12.4 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiO meixón protagonista gastronómico en abril en Tui

    O meixón protagonista gastronómico en abril en Tui

    Cinco restaurantes ofrecerán este prato dende hoxe até o día 25

    O meixón é o protagonista gastronómico en Tui durante este mes de abril con motivo das Festas de San Telmo. Hoxe mesmo, 8 de abril, comeza a Festa do Meixón, en cinco restaurantes tudenses que se sumaron á proposta do Concello de Tui para enxalzar este prato e ofrecer durante estas semanas este prezado produto.

    Na mañá de onte presentouse este festexo gastronómico, un acto no que o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, convidaba a gozar deste evento, e agradecía a implicación por parte dos restaurantes que se suman á festa. Destacaba Enrique Cabaleiro esta festa coma “significativa e importante” polo seu valor gastronómico, e por ser unha das dúas deste produto que se celebran en España. Sinalaba o rexedor tudense sobre o meixón que “este é un produto identitario da nosa gastronomía que forma parte das nosas raíces culinarias”.  Engadía que A administración debe facer o posible por tratar de potenciar este produto, que non deixa de ser un reclamo que redunda positivamente no comercio e na hostalería local. 

    Na presentación de onte as cociñeiras e cociñeiros dos restaurantes participantes eran os encargados da preparación do meixón. Pilar Blanco, veterana cociñeira do Restaurante El Molino destacaba coma o secreto na preparación do meixón está en “darlle o punto”. Canda a ela estaban María Domíguez do Novo Cabalo Furado, Miguel Rodríguez e Emilio González do Parador, Manu Garrido de La de Manu e Paulo Salvado de Asador Paulo. E para acompañar este suculento prato nada mellor que un viño de produtores locais coma é a adega do Vimbio. Esta mañá Martín Crussat explicaba as característicos do viño Vimbio, un albariño que “tentamos que reflicta a alma e o espírito dos viños que se bebían antigamente: pouca intervención e moito cariño”.

    Dende hoxe no Asador Paulo,  El Molino, La de Manu, O Novo Cabalo Furado, e no Parador de Tui poderase degustar, previa reserva en cada establecemento, a ración, con pan e unha copa de viño a un prezo de 69 €. O produto é subministrador por Angulas Río Miño e Angulas Miño.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.