Xoves, 5 Xuño de 2025

O Rosal homenaxea a Daniel Fornos e Generoso Pérez pola súa loita contra as velutinas

0

A vespa velutina vai conquistando pouco a pouco máis terreo en Galicia e convértese nun problema cada vez maior non só para a apicultura, senón para todo o medio ambiente. Na loita contra esta especie invasora asiática no Rosal os apicultores Daniel Fornos Castro e Generoso Pérez Correa teñen desempeñado un importante labor nos últimos anos, tanto polo seu traballo de protección das abellas autóctonas, como polo de detección e retirada de niños de velutinas ou pola súa implicación en todas as campañas municipais contra esta especie.

Por todo este traballo, o Concello do Rosal rendeu esta fin de semana homenaxe a Daniel e Generoso nun acto celebrado durante o Concerto de Primavera da Agrupación Musical do Rosal no auditorio municipal, actuación que tivo grande éxito e esgotou todas as entradas.

A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, fíxolles entrega dunha placa “nun acto moi emotivo para dúas persoas que dedicaron tantos ano ao grupo de apicultores voluntarios para mellorar a nosa contorna e para loitar cada ano contra esta especie invasora colocando trampas e retirando niños”. A rexedora quixo destacar que Daniel despois de ser carteiro e voluntario agora pasa a ser lutier da Agrupación Musical do Rosal facendo as canas de fagot, instrumento que toca o seu neto na Escola de Música.

Unha das últimas campañas levadas a cabo polo Concello coa colaboración dos apicultores foi a posta en marcha dun vídeo titorial que se distribuíu nos centros educativos do Rosal, a través da web e das redes sociais municipais para explicar como crear de xeito fácil e sinxelo unha trampa coa que atrapar estas vespas, ademais de facilitar os materiais máis difíciles de preparar para que as familias rosaleiras puideran crealas nas súas casas.

A vespa velutina supón unha seria ameaza para a biodiversidade en Galicia, xa que as abellas melíferas son o principal alimento para este depredador. Só durante o ano pasado,  no marco do plan de loita contra esta especie retiráronse máis de 10.000 niños, especialmente nas provincias de Pontevedra e A Coruña, as máis afectadas pola invasora.

A canteira do surf nacional brilla en Patos

0

Esta fin de semana celebrouse en Patos a 3ª proba do Circuito Nacional Surfing Kids Junior da Federación Española de Surf na que competiron as categorías Sub 14 masculino e feminino, Sub 12 masculino e femenio e Sub 10 mixto. A xornada transcorreu con ondada de entre 1/2 m e 3/4 cun sol radiante e calor. O mar brillou non só pola azul da auga cristalina de Patos senón tamén polo bo nivel de todos os participantes. Os surfeiros chegaron de toda a xeografía española: Cantabria, Asturias, Murcia, Andalucía , Gran Canarias , Forteventura , Galicia, etc e deixaron constancia da boa saúde do surf infantil.

Os integrantes do Prado Surf Club conseguiron moi bos resultados, en especial cabe destacar a vitoria de Daniela Alonso que se fixo co primeiro posto na categoría Sub 14 feminino, título que xa conseguiu na anterior proba celebrada en Murcia e que a sitúa así á cabeza da clasificación nacional. Ademais, Danae González e Pedro De Brito conseguían quedar segundos nas categorías Sub 12 feminino e Sub 10 mixto respectivamente, e Teo García fíxose co 3º posto en Sub 12 Masculino.

Cabe destacar o alto nivel de todos os participantes e o gran apoio recibido desde a praia por parte de familiares e amigos, unha fin de semana de sol e calor que fixeron da proba unha gran festa do surf.

O evento está organizado pola Federación Española de Surf, a Federación Galega de Surf e Bodyboard, Prado Surf Escola e o Concello de Nigrán. Ademais, a proba conta co apoio dos patrocinadores Alumisel, Auga Sa e Clínica Dental Fontán & De Brito, e coa colaboración especial de Waira Surf, We are Walcott, Xunta de Galicia e Deporte Galego.

45 nenos participan no campamento de Semana Santa do Concello do Porriño

45 nenos de entre 3 e 12 anos participaron hoxe na primeira xornada do Campamento de Semana Santa do Concello do Porriño.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Educación e Igualdade, Carolina González, achegáronse ata o pavillón municipal, onde se está a desenvolver a actividade, para darlles a benvida e desexarlles que disfruten ao máximo da experiencia.

As cativas e cativos levarán a cabo moitas actividades dirixidas a fortalecer as súas habilidades, potenciar a súa seguridade e autoestima e traballar os valores de cooperación, igualdade, solidariedade e respecto.

O campamento desenvolverase os días 11, 12, 13 e 18 de abril en horario de mañá.

A Guarda moderniza o Mercado de Abastos grazas ao Plan Concellos

0

O Mercado de Abastos da Guarda loce xa o seu renovado aspecto despois das obras de reforma levadas a cabo para dotalo de maior luminosidade e seguridade e coas que tamén gañou un novo espazo de lecer na terraza, dentro do obxectivo do Concello de seguir potenciando este espazo municipal. O deputado provincial de Cooperación, Santos Héctor, e a deputada Raquel Giráldez, visitaron este luns xunto ao alcalde, Antonio Lomba, o renovado edificio no que se investiron preto de 50.000 euros, dos que 20.500 foron financiados a través do Plan Concellos 2020 da Deputación.

As actuacións levadas a cabo incluíron a mellora do pavimento existente na planta baixa, así como a adecuación de dous postos, aínda que o cambio máis vistoso é a reforma na terraza, na que se habilitou a nova zona de lecer para as persoas usuarias, que nun futuro se espera complementar cunha cafetería.

Por outra banda, no andar superior instalouse un novo pavimento antibacteriano e antiesvarante de gres cerámico con partículas de prata, que supuxo unha mellora considerable e que está conformado por pezas especiais que dan continuidade entre os paramentos facilitando a súa limpeza, asegurando en todo momento unhas boas condicións de desinfección. As obras complementan outras anteriores levadas a cabo polo Concello encamiñadas a seguir modernizando estas instalacións municipais para dinamizar a actividade comercial do municipio.

O Museo de Pontevedra aumenta as visitas guiadas gratuítas durante Semana Santa

O Museo de Pontevedra incrementará a actividade dirixida ao público durante a Semana Santa poñendo a disposición máis sesión de visitas guiadas aos seus fondos da súa colección permantente. Así mesmo, as Ruínas de San Domingos permanecerán abertas con entrada libre.

Todas aquelas persoas que queiran coñecer máis polo miúdo ‘os básicos’ do Museo no Edificio Castelao poderán facelo nun itinerario xeral que falará sobre as pezas máis singulares de cada unha das salas: dende a historia do Tesouro de Caldas, a Virxe Branca, a louza de Sargadelos do século XIX, a obra dos integrantes da xeración doente, dos renovadores e tamén de Castelao.

Estas visitas realizaranse todos os días da de Semana Santa, de martes a domingo,  ás doce do mediodía, e tamén o martes e o mércores ás seis da tarde, non sendo preciso inscribirse previamente.

Por outra banda, están abertas dende o pasado 15 de marzo as Ruínas de San Domingos e permanecerán accesibles ao público ata o 31 de outubro. O horario de visita é de 10 a 14 horas polas mañás e de 16 a 19.30 horas polas tardes de martes a sábados, e de 11 a 14 horas os domingos, estando pechadas os luns como todos os edificios do Museo. A  diferenza do ano pasado durante a pandemia, a entrada será libre (sen restricións de capacidade salvo por cuestións de seguridade) e sen necesidade de inscrición previa nin para realizar a visita libre nin para a guiada (xoves ás 12h).

Arbo presenta a Ruta das Minas de Ouro Romanas

0

A Sala de Conferencias do  Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea “Museo Arabo”, acollerá o vindeiro 16 de abril ás 19:00horas a presentación do díptico da “Ruta de las Minas de Oro Romanas junto al Rio Miño. As Neves y Arbo)”.

A presentación correrá a cargo de Eduardo González Clavijo, autor do díptico, e está aberta ao público ata cubrir aforo.

A ruta das minas de ouro, iníciase na parroquia de Barcela, no termo municipal de Arbo. Con esta presentación preténdese poñer en valor as minas de Ouro de Barcela, e comezar así a andadura para poder recuperar este patrimonio.

O Club Patinaxe Artística Condado de Salvaterra de Miño Campión Galego

O pasado sábado 9 de Abril celebrouse en Vigo, no pavillón de As Travesas, o Campionato Galego de Grupos Show Junior e Cuartetos.

O CPA Condado, coa coreografía “Detrás da pel”, obtivo o primeiro posto na categoría de Grupos Show Junior. Unha coreografía que reivindica o uso de peles de animal por parte do ser humano e que plasmaron na pista os 16 patinadores do Condado.

O grupo, que está dirixido por Edu Caride e tamén adestrado por David Figueroa, está composto por 16 patinadores entre 12 e 18 anos (Marta Álvarez, Noa Garcia, Zoe Garcia, Maria De Sa, Dubra Outeiro, Ines Pose, Daniela Rodriguez, Luana Rodriguez, Aldara Balboa, Xabi Gomez, Mara Amil, Laura Perez, Lucia Soto, Ronsel Groba, Marta Cabaleiro e Xiana Covelo).

Esta clasificación outórgalle ao CPA Condado o pase directo ao Campionato de España que se celebrará en Alcoy (Alacante) os vindeiros días 20 e 21 de maio.

SmartPeme ofrece tres novos obradoiros esta semana

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana tres novas accións formativas impartidas online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versarán sobre edición de vídeo básica, ferramentas de Google para a promoción de negocios locais e  infoprodutos.

As actividades comezarán o martes 12 cun obradoiro sobre “Edición de vídeo básica: a nova función de Canva” no que Lara Taboada, titulada superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, ensinará de forma práctica como usar esta nova opción da ferramenta que leva poucos meses en funcionamento.

O mércores 13 de abril ás 12:00h, Laura Carrera, con ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e márketing dixital, falará sobre “Ferramentas de Google para a promoción de negocios locais”. Farao nun obradoiro no que o obxectivo é dar a coñecer Google My Business e Google Adwords Express, dúas ferramentas que buscan dar unha maior visibilidade aos negocios locais, facilitando as posibilidades da xeolocalización e as procuras dos seus potenciais clientes.

O derradeiro dos obradoiros desta semana tamén terá lugar o mércores, de 17:30 a 19:00 h ,  titúlase  “Infoprodutos: que son e como crealos” e será impartido por Fátima Faílde, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo. Este taller ten como obxectivo coñecer de preto os infoprodutos e como poden axudan a crear un negocio que se xestiona de maneira automática.

As persoas interesadas poden inscribirse a través do sitio web de SmartPeme na url de cada evento ou na app.

Batidoras con ruedas

Hace algún tiempo, un empresario del sector del automóvil llamó a los coches eléctricos, ‘batidoras con ruedas’. La verdad que es un apelativo curioso para designar un elemento que ha sido tan importante en nuestras vidas, que se ha convertido en prácticamente en indispensable, pero que se va a volver en un artículo de lujo porque su precio no va a ser el de una batidora.

Desde hace algunos años nos quieren imponer los coches eléctricos sí o sí. Es más, la normativa Europea va prohibir la comercialización de coches de combustión dentro de no demasiados años y todo por el bien de la ecología. Estoy totalmente de acuerdo de que tenemos que cuidar nuestro planeta, pero ¿seguro que el coche eléctrico es una solución ecológica y económica?

La verdad, que cuando me lo pongo a analizar un poco, tengo mis dudas. Económica está claro que no lo es, por lo menos para el bolsillo del consumidor. Sus precios son bastante más altos que los de combustión y ahora, por encima, hay marcas que están anunciando que en breve solo comercializarán eléctricos y por lo tanto, que van a subir sus tarifas. Es decir, que el coche se va a volver a convertir en un bien de lujo y sólo para economías pudientes, porque además, al precio que está la luz…

Hablando de electricidad, los coches eléctricos hay que cargarlos, ¿de dónde sacamos ese suministro? La mayor parte de las viviendas no están preparadas para ello. Las instalaciones eléctricas de muchos domicilios particulares no están acondicionadas. Si te planteas una placa solar o un sistema como el que ofrece una conocida marca estadounidense, en España no te lo puedes ni pensar, ni por el coste (volvemos a ver que es para pudientes) ni porque ser autosuficiente está penalizado y debes de pagar impuestos por ello.

Lo de antes, a grandes rasgos en la parte económica, ¿y en la ecológica? Si, está claro que no tiene un tubo de escape por el que salga humo que contamine, algo muy importante, ¿pero cómo se fabrican las baterías? ¿Cada cuantos años hay que cambiarlas (si alguien tiene dudas que mire lo que pasa con los teléfonos móviles…)? ¿Dónde se van a almacenar esas baterías que no se pueden reutilizar? ¿Volveremos a los tiempos en que los de Greenpeace se ponían debajo de las grúas de los barcos que soltaban barriles llenos de productos radiactivos al mar? ¿Cómo se produce la energía eléctrica para recargarlos? Yo la verdad, pensé que en España, se producía con energías alternativas, pero visto que el precio sólo tiene en cuenta el gas que viene de Rusia, que por encima, ni siquiera viene de ahí, que lo hace de Argelia. (Ojo! nueva subida a la vista de la luz, porque los Argelinos se han enfadado con nosotros por las palabras de nuestro querido presidente sobre el Sahara y Marruecos y nos van a subir el precio del gas).

La verdad, que demasiadas incógnitas y pocas respuestas para tener claro si en un futuro tendremos un batidora con ruedas para desplazarlos o si tendremos que volver a los sistemas “clásicos” de bicicleta y caballos.

Sobre lo que no tengo ninguna incógnita es sobre las recomendaciones para esta semana que van a ser , por un lado, Musical Meditatations on The Seven spiritual Laws Of success, de Paul Avgerinos con Deepak Chopra y Kabir Sehgal, muy recomendable para estos tiempos que estamos viviendo. Por otro lado, Jon Pilatzke, un descubrimiento al que hay que ver en directo, todo un espectáculo. Espero que los disfrutéis, que además vienen las vacaciones de Semana Santa.


Deepak ChopraPaul AvgerinosKabir Sehgal 

Musical Meditations on The Seven Spiritual Laws of Success

2019

Hay nombres que se han convertido en auténticos clásicos de la Música New Age y Paul Avgerino y Deepak Chopra lo son por méritos propios.

“The Seven Spiritual Laws Of Succes” es un clásico publicado por Deepak Chopra hace 25 años y para conmemorar ese aniversario, nada mejor que juntarse con Paul Avgerinos y Kabir Sehgal para hacer esta reinterpretanción del disco.

Lo que han creado en este trabajo, son meditaciones musicales sobre las siete leyes espirituales, para cada ley hay un resumen narrrado del significado esencial de dicha ley seguido de una meditación sobre la esencia de la misma con el fondo musica de Paul Avgerinos.

La verdad, que escuchar este trabajo es todo una experiencia muy recomendable sobre todo en aquellos momentos en los que uno se siente un poco más decaído.


Jon Pilatzke

Amongst Friends

Hay muchas formas de descubrir a un grupo, artista, compositor,… y en ete caso, a este músico canadiense llamado Jon Pilatzke tuve el placer de descubrirlo durante un concierto, como músico acompañante del gallego Carlos Nuñez durante algunas de sus giras y después de ver su actuación en directo y ver su maestría tocando el violín, pues investigas un poco más y encuentras que es un grandísimo bailarín y que suele también acompañar a una mítica formación como es la de los Chieftains.

Después de lo dicho anteriormente y ver la oportunidad de tener entre mis manos el cd al que hago referencia, que por cierto, no es fácil de localizar en formato físico, aunque si en las plataformas online, pues no me resistí la tentación de incorporarlo a mi colección y la verdad que merece la pena. En este trabajo,

El título es un fiel reflejo de lo que nos encontramos, el virtuoso violinista acompañado de algunos de sus amigos cómo carlos Nuñez, Matt Molloy, Tim Edey o su hermano Nathan Pilatzke y es todo un placer escucharlo, aunque para aquel que tenga la oportunidad, que no deje de ver una de sus actuaciones en directo, una verdadera maravilla.

La piscina Rías do sur no es rentable

La amarga y paradójica continuación al último post sobre la celebración del Campeonato de España de natación máster fue el cierre de la piscina en la que se disputó este evento.

La primera vez que visité la piscina “Rías do sur” me vino a la cabeza la imagen de los futbolistas del Numancia (en segunda B), que se plantaron en los cuartos de final de la copa del Rey del 96, admirando el Camp Nou y haciéndose fotos antes de jugar contra aquel histórico Barça de Johan Cruyff.

Y es que no es para menos: el complejo deportivo tiene una piscina olímpica (de 50×25 m), con un dique móvil que permite convertirla en dos piscinas de 25 metros, con un vaso de calentamiento extra, varios vestuarios, gradas fijas y móviles…En resumen, una instalación para la práctica de deportes acuáticos realmente impresionante, versátil, cómoda y moderna. No en vano ha sido testigo de relevantes pruebas, tanto autonómicas como de ámbito nacional.

La piscina de Pontemuiños se inauguró en el año 2006 gracias a las aportaciones de socios, administraciones públicas y empresas privadas. Entre los discursos de las autoridades en su apertura, se destacaba que la instalación permitiría a todo el mundo “disfrutar y vivir el deporte”  y situaría aPontevedra como “principal referente de la natación en Galicia”.

Desde aquel entonces varios clubes de otras tantas disciplinas acuáticas han ido emergiendo de sus aguas, y numerosas figuras de la natación han entrenado y competido en ella (sirvan como ejemplo Gómez Noya, Bea Gómez o María Vilas). Esto en lo que respecta a la actividad federada, que contaba con cientos de niños, niñas y adultos ( varias generaciones de deportistas destacados han crecido allí en estos años).

Pero en Rías do Sur se ofrecían otras muchas actividades que congregaban cada día a multitud usuarios/as no federados que querían seguir una vida saludable incorporando el deporte en su día a día.

Promover hábitos de vida saludable es algo que Pontevedra incorpora en su ADN desde hace tiempo, proponiendo la actividad frente al sedentarismo, apostando por la movilidad activa, la peatonalización de espacios públicos y la organización de eventos deportivos entre otras muchas propuestas.

Por todo ello, aunque el cierre se deba a conflictos entre una empresa privada (concesionaria) que explotaba el complejo deportivo y la fundación Rías do Sur (la empresa alegaba que los costes energéticos hacían inviable seguir con la actividad) creo que debemos elevar el problema a la categoría de público y llamar a las puertas de alcaldía, diputación y xunta para buscar una solución.

Si analizamos la viabilidad del Complejo deportivo teniendo en cuenta sólo las distantes y frías cifras económicas de coste-beneficio, es posible que la explotación de la piscina olímpica no sea rentable. Pero ese prisma aislado es insuficiente para hacer este análisis de forma correcta.

En la viabilidad se deben incluir factores que, aunque no participan de forma directa en la ecuación coste-beneficio, sí lo hacen de manera indirecta ( y determinante) para la ciudad y su área de influencia.

Rías do sur atrae a miles de deportistas cada año que participan en los eventos que en ella se organizan. Los usuarios y usuarias que practican deporte a diario en ella dejan de consumir millones en recursos sanitarios, porque sencillamente no los necesitan (en términos de consultas médicas , medicamentos, tratamientos y procedimientos…). Los cientos de niños y niñas de sus clubes crecen con valores como el esfuerzo, el sacrificio y la recompensa del trabajo a largo plazo,  algo que difícilmente aprenderán en la pantalla de una tablet, contribuyendo a formar una sociedad consciente de la importancia del trabajo, de la perseverancia y de la autoexigencia.

Si colocamos todas estas variables en la ecuación, el resultado es el siguiente: lo que no es rentable es mantener este complejo deportivo cerrado, con el riesgo de deterioro por no usarse.

Estamos ante uno de esos momentos históricos en los que las administraciones públicas deben actuar, usar sus recursos y velar por los intereses de los ciudadanos. Señores, señoras: resuelvan la ecuación y abran de nuevo Rías do Sur. Es rentable, es necesario.

Daniel Asorey, «Negras»

A literatura de Daniel Asorey caracterízase pola férrea defensa de calquera tipo de víctimas da inxustiza e do abuso. Así o vén facendo dende os seus primeiros traballos, aunando con habilidade a reivindicación e a crítica de tales desmáns, e mais unha actitude case agarimadora cara aos que sofren e se ven violentados polo poder. Neste novo poemario mantén esa mesma liña, nun xogo simbólico no que dirixe os seus versos cara ás mulleres de raza negra nos Estados Unidos, ignoradas e desprezadas por amplas capas da sociedade, máis por cuestións económicas que puramente identitarias ou raciais. Mais, atendendo a ese simbolismo anunciado, a cotío bastante evidente, percibimos que no fondo da súa palabra está a defensa la  lingua galega, menosprezada fronte ao castelán por determinados sectores sociais e políticos, mesmo na súa propia terra: a verdadeira «muller negra» desta historia.

Partindo desta premisa, Daniel Asorey non constrúe, ao meu entender, unha colección de poemas arredor da situación da muller de raza negra e da lingua galega para darlle forma a este novo proxecto, senón un único poema que se estende ao longo de todo o libro e que estrutura en tres partes: «A cacería», «Lingua negra» e «De como o río Ulla deu en chegar ao lago Erie». A primeira céntrase nesas mulleres das que falamos e en como son perseguidas sen recato. Os versos de Asorey son tan duros e contundentes coma o propio título: «Detrás do supermercado, / onde aparcas o coche, / mátanme ás veces»; «Dóeme, sobre todo, / que cales / cando ves que me matan»; «A raza marca os territorios / da pobreza»… Na segunda parte o autor atravesa o Atlántico para deambular entre vacas e congostras. As comparacións entre a situación das mulleres negras e máis a nosa lingua son evidentes: «Un día has descubrir / que a lingua / ten cor»; «Mazinger Z / e Afrodita/ falaban castelán / e facíanme lembrar / a miña negritude»; «Asistes ao meu xenocidio / tan calado, / silencioso, / calmo»... O poema péchase cun fragmento que pretende xunguir os anacos anteriores nun ton algo máis reflexivo e intimista, no que non pasa desapercibida, novamente, a contundencia do verso: «Insisten: o único futuro é a morte / na pezoña»; «As miñas fillas son a túa sombra. / Ata iso me roubaches»…

En ningún momento Asorey fai perder de vista as responsabilidades que cada un de nós temos na situación descrita, na violencia consentida que o poder exerce sobre os máis débiles e desfarrapados da cadea, quer as mulleres de raza negra quer a nosa lingua, e o autor reclama atención para poñerlle coto a tales accións. A cita inicial do libro é explícita coma poucas: «A morte é un proxecto político» (Lupe Gómez); e coma calquera proxecto político, pode ser corrixido, se así o consideramos convinte para beneficio da sociedade. Malia que para iso haxa que enfrontarse a aqueles que viven de fomentar a opresión e de sementar o odio e o rancor, de querer impoñer os seus propios criterios fronte a todos. E para loitar contra eles só nos quedan o inconformisme e a insubordinación, a forza poética da palabra fronte aos grillóns.

Daniel Asorey

«Negras»

Xerais

Unha vintena de mozos e mozas representarán a Ponteareas no III Torneo Eixo Atlántico de Taekwondo

Ponteareas terá representación no III Torneo Eixo Atlántico de Taekwondo, que se disputará esta fin de semana en Vila Nova de Gaia. Unha vintena de mozos da vila acompañados de tres técnicos desprazaranse ata o concello luso de Vila Nova de Gaia para participar os días 9 e 10 de abril na terceira edición deste trofeo organizado pola Cámara Municipal de Vila Nova de Gaia en colaboración co Eixo Atlántico e a Associação de Taekwondo de Oliveira do Douro.

Tras o éxito dos torneos realizados en 2017 e 2019, esta nova edición marcará o reencontro entre arredor de 150 deportistas novos e novas da modalidade de combate dos concellos do Eixo Atlántico. A competición terá lugar no Centro de Alto Rendemento de Gaia, onde as e os participantes deberán enfrontarse nunha proba de combate olímpico con dez categorías de peso nas modalidades de cadete e júnior.

O concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó, despediu este venres ao grupo de participantes, aos que lles desexou “moita sorte no torneo. Agardamos que gocen dos bos momentos deportivos que van vivir e da convivencia con outras e outros deportistas do Eixo Atlántico”.

É a primeira vez que Ponteareas participa neste torneo tras a súa recente incorporación ao Eixo Atlántico, un paso moi importante para a vila, xa que lle permite traballar e complementarse con outros concellos para implementar accións e medidas que lle permitan seguir crecendo social, turística ou economicamente.

A exposición ‘Conquistadoras’ chega novamente a Chapela logo de ser actualizada

0

“A exposición Conquistadoras é o compromiso deste Concello con todas as mulleres que loitaron polos seus dereitos” afirmou hoxe a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, ao dar a coñecer a instalación da exposición da mostra no paseo marítimo de Chapela, onde poderá ser visitada ata fin de mes.

Tal e como adiantara o Concello de Redondela coa posta en marcha desta iniciativa “non é unha exposición ao uso tradicional, senón que é unha viva e dinámica á que cada ano engádense caras e nomes de aquelas que durante anos loitaron, non só polos seus dereitos, senón polas de todas as mulleres”

‘Conquistadoras’ amosa a historia do esforzo de moitas mulleres que, dende o seus ámbitos de vida persoais e profesionais, foron quen de ‘conquistar’ o dereito a ser elas sen necesidade de pedir o permiso deles.

“Durante séculos –afirma a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas– considerouse que a muller non podía acadar os mesmos éxitos ca os homes, ou que simplemente non tiña capacidade dabondo para igualalos. Todos estes prexuízos, que tristemente aínda se manteñen na sociedade contemporánea, foron pouco a pouco desterrados co exemplo destas mulleres que hoxe protagonizan ‘Conquistadoras’”.

“Achegamos á veciñanza anacos da historia de Redondela e de Galicia a través de mulleres capaces de sobrepoñerse a todo tipo de adversidades para demostrar o que non debera precisar de xustificiación: calquera muller pode realizar os mesmo traballos ca un home”.

Rómpese con Conquistadoras o estereotipo da muller do século XX “de ama de casa, cando a realidade amósanos mulleres que lideraron revoltas sociais marcando un camiño, exercendo un liderado nun tempo en que a muller estaba sometida a unha sociedade patriarcal. Non foi así. A muller traballou na casa e fóra da casa, axudou e colaborou en múltiples loitas, coma calquera persoa sexa do sexo que sexa”, aclarou Digna Rivas.

A alcaldesa lembrou a intención do seu Goberno á hora de desenvolver iniciativas para que “a loita pola igualdade, non quede cinguida a un so día, senón que sexa unha acción continuada ao longo de todo o ano porque é o único xeito de acadar unha sociedade xusta”.

A Historia, patrimonio, natureza, gastronomía,…atractivos para visitar Tui esta Semana Santa

0

“Esta  Semana Santa… Tuiristea” é o lema da campaña de promoción turística posta en marcha polo Concello de Tui nas súas redes sociais con motivo da Semana Santa. Dende hoxe venres nas redes sociais municipais, Facebook, Twitter e Instagram, e na conta de Instagram da Oficina de Turismo, propóñense distintos plans para visitar Tui nestes días festivos. Dende os plans imprescindibles na visita a cidade, rutas dun ou dous días, ou propostas para visitar Tui con nenos e nenas.

Deste xeito amais dos actos relixiosos tradicionais da Semana Santa, que en Tui contan con especiais pecualiaridades, o patrimonio, a natureza, a cultura, a gastronomía son tamén atractivos da cidade nestas datas.

No que se refire aos actos relixiosos conta con especial singulariedade a Visita os Monumentos o Xoves Santo, onde destaca a recreación do Horto das Oliveiras na Capela da Misericordia, ao Sermón do Encontro ou do Desencravo, e as procesións dos Pasos e do Santo Enterro, e destacadas imaxes procesionais coma a Dolorosa de Agustín Querol.

Ao abeiro do proxecto “Río Miño, un destino navegable” pódense realizar rutas de xornada completa aos conxuntos históricos de Tui e Valença ou paseos fluviais polas tardes, previa reserva en www.hemisferios.org.

Na Oficina de Turismo, situada no Paseo da Corredoira, que atende ao público de 9.30 a 14 h e de 16 a 19 h, pódese atopar a información turística do municipio, e recoller por exemplo o material das rutas autoguiadas “O tesouro de Salomón” e “O túnel de dona Urraca” pensadas especialmente para público familiar. A través da sinalización  instalada se poden realizar tamén rutas autoguiadas cos códigos QR ao estar xeoreferenciadas as localizacións. As sinais de cor branca indican a ruta pola cidade histórica e as sinais en cor azul a Ruta Xudía.

A Catedral é dun dos lugares imprescindibles na visita a Tui. Dende os seus tellados pódese gozar de fermosas panorámicas da beira portuguesa e do río Miño, pero tamén do Monte Aloia. O Museo Catedralicio atesoura pezas de prata realizadas por orfebres xudeu, amais de expóñense dous dos Sambenitos atopados nos anos 80 no tempo catedralicio.

Un paseo polo conxunto histórico, pola súas estreitas e empedradas rúas, é outra das propostas para esta Semana Santa, ao igual que atravesar camiñando pola centenaria Ponte Internacional, obra de Pelayo Mancebo, até Valença.

Tui conta co primeiro Parque Natural declarado en Galicia, o Monte Aloia que dende 1978 goza deste recoñecemento. No Centro de Interpretación achegan información sobre as distintas rutas establecidas, e nos seus miradoiros podemos gozar de vistas únicas sobre o Baixo Miño, o Alto Minho Portugués e o Val Miñor.

A gastronomía ten cita destacada coa celebración da Festa do Meixón, dentro da programación das Festas Patronais de San Telmo. Un produto que se poderá degustar até o 25 deste mes en cinco restaurantes tudenses Asador Paulo, El Molino, La de Manu, O Novo Cabalo Furado, e  Parador de Tui. Ao prezo de 69€ a ración.  Tui conta amais cunha sobremesa típica, coma son os peixes de améndoa e as pastas, cunha receita de orixe sefardí que continúan a elaborar as “monxas encerradas” no Convento das Clarisas.  Amais os viños elaborados por produtores locais pertencentes á D.O. Rías Baixas, son a maridaxe perfecta coa oferta gastronómica que presentan os restaurantes da cidade

Tui conta amais cunha ampla oferta hostaleira, no que o visitante pode elixir entre distintos tipos de aloxamentos: albergues, hostais, hoteis, casas de turismo rural, casas turísticas, un Parador e un Balneario.

Non se pode esquecer amais o feito de que Tui é a porta de entrada do Camiño Portugués a Galicia dende Valença. Ao longo desta vía xacobea que transcorre polo conxunto histórico, e as parroquias de Rebordáns e Ribadelouro, atopamos distintas pegadas da presenza xacobea dende o Hospital de Pobres e Peregrinos, hoxe Museo Diocesano, á igrexa da Virxe do Camiño,… e a Ponte das Febres onde enfermou o patrón de Tui, San Telmo.

Precisamente o Sábado Santo comeza a programación das Festas de San Telmo con pregón a cargo do actor Luís Zahera, e concerto de Efecto Pasillo. Uns festexos que recuperan este ano unha ampla e diversa programación que se prolongará até o 25 deste mes.

Para coñecer Tui con detalle se pode optar tamén por contactar con algúns dos guías que realizan visitas guiadas, e outra opción é realizar unha viaxe no tren turístico entre Tui e Valença. 

O Festival Vive Nigrán completa o seu cartel

0

O festival Vive Nigrán completa o seu cartel da sexta edición cos concertos do galego GRANDE AMORE e as sesións DJ de COOL NENAS e EME DJ, que se engaden a artistas xa confirmados como RIGOBERTA BANDINI, IVÁN FERREIRO, LA BIEN QUERIDA, NIÑA POLACA, COLECTIVO DA SILVA, KARAVANA ou o Concerto Vibra Mahou de CARIÑO. Un festival con programación para todas as idades, que volve a Monte Lourido, nesta edición co público de pé, e nunha contorna privilexiada xunto a Praia América, coa colaboración do Concello de Nigrán. Á programación desta edición súmase unha xornada extra, Vive Nigrán [+] co concerto de MIGUEL RÍOS & THE BLACK BETTY TRIO, na que será unha cita imperdible cunha lenda viva da música española.

O galego Grande Amore incorpórase á programación do venres 15 de xullo do festival. O alter ego do mozo Nuno Pico presentará o seu primeiro disco, con sons electrónicos e industriais, pinceladas ás veces macarras e ás veces tenras, pero sempre cheas de personalidade.

Ademais, os andaluces Colectivo Da Silva coa súa mestura de estilo naif, festa e rebeldía pop, e Karavana, que traerán a Nigrán un directo cheo de enerxía, acompañarán a Iván Ferreiro na primeira xornada do festival. Iván Ferreiro repasará os éxitos da súa carreira con Piratas e en solitario, dentro dunha xira moi especial coa que volve este 2022 aos escenarios acompañado da súa banda habitual.

Cool Nenas pecharán a xornada do venres con temazos, baile e actitude; os ingredientes escollidos por Dani, Mariagrep e Kimberley Tell para para crear a festa perfecta.

