19.6 C
Pontevedra
Mércores, 7 de Xuño de 2023
Máis
    HomeÉ NoticiaO Museo de Pontevedra aumenta as visitas guiadas gratuítas durante Semana Santa

    O Museo de Pontevedra aumenta as visitas guiadas gratuítas durante Semana Santa

    Haberá pases ás 12 horas de martes a domingo e tamén os martes e mércores ás seis da tarde

    O Museo de Pontevedra incrementará a actividade dirixida ao público durante a Semana Santa poñendo a disposición máis sesión de visitas guiadas aos seus fondos da súa colección permantente. Así mesmo, as Ruínas de San Domingos permanecerán abertas con entrada libre.

    Todas aquelas persoas que queiran coñecer máis polo miúdo ‘os básicos’ do Museo no Edificio Castelao poderán facelo nun itinerario xeral que falará sobre as pezas máis singulares de cada unha das salas: dende a historia do Tesouro de Caldas, a Virxe Branca, a louza de Sargadelos do século XIX, a obra dos integrantes da xeración doente, dos renovadores e tamén de Castelao.

    Estas visitas realizaranse todos os días da de Semana Santa, de martes a domingo,  ás doce do mediodía, e tamén o martes e o mércores ás seis da tarde, non sendo preciso inscribirse previamente.

    Por outra banda, están abertas dende o pasado 15 de marzo as Ruínas de San Domingos e permanecerán accesibles ao público ata o 31 de outubro. O horario de visita é de 10 a 14 horas polas mañás e de 16 a 19.30 horas polas tardes de martes a sábados, e de 11 a 14 horas os domingos, estando pechadas os luns como todos os edificios do Museo. A  diferenza do ano pasado durante a pandemia, a entrada será libre (sen restricións de capacidade salvo por cuestións de seguridade) e sen necesidade de inscrición previa nin para realizar a visita libre nin para a guiada (xoves ás 12h).

    COLABORACIÓNS

    Pilar Pallarés, «Unha boa gatucada!»

    A primeira incursión de Pilar Pallarés na literatura infantil e xuvenil resultou ser unha grata sorpresa, unha colección de poemas (en realidade un longo poema narrativo fragmentado), que ten como protagonistas un grupo de gatos que conviven cunha humana.

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    84 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS