Co obxectivo de facilitar a conciliación laboral e familiar a tenente de alcalde e concelleira de Ensino do Concello de Ponteareas, Cristina Fernández, informa da apertura do prazo para preinscribirse no Campus Tea Nadal 2019, unha alternativa de lecer para rapaces de 3 a 12 anos.
As preinscricións estarán abertas do día 5 ao 22 de novembro e as familias interesadas poden xa consultar as bases na páxina web do concello de Ponteareas ou directamente nesta ligazón.
Tamén se poden achegar ao departamento de Ensino do concello de Ponteareas para obter as bases e os anexos para cumprimentar de luns a venres de 9 h a 14 horas.
Do 23 de decembro ao 7 de xaneiro as familias disporán deste servizo de apoio que se desenvolverá no CEIP Nosa Señora dos Remedios de 9 h a 14 horas.
Cristina
Fernández salienta a importancia de acompañar ás familias nos seus
ritmos e atendendo as súas necesidades diarias para que poidan
desenvolver plenamente a súa vida familiar e laboral, facendo de
Ponteareas un fogar no que as persoas sempre conten.
A
preinscrición deberá ser presentada antes do día 22 de novembro no
rexistro xeral da casa do concello en días laborais a partir das 9 e
ata as 13 horas.
A efectos de información e posibles reclamacións publicarase a listaxe provisional de admitido/as nos taboleiros do Concello de Ponteareas e na web do Concello, o día 27 de novembro.
A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, mantivo unha reunión cunha representación empresarial do Polígono de A Granxa de cara a estudar diversas melloras que implementar no ámbito dese recinto industrial para aliviar a presión de tráfico rodado que soporta. A Alcaldesa, acompañada do inspector xefe da Policía Local, Daniel Rodríguez, reuniuse do presidente da Entidade de Urbanística de Conservación ‘A Granxa’, Indalecio Cuevas; o xerente, David Sobral, e o director xeral da fundación ‘CTAG’, Luis Moreno.
Unha das solucións
pasa pola oferta que fixo a alcaldesa ó Centro Tecnolóxico do
Automóbil de Galicia de cederlle mediante convenio unha parcela de
titularidade municipal ó carón do CTAG para que sexa acondicionada
por esta entidade como aparcamento exclusivo para o seu persoal.
Asimesmo a alcaldesa
informou que desde a Policía Local de O Porriño tense requerido á
varias empresas tanto unha de loxística de recente implantación
como de transportes para que non realicen ocupación de espazos
públicos con labouras de carga e descarga óu como aparcamento para
vehículos, xa seaxan furgonetas de reparto ou camións de gran
tonelaxe.
De feito hoxe mesmo
a Policía Local de O Porriño, tras comprobar que as advertencias
realizadas non se respetaron, impuxou dez denuncias por infraccións
ó vixente Regramento Xeral de Circulación como se pode apreciar nas
imaxes adxuntas.
Por outra banda
desde a Xefatura da Policía Local informouse de que nos vindeiros
días instalaranse sinais verticais de “prohibido estacionar agás
turismos” nun tramo da vía principal do Polígono de A Granxa onde
producense estas incidencias.
Co respecto a outros
asuntos abordados na reunión, Eva García trasladou á
representación empresarial a información que recibiu recentemente
de David Regades, delegado da Zona Franca sobre o estado de
tramitación do proxecto da Cidade do Transporte que acollerá
Porriño e deberá desafogar moita da presión de tráfico actual.
Por último a
alcaldesa indicou á representación empresarial que de xeito
inminente haberá unha redistribución de competencias como
consecuencia da incorporación de dous concelleiros do BNG ó goberno
municipal e que as infraestructuras pasarán a ser responsabilidade
de Pedro Pereira ainda que as soluciones que se adopten serán
consensuados polos dous grupos do gabinete.
A comitiva socialista pasou por Ponteareas con Ángel Gabilondo, portavoz na Asamblea de Madrid, á cabeza. Nun mitin celebrado no Auditorio ponteareán, Gabilondo estivo acompañado do secretario xeral dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero; da candidata ao Congreso, Olga Alonso; da candidata ao Senado, Vanesa Fernández e da portavoz socialista no Concello de Ponteareas, Chus Garrote.
Ángel Gabilondo incidiu na
importancia de ir votar dende as conviccións “porque as ideas non
é algo que un se poña e se quite, senón que son o que nos fai ser
como somos”. Dende o respecto polo resto das formacións pediu o
voto para o Partido Socialista. “Nós somos persoas demócratas que
queren facer a revolución dende o BOE e os Orzamentos Xerais do
Estado, persoas con conviccións, que queren loitar polas súas ideas
coas urnas e non coas armas”.
Nun discurso no que puxo en
valor os servizos públicos e, especialmente a Educación (“a
educación é o que nos fai persoas, o mellor regalo, xunto coa
cultura que podemos facer aos nosos filllos/as”), insistiu na
importancia de defender os valores da liberdade e da igualdade. “O
ideario dun socialista cabe en tres liñas e pasa, sobre todo, por
ter sempre en conta que tódolos seres humanos somos iguais e ninguén
é máis que ninguén”.
Gonzalo Caballero alertou do
perigo que supoñen as dereitas, “que se poden sumar sumarán, como
sabe moi ben Ángel Gabilondo, que gañou as Eleccións en Madrid e
non puido gobernar porque xuntouse a dereita e a ultradereita”.
Chus Garrote destacou que
Ponteareas sabe agora moi ben a diferencia entre un goberno municipal
de dereitas e un goberno progresista. Aquí gobernou sempre a dereita
ata que chegou o cambio e os socialistas.
Vanesa Fernández pediu o
apoio ao Partido Socialista para dispor dunhas Cortes nas que sexa
posible articular maiorías e un Goberno forte e estable. “Votar a
Pedro Sánchez, subliñou, é a mellor garantía de que teñamos
seguridade viaria na N-120, de que vaia adiante a Variante e de que
se acometa o saneamento de Ribadeteo”.
Un total de 100 persoas en situación de desemprego do Concello de Redondela poderán participar no Programa Integrado de Emprego destinado a reinserción laboral de diversos colectivos de persoas desempregadas e que ten un obxectivo de inserción do 43 %
Das 100 persoas que poden participar neste programa, cinco serán persoas desempregadas con discapacidade, 15 persoas desempregadas en risco de exclusión social e as persoas beneficiarias do tramo de inserción da renta de inclusión social de Galicia; 35 persoas desempregadas menores de 30 anos con baixa cualificación, 15 persoas desempregadas menores de 30 anos cualificadas, 10 persoas desempregadas maiores de 45 anos, 15 persoas desempregadas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renta activa de inserción (RAI) e 5 persoas desempregadas non incluídas en ningún dos grupos anteriores.
No proxecto desenvolveranse accións como nformación, orientación e asesoramento; formación transversal en novas tecnoloxías e/ou idiomas, técnicas de coaching, intelixencia emocional, e técnicas de motivación para a procura de emprego, tanto por conta propia como allea; habilidades sociolaborais e talleres de entrevista, fomento da capacidade emprendedora, prospección empresarial e emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes; formación para o emprego. Entre outra formación, impartirase o Certificado de profesionalidade de Actividades Auxiliares de Almacén (210 h); prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia, preferentemente, co contido teórico práctico das accións formativas e talleres sobre mobilidade laboral que proporcionen información dos recursos dispoñibles de mobilidade transnacional no territorio da Unión Europea (rede Eures ).
Todas as accións que se fagan no programa non supoñen coste algún para as persoas desempregadas. Os participantes percibirán unha bolsa por día de asistencia ás accións do programa de 5 euros e medidas de conciliación para aquelas persoas non perceptoras de prestacións con dependentes a cargo menores de 12 anos que cumplan os requisitos.
Para mais información, os interesados e interesadas poderán acudir ao Centro de Formación Municipal ‘A Marisma’, no Paseo do Pexegueiro, nº 6, 36800 Redondela ou no teléfono 986 402 664. Tamén poderán solicitar a súa participación nos servizos públicos de emprego do Concello de Redondela, sitos na parroquia de Redondela (Oficina de Redondela) ou en Vigo (Oficina de Sanjurjo Badía) para a veciñanza da parroquia de Chapela, solicitando na súa demanda o servizo 930 “Programas experimentais.”
A Asociación Nacional de Agrupaciones de Voluntarios de Protección Civil (A.N.A.V) fixo entrega esta pasada fin de semana á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil Tomiño, de Tomiño da ‘Placa ao mérito na súa categoría de Ouro’ pola súa labor durante 25 anos. O acto tivo lugar o sábado, na Academia Galega de Seguridade (A Estrada), até onde se desprazaron o presidente da agrupación tomiñesa, Iván Fernández; a secretaria, Elsa Ramilo, dous voluntarios máis e o concelleiro de Seguridade, Ismael Troncoso.
O
colectivo creouse no ano 1992 e foron varios os seus presidentes. A
Agrupación está formada na actualidade por homes e mulleres que
realizan anualmente entre 300 e 500 servizos, aproximadamente,
colaborando en accidentes de tráfico, accidentes urbanos, incendios
forestais, procura de persoas desaparecidas, etc.
As
instalacións da agrupación constan dunha oficina e unha sala de
descanso. Contan con varios vehículos e demais material que lles
permite desenvolver o seu traballo (1 camión, 1 furgón, 1 todo
terreo, dous remolques, 2 embarcacións, desfibrilador, etc.). As
persoas da agrupación asisten a cursos de forma permanente
(accidentes na estrada, primeiros auxilios, incendios urbanos e
forestais, aterraxe de aeronaves de emerxencia, de localización de
persoas desaparecidas en zonas illadas, etc.).
Un centenar de persoas desempregadas de Tui poderán beneficiarse do Programa Integrado de Emprego do Concello de Tui, que a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia vén de conceder ao Concello de Tui cun investimento de 287.356,32 euros dos que o Concello deberá achegar 37.356,32 euros.
O Programa Integrado de
Emprego, terá unha duración de doce meses nos que as cen persoas
participantes recibirán orientación laboral personalizada,
formación en intelixencia emocional, habilidades sociolaborais,
coaching… Neste tempo está previsto impartir cursos de variada
temática dende informática básica e avanzada, ferramentas
ofimáticas, conversación en lingua inglesa, actividades de comercio
ou emprendemento turístico a limpeza de locais, manexo de
carretillas elevadoras, prevención de riscos laborais, xestión de
almacén ou liña de produción. Tamén recibirán formación
ocupacional orientada ao emprego, poderán realizar prácticas en
empresas e contarán con servizo de intermediación laboral.
O obxectivo do Plan
Integrado de Emprego é lograr a inserción laboral do 45% dos
participantes. Para acadar esta cifra e de ser posible acadar un
maior índice de inserción, dende o Concello estudaranse as
necesidades de persoal e de perfís profesionais que teñen as
empresas tudenses e dos polígonos da área de influencia, para con
eses datos poder deseñar acción formativas para dar resposta a esa
demanda, formando así aos participantes no Programa Integrado de
Emprego nestas áreas máis demandas.
O Concello de Tui presentou a solicitude deste Programa Integrado de Emprego ao abeiro da Orde do 7 de xuño de 2019 da Consellería de Economía, Emprego e Industria. O programa comeza de xeito inmediato coa selección do centenar de persoas participantes que se vai realizar até decembro. Por este motivo as persoas interesadas en participar neste Programa Integrado de Emprego poden ampliar a información e inscribirse no Centro Municipal de Formación en Guillarei, no 986 60 39 49, no 670 245 633, ou no correo [email protected].
Este é o segundo Programa
Integrado de Emprego do que se beneficia o Concello de Tui.
Precisamente mañá mércores terá lugar a clausura do Programa
Integrado de Emprego desenvolvido entre outubro de 2018 e 2019.
A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela vén de resolver un problema de vertedura de augas fecais na rede de saneamento que tiña un percorrido duns 400 metros e viña afectando, dende hai varios anos, á veciñanza do cruce da estrada O pereiro coa estrada N-550 e do Camiño das Folgosas, continuando a verter no río Pexegueiro.
Esta vertedura foi posta en coñecemento da Concellería por parte veciñanza a finais do mes de xullo. O día 1 de agosto comezouse co protocolo para a detección da mesma, nunha tarefa cualificada pola concellería como “complicada”, pois foron necesarias varias actuacións, uso de colorante e inspeccións con fibra óptica ata detectar a procedencia do vertido que foi localizada a mediados de setembro.
