12.4 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoMondariz BalnearioAdenco, 30 anos de duro traballo de divulgación da micoloxía

    Adenco, 30 anos de duro traballo de divulgación da micoloxía

    A Asociación ecoloxista celebra esta fin de semana, en Mondariz Balneario, os 30 anos das súas «Xeiras Micolóxicas», un referente dentro e fora das nosas fronteiras

    As Xeiras Micolóxicas do Grupo Ecoloxista ADENCO chegan este ano á súa trixésima edición, unha actividade en torno ao mundo dos cogomelos que se desenvolve de maneira ininterrumpida desde a constitución do colectivo en 1990. As Xeiras son un referente no mundo da micoloxía no sur da Provincia de Pontevedra e supuxeron no seu momento a chegada da ecoloxía á micoloxía, con actividades abertas á sociedade, dirixidas a nenos e adultos, co propósito de descubrir o reino dos fungos, que aínda hoxe esconde segredos destacables.

    O Grupo Ecoloxista Adenco desenvolverá esta fin de semana, no Concello de Mondariz Balneario, epicentro histórico no mundo da micoloxía no sur de Galicia, varias actividades Así, as persoas interesadas, poderán participar nun roteiro micolóxico guiado polos montes do concello, un obradoiro práctico de identificación de cogomelos e ver e aprender cunha exposición de cogomelos, debidamente identificados.

    “Intentamos introducir novas temáticas nas actividades, sen esquecer o pasado, adicándolle este ano tempo aos cogumelos galegos en xeral e ao relacionado cos cogumelos en Mondariz, como levamos facendo desde hai case tres décadas” indicou Anxo F. Saborido, presidente de Adenco.

    O sábado 2 de novembro, ás 10:30h, se sairá desde o Concello para, unha vez no monte, recoller diferentes especies. Esta é unha actividade libre e gratuíta, sen necesidade de apuntarse con anterioridade.

    Pola tarde, ás 20:00 h, na Biblioteca do Concello, procederase a súa clasificación nun obradoiro de identificación de cogomelos aberto, tamén, á participación do público.

    O domingo 3 de novembro, entre as 11 h e as 14 h, exporánse as diferentes especies recollidas nos montes da Comarca nos soportais do Concello.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.