15.7 C
Pontevedra
Venres, 2 de Xuño de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaXullo remata na Guarda con programación para os mais pequenos e o...

    Xullo remata na Guarda con programación para os mais pequenos e o concerto do Grupo Klason

    Nesta semana que remata o mes de xullo, o Concello da Guarda retoma as actividades infantís canceladas no inicio do mes por culpa da choiva. Así, o espectáculo de maxia de Cayetano Lledó Titanic, chegará o venres 30 no Auditorio de San Benito ás 20:30 h. O sábado 31 de xullo será a quenda dos pasarrúas de O séquito do Capitán Nemo, pola mañá e ás 21 horas do concerto do grupo de clarinetes Klason.

    Dende a maxia e o humor transporta, Cayetano Lledó trasladará aos espectadores aos preliminares da viaxe do Titanic contando o que a historia oficial non recolleu: que o barco fixo escala en Galicia. A cita será o venres 30 de xullo no Auditorio de San Benito ás 20:30 horas.

    O espectáculo pensado para entreter a toda a familia, precisa de inscrición previa a través do correo electrónico centrocultural@aguarda.es, para aqueles que non estaban anotados na súa data orixinal do 3 de xullo.

    O séquito do Capitán Nemo

    Mentres o sábado pola mañá terá lugar o pasarrúas O séquito do Capitán Nemo, entre a Praza de Avelino Vicente e o Porto da Guarda ás 12:30 h que encherá de fantasía ambientada no mundo mariño e submarino as rúas da vila.

    Xa pensando no público adulto, o día 30 será o derradeiro Venres de xullo baixo as estrelas no Puntal, que tan bo éxito foi acadando durante todo o mes. Os interesados en asistir deberán reservar a súa praza en aguarda.oficina.turismo@gmail.com, xa que contan cun aforo moi limitado.

    Mentres que o sábado á noitiña volverá a música á Praza do Reló (21:00 h) da man do grupo de clarinetes KLASON, unha formación xurdida do seo da Agrupación Musical do Rosal para traballar a música de cámara, incorporando un variado repertorio que vai dende a música popular, a música de escena, o barroco, o clásico, romántico e contemporáneo. Ao igual que no resto de actividades para asistir é preciso a inscrición previa en centroultural@aguarda.es

    Pola súa banda no Monte de Santa Trega continúan as visitas regulares aos diferentes elementos do Monte dende o xoves ata o domingo, debendo reservar as prazas no mail masat@aguarda.es e lembramos que a sesión de Teatro no Trega A viaxe de Exeria ao castro” desta semana está suspendida ata o vindeiro catro de agosto.

    COLABORACIÓNS

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    “The Last Of Us”

    Hace unos días, terminé de ver la primera temporada de la serie "The Last Of Us", una serie basada en la historia de un videojuego inspirado en un mundo apocalíptico.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    83 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS