baixo Miño. As obras inclúen tamén a renovación do pavimento dos dous carrís de circulación existentes. A actuación significa, ademais, a transferencia ao Concello deste tramo, unha vez rematadas as obras. A EP-3102 ten unha lonxitude total de 19,7 Km e comunica Tomiño con Sabarís. Neste primeiro tramo ten unha intensidade media diaria de circulación de preto de 2.500 vehículos.

Con esta nova actuación, a Deputación leva investidos máis de catro millóns de euros en obras de mellora da rede provincial de estradas ao seu paso por Tomiño dende que se produciu o cambio no Goberno provincial no verán de 2015. Entre as obras xa realizadas destaca a Variante de Tomiño (conexión entre a PO-3102 e a PO-344 ao paso polo núcleo urbano de Seixo), con máis de 2,8 millóns de euros, así como a mellora da seguridade viaria coa rotonda da EP-3101 en Tebra-Cristelos, con outros 131.441 euros. Neste tempo, a Deputación executou seis pasos de peóns elevados e 25 badéns (redutores físicos de velocidade) ao abeiro do Plan Móvese, de seguridade viaria, e investiu 280.000 euros en conservación de pavimentos.

Mos mellora as súas instalacións deportivas grazas ao Plan Concellos da Deputación

0

As instalacións deportivas municipais de Mos víronse novamente melloradas cun investimento de 40.500€ da Deputación de Pontevedra. Desta volta fixéronse melloras e reparacións nas cubertas do pavillón polideportivo Óscar Pereiro e nos espazos de acceso ao campo de fútbol Coto Torrón. O deputado provincial Santos Héctor e a deputada Victoria Alonso estiveron esta mañá nas instalacións, xunto coa alcaldesa, Nidia Arévalo, para comprobar os resultados das novas actuacións, financiadas co Plan Concellos.

Trátase de dúas obras moi esperadas pola veciñanza e que, no caso do pavillón, estaban a producir molestias ás persoas usuarias por mor das filtracións de auga do tellado. Os prexuízos eran especialmente acusados para os clubs de patinaxe que utilizan esta instalación para os adestramentos, que precisan dun pavimento seco e en boas condicións.

Unha vez rematadas as obras financiadas pola Deputación, o pavillón Óscar Pereiro soluciona os problemas derivados do desgaste de parte do material da cuberta. Retiráronse as pranchas defectuosas e colocáronse outras translúcidas coas que esta instalación deportiva gañou, ademais, en luminosidade, dado que o novo material permite un maior paso da luz (ata un 52%). As condicións de iluminación no interior cambiaron substancialmente, especialmente en horario diúrno, pois da superficie total de 1.298 metros cadrados da cuberta, substituíronse 500 metros cadrados. Ademais, minimizáronse as fugas térmicas, co que se reduce o consumo enerxético e contribúese á sustentabilidade ambiental.

Por outra banda, o campo de fútbol de Coto Torrón estreou unha funcional cuberta no espazo que intercomunica o ximnasio, as oficinas, o bar, os aseos e o acceso ao campo para o público. A estrutura ten unha superficie de 103 metros cadrados e consta de dúas chapas lacadas, sendo a cara exterior de cor verde e a interior branca. Está soportada por oito piares de aceiro, que contan coas súas respectivas zapatas para a ancoraxe ao solo.

As alcaldesas do Rosal e Tomiño apoian aos traballadores de IKF, en folga dende hai dúas semanas

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, e a de Tomiño, Sandra González, reuníronse este luns cos traballadores e traballadoras de Imerys Kiln Forniture (IKF), unha empresa histórica na comarca do Baixo Miño dedicada á fabricación de materiais refractarios. O persoal da compañía leva en folga indefinida dende hai case dúas semanas ao non chegar a un acordo coa empresa sobre a dobre escala salarial que se quere prolongar no tempo.

As rexedoras acudiron ata a sede da empresa para amosar o seu apoio a todos os veciños e veciñas que traballan nesta compañía, así como ás súas familias, xa que con arredor de 60 empregados IKF é unha das empresas máis importantes da comarca dende o punto económico e social.

Ánxela Fernández e Sandra González quixeron agradecer aos traballadores e traballadoras que quixeran informalas dos pormenores do conflito laboral e aseguraron ao persoal que tanto os concellos do Rosal como de Tomiño farán todo o posible para que a situación atope unha pronta solución.