As actuacións foron realizadas pola concesionaria do concello Aqualia, cunha comunicación constante e profesional entre os responsables e a Concellería. A veciñanza tamén participou dando conta de cando se producían os vertidos pois eran de forma intermitente. Durante as actuacións de busca foron reparadas de forma inicial na Estrada O Pereiro zonas da rede de saneamento que tiñan fisuras, pero o vertido continuaba polo que se cambiou de lugar e comezouse a traballar na contorna da canalización das estrada nacional e o resultado foi positivo.
Unha vez atopada a causa do vertido, que se debía a problemas nas xuntas da canalización situada debaixo do cruce da N-550, a empresa procedeu a primeiros de Outubro a colocación dunha manga duns 60 metros de lonxitude polo interior da tubaxe para evitar obras na calzada nacional
Aínda que a reparación foi realizada a primeiros de outubro dende a Concellería “agardou un tempo prudencial e se visitou varias veces o lugar ata poder anunciar, que salvo novas incidencias o vertido dáse por localizado e reparado”.
As
Xeiras
Micolóxicas
do
Grupo
Ecoloxista
ADENCO
chegan
este
ano
á
súa
trixésima
edición,
unha
actividade
en
torno
ao
mundo dos
cogomelos
que se
desenvolve
de
maneira
ininterrumpida
desde
a
constitución
do
colectivo
en
1990.
As
Xeiras
son
un
referente
no
mundo da
micoloxía
no
sur
da
Provincia
de
Pontevedra
e
supuxeron no
seu
momento
a
chegada
da
ecoloxía
á
micoloxía,
con
actividades
abertas
á
sociedade,
dirixidas
a
nenos
e
adultos, co
propósito de
descubrir
o
reino
dos
fungos,
que
aínda
hoxe
esconde
segredos
destacables.
O
Grupo
Ecoloxista
Adenco
desenvolverá
esta
fin
de
semana,
no
Concello
de
Mondariz
Balneario,
epicentro
histórico
no
mundo
da
micoloxía
no
sur
de Galicia, varias
actividades
Así,
as
persoas
interesadas, poderán
participar
nun
roteiro
micolóxico
guiado
polos
montes
do
concello, un
obradoiro práctico
de
identificación
de
cogomelos
e
ver e
aprender
cunha
exposición
de
cogomelos,
debidamente
identificados.
“Intentamos introducir novas temáticas nas actividades, sen esquecer o pasado, adicándolle este ano tempo aos cogumelos galegos en xeral e ao relacionado cos cogumelos en Mondariz, como levamos facendo desde hai case tres décadas” indicou Anxo F. Saborido, presidente de Adenco.
O sábado 2 de novembro, ás 10:30h, se sairá desde o Concello para, unha vez no monte, recoller diferentes especies. Esta é unha actividade libre e gratuíta, sen necesidade de apuntarse con anterioridade.
Pola tarde, ás 20:00 h, na Biblioteca do Concello, procederase a súa clasificación nun obradoiro de identificación de cogomelos aberto, tamén, á participación do público.
O domingo 3 de novembro, entre as 11 h e as 14 h, exporánse as diferentes especies recollidas nos montes da Comarca nos soportais do Concello.
A Asociación de amigos das motos antigas ‘Dalle Gas’, coa colaboración do Concello de Tomiño, organiza a vindeira fin de semana –sábado 2 e domingo 3 de novembro– o XVI Mercadiño e exposición de motos antigas, no pavillón de Goián.
A gran feira de recambios para as motos antigas e tamén para coches clásicos poderá visitarse o sábado, 2 de novembro, de 10h a 16 h e de 18 h a 20 horas, e o domingo, 3 de novembro, de 10 h a 16:30 horas, ininterrompidamente.
Numerosos profesionais do sector e amantes das
motos antigas e coches clásicos, danse cita cada ano neste evento,
no que tamén pódense atopar ferramentas, miniaturas e un longo
etcétera.
Logo
da época abondosa en episodios bélicos que foi a Idade Media na
cidade tudense, coa chegada dos Reis Católicos ábrese unha época
de estabilidade na vida de Tui que posibilita o seu desenvolvemento
urbano. A monarquía dos Austrias impulsará un traballo de mellora
dos sistemas defensivos do reino, encargando inspeccións aos
enxeñeiros militares, realizando planos do estado da muralla e o
deseño de novos elementos defensivos que solucionen a práctica
indefensión da cidade que conta cun sistema amurallado basicamente
de época medieval e que non responde aos novos métodos militares no
caso dun ataque.
O
feito referencial é a unión dinástica dos reinos de Castilla e
Portugal na persoa de Felipe II en 1580 ata o reinado de Felipe IV en
1640, cando se inicia a guerra da “Restauraçao” promovida pola
nobreza portuguesa que finalizará en 1668. A declaración de
independencia de 1640 supón o inicio das hostilidades e Tui, pola
súa posición estratéxica, sufrirá dende primeira hora as
consecuencias do conflito. Por conseguinte, resulta máis urxente
proceder a unha remodelación e modernización do sistema defensivo
da cidade que se adapte ás novas necesidades da guerra procurando
transformar a Tui nunha praza fortificada segundo os tratados de
arquitectura militar moderna.
Así
haberá diversos proxectos de fortificación da cidade ao longo dos
séculos XVII e XVIII co trazado de novas plantas e alzados que non
chegaron nunca a realizarse. Cabe citar os seguintes informes ou
propostas:
–
Juan Bautista Antonelli, enxeñeiro italiano ao servizo do rei de
España, avalía en torno a 1579 o estado das defensas na fronteira
con Portugal.
–
No ano 1644 o Capitán Xeral de Galicia, Marqués de Távara, encarga
ao enxeñeiro militar, capitán Juan de Villarroel e Prado, unha
descrición do estado da fortificación tudense logo do inicio da
guerra con Portugal: es
notorio estar en un alto a tiro de cañón de Valencia, su forma es
albal u en círculo de mala forma para la parte de tierra que tiene
cinco torres de treinta pies en cuadro, sesenta de alto, no se puede
pelear muy bien desde la muralla.
O
mesmo Villarroel elabora o proxecto de ampliación e mellora do
sistema abaluartado tudense con catro novos baluartes: na Praza do
Arco, na Corredoira, en Río Muíños, e outro entre este lugar e a
porta do Carballo, cun orzamento que acada os 4.000 reais. Ao ano
seguinte, 1645, se lle asignan 3.636 escudos para a construción dos
tres baluartes e o arranxo da media lúa que existía diante da Porta
do Carballo. Esta media lúa (ou luneta é un bastión illado de
forma semicircular situado diante dunha cortina ou entrada da muralla
para dividir a forza atacante, se este bastión ten forma triangular
recibe o nome de revellín) fora realizada recentemente por orde do
Gobernador de Galicia, Martín de Redín y Cruzat. Este rápido
deterioro evidencia a escasa calidade destes baluartes feitos de
terra.
No
reinado de Felipe IV (1621-1649) o investimento realizado alcanzou os
40.000 ducados e o historiador Benito VIcetto sinala que la
ciudad de Tui se ha fortificado todo a lo moderno y se hizo un fuerte
real en la Corredera, capaz de 400 hombres con todas sus
fortificaciones.
Unha
nova etapa ábrese co Marqués de Buscayolo, Capitán Xeneral de
Galicia, que no ano 1663 propón rodear o perímetro da muralla
medieval con baluartes modernos, establecendo un recinto fortificado
que abranguese o convento franciscano de San Antonio, pero deixando
fóra ao convento de San Domingos e mesmo recomendando o seu derribo.
Pero esta medida atopara a oposición do seu predecesor, o arcebispo
de Santiago, Martín de Redín y Cruzat que consegue que o perímetro
amurallado comprenda tamén este arrabalde de San Domingos, engadindo
un novo baluarte. Desta forma a fortificación tudense convértese
nunha praza de grandes dimensións pero que require un importante
continxente de persoal militar para a súa protección. Nese mesmo
ano sabemos, por unha carta do Prior dos Dominicos ao Rei, que no mes
de xuño estaban reparando os parapetos, instalando nos cubos
artillería, creando nas portas principais dúas medias lúas para
incrementar a defensa da praza forte.
Primeiro proxecto do marqués de Buscayolo, 1663
Segundo proxecto do Marqués de Buscayolo, 1663
Da
muralla tudense no ano 1669 temos unha imaxe realizada por Pier María
Baldi, debuxante que acompañaba ao Conde Cosme de Médicis na súa
peregrinación a Santiago de Compostela e que pasa pola nosa cidade
nese ano deixando un debuxo dende Portugal que ilustra o sistema
fortificado tudense.
Sen
embargo, non debeu completarse o proxecto pois no ano 1670 o Conde de
Humanes presenta un proxecto coa pretensión de definitivo, que tamén
consistía nunha fortificación que rodeaba a muralla medieval
comprendendo os conventos de San Antonio e San Domingos. Pero a
inicios do século XVIII unicamente tiñan comezado as cimentacións
de varios tramos.
Proxecto do conde de Humanes, 1670
En
1706 o gobernador da cidade de Tui, D. Francisco Antonio
Maestrenuncio, alerta ao Rei das deficientes condicións da defensa
de Tui e do perigo diante de posibles ataques dende Valença pois por
todas partes se puede entrar en ell y ser las fortificaciones
Exteriores de tierra y casi sin foso de lo llano que está y sin
estrada cubierta y el casco de la ciudad solo tiene huna simple
falsabraga alrededor de huna muralla antigua sin tener esta terraplén
por estar pegado a dicha muralla.
O
último e definitivo proxecto corresponde ao enxeñeiro militar Juan
de La Ferriere y Valentín, destinado a Galicia en 1731 centrando a
súa actividade na zona de Ferrol ata que en 1733 se lle encarga
organizar o sistema de defensa da cidade de Tui. Asume os proxectos
anteriores e introduce como novidade tres estreitos baluartes na zona
que da ao río. Elabora un proxecto moi completo e definido, que pese
a non completarse na súa integridade podemos afirmar que é o que
conforma en boa medida a fortificación tudense do século XVIII.
En 1735 xunto con outro enxeñeiro, Fulgencio Ximenez, reformulan a proposta dos anos anteriores introducindo a creación do baluarte de San Francisco, para substituír ao medio baluarte anterior denominado ‘del fuerte’.
Proxecto de La Ferriere y Valentín de 1735
No
século XVIII Tui estivo a piques dunha invasión portuguesa en 1730
no decurso da Guerra de Sucesión española e outra en 1750 nun
pretendido acordo de permuta de territorios entre España e Portugal.
Tamén en 1735, con motivo do enfrontamento con Inglaterra e con
Portugal se procede a unha ordenación dos sistemas amurallados e
para elo, segundo Francisco Llobet, se escarparon os terrapléns e os
baluartes foron revestidos naquelas partes onde o terreo era mais
frouxo e coroando a obra cunha empalizada.
Non
entraremos agora na evolución dos equipamentos públicos que implica
a ampliación do perímetro amurallado tudense ao longo dos séculos
XVII e XVIII: almacén de pólvora (na Porta Nova que substitúe á
Porta Bergá medieval), refinador de pólvora (no baluarte de San
Francisco), almacén xeral de pertrechos (na Praza da Catedral),
Hospital do Rei (que se despraza de lugar na Corredoira, instalándose
agora na zona da actual rúa Ordoñez) e o cuartel de cabalería (que
ocupa o anterior lugar do Hospital).
En
definitiva, o sistema abaluartado da cidade de Tui foi recollendo
estas aportacións pero é debedor especialmente do deseño do
enxeñeiro militar Juan de La Ferriere y Valentín, aínda que os
diversos proxectos se interferiron mutuamente.
A
fortificación finalmente engloba ao recinto amurallado de época
medieval así como aos arrabaldes de San Domingos e San Francisco.
Está realizado con muros de terra e empalizada, aínda que con
diversos tramos de mampostería, con grandes perpiaños graníticos.
A súa configuración é irregular, cun tramo alongado na fachada
contra o río Miño onde contaba con dous semibaluartes, catro
baluartes (del Olmo, San Telmo, San Francisco e San Domingos), un
revellín diante da porta de San Domingos e un foxo que rodeaba a
todo o conxunto. Podemos engadirlle a falsa braga, do século XV que
cinguía a muralla medieval, e o sistema defensivo da Porta do
Carballo. Podemos visualizalo no plano de Miguel de Hermosilla de
1777 e noutro datado en 1800.
Plano de Miguel de Hermosilla, 1777Plano do ano 1800
Abordaremos,
de seguido, unha pequena descrición dos diversos tramos desta
muralla e as pegadas que conservamos na actualidade.
Comezamos
na parte suroeste, coa Porta do Carballo, onde á construción
medieval se lle adosa un ángulo saínte para unha mellor protección
desta entrada da cidade, realizado en muros de mampostería de gran
tamaño con ángulos en perpiaños. Aínda que con algunha
modificación segue visible na actualidade na rúa Piñeiro. Nos
socalcos existentes perpendiculares á rúa Martínez Padín, se
conservan restos tanto da muralla medieval, como da falsa braga como
dos reforzos de época moderna.
O
seguinte baluarte, cara ao Oeste, era o baluarte do Olmo, que
defendía a porta que comunicaba co arrabalde de Riomuiños e o
camiño a Baiona. Este baluarte que podemos coñecer a través das
fotografías (como a que acompaña a este texto) foi desmantelado a
principios dos anos oitenta do pasado século para a construción dun
edificio e aparcamento anexo. Foi unha gran desfeita e aínda hoxe
este lugar reclama unha actuación que arranxe aquel atentado ao noso
patrimonio.
Neste
espazo urbano lembramos a existencia da rúa Foxo que testemuña a
funcionalidade deste enclave no sistema defensivo da cidade.
Continuando cara ao Norte estaba o baluarte de San Telmo, tamén hoxe
desaparecido. Foi desmontado a finais do século XIX para a apertura
das rúas Martínez Padín e Colón (que daquela chega ata a
Corredoira) e para a construción da nova Praza de Abastos da cidade.
Para
a defensa e protección do casarío desta zona foi igualmente
construído, no norte da cidade, o baluarte de San Francisco.
Coincide a súa localización cos actuais muros exteriores do Cuartel
da Garda Civil (entre as rúas Calvo Sotelo e Betanzos); o aliñamento
da súa cara Norte nesta rúa Betanzos e o ángulo que forma coa
parte traseira do monumento a Calvo Sotelo coinciden cos planos do
século XVIII.
O
seguinte baluarte é o baluarte de San Domingos (hoxe xardíns de
Troncoso) que defendía a porta homónima e que se conserva
integramente, construído en terra e posiblemente no seu momento con
empalizadas. Igualmente se conserva todo o tramo de muralla entre os
arredores do baluarte de San Francisco ata a antiga horta do convento
de San Domingos (hoxe Alameda) no que se coñece popularmente como
paseo dos xardíns ou co nome oficial de Paseo Familia Álvarez
Blázquez. Esta amplo tramo de muralla de terra conforma un espazo de
grande interese patrimonial pois xunto ao testemuño do seu carácter
defensivo está o posterior uso público como espazo de lecer
cidadán, realizado en torno á metade do século XIX, e que
respectou a fisionomía deste enclave que ten chegado ata nós en
excepcionais condicións de conservación. Poucos lugares hai en
Galicia que conserven un tramo tan amplo do seu sistema abaluartado.
Curiosamente para a maioría dos nosos veciños esta referencia
histórica e patrimonial é inexistente. Existiría fronte a porta de
San Domingos, no inicio da actual rúa Cóengo Valiño e hoxe non
conservada, un revellín para a defensa desta porta, desmontado na
segunda metade do século XIX.
Na
zona da Alameda se conserva tamén un medio baluarte que pecha este
arrabalde de San Domingos. A traza defensiva continúa pola beira do
Miño aproveitando a disposición do terreo e a muralla medieval.
Neste espazo existe outro baluarte, construído en perpiaño e
deficientemente conservado, que é o coñecido como baluarte do
Diaño. Hoxe podemos ollalo dende o paseo fluvial, cando este espazo
está limpo.
Baluarte do Diaño, agosto 2011Baluarte do Diaño, agosto 2011Baluarte do Diaño, agosto 2011Baluarte do Diaño, setembro 2019
Finalmente
a fortificación tudense neste espazo fronte ao Miño remata cun
baluarte ao sur, tamén construído en terra e posiblemente
empalizadas, e conservado no solar do Teatro Principal.
Rematamos
esta visión cunha valoración do conxunto fortificado tudense que
tomamos do proxecto Cadivafor (Catalogación,
Digitalización y Valoración de las fortalezas defensiva de la
frontera Galicia Norte de Portugal,
2008):
Aunque
en general la visión del conjunto fortificado está desvirtuado por
el crecimiento urbano de la ciudad, permanecen vestigios de entidad
bien por que se conserven, como es el caso de la franja comprendida
entre el semibaluarte del río y el de San Francisco, del que se
conserva buena parte, asi como parcialmente en el caso del baluarte
del Olmo y la totalidad de la basterias de la puerta del Carballo.
Por otro lado, en aquella partes donde no es visible su traza ha
condicionado el desarrollo urbano, tanto en el que se refiere a la
disposición de las calles como a la parcelación de los solares. Un
ejemplo de ello sería la calle Foxo, que coincide con el adarve de
la cortina existente entre el baluarte del Olmo y el baluarte de San
Telmo. La forticación condiciona también el desarrollo urbano y de
manera específica los accesos a la actual ciudad que coinciden
exactamente con las puertas originales, lo que se puede constatar en
el caso de a calle Canónigo Valiño, Paseo de Calvo Sotelo, calle
Ordoñez y calle Piñeiro. El trazado de algunas de las calles
principales , como es el caso de la calle Martínez Padín, se adapta
al perímetro fortificado coincidiendo en este caso su primer tramo
con el foso exterior.
Este
sistema fortificado tudense incrementa ao seu valor histórico e
patrimonial ao ser considerado dentro do conxunto de fortalezas
militares existentes na raia entre Galicia e Portugal que conforman
un destacado conxunto de arquitectura militar, que aínda podemos
contemplar en numerosos enclaves ao longo das ribeiras do Miño,
construído ou reforzado con motivo do conflito hispano-luso do
século XVII e tras a paz de Lisboa para garantir a defensa do
territorio. Tui como capital da provincia era o lugar de residencia
do gobernador militar e tiña un papel de centro reitor, de carácter
estratéxico, administrativo e loxístico.
En
definitiva, aínda son numerosas as pegadas do sistema fortificado
tudense na nosa cidade; un acervo patrimonial que reclama unha posta
en valor que permita recoñecelo sobre a propia trama urbana e un
proxecto integral de conservación e rehabilitación, especialmente
urxente en lugares como o baluarte do Diaño. Conservar e
“visibilizar” as estruturas defensivas, tanto de época medieval
como moderna, incrementa o valor patrimonial da nosa cidade e as súas
potencialidades culturais e turísticas.
O Concello de Nigrán pechou este mediodía no ‘Xardín da memoria’, ao carón do Pavillón de Panxón, os actos en recordo do tráxico suceso coñecido como a ‘Volta dos 9’ cunha homenaxe ás viúvas destes executados o 15 de outubro de 1936 na curva da Bombardeira (Baredo) e de Dolores Samuelle, quen pagou coa súa vida agochar aos ‘Ineses’.
Con esta homenaxe, á que asistiron netos, bisnetos a unha filla de Manuel Barbosa e Julia Sanjuan (asasinado e víuva) o Concello conmemorou ao mesmo tempo o Día da Recuperación da Memoria Lingüística de Galicia, data creada pola Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística na que se promove o emprego do galego nos actos fúnebres (incluído obituarios, lápidas, placas…). O Concello volveu deste xeito a vincular a memoria lingüística á memoria histórica (os anos anteriores trocouse ao galego a lápida do mestre republicano Vázquez Grela ou dos represaliados Antonio Veiro ou Daniel Pazó).
“Cremos
que foi moi acertada a elección do IEM de adicar este mes de outubro
ás outras vítimas da coñecida como ‘Volta dos nove’, as viúvas
dos asasinados e Dolores Samuelle, asasinada por axudar a agochar aos
ineses. Estas mulleres tiveron que saír adiante soas, con fillos ao
seu cargo, e marxinadas pola sociedade”, explicou o alcalde, Juan
González, antes de descubrir unha placa co seu nome ao carón de
onde figura desde 2016 un monumento que recorda aos seus homes. O
momento máis emotivo do acto foi cando Julia Barbosa depositou un
ramo onde o Concello ubicou a placa co seguinte texto:
‘En
memoria das outras vítimas esquecidas na ‘Volta dos 9’: as viúvas
dos asasinados en Baredo (15.10.1936) e Dolores Samuelle, quen pagou
coa súa vida agochar aos ‘Ineses’ (13.10.1936) . As dez representan
ás mulleres do Val Miñor e do país que, invisibilizadas pola
Historia e tamén marxinadas na súa época, sufriron as duras
consecuencias da represión e do terror franquista. Julia Sanjuan
García, Clementina Freire Mosquera, Antonia Rial Veiro, Rosalía
Rodríguez Iglesias, Angelina Vega Ríos, Sofía Vieites Penedo,
Eugenia Mijón Durán, María [descoñécense os apelidos], Aurelia
Rodríguez Cabral e Dolores Samuelle Álvarez’.
“Sempre
se obvia ás mulleres que tiveron que saír adiante soas coas súas
familias e estando condenadas ao ostracismo. Estas viúvas e Dolores
Samuelle, asasinada, representan a todas as vítimas femininas
invisibilizadas pola Historia inxustamente”, finalizou o
rexedor.
A
‘Volta dos 9’ marcou á comarca porque supuxo a execución a sangue
fría o 15 de outubro de 1936 de nove veciños do Val Miñor como
vinganza e represión dos falanxistas polo suceso do día anterior en
Sabarís, cando no asalto das forzas nacionais á casa dos irmáns
republicanos “Os Ineses” morreron estes, a muller que os agochaba
(Dolores Samuelle) e tamén un dos falanxistas. Horas despois os
partidarios do golpe de estado colleron a nove veciños detidos na
prisión do Frontón, en Vigo, e os fusilaron na curva de A
Bombardeira, en Baredo. Durante máis de 40 anos nove cruces
apareceron pintadas nese punto como recordo dos falecidos e, aínda
que as borraban e buscaron con esmero aos autores, estas sempre
volveron a ser debuxadas. Hoxe o lugar é un espazo para a memoria e
as cruces se manteñen, agora impresas, como recordo de todo aquelo
que sucedeu. Este suceso está narrado no libro ‘Nigrán. Memoria
dunha guerra’, do propio Juan González.
Afirmar que «Mnemea» é unha novela englobada dentro do xénero fantástico ao que Xosé Duncan nos ten acostumados, sería faltar á verdade; pero afirmar o contrario, tamén. Nesta nova entrega, o autor navega entre xéneros sen decantarse por ningún deles nun difícil equilibrio do que non é doado saír ben parado, pero Duncan é quen de xogar con habilidade co simbolismo das personaxes para moverse con soltura nese gume da navalla ao que nos arrastra durante a lectura.
Por situar a cuestión, lembremos que Mnemea, segundo a mitoloxía grega, era unha das musas primixenias, protectoras das artes; concretamente a relacionada coa plasmación real das ideas argalladas polo autor. O seu nome identifícase coa memoria como elemento instigador da arte. Falamos, xa que logo, dun mito lendario que na novela cobra vida para axudar ao protagonista, Lois Mourinho, un autor en decadencia que loita por recobrar a posición de privilexio da que gozou tempo atrás. E para iso, necesita a axuda de Mnemea na redacción da súa nova novela, que el presinte como o seu gran legado literario. Pero a inspiración é esquiva e caprichosa, polo que deberá pagar un alto prezo que o vai situar no límite mesmo da cordura.
Estamos, polo tanto, diante dun traballo metaliterario, no que a fin última do protagonista é escribir ese libro definitivo que o coloque no lugar que considera que merece, pese a que a evolución do xénero fantástico no que sempre se desenvolveu o sitúen agora coma unha especie de dinosaurio doutro tempo. E aí xoga un papel fundamental a psicoloxía do autor-personaxe, que deberá loitar contra os seus propios demos para decidir ata onde está disposto a chegar para conseguilo, así como da súa colaboradora, Carla, que ao longo do relato vai asumindo o protagonismo perdido polo escritor.
Ao meu entender, un dos elementos máis destacables desta novela é a presencia desa musa inspiradora, que sempre aparece espallando un leve aroma a primavera e que apenas se deixa intuír ao longo da novela. Esa presencia etérea, case fantasmal, que se desdebuxa cando entra en escea algún outro personaxe, dálle ao conxunto unha aura moi particular que afonda na idea expresada ao principio de equilibrio de xéneros: estamos diante dun relato bastante realista, case unha novela psicolóxica, pero Mnemea cambia a atmosfera coa súa presenza para arrastrarnos ao eido da fantasía.
Sei que isto é unha apreciación moi persoal, pero polo tema tratado, polo enfoque e estrutura do relato, pola linguaxe coidada e precisa, pola evolución das personaxes e por un cento de razón máis, eu creo ver en ‘Mnemea’ un paso evolutivo moi importante na narrativa de Duncan, que nos fai presaxiar un futuro prometedor. Haberá que agardar polo seus próximos traballos para confirmalo.
Hoy
haremos una receta con sabor a otoño gallego, a castañas y a miel.
Sin embargo se trata de una versión de un dulce típico italiano, el
Castagnaccio, que se hace con harina de castañas; en este caso yo
utilicé harina sin gluten y castañas cocidas.
Ingredientes
150 g mantequilla
180 g miel
50 g azúcar moreno
2 huevos L
180 g harina sin gluten
1 ½ cucharadita de levadura en polvo
4 cucharadas de castañas cocidas
2 cucharadas de piñones o almendras laminadas
Sal en escamas
Elaboración
Precalentamos el horno a 160º
Untamos con mantequilla un molde de unos 15 cm y lo forramos con papel de horno.
Calentamos la mantequilla con la miel y el azúcar y dejamos que se vaya derritiendo despacio, revolviendo de vez en cuando. Dejamos que hierva un minuto, bajamos el fuego y cocemos unos minutos. Retiramos y dejamos que temple.
Batimos los huevos y le añadimos la mezcla de miel ya templada.
Tamizamos la harina con la levadura y colocamos en un cuenco grande haciendo un hueco en el centro.
Incorporamos a la harina la mezcla de miel y vamos envolviendo con cuidado hasta que esté todo integrado.
Añadimos las castañas picadas (no todas; dejamos unas cuantas para la cobertura).
Echamos la masa en el molde y sobre ella distribuimos las castañas restantes mezcladas con las almendras y la sal en escamas.
Horneamos unos 45-60 minutos (hasta que al clavar una brocheta salga limpia).
Sacamos del horno y dejamos sobre una rejilla 5-10 minutos antes de desmoldar.
Podemos tomarlo como postre, aún templado, acompañado con una bola de helado o nata montada. O podemos dejar que enfríe y tomarlo con un café. O tomarlo sólo…
Si os
gusta el sabor de la miel… es vuestro postre.
O Concello de Nigrán iniciou esta semana a través da empresa adxudicataria Sodein Soluciones Integrales os traballos para reducir os verquidos de pluviais aos colectores de residuais que discorren paralelos ao río Muíños, xa que nos momentos de moita choiva se produce desbordamento das arquetas no tramo final do río. Cun orzamento de 103.000 €, teñen un prazo de execución de 6 meses, pero a firma viguesa prevé que estean rematadas a inicios de ano, liquidando con elo estes problemas puntuais de verquidos que, a súa vez, dificultan o traballo da depuradora.
As obras, con proxecto de Santorio Arquitectos, consisten en diferentes intervencións encamiñadas todas elas a reducir as incorporacións de augas naturais aos colectores de residuais, minimizando o volume e frecuencia dos mesmos nos momentos de choiva abundante. Así, nesta primeira fase se están a reparar os pozos de rexistro (moitos presentan filtracións e outros serán clausurados) para seguidamente instalar un equipo rototamiz fabricado ex-profeso para esta actuación e que se situará a escasos metros da depuradora co obxectivo de filtrar calquera auga que se puidera desbordar.
A intervención inclúe a instalación de aliviadoiros e acondicionamento paisaxístico na contorna dos pozos que producen maior impacto visual. A maiores, realizaranse traballos de bioenxeñaría fundamentalmente mediante a colocación de estaquillado natural (a base de estacas) nun total de 37 metros do curso fluvial e en tres puntos diferentes para protexer as marxes e frear o caudal (técnica novidosa que o Concello de Nigrán xa aplicou anteriormente neste río).
Todo isto evitará que desborden as arquetas no tramo final e que a depuradora non reciba unha cantidade de auga excesiva para o seu correcto tratamento.
Paralelamente, rematáronse por 510.000 euros as accións de bioenxeñería para acondicionar as marxes do río ante a gran degradación que sufre como consecuencia da presión urbanística e que afecta tamén directamente á conservación do sistema dunar de Praia América (dentro deste mesmo proxecto está a construción dunha zona deportiva con pista de skate e de atletismo que estará rematada antes de finais de ano).
En total, ambos traballos suman un investimento de 613.000 e teñen como obxectivo devolver ao río Muíños ao seu estado natural.
As
Neves vén de recibir do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) a
concesión de subvencións, con cargo ao Plan Rehavita, para axudar á
reparación de catro vivendas rabicadas nas distintas parroquias do
concello.
As
vivendas solicitadas, previa valoración do persoal técnico
municipal, reuniron a cualificación de ‘infravivenda’ por non
cumprir as mínimas condicións de habitabilidade, figurando como
actuacións subvencionabeis a afectación dos elementos exteriores,
estrutura e de seguridade, habitabilidade e accesibilidade.
Ao abeiro das bases do Programa de Infravivenda, as subvencións concedidas cobren o 95 % do orzamento protexido das obras solicitadas, cun máximo de 15.000 € por vivenda. O Concello das Neves colabora aportando o 5 % do orzamento restante, para axudar a que familias con escasos recursos económicos, poidan acometer a totalidade das obras.
Deste xeito, o importe da subvención é de 28.578,77 € e o Concello asume 2.666,77 € –o 5% restante–, de xeito que o custe total das obras será 31.245,54 €. O
prazo de finalización das obras será o 30 de novembro 2019.
A
convocatoria 2019 de Subvencións do Programa de Infravivenda do Plan
Rehavita, está dirixida aos Concellos de menos de 10.000 habitantes
para axudar, con carácter urxente, a aquelas unidades de convivencia
que residan, en condicións de propietarias, nunha vivenda que se
atope en mal estado de conservación e non dispoñan de recursos
económicos para acometer as obras que permitan ter as mínimas
condicións de habitabilidade.
O próximo luns, 4 de novembro, ás 14 h na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica, terá lugar unha charla informativa dirixida ao comercio local para informar da creación da Rede de Mercados e Comercios no Camiño. Trátase dun proxecto impulsado pola Dirección Xeral de Comercio, dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Esta actividade está organizada pola Concellería de Comercio do Concello de Tui.
A propia directora xeral de Comercio, Sol Vázquez,
estará en Tui para explicar os obxectivo desta Rede e o proceso que
deben realizar os comercios interesados para adherirse. Tamén
participará na charla a concelleira de Comercio de Tui, Ana Mª
Núñez. O prazo para solicitar a pertenza á rede remata o venres 8
de novembro. Na charla do próximo luns tamén se dará conta das
distintas iniciativas que a Dirección Xeral de Comercio vai impulsar
de cara ao ano 2020 dirixidas ao comercio galego, especialmente no
relacionado do Camiño de Santiago.
Os e as comerciantes interesados en participar na charla informativa do luns deberán confirmar a súa asistencia no correo [email protected] ou no teléfono 677 41 84 05.
Rede de Mercados
e Comercios no Camiño
Os establecementos que formen parte da Rede de
Comercios no Camiño recibirán un distintivo identificativo e
elementos promocionais, ao tempo que se beneficiarán das diferentes
actuacións de dinamización que se leven a cabo na Rede no marco do
Xacobeo 2021.
A orde que regula a adhesión de establecementos a
esta Rede inclúe tamén unha convocatoria de axudas de ata 2.800
euros por beneficiario para que os comercios adheridos que así o
desexen editen coa imaxe da Rede de Comercios e Mercados no Camiño
solucións en material biodegradable de empaquetado exterior, tanto
para o seu envío como para a presentación do produto, protección
ou para o seu consumo. Tamén poderán obter apoios para a edición
personalizada de selos para as credenciais dos peregrinos.
O goberno de Nigrán aprobou no pleno ordinario do martes –co voto en contra do PP– a revisión de prezos dende o ano 2016 a 2018 contemplada no contrato con Cespa e que suma 3.037 € a favor das arcas municipáis. Así, segundo os informes técnicos e aplicando a fórmula de revisión establecida, a concesionaria de recollida de lixo debe abonar ao Concello 11.594 € polo ano 2016 e 3.155 € polo ano 2017, mentras que o Concello debe pagar a Cespa 11.712 € polo ano 2018, dando todo isto un resultado de 3.037 € a favor do consistorio.
Deste
xeito, o Concello pon fin á revisión de prezos e atrasos herdada
desde 2012, xa que en febreiro de 2018 abonouse por este mesmo
concepto á concesionaria 136.481 € froito da revisión desde 2013
a 2015. De feito, completar esta obriga contractual era un compromiso
adquirido no pleno de xaneiro de 2018 por toda a corporación diante
dos traballadores.
“O
contrato con Cespa, vixente dende 2004, finaliza no 2020, polo que
resulta fundamental que as contas estén ao día de cara a esa data.
Hai que dicir que a nosa relación coa concesionaria nos últimos
anos ten mellorado moito e consideramos óptimo o servizo que veñen
prestando”, sinala o alcalde, Juan González.
POVISA
O
goberno municipal de Nigrán aprobou co voto en contra do PP unha
declaración na que o Concello pide a futura integración do Hospital
Povisa na rede pública do SERGAS:
“O Hospital Povisa é o centro de referencia de asistencia sanitaria pública para moitos veciños de Nigrán e do Val Miñor, motivo polo que a noticia sobre a súa recente venda a unha multinacional de EEUU preocupa e crea inquedanza sobre o seu futuro, tanto entre os seus pacientes como no persoal traballador.
Conscientes da importancia de manter e garantir unha asistencia sanitaria pública e de calidade, a corporación de Nigrán SOLICITA á Xunta de Galicia que inicie o procedemento para declarar o Hospital Povisa de interese público co obxectivo de integrarse na rede pública do SERGAS de cara ao ano 2022, data na que finaliza o actual concerto co Sergas, garantindo en todo caso os postos de traballo e dereitos laborais.
O Hospital Povisa debe manter e consolidar a atención pública para así garantir na área de Vigo o dereito dos seus habitantes a recibir unha atención sanitaria 100% pública, universal, gratuíta e de calidade”.
O goberno municipal do Porriño, cos votos dos concelleiros do PSOE, BNG, EU Son e Manuel Carrera, acadou desbloquear parte dos pagos pendentes de facturas que se viñan arrastrando desde hai tempo. Do total que se levaba a aprobación plenaria acadouse aprobar os pagos de case que 1,7 millóns de euros. Os acordos económicos foron o aspecto máis salientable do Pleno municipal ordinario de outubro que celebrou na noite do mércores cunha duración de tres horas e media e vinte asuntos na orde do día.
A tal fin
aprobaronse dous créditos extraordinarios para ir pagando 1.738.000
euros de facturas da conta 413 e para abonar 473.000 euros de
facturas que xa contan con sentencias xudiciais favorables.
Ademáis aprobouse
outro crédito extraordinario por importe de 468.000 euros para
satisfacer a débeda con “Eulen” pola prestación de servizos na
piscina municipal.
Mediante os acordos plenarios aprobados na sesión de onte anoite, serán pagadas asimismo unha primeira remesa de facturas incluídas na conta 413”. Abonaránse 389.000 € polos traballos de descontaminación do lindano; 202.000 € a ‘Naturgy’ por suministros eléctricos; 119.000 € a ‘Eulen’ por traballos na piscina municipal e 10.800 € ó Consorcio de Augas do Louro.
A cantidade restante ata completar a partida de 1.738.000 euros quedou pendente de completar os informes para ser levada en breve a un pleno extraordinario que se celebrará no vindeiro mes de novembro segundo anunciou Eva García, alcaldesa do Porriño.
