14.1 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoOiaConcerto gratuíto de Óscar Ibáñez o próximo sábado 31 de xullo en...

    Concerto gratuíto de Óscar Ibáñez o próximo sábado 31 de xullo en Oia

    As prazas son limitadas, con inscrición previa no correo electrónico cultura@concellodeoia.es

    A música do gaiteiro Óscar Ibáñez soará en directo o próximo sábado a partir das 21:00 horas na Eira do Convento, nun concerto organizado polo Concello de Oia. A entrada é gratuíta e as prazas son limitadas, polo que o acceso se realizará con inscrición previa.

    O espectáculo musical desenvolverase con control de acceso e aforo, co público sentado e seguindo todos os protocolos da COVID-19. Así, as persoas interesadas en asistir deberán reservar a súa praza enviando os seus datos ao correo electrónico cultura@concellodeoia.es O prazo de inscrición rematará o venres día 30 ás 13.00 horas. Para máis información pódese contactar co Concello no teléfono 986 36 21 25.

    Óscar Ibáñez é un gaiteiro e frautista que realiza unha fusión musical sen límites partindo das raíces, a medio camiño entre investigación e creación, e que ten como resultado un novo e único son. A súa banda de directo, Óscar Ibáñez & Tribo, está formada por músicos de longa e recoñecida traxectoria como Fernando Fraga (acordeón), Harry.C (violín), Carlos Calviño (guitarra), Paco Dicenta (baixo), Andrés Vilán (percusión/batería) e Carla Villanueva (xilófono), entre outros.

    Este concerto está organizado coa colaboración da Consellería de Cultura da Xunta, a través do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo. Ao tratarse dunha actuación ao aire libre, en caso de choiva será suspendida. Todas as novidades iranse actualizando na páxina de Facebook da Oficina de Turismo de Oia.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.