13.7 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeA ParadantaA CañizaO Concello financiará as actividades desta tempada do Club Balonmán Cañiza

    O Concello financiará as actividades desta tempada do Club Balonmán Cañiza

    No Pleno extraordinario que se celebrará mañá 8 de abril, ás 9:00h, aprobarase por primeira vez a sinatura dun Convenio co Balonmán Cañiza polo que o Concello apoiará un ano máis a este Clube de élite da localidade cunha aportación económica de 20.000 € para esta anualidade, ademais de poder disfrutar gratuitamente dos servizos que ofrece o pavillón deportivo Carballo do Marco e explotar para o seu propio beneficio os servizos inherentes a esta instalación sin ter que pagar ningunha taxa ao Concello.

    Na Sesión de mañá, na parte resolutiva do Pleno, tamén se aproborá definitivamente o Regulamento Orgánico Municipal e a Conta Xeral do ano 2018. No punto 3 da Orde do Día aprobarase o Convenio de Colaboración co Clube Balonmán Cañiza.

    Segundo comunicou o Alcalde Luis Piña “é a primeira vez que o Pleno do Concello da Cañiza aproba un convenio cun clube deportivo”. Este Convenio de colaboración está dotado cunha consignación orzamentaria de 20.000€, dos que unha parte proceden de recursos propios do Concello e outra porcentaxe de aportacións económicas de empresas privadas.

    Un esforzo económico notable considerando a situación de quebra económica do Concello que dificulta o normal desenvolvemento das prestacións e servizos propios da entidade local. 

    En palabras do Alcalde Luis Piña “a financiación por parte do Concello ao CBC está máis que xustificada  atendendo  á importante labor que o clube está desenvolvendo en prol dos nenos e nenas e xoves da Cañiza, inculcándolles os valores inherentes ao deporte, ás relacións sociais, á disciplina, ao esforzo, ás ganas de acadar metas e por suposto o sacrificio que todo esto supón para os nosos xoves, pero que sen dúbida é compensado”.

    Ademáis durante os dous últimos anos o Concello apostou fortemente polo Clube Balonmán no tocante aos investimentos en infraestruturas. Un total de 116.000€  en obra de reforma e mellora do pavillón polideportivo “Carballo do Marco”, que é o Centro de adestramento e competición do CBC.

    50.000€ destinados a mellora da Cuberta e eliminación de humidades, 40.000€ para a reforma integra dun ala dos vestiarios e aseos e 25.000€ para a adquisición do videomarcador.  A esta cantidade hai que sumar outros 60.000€ destinados á reforma da outra ala dos vestiarios que xa están concedidos polo Plan Concellos da Deputación e cuxa obra comezará nesta anualidade.  Tamén neste mandato se consegiu poñer en funcionamento o sistema calefactor do Pavillón.

    Luis Piña recordou tamén que tanto o clube balonmán como outros clubes deportivos subvencionados polo Concello, disfrutan ademáis doutro tipo de beneficios como é o poder instalar e explotar establecementos nos festexos locais para obter ganancias para sufragar os respectivos clubes, sin ter que abonar ningún tipo de taxa ao Concello, o que lles reporta financiación adicional e unha grande vantaxe fronte a outros establecementos locais.

    Un esforzo de colaboración conxunto en beneficio de toda a comunidade deportiva.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.