EU Ponteareas congratúlase da modificación da circunvalación

Esquerda Unida de Ponteareas cualificou de “boa nova” o feito de que no anteproxecto para definir a mellor solución para unha conexión entre a estrada N-120 e a autovía A-52, á altura do núcleo de Ponteareas, desbotárase a proposta inicial dunha vía paralela ao río Uma. Deste xeito, a circunvalación contemplada no PXOM pendente de aprobación e que Esquerda Unida rexeitou en todo momento pola súa grave afección ao entorno do rio Uma e por pasar a 50 m da Ponte do Cabalón, xa non será unha opción.

O novo anteproxecto contempla tres alternativas de enlace, denominadas Corredor 1, 2 e 3. Os corredores 1 e 2 parten dende a A-52, ao oeste da estrada provincial que cruza Guláns. O corredor 1 conéctase coa N-120 á altura de A Rocha e O Picoto e o corredor 2 conéctase coa N-120 á altura da Lomba.

Por outra parte, o Corredor 3 parte dende o enlace actual da A-52, en Moreira, cruza o río Uma en perpendicular de xeito que se reduce a afección sobre o espazo da Rede Natura 2000, transcorre ao oeste do lugar de O Cabalón e se conecta coa N-120 á altura do IES do Barral. Polo tanto, podemos dicir que con este anteproxecto o entorno do río Uma vese menos ameazado que coas propostas anteriores.

Aínda así, con respecto ao Corredor 3, sorpréndelle a EU que neste estudio “non se tivese en conta a alternativa prevista polo PXOM de desdobramento da PO-403 polo este do lugar de Abelleira”. Esa alternativa, explica Esquerda Unida de Ponteareas, desviaría o tráfico da estrada en Angoares, co que se podería adaptar este tramo para o uso peonil, incorporar un carril bici e así fomentar a mobilidade sostible entre Angoares e Ponteareas.

Esta nova entrada a Ponteareas conectaríase con dúas novas avenidas que, partindo desde o sur do colexio Bouza Brey, conectarían coa N-120 xunto a gasolineira e co polígono da Lomba. Como no seu momento tiña explicado Esquerda Unida, esta alternativa “crearía un acceso directo dende a A-52 ao núcleo de Ponteareas, desconxestionaría un tramo de concentración de accidentes na PO-403, tería un efecto de cosido da trama do núcleo e suporía ao mesmo tempo unha transformación do entorno de menor intensidade”. Todas estas cuestións foron trasladadas por EU ao Ministerio de Transición Ecolóxica na fase de consultas do proxecto.

En todo caso, EU considera “unha mellora” esta nova proposta e lembran tamén o compromiso do estado de urbanización da N-120 ao seu paso polas parroquias de Areas, Arnoso e Xinzo. Sobre esta cuestión considera a forza asemblearia que ademais das rotondas propostas, “débense construír sendas peonís en ambos lados da estrada unidas con pasos de peóns con semáforos accionados con pulsador e un carril bici para fomentar os desprazamentos co núcleo por este medio”.

Con todo, dende Esquerda Unida lembran que a súa principal opción “pasa por reducir o uso do transporte individual, fomentando o transporte colectivo e o emprego no propio concello e o uso da bicicleta nos desprazamentos de corta distancia”.

Novas bonificacións na AP-9 para os usuarios do telepeaxe

A ministra de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana, Raquel Sánchez detallou hoxe o novo esquema de bonificacións na autoestrada AP-9, o maior da historia, que onte anunciou o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, na súa visita a Galicia.

“Mañá aprobamos un aforro para os galegos”, aseverou a ministra durante a súa intervención nun acto na Coruña, na que estivo acompañada polo secretario xeral de Infraestruturas, Sergio Vázquez Torrón, facendo referencia á aprobación mañá polo Consello de Ministros do Real Decreto de bonificacións da Autoestrada da Atlántico AP-9, que une Tui e Ferrol a través de 219,6 quilómetros.

O visto e prace do Goberno é o último trámite necesario para que o texto publíquese no Boletín Oficial do Estado (BOE) e os descontos entren en vigor, o que implica que o Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana ( Mitma) cumpre o seu compromiso cos galegos de aprobar as bonificacións en xullo. Estas serán de aplicación ao día seguinte da súa publicación no BOE, previsiblemente, esta mesma semana e coincidindo co que adoita ser a fin de semana de maior mobilidade do ano.