O sábado 16 de xullo Rigoberta Bandini fará vibrar ao público de Nigrán con hits tan coreados como ‘Perra’, ‘ Too many drugs’, e ‘Ay mamá’, convertido en todo un himno.

Con millóns de escoitas e visualizacións dos seus temas, posicionouse como unha das artistas españolas con máis presenza a nivel internacional. A Rigoberta Bandini acompañarana La Bien Querida, cun concerto moi especial, acompañada dunha banda completa, e Niña Polaca, que nos trasladará ao Madrid dos oitenta a través das súas cancións pop con toques indie-rock.

O plan do sábado complétase co Concerto Vibra Mahou da banda de pop feminino Cariño, un sopro de aire fresco e descarado nun concerto incluído no abono do festival. Para pechar o festival, EME DJ, unha das DJ españolas cunha traxectoria máis recoñecida na escena indie-pop, fará bailar a todos os presentes en Monte Lourido.

Nesta edición, o festival engade unha xornada extra, o domingo 17 de xullo con Vive Nigrán [+], unha cita imprescindible para os amantes da música en español, que traerá ata Monte Lourido a Miguel Ríos & The Black Betty Trio, nun concerto co público sentado, que busca unir a varias xeracións que gozaron deste artista indiscutible. Os abonos e as entradas para venres e sábado e tamén para a xornada extra Vive Nigrán [+] do domingo están á venda en vivenigran.com e ataquilla.com.

Desde o seu nacemento, VIVE NIGRÁN é moito máis que música e busca a integración coa contorna e o patrimonio. E por iso, nesta edición volven as actividades complementarias con propostas para todos os públicos a través das accións de VIVE SOSTIBLE, VIVE PATRIMONIO, VIVE IGUALDADE E VIVE ACTIVO coa colaboración do Concello de Nigrán.

O festival contou nas súas pasadas edicións co patrocinio da Deputación de Pontevedra, a través da súa marca ‘Rías Baixas Fest’ e da Xunta de Galicia, a través de ‘ FEST Galicia’, e en 2022 volve ter unha vez máis o apoio de Gadis e Vibra Mahou, a plataforma musical de Mahou Cinco Estrellas que xera encontros ao redor da música en directo.

VENRES 15 DE JULIO

  • Iván Ferreiro
  • Karavana
  • Colectivo Da Silva
  • Grande Amore
  • Cool Nenas

SÁBADO 16 DE JULIO

  • Rigoberta Bandini
  • La Bien Querida
  • Nena Polaca
  • Concerto Vibra Mahou CARIÑO
  • EME DJ

DOMINGO 17 DE JULIO | VIVE NIGRÁN [+]

  • Miguel Ríos & The Black Betty Trío

O Concello de Salvaterra solicita un novo obradoiro de emprego

No marco da mencionada orde, e tendo en conta que a Xunta de Galicia valora os proxectos de obradoiro de emprego que atendan as necesidades dos sectores estratéxicos e sectores emerxentes de Galicia, o Concello de Salvaterra de Miño, promove o proxecto de OBRADOIRO DE EMPREGO “SALVATERRA EMPREGA II”, cunha duración prevista de 12 meses, no que se pretende formar a 20 persoas desempregadas no ámbito FORESTAL/XARDINERÍA nas seguintes especialidades formativas:

  • ACTIVIDADES AUXILIARES EN CONSERVACIÓN E MELLORA DE MONTES
  • ACTIVIDADES AUXILIARES EN VIVEIROS, XARDINS E CENTROS DE XARDINERÍA
  • APROVEITAMENTOS FORESTAIS

Dentro das políticas activas de emprego destacan os OBRADOIROS DE EMPREGO como programa mixto de emprego e formación que ten por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas de dezaoito ou máis anos de idade, mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten aos alumnos e alumnas participantes a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación profesional para o emprego recibida, relacionada directamente con dito traballo, procure a súa cualificación profesional e favoreza á súa posterior inserción laboral no mercado de traballo.

Para a realización das prácticas do ámbito forestal o Concello de Salvaterra de Miño ven de asinar un convenio coa CMVMC de Pesqueiras, para continuar coa intervención no Parque forestal de Monte Castelo

X Solidaria: COGAMI e Concello piden en Mos o apoio das persoas contribuíntes na declaración da renda

0

Persoas profesionais e usuarias de COGAMI, encabezadas polo seu presidente provincial, Ángel Holguera, e acompañadas pola Alcaldesa de Mos, Nidia Mª Arévalo, e as concelleiras de Política Social e Educación mosenses, Sara Cebreiro e Julia Loureiro, respectivamente, reuníronse esta mañá no Multiusos das Pozas para facer un chamamento á cidadanía de cara a marcar o X Solidario á hora de facer a declaración da renda. 

Foton preto de trinta persoas as que se xuntaron para a lectura dun manifesto que recolle as principais reivindicacións dos colectivos sociais así como información dos programas que se poñen en marcha cada ano grazas ás persoas contribuíntes que marcan o X Solidario.

As entidades que conforman o Terceiro Sector queren lembrarlle á cidadanía que marcando a casiña de “Actividades de Interese Social” conséguese que un 0,7% dos nosos impostos se dediquen proxectos e programas a favor da inclusión social de persoas con discapacidade, mulleres, infancia e programas de cooperación…

Coincidindo co inicio da campaña para a presentación da Declaración da Renda, as ONG galegas representadas por EAPN Galicia, Cermi Galicia e Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia, piden a colaboración da cidadanía para que marque o recadro 106 de “Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social, coñecido como X Solidaria.

Ante a realidade que estamos vivindo actualmente, faise vital contribuír ao funcionamento das entidades que loitan contra á exclusión social e a pobreza. As ONG prestan servizos esenciais na loita contra o COVID-19, a crise social e económica actual pola inflación e a guerra de Ucraína, apoiando e defendendo os dereito das persoas máis vulnerables. Este traballo é posible co X Solidario.

O financiamento económico que chega a través do 0,7% do IRPF é necesario e fundamental para que moitas ONG galegas poidan seguir prestando servizos e desenvolvendo programas dos que resultan beneficiarias milleiros de persoas, veciñas e veciños cos que convivimos.

Xa foron moitas as persoas que na campaña anterior colaboraron marcando a X Solidaria en Galicia: 744.082 persoas, o que supón o 54,94% do total das contribuíntes. Comparado co ano anterior, foron 8.377 persoas máis as que marcaron o recadro de Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social.

Con este xesto recadáronse 19.635.313€, unha cantidade de 26,39€ por persoa, permitindo recadar a cantidade de 342.930€ máis. Todos estes fondos recibidos durante a campaña do ano pasado, recaeron en 141 organizacións galegas de acción social que puideron levar a cabo máis de 500 proxectos que beneficiaron de xeito directo a 105.000 persoas maiores, con discapacidade, enfermas de cancro, mulleres vítimas de violencia machista, xente moza, nenos…

Todas estas persoas son usuarias de programas como o de teleasistencia, apoio ás persoas con discapacidade e familias, educación para a saúde, centros de atención integral para as mulleres diagnosticadas de cancro de mama, residencias, atención a persoas xordas na súa contorna sociofamiliar, atención a mulleres en dificultade social, centros de día, atención a persoas sen fogar, erradicación de violencia de xénero, atención á poboación rural desfavorecida e programas de voluntariado, transporte en vehículos adaptados, entre outros moitos.

Dende as entidades sociais temos o punto de mira nas 610.363 persoas contribuíntes que seguen sen marcar o X Solidario. Destas, foron 494.714 as que non marcaron ningún recadro e 115.649 as que só marcaron o recadro da Igrexa. Se todos os galegos marcasen o X Solidario, a asignación final en Galicia sería de 32.540.813€, é dicir, 12.905.500€ máis dos recadados.

A nivel estatal, a campaña da renda do exercicio anterior recadou no Estado 386.865.257€ que procederon das 11.646.682 persoas que marcaron o recadro 106 de Actividades de interese social da X Solidaria na declaración da renda. Non obstante, a recadación baixou 345.503€ (-0,61% respecto ao ano anterior) debido á incidencia da crise provocada pola pandemia.

emerXencia SOLIDARIA

Unha trintena de persoas entre profesionais e usuarias de COGAMI presentaba no Multiusos Pozas de Mos, espazo cedido polo Concello para este día, a campaña do X Solidario.

O éxito da campaña do ano anterior debeuse a que se recoñecía o traballo de milleiros de persoas que traballan ou son voluntarias en organizacións de acción social, loitando contra a pandemia, coa crise económica e social actual e que seguirán facéndoo. Neste ano queremos encher as redes sociais coas etiquetas #emerXenciaSOLIDARIA e #MarcarLaXesLoNormal

Dende as entidades de acción social galegas queremos recordar que marcando o X Solidario, o recadro de Fins Sociais, nin se paga máis nin se recibe menos cartos no caso de devolución e, como contrapartida, contribuímos á realización de programas e proxectos para as persoas en risco de exclusión que máis o precisan.

Máis información: 

www.xsolidaria.org

EAPN Galicia / CERMI Galicia e Plataforma de ONG de Infancia. 698 127 110

Marcar o X Solidario non custa nada

  • Nin pagas máis, nin che devolverán menos.
  • Se xa se marca a casiña da Igrexa, marcando tamén a de ‘Actividades de Interese Social’, pódese axudar o dobre.

Decidir e elixir que queres que se faga cos teus cartos é un dereito que non todo o mundo pon en práctica. O noso obxectivo é que a xente marque o recadro e decida.

Porque ao facer isto NIN pagamos máis NIN imos recibir menos cartos no caso das devolucións. Do que hai que pagar na Declaración do IRPF o Estado saca un 0’7% para que ti decidas en que se vai gastar.

Digna Rivas recibe na Casa do Concello á médica, profesora e investigadora granadina Enriqueta Barranco

0

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, recibiu na mañá de hoxe na Casa do Concello a Enriqueta Barranco, médica, profesora, investigadora e loitadora polos dereitos da muller, que nestes días participará na xornada de memoria histórica Individuas de Dudosa Moral, organizada pola deputación de Pontevedra.

Digna Rivas quixo aproveitar a presenza de Barranco en Pontevedra para invitala a visitar á vila natal de Alejandro Otero, –médico, deputado, catedrático e reitor da Universidade de Granada, represaliado polo réxime franquista e morto no exilio en México– sobre quen Enriqueta Barranco fixo a súa tese doutoral.

A alcaldesa de Redondela subliñou a importancia da figura da xinexóloga e investigadora granadina “pola súa constante e incansable loita polos dereitos da muller e por non deixar caer no esquecemento a homes e mulleres relacionados co mundo da investigación e da docencia que, como Alejandro Otero, foron represaliados polo réxime franquista”.

Digna Rivas expresoulle a Enriqueta Barranco o seu interese pola realización en Redondela de distintas actividades sobre temas como a memoria histórica, a igualdade ou a figura de Alejandro Otero, iniciativa moi ben acollida por Enriqueta Barranco e emprazándose a estudar o calendario e o programa das iniciativas conxuntas que se poidan desenvolver.

Enriqueta Barranco participou hoxe na mesa redonda O Padroado de Protección á muller: unha cárcere para as descarriadas, xunto á xornalista Llum Quiñonero, presidenta de Acción Cidadá contra a impunidade do franquismo.

