Venres, 16 Maio de 2025

Primeiras axudas extraordinarias da Deputación de Pontevedra para O Rosal

0

O Concello do Rosal xa ten a súa disposición os case 18.000 € da nova liña de axudas extraordinarias posta en marcha pola Deputación de Pontevedra para facer fronte ás novas continxencias causadas pola pandemia do COVID-19 e dar resposta rápida ás necesidades básicas da veciñanza que se atopa nunha situación de maior vulnerabilidade a causa da crise sanitaria.

O Concello rosaleiro investirá parte desta axuda na compra principalemente de alimentos cos que afrontar o incremento das emerxencias sociais que van xurdindo nas últimas semanas como consecuencia da pandemia por coronavirus e do estado de alarma decretado, con “demandas de necesidade urxente e puntual das e dos veciños que se atopen en situación de risco de exclusión social e con especial atención as persoas con menores ao seu cargo ou en situación de especial vulnerabilidade”.

O novo financiamento da Deputación tamén servirá para a prestación de servizos básicos de emerxencia, que no caso do Rosal tradúcese na incorporación temporal dunha auxiliar de axuda a domicilio. O servizo de axuda no fogar é de vital importancia para garantir e protexer o interese xeral dos veciños e veciñas especialmente durante o estado de alarma, polo que é preciso “manter a atención domiciliaria polo incremento das necesidades da poboación que emprega este servizo pola situación de confinamento decretada”.

Máis de 200 persoas emprendedoras participaron na ‘Webinar’ co prestixioso divulgador económico José Mª O’Kean

O catedrático de Economía e divulgador sevillano José María O´Kean foi o encargado de abrir as sesións “webinar” (seminarios online en formato vídeo) coas que o programa SmartPeme, da Deputación de Pontevedra, pon o seu grao de area para axudar á reactivación do emprendemento na nosa provincia unha vez que conclúa o estado de alarma. O´Kean, que ofreceu unha charla titulada “Covid-19: A crise inesperada. Implicacións económicas e expectativas de saída”, animou a aproveitar o período de hibernación para reinventar negocios e empresas no eido do comercio electrónico, buscando as “sensacións” no acto de consumo e apostando pola cooperación e non só pola competencia cos grandes xigantes mundiais do eCommerce.

A webinar, na que participaron máis de 200 persoas emprendedoras adheridas a SmartPeme, comezou coa intervención da presidenta da Deputación, Carmela Silva, acompañada do deputado Gregorio Agís. Silva destacou que resulta evidente que estamos diante dunha crise que carrexa efectos moi negativos sobre o emprego e o noso sistema socioeconómico. Neste senso valorou o papel de SmartPeme como ferramenta útil para achegar respostas ás/os autónomos e ás PEME nun momento de incertezas. “Non podemos esquecer que máis pronto que tarde haberá un día despois e teremos que reorientar o noso sistema produtivo”. Silva concluíu que o mundo móvese cos optimistas, aos que cualificou como “o pulmón da saída”. “Necesitamos aos optimistas”, engadiu, “para avaliar a situación con realismo e poñer solucións enriba da mesa”. Por contra, destacou, os pesimistas “só quedan protestando e agardando a ver que sucede”. “Sairemos desta coas capacidades de todas e de todos”, concluíu Silva, nunha mensaxe de ánimo ao tecido empresarial pontevedrés.

José María O`Kean fixo unha comparanza entre a crise financeira de 2008 e a actual crise sanitaria subliñando que, aínda que as orixes son moi distintas, corremos o risco de que os resultados sexan parecidos. O desenlace, explicou, vai depender moito das decisións que vaia adoptando a Unión Europea. Non obstante, o experto subliñou que xa está moi claro é que a desafección social pola globalización que xa se albiscaba antes do Covid19 vaise agudizar despois da pandemia.

