8.9 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaRedondela conclúe unha vintena de melloras na contorna das praias

    Redondela conclúe unha vintena de melloras na contorna das praias

    O paseo de Cesantes estreará papeleiras, pintado de farois e toldos nos bancos e no acceso aos baños

    O Concello de Redondela, a través da Concellería de Medio Ambiente, dirixida por Roberto Villar, vén de rematar unha vintena de pequenas actuacións para mellorar a contorna das praias do municipio, dando resposta con  moitas delas a diferentes reclamacións veciñais.

    Todas estas obras leváronse a cabo grazas ao aforro acadado co plan de recollida de algas manual que supuxo dispor dun orzamento de entre 15.000 e 20.000 euros para desenvolver estas melloras que xa poden gozar os redondeláns e os visitantes ás praias deste municipio.

    Entre as actuacións acometidas, destacan as do paseo da praia de Cesantes onde se instalaron toldos en varios bancos e nas entradas aos baños, pintaranse os 125 farois do mesmo e substituiranse todas as papeleiras. Tamén en Cesantes elimináronse os carteis informativos de marisqueo que estaban soterrados no espazo de mar e colocáronse outros en terra. Tamén acoutouse, cun valado de corda, a duna deste areal e, na zona dos estaleiros e na do regato, estendeuse area para mellorar as zonas de toallas. 

    Nas zonas de A Mariña así como nas dunas da zona de kitesurf de A Punta procedeuse á instalación de fontes. Tamén se mellorou o espazo contiguo ao club de Remo cun axardinamento e bolardos para evitar que os coches aparquen nas beirarrúas. En Arelalonga, a Concellaría dispuxo unha varanda de protección nos dous ríos, mellorouse unha fonte nas duchas e estendeuse unha gabarra de area para mellorar distintas zonas deste areal e, na praia de Antoñito, houbo unha intervención nos accesos coa renovación do valado.

    Tamén, entre os servizos que se puxeron en marcha este ano en todos os areais de Redondela, destaca a limpeza das mesas dos merendeiros e a dos baños das praias que están abertos ao público de día e noite.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.