No transcurso do
pleno tamén aprobaronse por unanimidade a Relación de Postos de
Traballo (RPT) do Concello do Porriño; a adxudicación do servizo de
axuda no fogar (SAF); os costes do servizo de recollida de lixo así
como do Punto Limpo do Concello do Porriño e a partida orzamentaria
para os salarios dos membros do goberno municipal (modificación da
base 27 dos orzamentos do Concello). Precisamente nesta sesión tomou
posesión do seu escano e estreouse a nova concelleira do BNG, Cami
Moreira.
Polo contrario quedou pendente a ratificación da adxudicación do servizo de limpeza viaria á firma ‘Ascan’ que será levada a un próximo pleno municipal.
Noutra orde de
cousas acordouse nomear ós representantes do Concello de O Porriño
para a Comisión Especial de deslinde co Concello de Mos. Finalmente
a proposta da alcaldesa e coa conformidade dos restantes grupos
municipais, o PP integrará unha concelleira, Antía Carrera á
devandita comisión. Os restantes representantes serán Eva García
(PSOE), Pedro Ocampo (EU Son), Pedro Pereira (BNG) e Manuel Carrera
(UDDL), todos eles ratificados polo pleno corporativo.
Entre as mocións debatidas aprobouse por maioría a proposta por EU Son para revisar o contrato de renting para renovación do parque móbil municipal ainda que o asunto quedou supeditado a comparecencia da concelleira de Seguridade nun vindeiro pleno extraordinario que se vai celebraro o mércores 6 de novembro. Tamén por maioría acordouse implementar unha achega extraordinaria ao Porriño Baloncesto Base así como ós clubs de futbol de Mosende e Budiño e á asociación de enfermos de silicose.
E por unanimidade a
corporación porriñesa acordou solicitar á Consellería de
Educación a reforma integral ou ben a construcción dun novo
edificio para o CEIP Fernández López que xa ten 40 anos de
antiguidade.
Juana Pérez, presidenta da asociación de comerciantes porriñeses “ACIPOR”; os concelleiros Sergio Casal e David Alonso, en representación do goberno municipal e media duzia de hostaleiros en representación dos 36 que participarán, protagonizaron hoxe a presentación do «XIV Pinchorriño» que comeza pasado mañá venres 1 de novembro.
Eses trinta e seis establecementos de O Porriño realizan unha proposta de tapas moi suxerente que abrangue moitas posibilidades. Desde clásicos como o Rabo de touro estofado que elabora Mesón Mondariz, ata opcións veganas como a Tarta da horta que presenta o Pantera, pasando por elaboracións moi creativas coma o Mexilón sobre patacadèle do Café Bar Adèle ou o Wrap de ‘El Ultramarino’ que foron algunas das tapas que trouxeron hoxe os hostaleiros asistentes á presentación.
Juana Pérez indicou que a meirande parte das tapas que se ofrecen elabóranse con productos aptos para celíacos “de tal xeito que sexamos quen de atender a todos cantos queiran vir ata Porriño a disfrutar con nós durante este mes de novembro da nosa gastronomía”.
A presidenta de ACIPOR e os hostaleiros que asistiron á presentación coincidiron en suliñar que o Pinchorriño é un acicate extraordinario para a vila e os locais que participan pois xenera un volumen de ventas impresionante “nun mes que tradicionalmente era moi malo”.
Ne mesma liña, Sergio Casal congratulouse do como medrou esta iniciativa de ACIPOR e manifestou que desde o Concello “poñemos as ferramentas necesarias para axudarvos”. O concelleiro de Comercio ponderou que o Pinchorriño xunto coa Festa dos Callos e a Feira do Pan “convirten a Porriño nun referente gastronómico na comarca e na área metropolitana”.
Por
último David Alonso, como concelleiro ainda responsable de Festas
indicou “no Porriño temos un nivelazo na hostalaría como reflicte
este Pinchorriño e desde o Concello temos que estar moi agradecidos
pola vosa participación”.
A oferta de tapas será os venres e sábados de novembro, entre as 19 h e as 23 h, cun prezo mínimo de consumición de 1,50 euros.
Os clientes que participen recibirán unha papeleta. Por cada catro consumicións seladas nos establecementos participantes, poderán concorrer nun sorteo que este ano repartirá catro cheques compra no comercio local por importe de 100 euros cada un, e ademáis, como novidade, unha cesta de productos que regala ‘El Ultramarino’ valorada en 150 euros.
O 91,5% das alumnas e alumnos que participaron este ano nos dous primeiros cursos de español para inmigrantes organizados pola Deputación de Pontevedra en Pontevedra e Vigo superaron a proba DELE A2 (Diploma de Español como Lingua Estranxeira, nivel A2). Precisamente, estas accións formativas promovidas pola institución provincial están encamiñadas á preparación do alumnado para examinarse desta proba, xa que é un requisito indispensable para que logo poidan obter a nacionalidade española.
A Deputación subvenciona integramente o curso, incluíndo o custe da matrícula do DELE, e o Instituto Cervantes examinou ás persoas participantes o pasado 13 de setembro no Centro de Linguas de Vigo.
O alumnado que se examinou asistiu aos primeiros dous cursos que se celebraron este ano nas instalacións da Deputación en Pontevedra e Vigo. Nestas dúas accións participaron 40 persoas, a meirande parte mulleres, aínda que ao exame concorreron un total de 35 e superaron a proba 32 (por diversas circunstancias, especialmente laborais, 5 non puideron presentarse).
A porcentaxe de aprobados é por tanto dun 91,5%, un dato que a institución considera especialmente positivo, xa que hai que ter en conta que as persoas que se presentan en moitos casos teñen que compatibilizar a formación e os estudos co seu traballo, así como cargas familiares sen apoio.
Nestes momentos, outras quince persoas
están a rematar en Vigo o terceiro dos cursos programados este ano
pola Deputación e prevese que se examinen do DELE A2 os vindeiros
días 22 e 23 de novembro na Facultade de Filoloxía da Universidade
de Vigo. En total, para os tres cursos presentáranse 132 solicitudes
para as 60 prazas existentes.
No que atinxe aos países de procedencia,
no caso do alumnado que fixo o curso en Pontevedra, a meirande parte
proviña de Marrocos, aínda que tamén de Brasil, Rusia, Palestina e
Ghana. En Vigo, a maioría das persoas participantes na primeira
acción formativa foron de Senegal, seguidos dos de Marrocos, Brasil,
Rusia, Ucraína, Angola e Irán, mentres que no último dos cursos a
maioría de persoas é de Marrocos, seguido de cidadáns de Senegal e
Nixeria.
A Deputación organiza estes cursos desde
hai tres anos e as persoas destinatarias son inmigrantes en situación
administrativa regular, maiores de 16 anos, que precisan preparar o
DELE A2 para a obtención da nacionalidade española. Esta proba
require unha preparación previa e ten un custo económico que
dificulta o acceso á nacionalidade española para un determinado
sector da poboación, dificultando así o seu proceso de integración
na provincia como cidadanía de pleno dereito e favorecendo procesos
de exclusión social.
A través destas accións formativas, que
se desenvolven nas instalacións do organismo provincial en
Pontevedra e Vigo, a Deputación da apoio á consecución desta
titulación á poboación de países ou territorios non
hispanoparlantes, favorecendo o seu proceso de integración. Os
cursos son impartidos por persoal docente do Centro de Linguas da
Fundación Universidade de Vigo.
O Concello de Tui vén de poñer en marcha a campaña ‘Na rúa coma na túa casa, Tui limpo é labor de todos’, unha iniciatia que busca a colaboración cidadá para manter a cidade limpa dando cumprimento ao recollido na Ordenanza Municipal Reguladora do Ornato Público e Limpeza Viaria.
A campaña xorde ante a proliferación de carteis colocados no mobiliario urbano, como sinais de tráfico, farolas, bancos, papeleiras… Para manter as condicións de limpeza e ornato da cidade solicítase a colaboración cidadá non colocando carteis de festas, eventos,… ou anuncios de perdas de mascotas, vendas, compras… e outros fóra dos lugares establecidos.
A Policía Local ten intensificado o control deste tipo de publicidade no mobiliario urbano procedendo a súa retirada e informando á empresa ou particular responsable que esta acción pode ser sancionada. Precisamente hai varios carteis nas entradas a Tui onde se advirte da prohibición de colocar carteis. Amais a Ordenanza Municipal Reguladora do Ornato Público e Limpeza Viaria, establece que este tipo de carteis e anuncios só se poden colocar nos lugares habilitados para tal fin.
Dende o Concello de Tui lémbrase tamén que está
prohibida a colocación de anuncios ou publicidade nos parabrisas ou
outros elementos dos vehículos que están estacionados na vía
pública, unha práctica que volve ser habitual sobre todo os xoves
coincidindo co mercado semanal, e que pode ser igualmente
sancionable.
Outro dos puntos nos que incide a campaña é na recollida selectiva lembrando que cada tipo de lixo debe ser colocado no contedor correspondente. E lembra que os mobles vellos ou en desuso deben ser depositados no punto limpo ao igual que os aparellos electrónicos.
Na campaña tamén se fai un chamamento aos propietarios de mascotas para que eviten que os animais fagan as súas necesidades en zonas axardinadas, e se recollan os excrementos da vía pública. A limpeza de fincas e casas, ou o uso das papeleiras son outros dos aspectos aos que fai referencia a campaña. Haberá un apartado especial dedicado ás festas de Nadal.
A Campaña ‘Tui Limpo’ desenvolverase dende hoxe luns até a primeira semana de xaneiro de 2020, tanto nas redes sociais municipais como na emisora municipal, co obxectivo de lembrar á cidadanía que a súa colaboración é moi importante. Dende o Concello agradécese de antemán a colaboración cidadá para lograr este fin.
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprobou no día de onte as obras de mellora executadas nos dous parques empresariais da Cañiza, Uceira e Ribadil, levadas a cabo grazas á orde de axudas a polígonos empresariais da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Na visita, Cores Tourís estivo acompañado do alcalde da localidade, Luis Piña, así como por varios concelleiros da Corporación e o xefe territorial de Economía en Pontevedra, Ignacio Rial.
Os
traballos executados no parque de Uceira, contaron cun orzamento
total de 33.765 euros, dos cales 33.381 eran subvencionables, co que
recibiron o 80% (26.705 euros) por parte da Consellería de Economía
a través da orde de axudas a parques empresariais, unha liña que
mobilizou para toda Galicia 5,34 millóns de euros en proxectos para
mellorar os parques empresariais de 51 municipios de Galicia. En
concreto, a través deste programa, a Consellería de Economía,
Emprego e Industria achegará 4,05 millóns de euros para a execución
dun total de 57 actuacións que permitirán impulsar as
infraestruturas dos polígonos.
O
obxecto da actuación foi a execución dunha beirarrúa na zona norte
do polígono, na entrada principal. Tamén procedeuse ao pintado da
sinalización horizontal nos viais interiores e no vial de entrada da
zona este, así como instalouse a sinalización vertical. En total,
actuouse sobre 524 metros de infraestrutura viaria.
Por
outra banda, este concello tamén conseguiu unha axuda de 21.827
euros para a instalación de cinco hidrantes no polígono industrial
de Ribadil, co fin de dotar ao polígono de instalacións de
protección contra incendios. O custo total do proxecto foi de 27.284
euros.
Neste
polígono xa se investiran, o pasado ano, un total de 68.085 euros,
dos cales 54.500 foron aportados pola
Consellería de Economía, a través desta mesma liña de axudas, de
xeito que se puideron mellorar dous quilómetros e medio de
pavimentado dos viais deste polígono que se atopaban cun importante
nivel de deterioro.
No
caso doutros polígonos beneficiados, desenvolvéronse iniciativas
para a instalación de sistemas de seguridade e vixilancia, para
plantas de depuración de auga, xestión de residuos e colectores con
verquido á depuradora municipal ou instalacións contraincendios e
contra roubo de cable. Por provincias, dos 57 proxectos incluídos
nesta resolución, 10 pertencen a Pontevedra (máis de 0,6M€).
Con
estas novas axudas, nas que os Concellos Emprendedores tiveron
preferencia, a Xunta segue mantendo o seu compromiso cos gobernos
locais e o desenvolvemento das súas infraestruturas, co
fortalecemento do tecido empresarial e industrial da Comunidade e co
apoio ao emprendemento, liñas que encaixan coas medidas promovidas
pola Lei de implantación empresarial para favorecer a captación de
novos investimentos para Galicia.
