14.3 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasPonteareas inicia unha rolda de reunións para consensuar coa veciñanza as alegacións...

    Ponteareas inicia unha rolda de reunións para consensuar coa veciñanza as alegacións ao proxecto da N-120

    A alcaldesa anunciou asesoramento técnico á veciñanza para a presentación de alegacións individuais

    A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, acompañada da segunda tenente de alcaldesa, Chus Garrote, doutros membros do goberno local e do arquitecto municipal do Concello, mantiveron unha primeira xuntanza cos grupos políticos e colectivos veciñais das parroquias directamente afectadas polo proxecto de trazado da mellora de seguridade viaria na N-120, proposto polo goberno do Estado para un treito de cinco quilómetros que atravesa as parroquias de Areas, Arnoso e Xinzo.

    Fernández Davila explicou que “neste primeiro encontro quixemos abordar unha serie de cuestións de interese xeral que detectamos ao analizar o proxecto, como os accesos ás parroquias, a seguridade peonil, as marquesiñas de autobús ou as previsións de infraestruturas do Plan Urbanístico aprobado recentemente. Agora, visitaremos as parroquias ás que afecta directamente este proxecto para consensuar coa veciñanza as alegacións a presentar para mellorar o proxecto exposto polo goberno do Estado”.

    As xuntanzas, abertas a toda a veciñanza, terán lugar o luns 18 na parroquia de Areas, o martes 19 na de Arnoso e o mércores 20 na de Xinzo, celebrándose todas elas ás 20.00 horas nos centros culturais das correspondentes parroquias. Así mesmo, o goberno local reunirase cos colectivos veciñais das parroquias de Ribadetea e Padróns, cuxa estrada de acceso e saída principal se ve afectada no proxecto.

    A rexedora informou que o Concello pon a disposición das veciñas e veciños o persoal da área urbanística para asesoralos na realización de alegacións individuais ao proxecto. Para iso, as persoas interesadas poderán chamar ao teléfono 986640000 (ext. 1049) ou acudir ao segundo andar da Casa do Concello, onde se localiza a Oficina Técnica de Urbanismo.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.