17.7 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaSegunda reunión do consello climático xuvenil da Guarda

    Segunda reunión do consello climático xuvenil da Guarda

    O pasado mércores día 28 de xullo tivo lugar a segunda reunión do Consello climático xuvenil da Guarda, á que acudiron o grupo de mozos e mozas que forman parte do mesmo e tamén a persoa encargada de coordinar e apoiar esta acción: Laura Vidal da empresa Dalle que dalle.

    O grupo aportou ideas, motivación e ilusión de cara a un proxecto que definen como unha oportunidade para participar directamente nun tema que lles preocupa e do que teñen moito que dicir.

    Este consello tratará de ser un órgano asesor e consultivo no que xurdan ideas e propostas para levar a cabo no ámbito medioambiental que se encamiñen cara a un desenvolvemento sostible.

    Así deberán detectar problemas locais e aportar ideas que axuden a solucionalos e tamén sensibilizar á poboación para promover á acción, promover o cambio.

    O 26 de agosto terá lugar a seguinte cita, na que establecer o regulamento do consello, trazar ou deseñar a imaxe do mesmo, recoller a necesidade de levar a cabo algunha acción…

    Este consello terá un intenso e motivador percorrido, con reunións mensuais durante os próximos 3 anos, ao que se poderán unir persoas mozas de 15 a 34 anos con inquedanzas arredor do cambio climático e queiran ter voz e espazo para participar.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.