“Imos chegar a tempo con Galicia” asegurou a ministra de Transportes, Raquel Sánchez, que quixo agradecer a todo o Goberno o gran esforzo que realizou para “conseguir resultados dentro dos prazos que nos marcamos” debido a que “non foi nada fácil”. Á súa vez, agradeceu á Xunta de Galicia a súa “actitude de dialogo” á hora de elaborar o novo esquema de bonificacións.

Sánchez aproveitou a súa primeira visita a Galicia desde que asumiu a carteira de Transportes para renovar o compromiso do Ministerio con “todas as galegas e os galegos”, “darlle un impulso claro” e “anunciar novos avances”. Ademais das históricas bonificacións, a titular do departamento anunciou que “este ano se van a alcanzar varios fitos moi importantes para a mobilidade galega”, como a posta a posta en servizo do tramo de Alta Velocidade Pedralba – Taboadela – Ourense. Así mesmo, revelou que “estamos a estudar a saída ferroviaria sur de Vigo” e que o Ministerio se compromete a “realizar a conexión ferroviaria co Porto Exterior da Coruña”.

Neste punto, tal e como explicou a ministra, vai dar un impulso moi importante á rede ferroviaria galega grazas á súa inclusión no Corredor Atlántico e aos fondos europeos. Así mesmo, destacou que Galicia recibirá un investimento con cargo ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia que xestiona o Ministerio de Transportes duns 1.200 millóns, dos que só este ano recibirá 225 millóns.

A importancia da AP-9

A entrada en vigor do novo esquema de bonificacións da AP-9 é, xunto coa conclusión do AVE, un dos principais fitos deste ano para Galicia xa que a autoestrada é un eixo vertebrador da economía e a mobilidade dos galegos. E é que, ademais de unir cinco das sete cidades máis importantes, onde reside máis do 60% da súa poboación, e conectar cos Portos e Aeroportos, o seu uso responde, en gran medida, á lóxica de traxectos recorrentes metropolitanos, o que fai da estrada unha infraestrutura básica para a cohesión social en Galicia.

Así, dos 95,3 millóns de tránsitos que rexistrou a autoestrada en 2019, o 92% foron de vehículos lixeiros. O resto, 7,54 millóns (8%), corresponde aos vehículos pesados. De media, uns 61.485 usuarios únicos pagan por percorrer a estrada cada día laborable. Enténdese tránsito como o paso dun vehículo entro dous puntos de control da AP-9.
“O Decreto modifica os termos da concesión da AP-9 para bonificar as peaxes que os vehículos, tanto lixeiros como pesados, teñen que pagar polo uso da autoestrada como consecuencia dun historial de decisións que colocaba sobre os usuarios galegos unha hipoteca crecente ata o ano 2048”, aseverou a ministra. Non en balde, o texto recolle que os descontos se cubrirán con cargo aos Orzamentos Xerais do Estado e non con incrementos de tarifa ou do período de concesión.

Ademais, o novo esquema subsume o Real Decreto de 2013 polo que se descontaba o 100% da peaxe das voltas que se facían no día nalgúns tramos da provincia de Pontevedra, polo que deixarán de compensarse con alzas de tarifas.

“O Estado destinará cada ano uns 55 millóns de euros para bonificar a autoestrada AP-9 e uns 2.300 millóns de euros ata finalizar o prazo da concesión, aos que hai que sumar o importe das bonificacións xa vixentes”, lembrou a ministra Sánchez antes de sinalar que “máis dunha terceira parte de todas as peaxes da autoestrada galega págaos o Estado, a través do Ministerio, fundamentalmente grazas a este Decreto”.

“Son bonificacións moi cuantiosas que terán impacto directo en termos de aforro sobre a mobilidade cotiá en Galicia. Sobre os usuarios e sobre as súas necesidades básicas de desprazamento. Anualmente, 15 millóns de tránsitos verán eliminada ou reducida a súa factura”, afirmou.

Novas bonificacións

O Real Decreto introduce novas bonificacións e descontos e mellora e amplía a todos os días da semana e a toda a autoestrada as medidas que xa están vixentes nalgúns tramos. Mantense a gratuidade das circunvalacións de Santiago, Vigo, Pontevedra e o tramo Fene-Ferrol e as bonificacións na Coruña-Barcala e o O Morrazo-Vigo.

