A candidata ao Congreso polo Bloque Nacionalista Galego, Carme da Silva mantivo un encontro coas Asociación Veciñais de Chapela, Trasmañó e Teis, para prantexarlle a estratexia nacionalista co fin de rematar coa Peaxe de Rande. Segundo manifestou na xuntanza “o apoio a un novo goberno do estado, na que os votos do BNG van ser decisivos, pasará entre outras polo traspaso da AP9 a Galiza, e a eliminación da Peaxe”.
Ao longo da súa exposición, ante diversos membros das directivas, na que tamén participou a candidata ao Senado, a redondelá Cecilia Pérez, da Silva, expresou o xa por todos coñecido “PP e PSOE, compadrean coas Peaxes, en función de quen goberne en Madrid. A realidade, que estes grupos carecen de peso específico no Congreso, levantando a man cando lles autoricen”. Pola contra afirmou que a presenza do BNG, no Congreso priorizará que “este agravio que pagamos por empregar unha infraestructura estratéxica, sexa eliminada”.
Os representantes dos coleitivos veciñais, expresaron diferentes opinións sobre cal debe ser a estratexia a seguir, coincidindo en que tanto a Supresión da Peaxe, como as obras de Compensación pola Ampliación, constitúen os seus retos a corto prazo. Na xuntanza salientouse a importante movilización en contra da Peaxe, protagonizada por estas AA.V., cun pago simbólico de moedas, da que o actual candidato do PP, Javier Bas, quixo aproveitarse políticamente.
A candidata ao Senado polo BNG, Cecilia Pérez, recordou como a presenza do nacionalismo galego no Congreso, garantía que os problemas vinculados á Autoestrada, “sempre eran escoitados polo goberno correspondente. Esa voz silenciouse nos últimos catro anos, mesmo por aqueles que presuntamente só defendían os intereses galego, mais despois só pelexaban por ter un ministerio”, en alusión ás candidaturas de Unidas Podemos.
Para rematar, Carme da Silva asegurou que o BNG vai volver a ter presenza no Congreso. Os votos do nacionalismo galego, van ser decisivos polo que a voz de Galiza vai volver se escoitada, tida en conta e respeitada, “priorizando as nosas aspiracións, para darlle futuro a este país”.