Mércores, 11 Decembro de 2024

Alcaldesa do Porriño e empresarios tratan das melloras de tráfico no polígono da Granxa

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, mantivo unha reunión cunha representación empresarial do Polígono de A Granxa de cara a estudar diversas melloras que implementar no ámbito dese recinto industrial para aliviar a presión de tráfico rodado que soporta. A Alcaldesa, acompañada do inspector xefe da Policía Local, Daniel Rodríguez, reuniuse do presidente da Entidade de Urbanística de Conservación ‘A Granxa’, Indalecio Cuevas; o xerente, David Sobral, e o director xeral da fundación ‘CTAG’, Luis Moreno.

Unha das solucións pasa pola oferta que fixo a alcaldesa ó Centro Tecnolóxico do Automóbil de Galicia de cederlle mediante convenio unha parcela de titularidade municipal ó carón do CTAG para que sexa acondicionada por esta entidade como aparcamento exclusivo para o seu persoal.

Asimesmo a alcaldesa informou que desde a Policía Local de O Porriño tense requerido á varias empresas tanto unha de loxística de recente implantación como de transportes para que non realicen ocupación de espazos públicos con labouras de carga e descarga óu como aparcamento para vehículos, xa seaxan furgonetas de reparto ou camións de gran tonelaxe.

De feito hoxe mesmo a Policía Local de O Porriño, tras comprobar que as advertencias realizadas non se respetaron, impuxou dez denuncias por infraccións ó vixente Regramento Xeral de Circulación como se pode apreciar nas imaxes adxuntas.

Por outra banda desde a Xefatura da Policía Local informouse de que nos vindeiros días instalaranse sinais verticais de “prohibido estacionar agás turismos” nun tramo da vía principal do Polígono de A Granxa onde producense estas incidencias.

Co respecto a outros asuntos abordados na reunión, Eva García trasladou á representación empresarial a información que recibiu recentemente de David Regades, delegado da Zona Franca sobre o estado de tramitación do proxecto da Cidade do Transporte que acollerá Porriño e deberá desafogar moita da presión de tráfico actual.

Por último a alcaldesa indicou á representación empresarial que de xeito inminente haberá unha redistribución de competencias como consecuencia da incorporación de dous concelleiros do BNG ó goberno municipal e que as infraestructuras pasarán a ser responsabilidade de Pedro Pereira ainda que as soluciones que se adopten serán consensuados polos dous grupos do gabinete.