O
BNG, a través do seu concelleiro Roberto Mera, lamentou no Pleno
celebrado onte “que PP e ACIP non aproveitaran a ocasión para
cambiar a súa postura e poñerse do lado do goberno e da veciñanza
apoiando o PXOM”. Mera bromeou acusando á oposición de “querer
converter un acto administrativo de trámite nun drama e unha
traxedia. PP e ACIP gobernaron 12 anos, foron incapaces de aprobar o
PXOM, opuxéronse á aprobación en agosto e agora póñense
histéricos por un suposto retraso de tres meses que nin sequera é
certo”.
O
edil nacionalista retou a Villar e González Carrera a explicar por
que motivo non foran capaces de aprobar en 12 anos o PXOM. González
Carrera eludiu a resposta e Villar culpou ao BNG e PSOE, minoritarios
neses doce anos, acusándoos de impedilo sen aclarar de que maneira.
González Carrera tamén culpou a Mera de ser o responsable da
decisión da Xunta en 2002 de suspender as normas urbanísticas,
acusación á que o nacionalista respondeu negando que lle
correspondese “ese mérito”, pero agradecendo ironicamente a
González Carrera “o eloxio, que incluirei no meu currículo”.
Por
último, Mera volveu pedir a González Carrera e a Villar que asuman
responsabilidades políticas pola suspensión das normas urbanísticas
en 2002, pola anulación de licenzas como a do Eroski e por non
aprobar o PXOM en 12 anos causando prexuízos económicos como o pago
de 1.500 euros mensuais polo parque Ferro-Ucha.
O Salón de Plenos do Pazo provincial encheuse este mércores coa xornada ‘Motivación e apoio a persoas con dificultades no acceso ao emprego’ organizada pola Deputación de Pontevedra ao abeiro do proxecto ‘Labora 2020’. O obxectivo desta actividade, á que asistiron máis de 100 persoas e que tamén se puido seguir por streaming a través da páxina web da Deputación, foi proporcionar claves para que as persoas pertencentes a colectivos vulnerables, e que polo tanto téñeno máis difícil á hora de acceder ao mercado laboral, poidan mellorar as súas habilidades, superar as barreiras para buscar traballo, fomentar a súa marca persoal e tamén coñecer diversas entidades que traballan pola inclusión no mercado do emprego. O deputado provincial Gregorio Agís asistiu á súa apertura.
O punto forte da xornada foi o relatorio de Laura Chica, psicóloga, escritora, formadora e coach experta en intelixencia emocional con máis de 50.000 seguidoras e seguidores en Instagram, 35.000 en Twitter e 14.000 en Facebook. A súa conferencia levou o título de ‘Desenvolvemento persoal e coaching’ e centrouse no concepto de ‘brillar’, “que non é flower power, senón a capacidade de apostar por un e por unha mesma. Todas as persoas temos capacidades pero o difícil é dar o paso adiante”, asegurou. Laura Chica salientou que “ante un mundo moi complexo e volátil só quedamos nós e os nosos recursos persoais, por iso sempre é o momento de darnos unha oportunidade”, para o cal é imprescindible “espirnos de todo o que non somos nós pero nos dixeron que eramos: os medos, as inseguridades…”.
Para
brillar,
Laura Chica deu “poderes” ás persoas participantes, comezando
polo de escoller brillar e polo de coñecerse (“as nosas
fortalezas fannos especiais”, afirmou). Para este segundo,
propuxo como xogo que o público lle dixese á persoa sentada ao seu
carón cales son os seus logros, “cousas que esquecemos e que
tanto nos custaron”. Estes poderes de traballo interno culminan
nos de arrodearse de “persoas que nos fagan medrar e nos permitan
brillar” e tamén no de “proxectar cara ao exterior ese traballo,
aprendendo a poñernos en valor cunha marca persoal baseada na
autenticidade e na honestidade”. Eses poderes, dixo, conséguense
con dúas claves: “agradecer a quen nos acompaña durante o camiño
e agradecernos polo traballo que facemos; e facer, porque nada
produce un cambio se non o levamos á acción”.
A coach da Escola Europea de Líderes, Yolanda Villar, centrou o seu relatorio ‘Superación de barreiras no proceso de busca de emprego: crenzas limitantes’ en tres eixos principais. O primeiro foi o das capacidades diferenciadoras, no que asegurou que “temos que identificar as capacidades que temos cada persoa para desempeñar un traballo óptimo, que é precisamente aquel para o que temos capacidades superiores á media”. Para iso é preciso derrubar as “crenzas limitantes, o que pensamos de xeito negativo sobre o noso talento”. Villar propuxo ás persoas que asistiron un exercicio: pór sobre o papel unha desas crenzas sobre si mesmas e identificar en que as prexudica, en que as beneficia e como serían as súas vidas sen elas. Tamén falou sobre autoliderado, a capacidade de xestionarse a si mesma ou mesmo. “Ten que haber coherencia entre quen somos e que amosamos” e lembrar que “o éxito componse dun 75% de actitudes e dun 25% de aptitudes”. Por último, Yolanda Villar deu 10 consellos para aplicar o marketing á hora de buscar traballo, como buscar un problema existente na empresa na que queremos traballar e especializarnos nel, desenvolver un plan de traballo para buscar emprego, ou facelo o mellor posible co que xa temos.
Na xornada de motivación de ‘Labora 2020’ tamén houbo tempo para falar con entidades que traballan para a inclusión laboral. O coordinador do servizo de emprego da Asociación Bata, Ignacio Rey, que traballa con persoas autistas e con outras formas de diversidade funcional mental, lembrou a necesidade de “sacar da zona de confort a estas persoas, xa que moitas non queren traballar porque teñen medo e porque queren estar en contornas amigables e predicibles”.
Rey lembrou que para haber inclusión laboral e social “estas persoas teñen que ter presenza física nas empresas, pero iso non abonda: teñen que ter participación e unha aprendizaxe”. Pola súa banda, o director da Fundación para o Emprego da Asociación Juan XXIII, Diego Chapela, lembrou a importancia de propiciar un cambio cultural na sociedade para mudar os prexuízos contra as persoas con diversidade funcional. “Isto conseguímolo creando emprego en contornas comunitarias, que permiten que estas persoas sexan vistas en situacións produtivas”. Falou tamén da necesidade de crear sinerxías, mesmo nos programas que se desenvolven dentro dunha mesma asociación, así como “buscar e desenvolver os seus talentos prestando apoios individualizados, pero sen crear falsas expectativas”.
A
técnica de selección de persoal da empresa Clece Flavia González
fixo fincapé en que “as administracións públicas e as
empresas non poden ir por camiños diferentes para a inclusión, ao
igual que as empresas non poden ir por outro camiño que a realidade,
co que implica en cuestións de diversidade: os camiños teñen que
ir en paralelo”. Ademais, González quixo derrubar un dos mitos
sobre a contratación destas persoas, xa que asegurou que “moitas
delas non bonifican, pero teñen un gran valor para a nosa empresa”,
a segunda empregadora a nivel estatal de colectivos desfavorecidos,
cun 12% do seu cadro de persoal (máis de 8.000 das 75.000 en total).
‘Labora 2020’ está destinado a mellorar a empregabilidade das persoas pertencentes a colectivos vulnerables: desempregadas de longa duración, menores de 30 anos, maiores de 55 anos, persoas con diversidade funcional, inmigrantes, minorías étnicas e comunidades marxinadas, outros colectivos (como as vítimas de violencia de xénero ou de discriminación por orixe racial, orientación sexual e identidade de xénero, persoas con problemas de adicción, persoas sen fogar ou solicitantes de asilo) e persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos servizos sociais.
A través de ‘Labora 2020’, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e cun orzamento total de 4,8 millóns de euros, a Deputación organiza itinerarios formativos, integrados e personalizados en 16 concellos entre 2019 e 2021. Na primeira fase, as persoas interesadas xa se poden inscribir nun primeiro lote de 28 accións de sete dos 11 itinerarios previstos. Deste xeito, poderanse formar en actividades auxiliares de almacén; limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais; dinamización de actividades de tempo libre educativo; socorrismo en instalacións acuáticas; actividades auxiliares en conservación e mellora de montes; operacións básicas de restaurante e bar ou obter as competencias clave para a obtención do nivel 2. Pódense beneficiar 420 persoas e desenvolveranse en 12 concellos: Barro, Cambados, Cangas, O Grove, Lalín, Ponteareas, Pontevedra, O Porriño, Soutomaior, Tomiño, Vigo e Vilagarcía.
En total, en ‘Labora 2020’ poderán participar 855 persoas (un 53,3% de mulleres) e as accións desenvolveranse en 16 concellos, os mencionados anteriormente e tamén A Guarda, Moraña, Mos e Valga. Os outros 4 previstos e que se porán en marcha nas seguintes fases son os de formación profesional para o emprego, atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, atención sociosanitaria a persoas no domicilio e xestión de chamadas de teleasistencia.
O Pleno do Concello de Ponteareas deu un novo paso na tramitación da aprobación definitiva do PXOM ao aprobar, cos votos en contra de PP e ACIP, os documentos solicitados pola Xunta de Galicia. Deste xeito o goberno dá resposta á Dirección Xeral de Urbanismo, quen detectara varios erros materiais e a ausencia dalgúns documentos que debían subsanarse mediante a intervención do Pleno.
O Alcalde sinalou que o acordo do Pleno “é un acto de trámite, unha cuestión administrativa que nada cambia respecto ao aprobado en agosto e o importante é que a Xunta está avanzando xa para aprobar definitivamente o PXOM no prazo de tres meses que marca a Lei”.
Represas lamentou que a oposición continue opoñéndose a un Plan Urbanístico que Ponteareas precisa con urxencia despois de 17 anos de parálise.
Este mediodía tivo lugar no salón de actos da Aula da UNED, no antigo convento de San Domingos, a Clausura do I Programa Integrado de Emprego do Concello de Tui ‘Tui Emprégate 2018-19’ que se celebrou dende outubro do ano pasado. O acto contou coa presenza do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e da concelleira de Formación e Emprego, Ana Mª Núñez.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, destacaba os
Programas Empregados de Emprego coma “ferramentas necesarias e
útiles” e destacaba a súa importancia para pór en contacto as
empresas cos demandantes de emprego. O rexedor avanzaba o compromiso
da administración municipal para seguir traballando en desenvolver
os mecanismos do fomento do emprego.
A concelleira de Formación e Emprego, Ana Mª
Núñez, na súa intervención dirixíndose aos participantes no
programa indicaba que “hoxe non acaba nada, senón que empeza” en
referencia a que os coñecementos adquiridos nos últimos meses lles
permitirán afrontar a incorporación a un mercado laboral cambiante.
Insistía nese senso en que “contáis coas ferramentas que os
permite estar máis cerca do voso obxectivo”. Agradeceu tamén á
Consellería de Economía, Emprego e Industria que siga confiando no
Concello de Tui tras a concesión dun novo Programa Integrado de
Emprego que se pon en marcha de xeito inmediato.
Na clausura de hoxe tanto alcalde coma a
concelleira de Formación e Emprego agradeceron a implicacións das
técnicas do programa que se incorporaron o pasado mes de xullo, coma
das persoas participantes.
Este Programa Integrado de Emprego acadou unha
inserción do 68% no mercado laboral ao longo do programa. Estes
resultados acadados superan o 45% fixado coma obxectivo no programa
segundo o establecido pola Consellería de Economía, Emprego e
Industria, que financia o programa xunto co aporte do propio
Concello.
Así 68 das 100 persoas participantes que
participaron en Tui Emprégate se incorporaron ao mercado laboral en
empresas do sector da automoción, servizos á comunidade, comercio e
alimentación, hostalaría… Amais 3 persoas iniciaron o seu propio
proxecto empresarial e 5 teñen en mente un proxecto emprendedor polo
que levaron a cabo unha formación específica en emprendemento
elaborando un proxecto que lles servirá de apoio para poder
materializalo.
O I Programa Integrado de Emprego púxose en
marcha o 2 de novembro do 2018 e rematará mañá xoves, 31 de
outubro. En Tui Emprégate participaron un centenar de persoas en
situación de desemprego de diferentes colectivos e perfís como
menores de 30 anos, persoas en risco de exclusión social, persoas
con discapacidade, desempregados/as maiores de 45 anos e mulleres
vítimas de violencia de xénero…
As actividades arrancaron cun diagnóstico
ocupacional de cada participante para, posteriormente, enfocar os
perfís cara a 3 itinerarios concretos de formación que foron:
Industrial, Comercio e Servizos á Comunidade. Dentro deste último
itinerario, levouse a cabo unha formación orientada a obtención do
certificado de profesionalidade en Atención Sociosanitaria a persoas
dependentes en institucións. En total realizáronse 1.650 horas de
formación, divididas en formación cualificada e formación
transversal.