Vehículos lixeiros

1- Gratis todos os traxectos de volta co dispositivo de telepeaxe, que xa usan a maioría dos usuarios, que se realicen nun prazo máximo de 24 horas. A bonificación do 100% do percorrido de regreso ao momento de orixe aplicarase todos os días da semana, festivos incluídos. O percorrido de volta debe ser igual ao de ida.

Dous das grandes diferenzas cos descontos comerciais e as bonificacións previas é que se amplía do día natural ás 24 horas o prazo para realizar a viaxe de volta e que se suman os domingos e festivos (antes era de luns a sábados).

Por exemplo, un usuario que vive A Coruña e vai a Santiago un sábado e volve no día gasta 12,25 euros en peaxes. Coas medidas pasaría a pagar 7 euros, aforrándose 5,25 euros diarios. Se fose o domingo, que non ten o desconto comercial do 25% de Audasa, o aforro sería de sete euros. Se vai todos os domingos, leste subiría a 28 euros mensuais.

2- Bonificación adicional do 50 por cento do percorrido de ida para aqueles usuarios que realicen nun prazo máximo de 24 horas dous percorridos iguais (co mesmo orixe e destino) e de sentido contrario dentro do tramo Puxeiros (Vigo)-Tui e viceversa, en días laborables e festivos.

Así, un usuario que vive en Tui e vai e volve de Vigo en 24 horas (pasadas as 00.00 horas, por exemplo) pagará polo traxecto de ida e volta 1,4 euros, aforrándose 4,2 euros. A peaxe entre Vigo e Tui son 2,8 euros.

3- Gratuidade no acceso desde Redondela. Bonificación do cento por cento nos percorridos internos no tramo Redondela-Vigo (orixe/destino Rande-Vigo), que realicen o mesmo traxecto de ida e volta no prazo de 24 horas.

Por exemplo, un cidadán que teña que vaia e volva todos os días da semana polo tramo Rande e Vigo, pasará de pagar 34 euros ao mes a cero euros. A peaxe custa un euro.

4- Recorrencia. Rebaixa do 20% do importe pago en todos os percorridos realizados nun mes, a contar desde o percorrido inicial, para aqueles vehículos que realicen máis de 20 viaxes no devandito período. Contabilizarase como un desprazamento o conxunto de percorridos realizados nun mesmo día e nun mesmo sentido de circulación, calquera que sexan as entradas e saídas parciais rexistradas dentro do mesmo.

Por exemplo, un usuario que vive en Fene e estuda na Coruña (40 desprazamentos ao mes) pagará 4,9 euros ao día en peaxes grazas ás bonificacións, no canto de abonar os 8,75 euros previos, aforrando 3,67 euros ao día. Só coa volta gratis, ao mes pagaría uns 98 euros, pero, grazas ao desconto extra por recorrencia, a factura mensual redúcese aos 78,4 euros, o que implica un aforro mensual de 93 euros.

As bonificacións e descontos aplicaranse aos vehículos lixeiros que utilicen a telepeaxe como medio de pago. Audasa só cargará a peaxe da viaxe de ida, polo que os usuarios rexistrarán o aforro cada 24 horas.

En canto ao desconto do 20% adicional por recorrencia, á hora de contabilizar un desprazamento hai que ter en conta que:

• Non se inclúen os desprazamentos efectuados polos tramos libres de peaxe ou con bonificacións (peaxe en sombra).
• Como máximo contaranse dous desprazamentos ao día, un por cada sentido da circulación.

Ao final do mes Audasa realizará un abono polo importe correspondente ao 20% de todos os desprazamentos realizados nese mes con telepeaxe.

Vehículos pesados

1- Desconto do 20% do importe da peaxe en todos os percorridos.

2- Gratuidade no acceso desde Redondela: bonificación do 100% dos percorridos internos no tramo Redondela-Vigo (orixe/destino Rande-Vigo), incluído o acceso ao porto de Vigo.
Por exemplo, un camión que cobre o roteiro entre A Coruña e Vigo catro veces á semana aforrarase 234,5 euros en peaxes ao mes co desconto do 20% en cada percorrido. A peaxe dos 32 desprazamentos (ida e volta) mensuais costa 1.172,8 euros e coa rebaixa queda en 938,2 euros.