Máis sobre Enriqueta Barranco

Nada en Granada, Enriqueta Barranco é médica especialista en obstetricia e xinecoloxía, así como profesora e investigadora do Instituto Universitario de Investigación de Estudos das Mulleres e de Xénero da Universidade de Granada.

Feminista recoñecida sempre tratou de defender o interese das mulleres nun tema tan sensible como a Saúde Sexual e Reprodutiva e a iso dedicou gran parte da súa vida laboral, académica e como publicista. A súa afección pola historia tamén lle levou a realizar tarefas de investigación sobre personaxes que foron relevantes no ámbito da xinecoloxía, publicando dúas biografías do que fose catedrático na universidade de Granada, Alejandro Otero, e do investigador do laboratorio Pasteur (París), Antonio Chamorro.

Profesora Asociada da Universidade de Granada e Directora da Cátedra de Investigación Antonio Chamorro-Alejandro Otero, o selecto Foro Europa 2001 outorgouna, igualmente, a Medalla de Ouro ao prestixio profesional.

Ponteareas inicia unha rolda de reunións para consensuar coa veciñanza as alegacións ao proxecto da N-120

A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, acompañada da segunda tenente de alcaldesa, Chus Garrote, doutros membros do goberno local e do arquitecto municipal do Concello, mantiveron unha primeira xuntanza cos grupos políticos e colectivos veciñais das parroquias directamente afectadas polo proxecto de trazado da mellora de seguridade viaria na N-120, proposto polo goberno do Estado para un treito de cinco quilómetros que atravesa as parroquias de Areas, Arnoso e Xinzo.

Fernández Davila explicou que “neste primeiro encontro quixemos abordar unha serie de cuestións de interese xeral que detectamos ao analizar o proxecto, como os accesos ás parroquias, a seguridade peonil, as marquesiñas de autobús ou as previsións de infraestruturas do Plan Urbanístico aprobado recentemente. Agora, visitaremos as parroquias ás que afecta directamente este proxecto para consensuar coa veciñanza as alegacións a presentar para mellorar o proxecto exposto polo goberno do Estado”.

As xuntanzas, abertas a toda a veciñanza, terán lugar o luns 18 na parroquia de Areas, o martes 19 na de Arnoso e o mércores 20 na de Xinzo, celebrándose todas elas ás 20.00 horas nos centros culturais das correspondentes parroquias. Así mesmo, o goberno local reunirase cos colectivos veciñais das parroquias de Ribadetea e Padróns, cuxa estrada de acceso e saída principal se ve afectada no proxecto.

A rexedora informou que o Concello pon a disposición das veciñas e veciños o persoal da área urbanística para asesoralos na realización de alegacións individuais ao proxecto. Para iso, as persoas interesadas poderán chamar ao teléfono 986640000 (ext. 1049) ou acudir ao segundo andar da Casa do Concello, onde se localiza a Oficina Técnica de Urbanismo.

Covelo solicita a adhesión á Rede de Dinamización Lingüística

0

O Concello de Covelo vén de solicitar a súa adhesión á Rede de Dinamización Lingüística para traballar pola defensa e emprego da lingua galega en tódolos ámbitos, educativos, socioceonómicos, culturais, administrativos…

Nos últimos anos, e coa intención de potenciar o emprego da lingua galega, o goberno de Covelo aprobou e implementou unha ordenanza para o impulso social da lingua galega. Ademais realizou diversas accións de dinamización da nosa lingua ao abeiro de distintas axudas e subvencionou libros e publicacións destinadas ao estudo e actualización da toponomia no concello.

Coa adhesión á Rede de Dinamización Lingüística o concello de Covelo participará na promoción da lingua galega e beneficiarase de novas ferramentas de sensibilización e posta en valor.

Este novo paso na defensa e fomento do uso da nosa lingua súmase ás iniciativas realizadas nos últimos anos e supón unha formalización do compromiso coa nosa lingua materna. Ademais, formando parte da rede Covelo disporá de máis medios técnicos e persoais para continuar cos traballos de recuperación da toponimia local e a edición de novas publicacións en lingua galega.

Oia suma unha nova ruta sendeirismo sinalizada, a cal une as parroquias de Burgueira e Loureza

0

O Concello de Oia vén de crear unha nova ruta de sendeirismo sinalizada no municipio, neste caso un sendeiro circular de 12,5 km e dificultade moderada (350 metros de desnivel positivo) que une diversos puntos de interese natural, cultural e paisaxístico das parroquias de Burgueira e Loureza.

Tendo en conta a proximidade da Semana Santa, esta actuación convértese nunha nova opción de turismo activo e lecer en Oia, especialmente indicada para as persoas amantes das actividades ao aire libre que, ao mesmo tempo, queren gozar coa paisaxe e descubrir a riqueza patrimonial do municipio.

O novo itinerario entre Loureza e Burgueira une diversos espazos naturais e de lecer nas inmediacións do río Tamuxe, elementos do patrimonio cultural local e puntos desde os que gozar de vistas ao val do Tamuxe e á desembocadura do río Miño no océano Atlántico.

Entre os principais puntos de interese atópanse as pozas de Bugalleira e Loureza, a área de lecer de Pozo do Arco, os núcleos de Loureza, Refoxos e Burgueira, as igrexas de Loureza e Burgueira e diversos elementos etnográficos tales como muíños hidráulicos, pontes e cruceiros, entre outros.

Ruta sinalizada e descargable

A ruta está sinalizada mediante paneis interpretativos, balizas e frechas, de forma que se pode percorrer sinxelamente de xeito autoguiado. Ademais, baixo o nome “Sendeiro Burgueira Loureza”, está dispoñible para a súa consulta e descarga no perfil de Wikiloc do Concello: Sendas de Oia.

A iniciativa contou cun orzamento total de 24.177,94 euros (IVE incluído). Deste total, 20.000 euros foron financiados a través dun convenio de cooperación entre o Concello e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, mentres que a cantidade restante foi asumida con fondos propios municipais.

Para o trazado da ruta aproveitáronse espazos, camiños e pistas xa existentes e en bo estado de mantemento: algúns de titularidade municipal e outros, a través da colaboración coas comunidades veciñais de montes de Loureza e Burgueira, de propiedade comunal.

Areeiro aconsella a vixilancia das viñas polas condicións climatolóxicas

A Estación Fitopatolóxica de Areeiro vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que mantén as súas recomendacións para a vixilancia das viñas ante as condicións climatolóxicas previstas, que poden favorecer a aparición do mildio nas plantas máis desenvolvidas.

En concreto, Areeiro sinala que aínda que as baixas temperaturas rexistradas durante os últimos días non propiciaron o crecemento dos gromos, as previsións de choiva para a vindeira semana, unidas ás de temperaturas diúrnas e nocturnas suaves, favorecerán non só o desenvolvemento destes gromos senón tamén, con toda probabilidade, a presenza de máis esporanxios no aire dos atopados ata agora. Neste senso, a EFA apunta que amais de vixiar a viña, convén revisar a maquinaria de tratamentos e ir adquirindo os produtos que se vaian dar na primeira aplicación.

Hai algunhas eirugas de Cydalima

Sinala tamén que as baixas temperaturas dos pasados días queimaron os gromos nalgunhas viñas, polo que Areeiro recomenda ás persoas viticultoras que estean pendentes da evolución das plantas nos próximos días ante a posible aparición de síntomas de botrite nos restos secos.

Por outra banda, a EFA tamén se refire no seu aviso á bolboreta do buxo (Cydalima perspectalis). Neste caso, as temperaturas baixas non foron favorables ao avance dos síntomas das eirugas desta especie e de momento non son necesarios os tratamentos.

O Rosal prepara xa a I Festa do Asociacionismo

0

O Rosal quere render homenaxe ao seu tecido asociativo, un dos eixos fundamentais do desenvolvemento do municipio. Por este motivo, o Concello está xa a preparar a I Festa do Asociacionismo, un evento que coincidirá coa celebración do Día das Letras Galegas o vindeiro martes 17 de maio e que busca “mostrar toda a actividade que están a facer as asociacións rosaleiras que traballan nos diferentes ámbitos no concello e promover ademais vínculos e colaboracións entre elas e as persoas asociadas”, sinala a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

O encontro celebrarase no parque de Pías e nel instalaranse postos nos que todas as asociacións presentarán o seu traballo e na que tamén haberá distintas actividades e obradoiros nos que poderá participar o público asistente. O programa completarase con eventos e actos dirixido a público infantil e con actuacións musicais para todos os públicos. “As asociacións son un dos motores do dinamismo do Rosal a nivel cultural, deportivo, educativo ou social, cunha capacidade de adaptación impresionante a todas as circunstancias dos últimos anos, algo que dende o Concello non podemos máis que louvar”, lembra a rexedora, que salienta que “sentimos moito orgullo de poder celebrar unha festa na que recoñecer o seu labor e dar a coñecer a todos os rosaleiros e rosaleiras o traballo que están a desenvolver no municipio”.

Novas axudas do Plan Concellos a Gondomar, Baiona e Oia

A Deputación de Pontevedra continúa a transformar a provincia coa aprobación de novos recursos para seis municipios da man das liñas 1 e 2 do Plan Concellos. Así, a Xunta de Goberno deu hoxe luz verde a 1.610.064 euros cos que se realizarán melloras en rúas e camiños de titularidade municipal, financiarase unha festa histórica ou construirase un skatepark nos concellos da Estrada, Vilagarcía, Marín, Gondomar, Baiona e Oia.

No marco da liña 1 de Investimentos foron aprobados recursos para Vilagarcía de Arousa, que contará con dúas achegas que suman 259.426 euros. Cunha delas, de 15.000 euros, levarse a cabo a segunda fase da mellora nas rúas de Doutor Tourón, Marxión e Urbanización O Piñeiriño e a outra, de 109.426 euros, empregarase para a construción do novo skatepark.

As achegas da liña 1 tamén chegarán ao sur da provincia con fondos para Gondomar, que contará con 76.708 euros para a mellora da pavimentación e rede de pluviais no entorno de Hervillas e Vincios, Baiona, 309.787 euros para a adecuación urbana e mellora de redes de servizos na rúa Carabela a Pinta, Oia, 77.963 euros para a mellora de camiños municipais e A Estrada, que contará con 814.084 euros para a sinalización direccional no rural.

Ademais, no marco da liña 2 foi aprobada unha achega de 72.096 euros para que Marín financie a Festa Corsaria 2022. Os municipios da provincia poden empregar esta liña do Plan Concellos, entre outras cuestións, para o gasto corrente na prestación de servizos municipais como os actos culturais ou deportivos.

As Bibliotecas de Redondela premian, un ano máis, o uso do servizo de préstamo por parte de menores de 14 anos

0

Con motivo da celebración do Día Internacional do Libro Infantil, o pasado sábado 2 de abril, as Bibliotecas Municipais de Redondela premiaron, como cada ano, aos lectores, menores de 14 anos, que maior uso realizaron do servizo de préstamo no ano anterior, atendendo aos datos que rexistran as súas estatísticas.

Os premiados son nomeados Socios de Honra das bibliotecas e, como consecuencia disto, teñen a oportunidade de levar un maior número de documentos en préstamo durante o ano 2022. Ademais fainos merecedores dun premio para a adquisición de libros nunha librería do municipio.

