8.6 C
Pontevedra
Sábado, 27 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoO RosalO Rosal prepara xa a I Festa do Asociacionismo

    O Rosal prepara xa a I Festa do Asociacionismo

    Celebrarase o vindeiro 17 de maio co obxectivo de dar a coñecer a actividade do tecido asociativo e promover vínculos e colaboracións

    O Rosal quere render homenaxe ao seu tecido asociativo, un dos eixos fundamentais do desenvolvemento do municipio. Por este motivo, o Concello está xa a preparar a I Festa do Asociacionismo, un evento que coincidirá coa celebración do Día das Letras Galegas o vindeiro martes 17 de maio e que busca “mostrar toda a actividade que están a facer as asociacións rosaleiras que traballan nos diferentes ámbitos no concello e promover ademais vínculos e colaboracións entre elas e as persoas asociadas”, sinala a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

    O encontro celebrarase no parque de Pías e nel instalaranse postos nos que todas as asociacións presentarán o seu traballo e na que tamén haberá distintas actividades e obradoiros nos que poderá participar o público asistente. O programa completarase con eventos e actos dirixido a público infantil e con actuacións musicais para todos os públicos. “As asociacións son un dos motores do dinamismo do Rosal a nivel cultural, deportivo, educativo ou social, cunha capacidade de adaptación impresionante a todas as circunstancias dos últimos anos, algo que dende o Concello non podemos máis que louvar”, lembra a rexedora, que salienta que “sentimos moito orgullo de poder celebrar unha festa na que recoñecer o seu labor e dar a coñecer a todos os rosaleiros e rosaleiras o traballo que están a desenvolver no municipio”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.