9.6 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaAs Bibliotecas de Redondela premian, un ano máis, o uso do servizo...

    As Bibliotecas de Redondela premian, un ano máis, o uso do servizo de préstamo por parte de menores de 14 anos

    Carmela Santos e Celia Santamariña, de 9 e 11 anos, respectivamente, foron as galardoadas neste 2022

    Con motivo da celebración do Día Internacional do Libro Infantil, o pasado sábado 2 de abril, as Bibliotecas Municipais de Redondela premiaron, como cada ano, aos lectores, menores de 14 anos, que maior uso realizaron do servizo de préstamo no ano anterior, atendendo aos datos que rexistran as súas estatísticas.

    Os premiados son nomeados Socios de Honra das bibliotecas e, como consecuencia disto, teñen a oportunidade de levar un maior número de documentos en préstamo durante o ano 2022. Ademais fainos merecedores dun premio para a adquisición de libros nunha librería do municipio.

    As galardoadas deste ano foron, Carmela Santos, de 9 anos de idade, pola Biblioteca Pública Municipal Valle-Inclán de Redondela e Celia Santamariña, de 11 anos, pola Biblioteca Pública Municipal Xela Arias de Chapela.

    Desde 1967, o 2 de abril, día do natalicio de Hans Christian Andersen, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.