O´Kean centrou boa parte da súa intervención en animar ás/os emprendedores participantes a emprender o camiño da dixitalización nun escenario no que os “marketplaces” coméronlle gran parte do terreo ás tendas físicas. “Vivimos nun mundo hiperindividualista, no que o consumo faise cada vez máis dende a casa, aproveitando tódolos recursos que ofrece a web, e buscando sensacións, ademais de produtos”. Aconsellou aproveitar as oportunidades de financiamento barato para investir en loxística rápida, captar de xeito activo a consumidores e desenvolver ferramentas para responder e anticiparse ao que demandan. E, ademais, ser moi flexibles coas estratexias de venda, que agora pasan por ofertas personalizadas en función dos desexos, ofertas acumuladas ou produtos complementarios. “No pasado, continuou, as empresas estaban moi preocupadas polo “front office” (o que o consumidor ve) e consideraban o “back office” como algo interno. Agora xa non existe esa separación, e ademais hai que ir a polos clientes. É o momento de investir en recursos tecnolóxicos para ofrecer as sensacións que se demandan e en traballadores cualificados. Xa non se trata só de competir, senón tamén de colaborar porque a masa crítica importa“, concluíu.

Finalmente, o relator abordou o reto macroeconómico que para España vai supor a caída do turismo, o sector que substituíu á construción como motor da economía trala crise de 2008. Na súa opinión, o turismo interior será a alternativa “porque non van chegar avións con 85 millóns de turistas ao ano”. Neste contexto debuxou a oportunidade que se abre para Galicia, que pode seducir cun modelo máis natural e saudable, lonxe das aglomeracións coas que asociamos o turismo de sol e praia do Sur e tamén aos saturados destinos urbanos.

José María O´Kean, é doutor en Economía pola Universidade de Sevilla, Executive Master en E-Business polo Instituto de Empresa e catedrático de Economía da Universidade Pablo de Olavide de Sevilla desde 1997. É tamén profesor asociado de Entorno Económico e Análise de Países no IE Business School desde 1991.

Un empresario tomiñés ofrece as súas máquinas para desinfectar as dependencias e vehículos das forzas de seguridade locais

0

A solidariedade civil está a ser noticia estes duros días de confinamento, e é de agradecer. Enrique ‘Rui’ Vicente, veciño do barrio tomiñés da Salgosa, ofreceu as máquinas da súa empresa estes días, para desinfectar os locais e os coches da Policía Local, Garda Civil e Protección Civil de Tomiño con ozono, unha alternativa para evitar o contaxio de bacterias, cun gas que esteriliza e hixieniza moi profundamente sen contaminar o ambiente. Personal da súa empresa pasou varias horas desinfectando tamén as dependencias da Policía Local e Guarda Civil de Tui.

Segundo explica o empresario, propietario da firma “Never After” con sede en Portugal, o ozono xerado para o uso industrial é un oxidante poderoso que disolve a suciedade e os xermes, e logo se descompón volvendo ao seu estado orixinal: osíxeno. Ataca aos microorganismos e os destrúe e -algo moi importante- non aporta ningunha sustancia extraña nin perigosa ao ambiente. Dito doutra forma, o ozono descompóñese espontáneamente en osíxeno, converténdose deste xeito no único desinfectante e descontaminante que non contribúe á contaminación química do ambiente.

Por iso, ademais de polos seus custes, moi baixos, é ideal para ser utilizado como biocida na agricultura pero, desafortunadamente, coma comenta Vicente, falta aínda unha boa regulación xurídica por parte dos gobernos e moita divulgación e concienciación da cidadanía. “É o desinfectante máis potente e barato que hai; porque non ten insumos case, por iso non interesa que se coñeza máis”, advirte este profesional con máis de 30 anos de experiencia, que envoiou só aItalia, máis de 80 máquinas durante a crise do coronavirus.

O oficial xefe da Policía Local de Tomiño, José Ramón Álvarez Riveiro, salienta o feito de que a non ser polo ofrecemento deste veciño, a desinfección non podería facerse, porque aínda que a Xunta ofreceu realizala en Pontevedra, resultaría prácticamente inviable levar todos os coches até alí cada día.

A alcaldesa de Tomiño, pola súa banda, agradece publicamente a xenerosidade deste empresario local que, de forma totalmente desinteresada, permite desinfectar dun xeito profundo e moito máis fiable os locais e coches cos que traballan os axentes da Policía Local, Garda Civil e Agrupación de Protección Civil, todos moi necesarios nestes difíciles días que nos tocan vivir.

O Concello de Ponteareas fai balance despois dun mes de teletraballo

O concelleiro de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico do Concello de Ponteareas, Benito Márquez, fixo un positivo balance deste mes de implantación do teletraballo nos servizos municipais. Márquez trasladou á cidadanía que “a totalidade dos e das traballadoras municipais que desenvolvían traballos con equipamentos informáticos traballan dende hai xa un mes totalmente de xeito telemático”.

Benito Márquez, que tamén é concelleiro de Persoal, salienta o “excelente traballo” do departamento de informática que foi quen de implantar “en tempo récord” a infraestrutura para o teletraballo permitindo que dende o primeiro momento os e as traballadoras desenvolvan dende os seus fogares o 100 % do traballo a través dun software que lles permite acceder aos seus escritorios virtuais dende fóra da rede corporativa de xeito transparente empregando as mesmas ferramentas e programas informáticos que utilizaban nas oficinas municipais. A través dunha dobre autenticacións garántese a seguridade no acceso.

“O escenario de teletraballo xa se tiña contemplado dende hai un tempo, –explica Benito Márquez– de aí a decisión de implantar o ano pasado no Concello unha solución de escritorios virtuais baixo terminais lixeiros, o que supón múltiples vantaxes, unha delas a mobilidade do espazo de traballo”.

O Concello preparou equipo portátiles e manuais como guía para teletraballar e creouse un sistema de VPN (rede privada virtual) para aqueles usuarios/as que, por características do software específico co que traballan, non teñen posibilidade de virtualizar o seu escritorio.

Benito Márquez, concelleiro de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico

O concelleiro de Persoal agradeceu tamén “a todos e todas as traballadoras a súa boa disposición e rápida adaptación a este novo sistema de traballo que atende as necesidades e xestións máis urxentes mentres dure este estado de alarma”.

Ademais, o Concello implantou un software libre para a comunicación inmediata entre os distintos departamentos, este sistema de mensaxería instantánea permite unha comunicación fluída e áxil entre os traballadores e traballadoras adaptado aos nosos escritorios remotos e traducido ao galego.

Márquez subliñou que o Concello dispón tamén, dende os primeiros días, dun software libre, gratuíto e seguro “que fai posible a celebracións de reunións como a mantida entre o Goberno e a oposición nos últimos días ou a realización de xestións e tramitacións municipais que requiren o diálogo e toma de decisións entre distintos departamentos. Un dos sistemas de maior seguridade existentes no mercado”.

“Fomos dos primeiros Concellos da provincia capaces de implantar o teletraballo con sistemas informáticos seguros e eficientes e con programas e ferramentas que ademais de permitir o traballo individual facilitan o encontro virtual entre traballadores e traballadoras”, conclúe o concelleiro de Desenvolvemento Tecnolóxico.

O Regulamento de Participación Veciñal de Salceda, en exposición pública

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe a aprobación inicial do regulamento de participación veciñal do Concello de Salceda de Caselas, aprobado cos votos a favor dos grupos de goberno (MS e PSOE) e a abstención do PP, e que será o primeiro regulamento de participación cidadá do Concello de Salceda.

O documento, sinala a concelleira de Participación Cidadá, Verónica Tourón, necesario “para a intervención directa da veciñanza na construción do noso futuro como pobo, do contrario moitas posibilidades de mellora poden ser estragadas”. “Un concello aberto e democrático –engade Tourón– debe impulsar a acción da cidadanía para acadar unha convivencia plena de dereitos”.

O regulamento conta inicialmente con un prazo de exposición pública de 30 días, aínda que a suspensión de prazos do estado de alarma ampliará dito prazo o tempo que sexa preciso, e que será anunciado unha vez remate o mencionado estado.

Asociacións, entidades, colectivos ou persoas a título individual poden xa achegar as súas propostas e suxestións a modo de alegacións. Unha vez estea aprobado definitivamente abrirase un prazo de 3 meses para que as asociacións actualicen a súa documentación no rexistro municipal de asociacións e soliciten a participación no Consello Veciñal.

No documento regúlase o rexistro de asociacións municipal e a participación veciñal nas decisión do Concello, e ten como eixo fundamental a creación do Consello veciñal, que canalizará a participación cidadá.

O mencionado regulamento é un dos compromisos do acordo entre os dous partidos do equipo de Goberno. Ámbolos dous grupos defenden a participación cidadá como un dos puntos fundamentais da política local, considerando indispensable que os elementos dinamizadores da vida social teñan unha participación activa na vida política do Concello e actúen como complemento enriquecedor da democracia representativa.

O equipo de goberno agradeceu a laboura que os colectivos sociais, culturais, deportivos e veciñais desenvolven ao longo de todo o ano en Salceda, e que, en palabras de Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda, “contribúen a que Salceda de Caselas sexa referente ao longo de toda a comarca polo enorme dinamismo social existente, con multitude de eventos organizados tanto polo Concello como polas diferentes asociacións. Dende o Concello seguiremos a apoiar a cultura, o deporte, e o asociacionismo en xeral tamén nestes momentos tan complexos.”.

Os actos vandálicos causan graves danos na área recreativa da Veiguiña, na parroquia de Atios

Despois do parón obrigado polo estado de alarma para os sectores non esenciais, hoxe, na volta ao traballo, os comuneiros de Atios puideron comprobar que o confinamento, coa expresa prohibición de moverse sen xustificación, “non vai para os vándalos que o estado de alarma non vai cos que sempre queren facer mal, onde sexa, como sexa e cando sexa”.

Nestes días de confinamento a área recreativa da Veiguiña, un fermoso espazo natural propiedade dos comuneiros e de todos os veciños de Atios, que todos os anos acolle a festa do Monte, foi obxecto de destrozos por parte de persoa ou persoas descoñecidas.

Segundo os comuneiros de Atios, os destrozos foron ocasionados “por un quad de grandes dimensións, ou un todoterreo, non podemos precisar de que tipo de vehículo se trata, pero sí a ruta que seguiu e os danos que causou o seu desaprensivo condutor”.

[su_image_carousel source=”media: 14068,14070,14071,14072″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Sen ningún tipo de escrúpulo, “atravesou a longa escalinata de pedra situada no centro do recinto, e saiu por un sendeiro que discorre polas mesas da área recreativa. No seu aloucado descenso rompeu unha decena de chanzos de pedra, pezas de grosas dimensións que só un vehículo pesado puido remover”, sinalan os veciños e veciñas que subliñan o feito de que “as pegadas son evidentes no carreiro e na saída do recinto. Descoñecemos a identidade do delincuente, aínda que non desbotamos que sexa algún membro dun club de todoterreos 4×4 da contorna”.

En todo caso, os comuneiros teñen a certeza que “tivo que ser alguén que vive preto e que coñece a zona” e non se reprimen ao sinalar que “hai que ser un malnacido e persoa moi ruín para facer algo así. Trátase de causar dano por simple pracer, non hai outra explicación”.

A directiva da Comunidade de Montes puxo os feitos en coñecemento das forzas de seguridade e agardan que as pescudas dean co autor ou autores destes feitos. O certo –lamentan os comuneiros– “é que ata agora non tiveron efecto as reiteradas denuncias pola presenza de motos, quads e todoterreos no monte de Atios. Vehículos que lonxe de favorecer o desfrute do espazo natural, causan importantes danos en pistas e plantacións do monte comunal”.

O Rosal agradece o “gran traballo” que está a facer o persoal encargado da recollida de lixo

0

O Concello do Rosal agradeceu hoxe “o gran traballo” que está a facer o persoal encargado da recollida de lixo durante estes días de crise sanitaria, “cun grande esforzo pola súa parte e cunha grande implicación profesional pero sobre todo social e humana para que o resto da veciñanza poda levar esta situación da mellor maneira posible”.

O Goberno que preside Ánxela Fernández lembra tamén á veciñanza que nos fogares existen unha serie de residuos que polas súas características “non poden ser tirados aos colectores de recollida selectiva distribuídos ao longo do municipio, senón que teñen que ser levados e xestionados por xestores autorizados a través do Punto Limpo”.

Durante o período do estado de alarma, –subliña o Concello do Rosal– o Punto Limpo “permanece pechado para evitar que as persoas usuarias do mesmo e as encargadas da súa xestión estean expostas ao risco de contaxio polo COVID-19” a este peche do Punto Limpo engádese o feito de que as empresas autorizadas para a recollida deste tipo de residuos, por mor do estado de alarma non están prestando os seus servizos.

O Concello reitera á veciñanza que os residuos que antes eran levados ao punto limpo “non poden ser tirados nos colectores nin abandonados na rúa” e recorda que o incumprimento disto “implica sancións económicas asociadas que van dende os 30 € ata os 300 €”.