As galardoadas deste ano foron, Carmela Santos, de 9 anos de idade, pola Biblioteca Pública Municipal Valle-Inclán de Redondela e Celia Santamariña, de 11 anos, pola Biblioteca Pública Municipal Xela Arias de Chapela.

Desde 1967, o 2 de abril, día do natalicio de Hans Christian Andersen, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.

A Guarda pon a punto praias e sendeiros de cara á Semana Santa

0

O Concello da Guarda prepárase para a Semana Santa coa posta a punto, limpeza e acondicionamento de diferentes espazos públicos do municipio coma as principais praias marítimas e fluviais, así coma os diferentes sendeiros e camiños de titularidade municipal de máis tránsito nestas datas.

Grazas a entrada en servizos de persoal contratado polo Concello da Guarda a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, traballase arreo na limpeza manual dos areais das Praias do Muíño, A Lamiña e Codesal, que despois de distintos temporais invernais quedaron nun estado deplorable. De cara á inminente chegada da Semana Santa, realizouse esta posta a punto dunhas das praias de maior afluencia da comarca e que conta, coma é o caso da Praia do Muíño, co distintivo de Bandeira Azul e “Ecoplaya”, este distintivo recoñece o esforzo da limpeza manual das praias xa que non se emprega maquinaria que remova a area, respectando o delicado ecosistema dunar.

Tamén se están a realizar labores nos areais marítimos de Area Grande, Fedorento e do Carreiro e praia de Area Grande.

No caso de camiños e sendeiros, dende fai unhas semanas operarios municipais e unha empresa externa encargáronse do desbroce e acondicionamento da Senda Litoral que comunica o Porto da Guarda coa Praia do Muíño, substituíndo tamén algunhas táboas que se atopaban danadas.

200 ciclistas disputarán este domingo a III “Enduro Faro de Budiño”

Un total de 200 deportistas participarán este domingo, día 10 de abril, na terceira edición da “Enduro Faro de Budiño”. O evento deportivo, organizado pola Asociación Deportiva A Forna en colaboración co Concello do Porriño, foi presentada onte pola mañá polo alcalde, Alejandro Lorenzo, o concelleiro de Deportes, Abel Estévez, e representantes da organización, Eloy Hermida e Manuel del Gesso, que ademais participará na categoría Master 30.

Eloy Hermida explicou que a proba, incluida na Copa de Galicia de Enduro, “disputarase na parroquia de Budiño e constará de 5 tramos de enlace e 5 cronometrados individuais que entre eles sumarán unha distancia aproximada de 30 km e desnivel positivo de 1200 m”.  

Serán nove as categorías que aglutinarán aos participantes na proba da que os organizadores destacaron a “súa vistosidade”.

O concelleiro de Deportes, destacou que “para o Concello do Porriño todas as modalidades deportivas son igual de importantes”  e tamén o feito de que “se leve a cabo na parroquia de Budiño, que conta cun entorno impresionante. O Faro de Budiño é un bo escenario para este tipo de probas”.

O edil explicou que un dos obxectivos do novo executivo é levar o deporte ás parroquias e reiterou o apoio do Concello á AD A Forna en todas as iniciativas deportivas que propoña. “Este é o inicio dunha relación, entre o Concello e o club,  que ten que durar moitos anos porque estou seguro que vai ser un club moi importante neste concello”.

No mesmo sentido se expresou o Alcalde, que reiterou o seu apoio á AD A Forna e salientou o “gran traballo que fan”. “O Concello do Porriño seguirá apoiando o Deporte, abrindo os eventos deportivos a todo o termo municipal”, concluíu o Lorenzo, “Por iso vos animo a todos e todas a disfrutar este domingo da proba en Budiño e apoiar así a práctica deportiva e en especial á AD A Forna”.

Aberta ata o día 22 de abril a inscrición para participar na Festa dos Maios 2022

0

Ata o día 22 de abril terán de prazo as persoas e agrupacións interesadas en formalizar a inscrición para participar na Festa dos Maios 2022, unha das celebracións populares máis emblemáticas de Redondela, que volverá a encher de cor a Alameda Castelao. Recupera así o municipio esta festa tradicional que, ao igual que outras moitas, tivo que ser aprazada por mor da pandemia da Covid-19.

A alcaldesa Digna Rivas amosou a súa satisfacción “pola volva, pouco a pouco e con moitas precaucións, a unha certa normalidade que permite que a veciñanza de Redondela volva a gozar das súas festas tradicionais como sempre o fixo, na rúa e compartíndoa cos amigos, familia e veciños e veciñas”. “Comezamos a recuperar o que sempre fomos, un referente en tradicións, patrimonio e cultura popular”, asegura Digna Rivas.

O Concello, que destina unha axuda de 100 € a cada maio que se presente ao Concurso, outorgará tamén un total de 12 premios repartidos a razón de 3 en cada unha das categorías: Premio ás coplas, Premio á interpretación, Premio ao maio tradicional, e Premio ao maio artístico. Todos eles terán as mesmas contías económicas cun un primeiro premio dotado con 300 euros, un segundo de 250 euros e un terceiro premio de 200 euros.

Cómpre lembrar que considérase como maios tradicionais aqueles construídos con forma cónica ou de cruceiro e que, na súa elaboración, empregan materiais vexetais (especialmente fiúncho, pampullo, peonias, laranxas e flores diversas) e técnicas construtivas mecánicas non sintéticas. Na categoría de maios artísticos entran aqueles construídos con forma non cónica empregando na súa construción materiais vexetais e técnicas construtivas non exclusivamente mecánicas. O único material non vexetal permitido para a decoración dos maios nas dúas categorías é a casca de ovo.

No que ás coplas atinxe, estarán escritas en lingua galega (normativa oficial da RAG, 2003). Será imprescindible que cada maio conte, como mínimo, con catorce coplas das que seis serán interpretadas diante do xurado.

As bases, que poden ser consultadas na súa integridade na páxina web do Concello de Redondela (http://redondela.gal/ ), establecen tamén que os maios deberán gardar unha unidade temática, tanto no seu vestiario coma na súa actuación e, amais, non serán admitidos a concurso aqueles maios con coplas que atenten contra as máis elementais normas de civismo e respecto á honra e dignidade das persoas.

É condición imprescindible que os maios que opten ós premios soliciten a súa inscrición no Rexistro Xeral de entrada do Concello de Redondela conforme ao modelo que aparece no anexo. O prazo de solicitude rematará o venres 22 de abril.

O sorteo para a localización dos maios, a orde de actuación diante do xurado e a explicación do desenvolvemento do concurso celebrarase o martes 26 de abril ás 20:30 horas no Multiúsos da Xunqueira. Os maios colocaranse nos lugares asignados no sorteo ás 11:00 h do día 1 de maio. Os concursantes actuarán diante do xurado subindo o seu maio ao palco, de acordo coa orde establecida no devandito sorteo e interpretando seis coplas das presentadas.

Mondariz celebra o mes do libro con adaptacións cinematográficas de obras literarias e outras actividades

0

A programación cultural do Concello de Mondariz neste mes de abril ten o libro como protagonista, mais vai máis alá da simbólica data do 23 de abril (Día Internacional do Libro) e inclúe actividades case todos os fins de semana.

Aproveitando o equipamento audiovisual instalado o ano pasado no auditorio municipal, o Concello de Mondariz programou un ciclo de adaptacións cinematográficas de obras literarias que comeza este 10 de abril, ás 19:00 horas, coa proxección do filme “Pinocho” (Matteo Garrone, 2019); e que continuará despois de Semana Santa coas películas “La librería” (Isabel Coixet, 2017), o 23 de abril ás 21:30 horas, e “La sociedad literaria y el pastel de piel de patata” (Mike Newell, 2018), o 29 de abril ás 21:30 horas. Como é habitual no Concello de Mondariz, a entrada a estes eventos será libre e gratuíta até completar a cabida do auditorio municipal, con máis de cen butacas.

Para o 23 de abril, ademais de proxectar “La librería” (Isabel Coixet, 2017), está programado un espectáculo familiar nos Xardíns do Concello a partir das 18:00 horas. “O libro vivo”, producido pola compañía galega Expresións Producións, é un dinámico espectáculo de animación á lectura para nenos e nenas de 4 a 11 anos que inclúe contancontos, monicreques, música e maxia. Chega a Mondariz a través do programa Ler Conta Moito.

Esta, con todo, non será a única actividade de animación á lectura que programa o Concello de Mondariz para celebrar o Día Internacional do Libro. Desde a Biblioteca Municipal tamén se está organizando unha actividade de doazón de libros a través de postos instalados na propia biblioteca (18-22 de abril, en horario de 10:00-12:00 e 16:00-20:00 horas), na Praza de Abastos (18-24 de abril, en horario de 09:00-14:00 horas) e nos Xardíns do Concello (23 de abril, en horario de 17:30-19:30 horas).

O último fin de semana de abril tamén está previsto o faladoiro mensual do club de lectura de Mondariz, desta vez arredor da novela gráfica “Persépole”, da irania Marjane Satrapi.

Ademais de continuas referencias aos libros, a programación cultural deste mes no Concello de Mondariz inclúe a presentación dun obradoiro de expresión corporal impartido polo artista brasileiro Giovanni Peixoto, veciño da parroquia de Lougares e con ampla experiencia internacional na arte da “performance”. A clase gratuíta terá lugar o 30 de abril, ás 17:00 horas, no edificio do centro social de Mondariz, coincidindo na semana do Día Internacional da Danza.

O meixón protagonista gastronómico en abril en Tui

0

O meixón é o protagonista gastronómico en Tui durante este mes de abril con motivo das Festas de San Telmo. Hoxe mesmo, 8 de abril, comeza a Festa do Meixón, en cinco restaurantes tudenses que se sumaron á proposta do Concello de Tui para enxalzar este prato e ofrecer durante estas semanas este prezado produto.

Na mañá de onte presentouse este festexo gastronómico, un acto no que o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, convidaba a gozar deste evento, e agradecía a implicación por parte dos restaurantes que se suman á festa. Destacaba Enrique Cabaleiro esta festa coma “significativa e importante” polo seu valor gastronómico, e por ser unha das dúas deste produto que se celebran en España. Sinalaba o rexedor tudense sobre o meixón que “este é un produto identitario da nosa gastronomía que forma parte das nosas raíces culinarias”.  Engadía que A administración debe facer o posible por tratar de potenciar este produto, que non deixa de ser un reclamo que redunda positivamente no comercio e na hostalería local. 

Na presentación de onte as cociñeiras e cociñeiros dos restaurantes participantes eran os encargados da preparación do meixón. Pilar Blanco, veterana cociñeira do Restaurante El Molino destacaba coma o secreto na preparación do meixón está en “darlle o punto”. Canda a ela estaban María Domíguez do Novo Cabalo Furado, Miguel Rodríguez e Emilio González do Parador, Manu Garrido de La de Manu e Paulo Salvado de Asador Paulo. E para acompañar este suculento prato nada mellor que un viño de produtores locais coma é a adega do Vimbio. Esta mañá Martín Crussat explicaba as característicos do viño Vimbio, un albariño que “tentamos que reflicta a alma e o espírito dos viños que se bebían antigamente: pouca intervención e moito cariño”.