Entre a formación cualificada, cun número total de 1.101 horas, impartíronse accións formativas de maquinaria de manutención, plataforma elevadora, manexo de TPV, limpeza con maquinaria industrial ou acondicionamento de espazos comerciais. Mentres nas 559 horas de formación transversal centrada en coaching, informática básica, mobilidade laboral, obradoiros de entrevistas…
Das 50 accións formativas realizadas 42 tiveron lugar de forma presencial e 8 online. Outras da cifras deste programa son as 92 empresas contactadas, 520 intermediacións laborais realizadas, a aposta pola conciliación laboral, e o regreso aos estudos de 7 persoas matriculadas en ciclos formativos, 2 na universidade e 8 que preparan as probas para a obtención do graduado en ESO.
O Auditorio de Goián acolleu na fin de semana a Gala Solidaria pola ELA (Esclerose Lateral Amiotrófica), organizada pola Asociación AGAELA (Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica), coa colaboración do Concello de Tomiño, a Deputación de Pontevedra e comercios locais.
José Manuel Pereira ‘Nel’, tomiñés afectado por esta enfermidade, impulsou esta Gala Solidaria pola Ela, cuxa recadación íntegra (1225 euros) irá destinada a adquirir camas articuladas e cadeiras de ducha para persoas que sofren esta doenza. Pereira quere dar visibilidade a esta doenza que padecen en España máis de 4.000 persoas, abandeirado co seu lema: “La ELA existe, pero nosotros delante y la ELA detrás, siempre”.
A
cita contou coa presentación da actriz moañesa Anabel Budiño, da
compañía Moito Morro Teatro, e a actuación do Grupo de Acordeóns
Helios, do Coro Passionato e da Escola de Danzas e Gaitas Virxe do
Alivio; rematando cun desfile solidario, grazas a varias casas
comerciais.
AGAELA
quere agradecer a participación e apoio de todas as persoas e
institucións e casas comerciais que prestaron a súa colaboración
para mellorar a calidade de vida dos afectados por esta enfermidade
na nosa comunidade autónoma.
A mocidade ten unha cita co cine este xoves día 31 na sala multiúsos do auditorio municipal dentro da programación de ‘Mocidade Viva’. A concellería de Mocidade, que dirixe Miguel Bouzó, recórdalle aos mozos e mozas que ás 21 horas se proxectará ‘La noche de halloween’.
O cine foi unha das demandas da mocidade cando se deseñou a primeira programación feita con e para este sector da poboación e do que agora poden desfrutar totalmente de balde.
O Concello de Nigrán pecha este venres 1 de novembro ás 13:00 horas no ‘Xardín da memoria’ ao carón do Pavillón de Panxón os actos en recordo do tráxico suceso coñecido como a ‘Volta dos 9’ cunha homenaxe ás viúvas destes executados o 15 de outubro de 1936 na curva da Bombardeira (Baredo) e de Dolores Samuelle, quen pagou coa súa vida agochar aos ‘Ineses’.
Con este acto, ao que están invitados a participar os familiares e a veciñanza en xeral, o Concello conmemora ao mesmo tempo o Día da Recuperación da Memoria Lingüística de Galicia, data creada pola Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística na que se promove o emprego do galego nos actos fúnebres (incluído obituarios, lápidas, placas…).
O Concello volve deste xeito a vincular a memoria lingüística á memoria histórica (os anos anteriores trocouse ao galego a lápida do mestre republicano Vázquez Grela ou dos represaliados Antonio Veiro ou Daniel Pazó). O texto reza o seguinte:
‘En memoria das outras vítimas esquecidas na ‘Volta dos 9’: as viúvas dos asasinados en Baredo (15.10.1936) e Dolores Samuelle, quen pagou coa súa vida agochar aos ‘Ineses’ (13.10.1936) . As dez representan ás mulleres do Val Miñor e do país que, invisibilizadas pola Historia e tamén marxinadas na súa época, sufriron as duras consecuencias da represión e do terror franquista. Julia Sanjuan García, Clementina Freire Mosquera, Antonia Rial Veiro, Rosalía Rodríguez Iglesias, Angelina Vega Ríos, Sofía Vieites Penedo, Eugenia Mijón Durán, María [descoñécense os apelidos], Aurelia Rodríguez Cabral e Dolores Samuelle Álvarez’.
“
“Sempre se obvia ás mulleres que tiveron que saír adiante soas coas súas familias e estando condenadas ao ostracismo. Estas viúvas e Dolores Samuelle, asasinada, representan a todas as vítimas femininas invisibilizadas pola Historia inxustamente”
“Cando
se fala de memoria histórica sempre se obvia ás mulleres que
tiveron que saír adiante soas coas súas familias e estando
condenadas ao ostracismo. Estas viúvas e Dolores Samuelle,
asasinada, representan a todas as vítimas femininas invisibilizadas
pola Historia inxustamente”, explica o alcalde de Nigrán e
historiador, Juan González, quen ten narrado o suceso da Volta dos 9
no seu libro ‘Nigrán. Memoria dunha Guerra’.
A ‘Volta dos 9’ marcou á comarca porque supuxo a execución a sangue fría o 15 de outubro de 1936 de nove veciños do Val Miñor como vinganza e represión dos falanxistas polo suceso do día anterior en Sabarís, cando no asalto das forzas nacionais á casa dos irmáns republicanos “Os Ineses” morreron estes, a muller que os agochaba (Dolores Samuelle) e tamén un dos falanxistas. Horas despois os partidarios do golpe de estado colleron a nove veciños detidos na prisión do Frontón, en Vigo, e os fusilaron na curva de A Bombardeira, en Baredo.
Durante máis de 40 anos nove cruces apareceron pintadas nese punto como recordo dos falecidos e, aínda que as borraban e buscaron con esmero aos autores, estas sempre volveron a ser debuxadas. Hoxe o lugar é un espazo para a memoria e as cruces se manteñen, agora impresas, como recordo de todo aquelo que sucedeu.
A Asociación Forestal de Galicia (AFG) está a desenvolver este outono en toda Galicia un amplo programa formativo dirixido a mellorar o manexo silvícola do monte. O próximo curso, que abordará a xestión de xuntas reitoras de comunidades de montes, desenvolveranse este xoves 31 en Salceda de Caselas, na Casa de Cultura de Picoña, a partir das 16 horas.
O obxectivo do curso
sobre xestión de xuntas reitoras é revisar aspectos básicos de
cara a mellorar o funcionamento das comunidades. A acción formativa
aborda as seguintes cuestións, entre outras: organización e
administración da comunidade, lexislación aplicable, planificación
da xestións dos recursos do monte e réxime fiscal ó que están
sometidas as comunidades de montes.
A actividade
permitirá que as persoas asistentes actualicen os seus coñecementos
para impulsar unha mellora na xestión forestal e organizativa dos
seus montes.
O programa de cursos
da AFG, que conta co apoio da Axencia Galega da Industria Forestal
(Xera), é gratuíto, pero é precisa a inscripción previa, ben a
través do e-mail [email protected],
ben a través dos teléfonos 981 564 011, 986 660 864 e 618 752 214.
A
Praza do Concello de Redondela e a Alameda Rosalía de Castro de
Chapela, acollerán mañá xoves, 31 de outubro, as actividades que o
Concello redondelán vén de artellar con motivo do Samaín. En caso
de choiva, as actividades serían trasladadas ao Multiúsos da
Xunqueira e ao Multiúsos de Chapela, respectivamente.
Actividades Redondela
No
que a Redondela fai referencia, entre as 16:30 h e as 19:30 horas,
nenos e nenas poderán participar en obradoiros de Cociña e
maquillaxe terrorífica, Decora a túa cabaza e
Elaboración de Cestas.
Doutra
banda e por se a choiva fai acto de presenza, unha gran carpa situada
na Alameda Castelao acollerá, entre as 18 h e as 21 horas, o
Pasadizo do Terror,
que sen dúbida fará as delicias dos pequenos e pequenas.
Obradoiros en Chapela
Pola
súa banda, a Alameda Rosalía de Castro de Chapela, será o lugar
onde, entre as 17 h e 19 horas, se desenvolvan os obradoiros de
Cociña e Maquillaxe Terrorífica, Decora a túa cabaza
e Elaboración de cestas.
O Concello de Redondela busca, con estas actividades, que os máis pequenos tomen contacto do xeito máis divertido posible cunha das tradicións máis ancestrais de Galicia, o Samaín que marcaba o final da tempada de colleitas e considerábase como o ‘Ano Novo Celta’ que comezaba coa estación obscura e que foi celebrado, durante máis de 3.000 anos, polos pobos celtas que poboaron toda Europa.
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, ven de solicitar novamente unha reunión coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez, de cara a mellorar a seguridade cunha actuación integral na estrada de circunvalación ao Monte Santa Trega, a PO-352.
Esta
estrada é moi transitada por vehículos, autobuses e camións de
todo tipo, incrementándose a intensidade do tráfico na tempada
estival para o acceso ás praias fluviais existentes na desembocadura
do Río Miño, sendo empregada igualmente por peóns e deportistas
que se ven obrigados a transitar por unha beirarrúa moi estreita e
que en moitos puntos é inexistente, pondo en perigo a súa
integridade.
“
“…peóns e deportistas están obrigados a transitar por unha beirarrúa moi estreita e que en moitos puntos é inexistente, pondo en perigo a súa integridade”
É
por elo que dende fai tempo se ven demandando esta obra para a
mellora da seguridade deste vial, que é competencia da Xunta de
Galicia. É necesario dotar á mesma dunha senda para a circulación
segura dos peóns, así como mellorar a seguridade do tráfico en
algúns puntos concretos co ensanchado desta vía.
Antonio
Lomba trasladoulle á Conselleira as súas inquedanzas, reiterando a
petición dunha xuntanza para trasladarlle as problemáticas
existentes neste vial e definir as actuacións que son necesarias
acometer para converter esta estrada nunha vía segura para o tráfico
de vehículos e para os peóns.
O Concello de Nigrán rematatou o asfaltado de cinco rúas da parroquia de Priegue e finalizará entre o sábado e luns a última das catro de Panxón cun investimento total de preto de 100.000 euros ao cargo do Plan Concellos 2019 e cuxos traballos foron adxudicados a Construcciones Fechi S.L. Este novo plan municipal busca unha mellora da seguridade viaria en zonas onde a superficie pavimentada está xa moi deteriorada.
Concretamente,
en Priegue destinouse un importe de 25.000 euros para as rúas Raña,
Andiana, Camiño Vello, Camiño Monte e Lavadeiro (este último o
único que non contaba con asfaltado) e en Panxón 60.000 € para as
rúas Pastora, Lagoa-Seixo (rúa onde recentemente o Concello
arranxou a rede de abastecemento con vistas a este posterior
asfaltado), Lousas e Redonda (esta última é a única que queda
pendente e estará lista entre mañá sábado e o luns). Con estas
dúas parroquias tan só falta a de San Pedro (á espera da
autorización de Patrimonio ao intervir en rúas da contorna do
cruceiro de Mallón) para completar o plan 2019 de todo o municipio.
Así,
en todos os casos realizouse unha limpeza do pavimento da calzada e
das cunetas antes de melloralo cunha mestura bituminosa en quente
estendida e compactada, ademais de facer o recrecido das tapas da
rede de sumidoiros.
“Trátase
de camiños que estaban en moi mal estado e que dan servizo a moitas
persoas, por iso os consideramos prioritarios neste novo plan de
asfaltados destas parroquias, sendo conscientes de que quedan outros
pendentes que non esquecemos e que entrarán no Plan 2020”,
sinala o alcalde, Juan González. Anteriormente, en Panxón, o
Concello interviu en Jesús Espinosa, Gondomar, Area Alta, Camiño da
Area, Arquitecto Palacios, Paraviñal, Camiño da Fonte, Porqueira ou
rúa do Rial; e en Priegue en Regueiriño, Codaval, Rouxo,
Condomínguez ou Antonexas.
