45 nenos de entre 3 e 12 anos participaron hoxe na primeira xornada do Campamento de Semana Santa do Concello do Porriño.
O alcalde, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Educación e Igualdade, Carolina González, achegáronse ata o pavillón municipal, onde se está a desenvolver a actividade, para darlles a benvida e desexarlles que disfruten ao máximo da experiencia.
As cativas e cativos levarán a cabo moitas actividades dirixidas a fortalecer as súas habilidades, potenciar a súa seguridade e autoestima e traballar os valores de cooperación, igualdade, solidariedade e respecto.
O campamento desenvolverase os días 11, 12, 13 e 18 de abril en horario de mañá.