As bonificacións para os vehículos pesados aplicaranse sen ningún tipo de condicións xa que están dispoñibles todos o día da semana (laborais e festivos) e para calquera sistema de pago de peaxe. O desconto realizarase de forma automática no momento do pago na barreira (cabina de peaxe) e redondéase aos 0 ou 5 céntimos.

“Conseguir estes beneficios implica un esforzo orzamentario moi especial, que ten en conta a función que ten esta autoestrada na mobilidade do día a día e, tamén, ás complicadas vicisitudes que pasou esta autoestrada das que os usuarios actuais e futuros eran os principais prexudicados”, explicou a ministra Raquel Sánchez.

Un aforro para Galicia

Co esquema de bonificacións aprobado, os vehículos lixeiros poderán realizar traxectos gratuítos e con algún tipo de desconto extra no 219,6 km que conforman a AP-9 todos os días da semana.

Así, coa entrada en vigor do Real Decreto, o 19,4% dos tránsitos que realicen os vehículos lixeiros nos tramos de pago directo pasarán a ser gratuítos de forma inmediata fronte ao 8% previo. En concreto, con datos de 2019, serán gratuítos 8,4 millóns de tránsitos que se realizan ao ano en vías de pago, fronte aos 3,5 millóns. Espérase alcanzar os 10 millóns tránsitos gratuítos en 2028.

A AP-9 rexistrou en 2019 unha media de 240.471 tránsitos diarios, dos que o 49% pagaron peaxes. Destes últimos, o 48% realizáronse en ida e volta en 24 horas abonando o percorrido con tarxeta de crédito ou telepeaxe, o que implica que, nada máis aprobarse, as medidas impulsadas polo Goberno beneficiarán a miles de galegos que usan asiduamente a infraestrutura.

Os vehículos pesados realizan uns 7,5 millóns de tránsitos pola AP-9 ao ano, dos que o 54% (4,2 millóns) rexistrarán unha rebaixa do 20% da peaxe por primeira vez na historia recente da infraestrutura. O resto son ou serán gratuítos.

Conta de compensación

Os máis de 55 millóns de euros anuais utilizaranse para cubrir os descontos recolleitos no Real Decreto, pero se algún ano non se chegase a gastar todo o orzamento en compensar a Audasa, o importe restante destinarase a reducir a conta de compensación prevista no Real Decreto 1733/2011 que, segundo as últimas estimacións, podería alcanzar os 405 millóns de euros ao termo da concesión.

O Real Decreto de 2011 recolle a ampliación de capacidade dos tramos de circunvalación de Santiago e ligazón de Cangas-enlace de Teis, incluído a ponte de Rande. Para compensar o investimento realizado e os gastos de conservación, estableceuse unha conta de compensación que capitaliza os saldos (a débeda) ao oito por cento anual e que cada ano dotábase cun incremento adicional do un por cento da tarifa ordinaria. Devanditos aumentos, previstos ata 2037, son acumulativos. Así, o novo Real Decreto abre a porta para utilizar os excedentes orzamentarios para reducir o saldo de compensación anticipadamente.

Por outra banda, o Real Decreto 104/2013 fixa a bonificación do 75% da viaxe de volta no día nos percorridos Pontevedra-Vilaboa, Pontevedra-Morrazo, Pontevedra-Vigo, Rande-Vigo e viceversa ( Ausada asume o 25% ata chegar ao 100%). O pago das devanditas bonificacións incluíuse na conta de compensación creada tras o Real Decreto de 2011, polo que tamén capitalizan a un oito por cento anual. Segundo os cálculos de Mitma, con esta partida, a conta de compensación pode chegar a superar os 1.100 millóns de euros.

Para evitar subidas extraordinarias de tarifas, asociadas ás bonificacións de peaxe vixentes entre Pontevedra e Vigo, como as que xa se deron en 2018, 2019 e 2020, e reducir o importe dos intereses anuais, que a partir de 2023 superarán sempre ás achegas, o Goberno decidiu sacar a compensación destas bonificacións da conta de compensación e pagalas con cargo aos Orzamentos Xerais do Estado.

