12.4 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeA ParadantaCoveloCovelo solicita a adhesión á Rede de Dinamización Lingüística

    Covelo solicita a adhesión á Rede de Dinamización Lingüística

    Disporá de máis medios técnicos e persoais para continuar cos traballos de recuperación da toponimia local e a edición de novas publicacións en lingua galega

    O Concello de Covelo vén de solicitar a súa adhesión á Rede de Dinamización Lingüística para traballar pola defensa e emprego da lingua galega en tódolos ámbitos, educativos, socioceonómicos, culturais, administrativos…

    Nos últimos anos, e coa intención de potenciar o emprego da lingua galega, o goberno de Covelo aprobou e implementou unha ordenanza para o impulso social da lingua galega. Ademais realizou diversas accións de dinamización da nosa lingua ao abeiro de distintas axudas e subvencionou libros e publicacións destinadas ao estudo e actualización da toponomia no concello.

    Coa adhesión á Rede de Dinamización Lingüística o concello de Covelo participará na promoción da lingua galega e beneficiarase de novas ferramentas de sensibilización e posta en valor.

    Este novo paso na defensa e fomento do uso da nosa lingua súmase ás iniciativas realizadas nos últimos anos e supón unha formalización do compromiso coa nosa lingua materna. Ademais, formando parte da rede Covelo disporá de máis medios técnicos e persoais para continuar cos traballos de recuperación da toponimia local e a edición de novas publicacións en lingua galega.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.