12 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoO RosalO Rosal homenaxea a Daniel Fornos e Generoso Pérez pola súa loita...

    O Rosal homenaxea a Daniel Fornos e Generoso Pérez pola súa loita contra as velutinas

    Os dous apicultores recibiron unha placa polo seu labor durante o Concerto de primavera da Agrupación Musical do Rosal

    A vespa velutina vai conquistando pouco a pouco máis terreo en Galicia e convértese nun problema cada vez maior non só para a apicultura, senón para todo o medio ambiente. Na loita contra esta especie invasora asiática no Rosal os apicultores Daniel Fornos Castro e Generoso Pérez Correa teñen desempeñado un importante labor nos últimos anos, tanto polo seu traballo de protección das abellas autóctonas, como polo de detección e retirada de niños de velutinas ou pola súa implicación en todas as campañas municipais contra esta especie.

    Por todo este traballo, o Concello do Rosal rendeu esta fin de semana homenaxe a Daniel e Generoso nun acto celebrado durante o Concerto de Primavera da Agrupación Musical do Rosal no auditorio municipal, actuación que tivo grande éxito e esgotou todas as entradas.

    A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, fíxolles entrega dunha placa “nun acto moi emotivo para dúas persoas que dedicaron tantos ano ao grupo de apicultores voluntarios para mellorar a nosa contorna e para loitar cada ano contra esta especie invasora colocando trampas e retirando niños”. A rexedora quixo destacar que Daniel despois de ser carteiro e voluntario agora pasa a ser lutier da Agrupación Musical do Rosal facendo as canas de fagot, instrumento que toca o seu neto na Escola de Música.

    Unha das últimas campañas levadas a cabo polo Concello coa colaboración dos apicultores foi a posta en marcha dun vídeo titorial que se distribuíu nos centros educativos do Rosal, a través da web e das redes sociais municipais para explicar como crear de xeito fácil e sinxelo unha trampa coa que atrapar estas vespas, ademais de facilitar os materiais máis difíciles de preparar para que as familias rosaleiras puideran crealas nas súas casas.

    A vespa velutina supón unha seria ameaza para a biodiversidade en Galicia, xa que as abellas melíferas son o principal alimento para este depredador. Só durante o ano pasado,  no marco do plan de loita contra esta especie retiráronse máis de 10.000 niños, especialmente nas provincias de Pontevedra e A Coruña, as máis afectadas pola invasora.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.