A Guarda vibrou coa música de “A Guarda Mar de Blues”

0

A pasada fin de semana a Praza do Reló da Guarda foi o escenario para a primeira edición do festival musical “A Guarda Mar de Blues”, co cal A Guarda quixo ampliar o seu interese turístico cultural, ofrecendo deste xeito á súa veciñanza e visitantes a oportunidade de ver en directo artistas e bandas de calado internacional dentro do panorama musical do xénero blues.

Deste xeito “A Guarda Mar de Blues” nace a partir desa idea, a de facer da Guarda non só un lugar con atractivo turístico e gastronómico, senón tamén cultural, ao redor da música en directo.

Nesta primeira edición e debido á situación pandémica, foi un grupo moi reducido de persoas as que poideroan asistir ao evento e que gozaron en directo de artistas internacionais como Marcos Coll & Javier Turner, The Peter Storm & The Blues Society e  Jay Doe & The Blues Preachers.

Na xornada do venres 23 de xullo subían ao escenario Marcos Coll & Javier Turnes e The Peter Storm & The Blues Society, encargados de abrir esta primeira edición dun festival que, sen dúbida, volverá a celebrarse en vindeiros anos e que se pretende consolidar.

Xa na xornada do sábado 24 de xullo realizouse unha das actividades nas que os músicos máis conectaron cos asistentes, sobretodo cos máis cativos mediante unha masterclass con Marcos Coll, na que puideron aprender a usar unha armónica xunto cos músicos.

Pola noite tocaba o turno de voltar ao escenario cos concertos de Marcos Coll & Javier Turnes e de Jay Doe & The Blues Preachers, encargados de por o broche final a unha primeira edición cargada de boas sensacións, emocións e desfrute por parte dos asistentes e músicos participantes.

A Concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes, valorou moi positivamente esta primeira edición de “A Guarda Mar de Blues”, recoñecendo que “desfrutei moito estas dúas xornadas de blues” e facendo fincapé no compromiso das persoas que estaban detrás de que este evento chegase á Guarda, do seu compromiso e implicación co proxecto para que saíse ás mil maravillas, agradecendo aos diferentes servizos que colaboraron na planificación e no desenvolvemento neste “A Guarda Mar de Blues”, ao servizo de Cultura, Servizos municipais, Policía Local e GES, “fago extensivo o meu  agradecemento a Oscar e Alba de River Bucks e a todos os que estes días colaboraron neste evento”. Tamén agradeceu Magallanes aos músicos Marcos Coll e a Javier Turnes por “sacarnos tantas sorisas, aplausos e facernos desfrutar da boa música, estiveches magníficos”.

Pola súa banda Rafa Álvarez, Concelleiro de Turismo, quixo por de manifesto que unha vez máis o éxito ven da man de complementar esforzos entre un colectivo cunha ampla experiencia na organización de eventos coma a Asociación River Bucks e unha institución coma o Concello da Guarda, xerando sinerxias que traen como resultado un festival en pequeno formato, limitado polas restricións covid, pero cunha excelente calidade musical e artística, que puxo no mapa a nosa vila no mundo do Blues e que, pretende dar continuidade, misturando este festival co Festival de Blues de Fisterra, a través do Camiño Portugués pola Costa.

Óscar Martínez, representante da Asociación River Bucks, agradeceu a implicación do Concello da Guarda para que o festival vise a luz e que os veciños e visitantes puidesen gozar da calidade excepcional dos músicos e artistas convidados nun entorno privilexiado como e a Praza do Reló en “dúas noites para nós máxicas”. Tivo palabras de agradecemento tamén para os nenos e nenas que participaron na masterclass do sábado “con  só a vosa  presenza, o voso sorriso e a vosa ledicia o remate da masterclass, xa valeu a pena todo o esforzo realizado..” Rematou agardando que “A Guarda Mar de Blues” sexa un lugar de encontro onde vir e esquecerse dos problemas cotiás por uns días… longa vida ao “Mar de Blues”

O evento foi totalmente gratuíto, organizado dende as concellerías de Cultura e Turismo do Concello da Guarda en colaboración con River Bucks Asociación Cultural , Cervezas Alhambra e Hohner Music.

