23.5 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Setembro de 2023
Máis
    HomeÉ NoticiaO «IV Encontro Provincial pola Inclusión» péchase cunha xornada lúdica

    O «IV Encontro Provincial pola Inclusión» péchase cunha xornada lúdica

    O Centro Príncipe Felipe acolleu a xornada de festa coa que se pechou o evento que clausurou a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva

    O pavillón do Centro Príncipe Felipe, da Deputación de Pontevedra, acolleu hoxe a fin de festa do IV Encontro Provincial pola Inclusión organizado pola institución provincial na que entre luns e martes participaron máis de 500 persoas. Foi a través dunha xornada de ledicia e convivencia, que complementou a xornada técnica de onte no Museo.

    Máis de 250 persoas asistiron ao peche lúdico do evento que finalizou cun ágape que reuniu as persoas con diversidade funcional e tamén aquelas e aqueles profesionais que traballan a diario con elas para garantir o seu benestar e que se cumpran os seus dereitos. A Presidenta provincial, Carmela Silva, acompañada pola deputada de Cohesión Social, Olga García, tamén participou na festa, na que se deron cita diversos colectivos e centros educativos da provincia de Pontevedra.

    “Quérovos felicitar por todo o traballo que realizades e tamén darvos unha aperta moi grande”, transmitiulles Carmela Silva antes de pasarlle o micrófono a Felipe, un mozo que “vou levar comigo a todos lados” para compartir con el o protagonismo xa que “díxome que aparezo moito nos xornais”.

    O sentimento de agarimo foi recíproco, e a Presidenta da Deputación de Pontevedra recibiu o cariño das numerosas persoas que se achegaron a conversar con ela durante o ágape. Silva tamén recibiu en primeira persoa o agradecemento das entidades que participaron no encontro e que quixeron cadansúa fotografía para lembrar a súa participación no IV Encontro Provincial pola Inclusión. A Presidenta da Deputación de Pontevedra lembroulles que “estamos moi orgullosas e orgullosos de todas e todos vós” e agardou que “sexades moi felices”.

    A xornada lúdica que acolleu o Centro Príncipe Felipe desenvolveuse durante toda a mañá, e tivo como obxectivo pór en valor os proxectos que conseguen integrar as persoas con diversidade funcional na sociedade. Por iso, o centro acolleu ata un total de catro exposicións artísticas realizadas por estes colectivos, que tamén puideron asistir a un obradoiro de bailoterapia e a un espectáculo creado polo actor e humorista Al Guanella.

    LIBROS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.