Dende hoxe no Asador Paulo,  El Molino, La de Manu, O Novo Cabalo Furado, e no Parador de Tui poderase degustar, previa reserva en cada establecemento, a ración, con pan e unha copa de viño a un prezo de 69 €. O produto é subministrador por Angulas Río Miño e Angulas Miño.

O Concello produce o documental ‘A xente do mar de Nigrán’

0

O Concello de Nigrán dá un paso máis para protexer e blindar a súa tradición mariñeira a través da produción do documental de testemuñas ‘A xente do mar de Nigrán’, un proxecto que se encadra nas diferentes iniciativas municipais para recuperar a memoria histórica da localidade. Baixo a dirección do cineasta Xan Leira, este será presentado o sábado 9 de abril ás 20:00 horas no Auditorio Municipal nun acto aberto á participación de toda a veciñanza.

“A pesca é máis que unha tradición para Nigrán, explica a nosa orixe e o noso modo de vida, por iso era fundamental recompilar e protexer eses recordos do Panxón mariñeiro de antano. Esta é a primeira parte, pero seguiremos gravando testemuñas”, resume o alcalde, Juan González, quen incide en que todo o material será pendurado nas próximas semanas na web do Arquivo Histórico Audiovisual de Nigrán https://arquivoaudiovisualnigran.org/ para que todo o mundo o poida ver. “A recuperación da memoria histórica é un dos nosos obxectivos como goberno e por iso estamos constantemente presentando iniciativas, nesta ocasión vinculándoa ao noso sector produtivo máis tradicional, do que non nos esquecemos como Concello á hora de repartir as axudas económicas para paliar os efectos da covid”, resume o rexedor.

Neste primeiro documental son 17 persoas moi vinculadas ao mar as protagonistas. Falan á vez como suxeito individual e colectivo, transmitindo os seus recordos, impresións e informacións do pasado en entrevistas de entre 7 e 14 minutos que nos definen a través deste importante legado audiovisual. Son: Francisco José Costas Alonso, Javier Costas García, Lucía Costas González, Cristina Dosil, Ladislao Alonso Valverde, Manuel Carbajo Rial, José Antonio Fontela Arjones, Manuel Fontela Arjones, Marina Gómez González, Celeste González Costas, Rosalía González Valverde, Gonzalo Iglesias Fernández, José Iglesias Fernández, José Manuel Lago Chamorro, Mercedes Lema López, Jesús Pérez Soto e José Manuel Varela González. Todos comparten as súas lembranzas, anécdotas e o quefacer cotiá no mar, sobre todo o xeito de traballar de entón fronte hoxe en día. Agora o obxectivo do goberno local é ampliar estas testemuñas coa produción dun segundo documental.

O Concello de Ponteareas oferta á Xunta unha parcela ao pé da N-120 para o futuro centro de saúde

A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández; o primeiro tenente de alcaldesa, Roberto Mera; e a segunda tenente de alcaldesa, Chus Garrote, acompañados do arquitecto municipal do Concello, mantiveron onte un encontro en Ponteareas con persoal técnico da Consellaría de Sanidade e do SERGAS, que visitaron a localidade para analizar as posibles parcelas nas que situar un futuro centro de saúde. Na reunión, o Concello e os técnicos da Xunta clarificaron as previsións de incremento de profesionais, de servizos e de consultas, determinando así a superficie que debe ter a parcela para atender non só á construción do centro, cuxas dimensións xa se coñecían, senón tamén as necesidades de aparcamento.

Neste sentido, a Xunta adiantou que en ningún caso as obras a acometer pola administración autonómica incluirían a creación de aparcadoiro soterrado, o que tamén condicionou a selección de posibles parcelas.

Ademais da superficie necesaria para o edificio e zona de aparcamento, as dúas administracións coincidiron na necesidade de que o novo centro se atope a carón do casco urbano de maneira que permita o acceso a pé a menos de 15 minutos camiñando á veciñanza da vila e que, ao mesmo tempo, teña unha boa comunicación rodada por estradas principais para facilitar a mobilidade dos servizos de emerxencias e daquelas persoas usuarias que procedentes das parroquias ou doutros concellos precisan desprazarse en vehículo.

Partindo destes parámetros e condicionantes, avaliáronse diferentes parcelas, que ademais foron visitadas in situ, ofertándose finalmente por parte do Concello aquela que, a xuízo da Xunta, é apta para as súas previsións. A parcela ofertada de maneira preferente sitúase ao pé da N-120, entre as saídas da rúa Castañal e Paseo Matutino, que conforme ao planeamento urbanístico ten reservada unha superficie para dotacións e equipamentos públicos e zona verde. Esta parcela, pola súa superficie e situación, atende todas as necesidades construtivas e de estacionamentos en superficie, así como de distancia a pé do centro urbano. Esta proposta ten ademais a virtualidade de que, grazas ao PXOM, a adquisición da parcela non supón gasto económico para o Concello. 

O Goberno Municipal do BNG-PSOE agarda a pronta resposta da Xunta a fin de, unha vez confirmada a viabilidade de parcela, realizar con axilidade os trámites para a súa cesión. A alcaldesa considerou positivo que a Xunta teña entre as súas previsións futuras a creación dun novo centro de saúde “e nese obxectivo terá toda a colaboración do Concello coa cesión dos terreos”, pero lembrou que a día de hoxe o urxente é dotar de persoal sanitario ao actual Centro de Saúde e ao PAC, que se atopan nunha situación insostible.

Nos vindeiros días, convocarase unha reunión cos grupos municipais para explicar os pormenores do encontro de onte.

O Concello financiará as actividades desta tempada do Club Balonmán Cañiza

0

No Pleno extraordinario que se celebrará mañá 8 de abril, ás 9:00h, aprobarase por primeira vez a sinatura dun Convenio co Balonmán Cañiza polo que o Concello apoiará un ano máis a este Clube de élite da localidade cunha aportación económica de 20.000 € para esta anualidade, ademais de poder disfrutar gratuitamente dos servizos que ofrece o pavillón deportivo Carballo do Marco e explotar para o seu propio beneficio os servizos inherentes a esta instalación sin ter que pagar ningunha taxa ao Concello.

Na Sesión de mañá, na parte resolutiva do Pleno, tamén se aproborá definitivamente o Regulamento Orgánico Municipal e a Conta Xeral do ano 2018. No punto 3 da Orde do Día aprobarase o Convenio de Colaboración co Clube Balonmán Cañiza.

Segundo comunicou o Alcalde Luis Piña “é a primeira vez que o Pleno do Concello da Cañiza aproba un convenio cun clube deportivo”. Este Convenio de colaboración está dotado cunha consignación orzamentaria de 20.000€, dos que unha parte proceden de recursos propios do Concello e outra porcentaxe de aportacións económicas de empresas privadas.

Un esforzo económico notable considerando a situación de quebra económica do Concello que dificulta o normal desenvolvemento das prestacións e servizos propios da entidade local. 

En palabras do Alcalde Luis Piña “a financiación por parte do Concello ao CBC está máis que xustificada  atendendo  á importante labor que o clube está desenvolvendo en prol dos nenos e nenas e xoves da Cañiza, inculcándolles os valores inherentes ao deporte, ás relacións sociais, á disciplina, ao esforzo, ás ganas de acadar metas e por suposto o sacrificio que todo esto supón para os nosos xoves, pero que sen dúbida é compensado”.

Ademáis durante os dous últimos anos o Concello apostou fortemente polo Clube Balonmán no tocante aos investimentos en infraestruturas. Un total de 116.000€  en obra de reforma e mellora do pavillón polideportivo “Carballo do Marco”, que é o Centro de adestramento e competición do CBC.

50.000€ destinados a mellora da Cuberta e eliminación de humidades, 40.000€ para a reforma integra dun ala dos vestiarios e aseos e 25.000€ para a adquisición do videomarcador.  A esta cantidade hai que sumar outros 60.000€ destinados á reforma da outra ala dos vestiarios que xa están concedidos polo Plan Concellos da Deputación e cuxa obra comezará nesta anualidade.  Tamén neste mandato se consegiu poñer en funcionamento o sistema calefactor do Pavillón.

Luis Piña recordou tamén que tanto o clube balonmán como outros clubes deportivos subvencionados polo Concello, disfrutan ademáis doutro tipo de beneficios como é o poder instalar e explotar establecementos nos festexos locais para obter ganancias para sufragar os respectivos clubes, sin ter que abonar ningún tipo de taxa ao Concello, o que lles reporta financiación adicional e unha grande vantaxe fronte a outros establecementos locais.

Un esforzo de colaboración conxunto en beneficio de toda a comunidade deportiva.

Chega ao auditorio do Rosal ‘A herdanza’, a quinta longametraxe do Grupo San Roquiño

0

Cine para todos os públicos esta fin de semana no Rosal. O vindeiro domingo 10 o auditorio municipal acolle a proxección de ‘A herdanza’, a última longametraxe do Grupo San Roquiño, unha película filmada nos anos 2019 e 2020 con moito humor e con máis de 40 actores e actrices en escena.

O filme, o quinto do Grupo San Roquiño, conta a historia de tres irmáns cunha inmensa fortuna pero sen descendencia a quen deixala. A trama comeza cando veciños e veciñas tentan axudalos a resolver este problema.

San Roquiño é un grupo goianeses e goianesas que ten por obxectivo crear proxectos cinematográficos tratando sempre de recompilar a historia da súa contorna para transmitirlla ás novas xeracións. A idea xurde polo ano 2010, cando varios amigos e amigas se xuntan e, entre café e café, deciden facer unha obra teatral que, co tempo, acaba converténdose nunha longametraxe.

A cita para ver a súa nova obras será ás 19.30 horas con entrada de balde e libre ata completar aforo.

O Museo de Pontevedra inaugurou hoxe a exposición de frascos de perfume

“Coleccionar frascos de perfume é contar a historia da civilización”. Así o asegurou hoxe na inauguración da mostra ‘A presenza Invisible. Perfumes Art Nouveau & Art Deco’ o comisario e coleccionista Afonso Oliveira, quen expón no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra más de 200 botellas, caixas e estoxos de perfumes, xabóns e pos, así como carteis publicitarios e publicacións da súa propiedade.

Experto en perfumes de luxo e vicepresidente da Asociación Internacional de Frascos de Perfume, Oliveira conta no seu haber cunhas 4.200 pezas nunha das máis importantes coleccións do mundo, que comezou en 2008. Segundo dixo “coleccionar frascos non é unha cousa de moda, pero é preservar o patrimonio da humanidade, porque o frasco se debe ver como unha xoia e unha peza de arte”.

A palabra perfume, explicou, “quere dicir ‘a través do fume’”, e xorde cando a humanidade descubre o lume e queima as madeiras: “Ese cheiro que saía era unha cousa como transcendente, divina. Aí comezaron os perfumes. Os romanos difundiron os perfumes por todo o Mundo. Os árabes descubriron o alcol, e aí comezaron a transportarse. Os franceses foron os que máis tiraron partido dos perfumes a través da moda, e os italianos e españois, sobre todo estes, tiveron un comercio moi grande de perfumes con empresas importantísimas. España ao ter herdanza árabe de hixiene e cultura soubo desenvolver moi ben a industria dos perfumes, que segue aínda nos nosos días”, apuntou. No Museo de Pontevedra propón un relato que confirma a consideración destas creacións como iconas das artes decorativas do século XX.

