15.8 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaA Guarda moderniza o Mercado de Abastos grazas ao Plan Concellos

    A Guarda moderniza o Mercado de Abastos grazas ao Plan Concellos

    O inmoble, no que se substituíu o pavimento e se adecuaron dous postos, gañou tamén unha zona de lecer na terraza para desfrute das persoas usuarias da praza

    O Mercado de Abastos da Guarda loce xa o seu renovado aspecto despois das obras de reforma levadas a cabo para dotalo de maior luminosidade e seguridade e coas que tamén gañou un novo espazo de lecer na terraza, dentro do obxectivo do Concello de seguir potenciando este espazo municipal. O deputado provincial de Cooperación, Santos Héctor, e a deputada Raquel Giráldez, visitaron este luns xunto ao alcalde, Antonio Lomba, o renovado edificio no que se investiron preto de 50.000 euros, dos que 20.500 foron financiados a través do Plan Concellos 2020 da Deputación.

    As actuacións levadas a cabo incluíron a mellora do pavimento existente na planta baixa, así como a adecuación de dous postos, aínda que o cambio máis vistoso é a reforma na terraza, na que se habilitou a nova zona de lecer para as persoas usuarias, que nun futuro se espera complementar cunha cafetería.

    Por outra banda, no andar superior instalouse un novo pavimento antibacteriano e antiesvarante de gres cerámico con partículas de prata, que supuxo unha mellora considerable e que está conformado por pezas especiais que dan continuidade entre os paramentos facilitando a súa limpeza, asegurando en todo momento unhas boas condicións de desinfección. As obras complementan outras anteriores levadas a cabo polo Concello encamiñadas a seguir modernizando estas instalacións municipais para dinamizar a actividade comercial do municipio.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.