Os traballos para que a nova Escola Infantil de As Neves sexa unha realidade seguen adiante, aínda que, segundo denuncia o Goberno local, “non coas garantías de seguridade necesarias e co ritmo para cumprir cos prazos comprometidos”.
Como verificaron membros do Goberno Municipal, as obras “están indo moi lentas e incúmprense normas elementais de seguridade, aínda máis considerando que as mesmas se realizan preto dun centro de ensino de Educación Infantil e Primaria”.
O alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, comproba cada semana que este feito repítese e deu aviso desta circunstancia á Xunta de Galicia en varias ocasións, unha situación que tamén causa malestar na Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) e a dirección do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé.
Precisamente por este motivo, dende o pasado xoves, día 24, o alcalde das Neves deu orde de deter os traballos no horario de entrada e saída dos rapaces. Agora, unha vez máis, sinala o rexedor local, dende o Concello veñen de comunicar estes feitos á Xunta e empresa adxudicataria da obra, “esixindo que se cumpran as normas de seguridade e, ao mesmo tempo, demandando que se revise o proxecto, que se cumpran todos os obxectivos de calidade requiridos e que os traballos estean rematados no prazo fixado”.
Orzamento de 300.000 € e capacidade para 20 nenas e nenos
Esta dotación escolar, que será posible grazas ao convenio asinado entre a Xunta de Galicia, que aportará 225.000 € dos 300.000 orzamentados para esta obra, mentres que o Concello de As Neves achegará os 75.000 euros restantes, contará cunha superficie de 160 metros cadrados que abranguerán unha dependencia de usos múltiples, aulas, espazos de aseo, cociña ou almacén preparadas para acoller a 20 nenas e nenos.
O Pleno municipal do Concello de Arbo acordou, por unanimidade, amosar o seu rexeitamento contra a Linea 400 KV Fontefría-Frontera Portuguesa. Horacio Gil, alcalde de Arbo, asegirpi qie o Concello e el como alcalde, “defenderán sempre o interese de todos os veciños e veciñas de Arbo, mantendo a postura de rexeitamento de calquera liña de alta tensión que poidera afectar a calquera zona dentro do territorio deste municipio, como se recolle no escrito de alegacións que o plenario acordou remitir ao Ministerio”.
Tamén se insiste neste escrito no rexeitamento á afección orixinaria aos barrios de Valiñas e Poste, pedindo o arquivo do expediente, así como considerar inviable a conexión coa alternativa proposta polo barrio de Rozas, pola afección ás persoas, ás súas propiedades e ao patrimonio, ademáis de non contar con salida ao enlace co país veciño.
O
día 16 de setembro de 2019 o Concello de Arbo recibe expediente para
estudio de viabilidade dun trazado alternativo do tramo final da
Linea 400 kV Fontefría-Fronteira Portuguesa que discurre entre o
límite do veciño concello de As Neves e o barrio de Rozas, dentro
da parroquia de Sela, e que combina co solicitado polo Concello de
Arbo no ano 2013, alternativa que tanto o Concello como a veciñanza
rexeitan como xa fixeran coa anterior proposta que discurría polos
barrios de Valiñas e Poste.
O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, visitou onte no edificio do Viveiro de Empresas do Parque Empresarial PEMOS Veigadaña, en Mos, aos participantes do Programa Integrado de Emprego Insere Máis que organiza a Asociación de Empresarios de Mos e que celebra a súa novena edición.
A iniciativa está permitindo que un cento de persoas sen emprego reciban formación de calidade para facilitar a súa inserción sociolaboral. Casal estivo acompañado durante a súa visita pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e polo presidente de AEMOS, Manuel Castro.
O edificio dos viveiros industriais sito no polígono de Veigadaña e que foi visitado hoxe polo director xeral, está preparado para a implantación de viveiros industriais para o establecemento de emprendedores do municipio de Mos. Conta con 4 talleres ou viveiros de carácter industrial 4.0 (desde robótica, impresión 3D, procesos, investigación… etc.) que se atopan dispoñibles para posibles candidatos interesados no seu uso.
Os criterios de valoración para a selección dos/as candidatos serán obxectivos, primando na puntuación parámetros como a viabilidade do proxecto, a fórmula xurídica (por exemplo cando se trate dunha empresa de economía social), que se trate de promotores demandantes de emprego (emprendedores), de colectivos de difícil inserción, menores de 35 anos, mulleres, etc.
Ademais dos 4 talleres o edificio conta con zona de oficinas para
atención ao emprendedor, e espazo para empresas emprendedoras con
técnicos que as asisten e asesoran, orientan e axudan, acompañándoas nos
primeiros anos de actividade empresarial. Na segunda
pranta está a zona de servizos comúns e coworking, con despachos e
zonas de recepción, administración, reunión e atención; onde poder
organizar desde reunións comerciais ata eventos máis ambiciosos.
Para construción do Viveiro de Empresas na Veigadaña o Concello de Mos investiu a axuda solicitada á Consellería de Economía, Emprego e Industria na construción do edificio que alberga o viveiro de empresas, consistente en 240.000 euros, que representa o 80% da inversión total de 300.000 euros. A Asociación de Empresarios de Mos aportou, de fondos propios, un importe do 20 % da inversión total, é dicir, 60.000 euros. O proxecto executouno o Concello de Mos, sendo este quen desenrolou a acción, conserva a titularidade do viveiro e recibiu a financiación procedente da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Pola súa banda AEMOS encárgase da xestión e do funcionamento do viveiro.
O
pavillón do Centro Príncipe Felipe, da Deputación de Pontevedra,
acolleu hoxe a fin de festa do IV Encontro Provincial pola Inclusión
organizado pola institución provincial na que entre luns e martes
participaron máis de 500 persoas. Foi a través dunha xornada de
ledicia e convivencia, que complementou a xornada técnica de onte no
Museo.
Máis de 250 persoas
asistiron ao peche lúdico do evento que finalizou cun ágape que
reuniu as persoas con diversidade funcional e tamén aquelas e
aqueles profesionais que traballan a diario con elas para garantir o
seu benestar e que se cumpran os seus dereitos. A Presidenta
provincial, Carmela Silva, acompañada pola deputada de Cohesión
Social, Olga García, tamén participou na festa, na que se deron
cita diversos colectivos e centros educativos da provincia de
Pontevedra.
“Quérovos felicitar por todo o traballo que realizades e tamén darvos unha aperta moi grande”, transmitiulles Carmela Silva antes de pasarlle o micrófono a Felipe, un mozo que “vou levar comigo a todos lados” para compartir con el o protagonismo xa que “díxome que aparezo moito nos xornais”.
O sentimento de agarimo foi recíproco, e a Presidenta da Deputación de Pontevedra recibiu o cariño das numerosas persoas que se achegaron a conversar con ela durante o ágape. Silva tamén recibiu en primeira persoa o agradecemento das entidades que participaron no encontro e que quixeron cadansúa fotografía para lembrar a súa participación no IV Encontro Provincial pola Inclusión. A Presidenta da Deputación de Pontevedra lembroulles que “estamos moi orgullosas e orgullosos de todas e todos vós” e agardou que “sexades moi felices”.
A
xornada lúdica que acolleu o Centro Príncipe Felipe desenvolveuse
durante toda a mañá, e tivo como obxectivo pór en valor os
proxectos que conseguen integrar as persoas con diversidade funcional
na sociedade. Por iso, o centro acolleu ata un total de catro
exposicións artísticas realizadas por estes colectivos, que tamén
puideron asistir a un obradoiro de bailoterapia e a un espectáculo
creado polo actor e humorista Al Guanella.
A alcadesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, vén de asinar o contrato coa empresa Vías e Servizos Compostela S.L. para a mellora da capa de rodadura da PO 400 –dende a glorieta existente na Rúa Castelao ata a glorieta da PO 510 coa PO 402– e a propia PO 400, estrada que a Xunta de Galicia ven de traspasar ao Concello.
As obras consisten nunha renovación completa da capa de rodadura e fresado. A pavimentación definitiva estenderase e compactarase nunha capa de rodadura de mezcla bituminosa en quente tipo AC 16surf 50/70 D. Ademáis efectuarase a limpeza das marxes con apertura de cunetas, e a mellora das beirarrúas na zona do Campo da Feira, co ensanchamento das mesmas a unha distancia de 1 metro en ambos marxes, mellorando a accesibilidade da estrada.
Todas estas actuacións, en palabras da alcaldesa, “fanse pensando sempre nos peóns, nas persoas e na súa calidade de vida, facendo unha Salvaterra máis accesible”.
A candidata ao Congreso polo Bloque Nacionalista Galego, Carme da Silva mantivo un encontro coas Asociación Veciñais de Chapela, Trasmañó e Teis, para prantexarlle a estratexia nacionalista co fin de rematar coa Peaxe de Rande. Segundo manifestou na xuntanza “o apoio a un novo goberno do estado, na que os votos do BNG van ser decisivos, pasará entre outras polo traspaso da AP9 a Galiza, e a eliminación da Peaxe”.
Ao
longo da súa exposición, ante diversos membros das directivas, na
que tamén participou a candidata ao Senado, a redondelá Cecilia
Pérez, da Silva, expresou o xa por todos coñecido “PP e PSOE,
compadrean coas Peaxes, en función de quen goberne en Madrid. A
realidade, que estes grupos carecen de peso específico no Congreso,
levantando a man cando lles autoricen”. Pola contra afirmou que a
presenza do BNG, no Congreso priorizará que “este agravio que
pagamos por empregar unha infraestructura estratéxica, sexa
eliminada”.
Os
representantes dos coleitivos veciñais, expresaron diferentes
opinións sobre cal debe ser a estratexia a seguir, coincidindo en
que tanto a Supresión da Peaxe, como as obras de Compensación pola
Ampliación, constitúen os seus retos a corto prazo. Na xuntanza
salientouse a importante movilización en contra da Peaxe,
protagonizada por estas AA.V., cun pago simbólico de moedas, da que
o actual candidato do PP, Javier Bas, quixo aproveitarse
políticamente.
A
candidata ao Senado polo BNG, Cecilia Pérez, recordou como a
presenza do nacionalismo galego no Congreso, garantía que os
problemas vinculados á Autoestrada, “sempre eran escoitados polo
goberno correspondente. Esa voz silenciouse nos últimos catro anos,
mesmo por aqueles que presuntamente só defendían os intereses
galego, mais despois só pelexaban por ter un ministerio”, en
alusión ás candidaturas de Unidas Podemos.
Para
rematar, Carme da Silva asegurou que o BNG vai volver a ter presenza
no Congreso. Os votos do nacionalismo galego, van ser decisivos polo
que a voz de Galiza vai volver se escoitada, tida en conta e
respeitada, “priorizando as nosas aspiracións, para darlle futuro
a este país”.
Un ano máis, os alumnos de quinto de primaria de todos os centros educativos de Baiona, poderán gozar xunto ao poeta e pedagogo vigués David Fernández Rivera do Proxecto Caligrama 2000, unha iniciativa que, a través dunha pedagoxía pioneira, busca introducir aos máis pequenos no apaixonante mundo da poesía visual.
A actividade, que desde hai anos promove o Concello de Baiona e que xa se instaurou de forma habitual nos centros do municipio, foi presentada no CEP Sabarís polo edil de educación, Óscar Carreño Miniño, quen animou aos alumnos e alumnas a aproveitar ao máximo “esta oportunidade única para crecer dende a poesía”.
Ao
longo dos últimos anos, David Fernández Rivera demostrou que a
poesía visual é unha ferramenta con grandes virtudes pedagóxicas
de cara ao desenvolvemento da creatividade e pensamento crítico dos
nenos, unha ferramenta coa que Rivera consegue encher de entusiasmo e
imaxinación cada unha das aulas que visita. Mostra disto é a
participación efusiva coa que os pequenos viven o obradoiro, no que
aprenden, entre outras cousas, a crear e interpretar poemas visuais.
Con
todo, este proxecto con David Fernández Rivera non terminará tras a
realización dos talleres debido a que estes terán unha continuidade
grazas ao desenvolvemento de diferentes actividades que impulsará no
municipio co apoio da Concellería de Educación.
Xa o pasado ano, tras finalizar os obradoiros, o poeta promoveu un concurso interescolar de poesía visual que culminou coa inauguración da instalación do poema visual ‘Infinito’ da súa propia autoría e adicado aos máis pequenos da vila na fachada do Centro Multiusos Ángel Bedriñaña.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.