Pola súa banda, o director do Museo Xosé Manuel Rei destacou que as persoas autoras dos frascos de perfume que se expoñen en Pontevedra foron artistas, deseñadores e recoñecidos vidreiros na que se coñece como a época dourada da perfumería, co nacemento en Francia de grandes casas de perfumes e na que se abandonaron presentacións máis propias dos produtos farmacéuticos para incorporar deseños influenciados por correntes artísticas de vangarda. “Entendeuse xa naquel momento que a presentación do perfume era tan importante como a fragancia en si, unha máxima que, como sabedes, mantense na actualidade”, dixo.

“René Lalique, Baccarat, Julien Viard, Émile Gallé… están presentes nesta exposición na que poderedes ver como as botellas transcenden da súa mera función como contedoras para converterse en esculturas realizadas en vidro, cristal de Bohemia, Francia e Checoslovaquia; porcelana de Sèvres ou Noritake; opalina, entre outros materiais”, subliñou.

O traballo destes e outros artistas como o ilustrador Federico Ribas, do que se conservan obras no Museo de Pontevedra, tamén está reflectido na mostra e quedará documentado grazas ao catálogo no que participa, ademais do comisario Afonso Oliveira, o experto e historiador en Arte e Patrimonio da Perfumería do século XX, Jean-Marie Martin-Hattemberg.

Apartados da mostra

A exposición está dividida en varios apartados, sendo o primeiro o de ‘Art Nouveau (1890-1910)’, un estilo que abrangueu todos os ámbitos da arte, caracterizada polo emprego de liñas e formas alongadas e trazos ondulantes e asimétricos inspirados na natureza. Ese estilo determinará o deseño dos frascos de perfume, con artistas como René Lalique, Baccarat, Julien Viard ou Émile Gallé dándolle forma en vidro á nova estética, creando pezas que son verdadeiras iconas de arte.

Existe tamén na exposición un espazo específico para os ‘Frascos de vidro checo’; sobre ‘Coty e Lalique’, dous vidreiros-xoieiros que avanzaron no mundo da perfumería par ao grande público; outra sección para ‘Grandes deseñadores e vidreiros para grandes marcas’, con explicacións sobre Baccarat e Julien Viard; e finalmente, unha última parte sobre ‘Art Déco 1925’.

Todas as persoas que visiten a mostra, ademais de contemplar os frascos de perfume, tamén poderán gozar da sala de exposicións perfumada coa fragancia ‘Alma da Comporta’ da casa Alma, creado por Pierre Boissou, de familia olfativa cítrica-aromática-amadeirada, con notas de mandarina, laranxa, lavanda, tomiño, cedro, piñeiro e auga de arroz.

Mos reforza o seu servizo de limpeza viaria cunha partida de 300.000 euros, a maior da súa historia

0

A Xunta de Goberno Local do Concello de Mos aprobou onte, en sesión ordinaria semanal, a adxudicación do contrato á empresa concesionaria do servizo de sega, desbroce e limpeza de cunetas.

Así o informaron a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Servizos, Baldomero Lorenzo. Quenes anunciarion que os traballos se iniciarán de xeito inminente e que entre traballadores municipais e da empresa suman 26 operarios dedicados a este servizo, tan importante para un Concello rural agora que se aproxima a tempada estival.

O Concello conta con 14 traballadores neste servizo e agora súmanse 12 máis da nova empresa de desbroce contratada (9 operarios e 3 conductores de maquinaria pesada). Un total de 26 persoas que intensificarán os labores de limpeza viaria.

En canto aos medios materiais aos 2 tractores dos que dispón o Concello súmanselle agora 1 retro excavadora, 1 tractor desbrozador e 1 camión da nova empresa. 5 vehículos pesados que se suman aos medios manuais para manter en perfecto estado de limpeza os 500 quilómetros de viais municipais.

O contrato ten unha duración de 9 meses e un orzamento de 300.000 euros, o máis alto da historia do Concello de Mos dedicado a limpeza viaria.

A empresa adxudicataria realizará a limpeza e desbroce de todas as cunetas e marxes dos camiños municipais nas 10 parroquias mosenses.

Realizaranse os traballos na lonxitude total de viais obxecto da limpeza, mediante desbroce de maleza nas dúas marxes do vial, nunha faixa de dous metros (2 m) medidos dende a gabia cara ao exterior e a ambos os dous lados do vial. Todas as zonas quedarán completamente limpas unha vez realizado o traballo, retirando ao longo da mesma xornada todos os residuos xerados, os cales deberán ser xestionados adecuadamente. Farase desbroce de taludes e marxes, e limpeza de marxes e cunetas de camiños.

Os medios técnicos que empregará a empresa para realizar os traballos son: 9 operarios distribuídos en 3 equipos de traballo con equipos individuais de desbroce (6 desbrozadoras de mano con útiles suficientes), expertos no manexo, equipos para limpeza de canles e cunetas, equipos de carga e transporte do material procedente do desbroce e limpeza, con persoal cualificado para seu manexo (mini volquete para acopio segundo necesidade). Medios auxiliares de limpeza cunetas e canles (máquina retro excavadora con operario condutor e medios auxiliares para limpeza cunetas e canles segundo necesidade), 3 operadores de mochila, equipos de auga a presión e todos os necesarios para a correcta limpeza das canles e cunetas así como 3 furgonetas para o transporte dos operarios. 1 tractor desbrozador, con brazo suficiente e útiles necesarios para un completo desbroce, con 1 condutor debidamente cualificado e coa suficiente experiencia para seu manexo, e con todos os dispositivos de seguridade e persoal necesario esixidos en normativa. Camión con 1 operario condutor para transporte a vertedoiro autorizado. De entre os operarios obrigatorios do contrato, a empresa adxudicataria debe designar un encargado por equipo que coordinará co responsable do Concello de Mos a distribución e correcto desenvolvemento dos traballos.

Oia acolle un campamento infantil de Semana Santa do 11 ao 13 de abril

0

O Concello de Oia organiza un campamento infantil os próximos días 11, 12 e 13 de abril, pensado para favorecer a conciliación familiar durante as vacacións de Semana Santa.

O campamento vai dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos e se desenvolverá no CEIP Mestre Manuel García en horario de 9.00 a 14.00 horas. As actividades serán de balde.

Para participar cómpre inscribirse no rexistro do Concello de Oia. O prazo está aberto ata o día 8 ás 14.00 horas e as prazas son limitadas.

Para máis información pódese contactar co Concello no número de teléfono 986 36 21 25.

Aviso de tráfico para este domingo con motivo da media maratón

0

O Concello de Baiona, a través da Xefatura da Policía Local de Baiona, deseñou un plan especial de tráfico con motivo da XXI edición do Medio Maratón Gran Baía Vig-Bay, que se celebra este domingo 10 de abril.

O plan entrará en funcionamento ese mesmo día ás 07:00 h, cando se procederá a restrinxir a circulación nos viais de acceso ao centro de Baiona e terminará ao redor das 14:00 h.

Por iso, faise necesario tomar unhas medidas de seguridade para o bo transcurso da carreira, polo que a Policía Local ha desenvolto o seguinte dispositivo en materia de tráfico e mobilidade:

Itinerarios alternativos

A PO-552 que transcorre pola localidade, quedará cortada desde a Glorieta de acceso á autoestrada, situada na Avenida de Sabarís, ata a glorieta de entrada sur á Villa, rotonda do Villa Rosa.

Ante os cortes de circulación que se realizarán ao paso da popular carreira atlética medio Maratón “Gran Baía Vig- Bay”, recoméndase que os accesos ao centro urbano efectúense da seguinte maneira: Utilización da circunvalación, que conecta directamente a zona de Sabarís con Baredo ou a rotonda do Villa Rosa.

Transporte público

A chegada á vila da tradicional carreira tamén afectará o transporte público, xa que durante a súa celebración quedarán eliminadas as paradas situadas en Avd. Monterreal, O Burgo, e a Avenida Urbana de Sabarís. A parada de taxis situada na zona do porto pesqueiro que se trasladará a Cálea Brasil (Zona dos Tendales).

Prohibicións de estacionamento

Por outra banda, ese día quedará prohibido estacionar na zona do porto pesqueiro na rúa Elduayen (punto de meta da carreira), na rúa Alferez Barreiro e na rúa Ramón e Cajal.

O Alcalde, Carlos Gómez prado, sinala que “Desde o Concello de Baiona pedimos prudencia á hora de circular pola zona e pedimos desculpas ás persoas afectadas polas molestias que este evento poida ocasionar pois atraerá ata o municipio a un gran número de participantes e persoas ata Baiona que regresa con máis forza que nunca despois de dous anos de parón obrigado pola Covid”.

O autocoidado persoal vai a ser a temática do obradoiro “Quérome, Cóidome” organizado polo CIM da Guarda

0

O Concello  da Guarda a través do Centro de Información á Muller, pon en marcha este vindeiro 19 de abril o obradoiro “Quérome, cóidome” dirixido a mulleres maiores de 55 anos. Trátase dunha actividade de carácter práctico onde as participantes traballarán o autocoidado persoal durante as nove sesións de duración da actividade.

Traballaranse aspectos como o fortalecemento da autoestima, a toma de consciencia da súa valía, necesidades, habilidades e limitacións para afrontar o día a día máis seguras de si mesmas, máis empoderadas. As sesións serán dinámicas e abarcaran o autocoidado emocional, físico e o ocio e o tempo de lecer. Abrirase un espazo para compartir as experiencias e inquedanzas das mulleres traballando a igualdade de xeito transversal.

Os obradoiros serán os martes en A Gándara de 16:00 a 17:00, Camposancos de 17:30 a 18:30 e en Salcidos de 19:00 a 20:00. Para inscribirse hai que poñerse en contacto co CIM da Guarda no teléfono 986 614 648 ou no correo [email protected].

O Circuíto Nacional Surfing Kids chega á Praia de Patos

0

O vindeiro sábado 9 e domingo 10 de abril, na Praia de Patos (Nigrán), celebrarase a 3ª proba do Circuito Nacional Surfing Kids Junior da Federación Española de Surf, na que competirán só as categorías Sub 14 masculino e feminino, Sub 12 masculino e femenio e Sub 10 mixto.

A canteira do surf español competirá no famoso areal de Patos, un anuncio que conta con múltiples picos que collen mellor forma e que ofrecen seccións de onda maniobrables a partir da media marea sendo as mellores condicións os swells con dirección noroeste e ventos suaves do sur.

O domingo a proba coincide coa carreira Minibay organizada por Vig- Bay polo que o tráfico permanecerá pechado de Vigo a Baiona polo que se aconsella estar preto da praia ese día e evitar desprazamentos. Habilitarase un paso desde Nigrán ata a praia de Patos pero este será pola estrada xeral paralela á estrada da costa, é dicir a estrada da vía que vai xustamente por encima.

O evento está organizado pola Federación Española de Surf, a Federación Galega de Surf e Bodyboard, Prado Surf Escola e o Concello de Nigrán. Ademais, a proba conta co apoio dos patrocinadores Alumisel, Auga Sa e Clínica Dental Fontán & De Brito, e coa colaboración especial de Waira Surf, We are Walcott, Xunta de Galicia e Deporte Galego.