Sobre os artistas

MARCOS COLL

Un dos maiores representantes do BLUES nacional e internacional, Fundador xunto a Adrián Costa dos míticos Los Reyes del KO. Músico que colabora con infinidade de bandas gravando discos ou subindo con elas o escenario. Un domador de armónicas e representante da marca Hohner Music, que tocou xunto a lendas do BLUES como: Buddy  Miles, Mick Taylor Buddy Guy, ChuckBerry, Johnny Winter, Robert Cray, John Mayall, Solomon Burke, TheAnimals o los Fabulous Thunderbirds.

JAVIER TURNES

Músico que leva mais de vinte anos nos escenarios, principalmente a fronte da Bakin Blues Band, banda  compostelana que tocou xunto agrandes nomes do blues, soul e rhythm’and’blues como: BarbaraLynn, Bonney Fields, Greg Izor, Edu Bighands, Trudy Lynn, Marcos Coll ou Emilio Arsuaga. Tamén dirixe o festival internacional de blues “Fisterra Blues Experience” co cal o “A Guarda Mar De Blues” está irmanado.

JAY DOE & THE BLUES PREACHERS

Jay Doe é un veterán músico e estudioso do Blues que en 2018 tras anos de andanzas en solitario xúntase cos Blues Preachers, un compendio de experimentados músicos procedentes de bandas como: Dr. Hello, Cool Funeral, The Blues Moonshiners, Booty Sweet, Moon Cresta, The Bluesfellas, Monk BluesBand… “Jay Doe & The Blues Preachers” é puro blues, o cal sempre aderezan cunha dose de Rythm and blues, country e jazz.

Mondariz inicia os seus pagamentos á Xunta polo Centro de Día

0

O Centro de Día de Mondariz, que no ano 2019 acumulaba impagamentos deste concello por valor de 97.500 € que ameazaban a renovación do convenio e a propia situación económica-financieira municipal, está hoxe en día totalmente estabilizado. O Goberno municipal, malia estar en minoría, foi quen de negociar a débeda acumulada co Consorcio Galego de Benestar Social, renovar o convenio en 2020 e cumprir cos seus compromisos tras incluír no orzamento municipal a previsión destes pagamentos. Así pois, este mes de xullo, ao recibir a liquidación correspondente ao primeiro semestre de 2021, o Concello de Mondariz procedeu ao pertinente pagamento e non arquivou o asunto, como se fixera anteriormente.

“Tamén estamos negociando coa Xunta de Galicia o pagamento das liquidacións pendentes dos anos 2019 e 2020, para o que contamos dispoñer de fondos orzamentarios oportunos, e o pagamento das débedas correspondentes aos anos 2017 e 2018”, explica José Luis Fernández, concelleiro de Facenda e de Servizos Sociais de Mondariz.

En marzo de 2020, o Concello de Mondariz negociou un novo convenio a cinco anos para substituír ao convenio a dez anos que se asinará en 2010 co Consorcio Galego de Benestar Social. O actual Goberno municipal, que se puxo a traballar despois das elecciones de xuño de 2019, soubo dos impagamentos acumulados que reclamaba a Xunta no verán dese mesmo ano e tivo que asumir un proceso de xestión administrativa e negociación sen contar cun orzamento actualizado que recollese eses compromisos.

Naquel momento, a Xunta reclamaba un pagamento de liquidacións semestrais pendentes desde 2017 por valor de 97.500 €. Malia que o Centro de Día de Mondariz comezara a funcionar anos antes, en 2017 mudouse o sistema de cofinanciación. Deuse aos concellos a posibilidade de manterse no sistema de cofinanciación anterior, pero o Goberno daquel momento aceptou o novo sistema de cofinanciación por omisión. En 2017, o Concello de Mondariz comezou a recibir as liquidacións correspondentes ao novo sistema de cofinanciación, pero non se pagou nin se incluíu ningunha partida no orzamento de 2017 para esta fin. Anteriormente tampouco se pagara nada. O propio Consorcio, durante unha reunión que mantivo co Goberno actual, confirmou que esa débeda anterior a 2017 estaba “aparcada lexislativamente”. 

Co sistema de cofinanciación que entrou en vigor en 2017, Mondariz paga 2.500 euros por cada habitante do Concello que faga uso do Centro de Día a pesar de que as instalacións son de propiedade municipal, pero non pode asignar ningunha das 30 prazas entre os seus veciños porque esta é unha competencia da Xunta. Polos usuarios do Centro de Día que veñen doutros concellos, a Xunta asume o custo total do servizo (7.500 euros por usuario).