O Goberno local do Rosal fixo unha listaxe dalgúns dos residuos que aparecen con máis frecuencia nos contedores e a problemática que levan asociada:

  • Entullo de obras: rompe os colectores debido ao seu peso e, por este mesmo motivo, dana o camión de recollida do lixo.
  • Televisores: conteñen no seu interior sustancias altamente contaminantes, saturan os colectores e, ao ser baleirados no camión de recollida, as pantallas estralan e saltan supoñendo un risco físico para os traballadores.
  • Pneumáticos: ao facer o cambio de pneumáticos, os talleres oficiais xa xestionan estes residuos xa que están obrigados por lei a facelo.
  • Voluminosos: tal e como indica o seu propio nome, estes residuos saturan os colectores. Na meirande parte dos casos son residuos que acaban sendo abandonados na rúa co impacto visual desagradable que iso xera. Ademais, o camión de recollida do lixo non pode recoller este tipo de residuos porque danan gravemente o vehículo.
  • Roupa, alfombras, madeira, chatarra, etc…: estes residuos polo seu gran volume colapsan os contedores e a caixa do camión do lixo. Os téxtiles atáscano ao engancharse na prensa obrigando ao camión a deter a recollida de lixo e aos operarios a meterse dentro da caixa e desenredar os residuos para así poder reanudar o servizo.

O Concello do Rosal lembra que “dispón dun único camión para a recollida do lixo” polo que se este vehículo sofre unha avaría “impide poder realizar con normalidade o servizo”.

“Está na responsabilidade individual de cada un dos veciños e veciñas do Rosal botar exclusivamente os residuos pertinentes nos colectores de recollida selectiva. Se todas as persoas son responsables e contribúen a elo, as rúas do noso concello estarán moito mais limpas e teremos un servizo de mellor calidade”, apunta o Concello rosaleiro que remata subliñando que “unha correcta xestión do lixo que permite minimizar os riscos tanto para toda a veciñanza como para os traballadores municipais, que están a realizar un labor esencial para manter o servizo de recollida”.

Os concelleiros e concelleiras do PP do Porriño renuncian ás súas retribucións o que resta de 2020

O Grupo Municipal do Partido Popular do Porriño fixo transmitiu ao Goberno local a súa intención de renunciar “a percibir ás súas retribucións por comisións, asistencia a plenos e aportación como grupo municipal todo o ano 2020”. Os populares tiñan solicitado un Plan de rescate para autónomos e empresas “que contemple axudas directas e indirectas dirixidas a paliar as consecuencias da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19”.

Na súa argumentación o PP porriñés sinalaba que no municipio “miles de autónomos perderon os seus ingresos e algúns incluso miráronse na obriga de pechar os seus negocios por mor do confinamento derivado do Estado de Alarma”.

O perxuízo económico que para eles acarrea este parón na actividade require –ao entender dos populares– que o Concello, como administración máis próxima, “poña de inmediato en marcha medidas reais e efectivas para que ningún autónomo ou pequeno empresario do municipio se vexa abocado ao cese definitivo da súa actividade”.

Nesa liña, nun escrito rexistrado o pasado 31 de marzo, o grupo municipal do PP solicitaba “modificar a base do Orzamento Municipal para que ademais, cada corporativo con dedicación, reibaxara a cantidade correspondente á que aportaba cada concelleiro da oposición, así como as aportacións correspondentes a cada partido político polo seu número de concelleiros (8 no caso dos populares)”.

“Os autónomos e pequenos empresarios requiren medidas urxentes”, indicou Alejandro Lorenzo, portavoz do PP do Porriño. “Pola nosa banda, modifíquese ou non a base orzamentaria, propoñemos ao Goberno Municipal que se cree unha conta para que os corporativos podamos donar as nosas retribucións e contribuir a crear este fondo de axudas. Pedimos canto antes que se convoque a comisión específica para expoñer as nosas propostas e Plan específico a desenvolver” apuntou o edil popular.

Amais, entre o 18 e 24 de marzo, o PP do Porriño presentou unha serie de iniciativas encamiñadas a diminuír o impacto da crise do coronavirus como poden ser o servizo a domicilio de alimentos ás familias máis necesitadas; paralización dos cobros de impostos con proposta de aprazamento ao ano 2021; elaboración dun reglamento municipal que establezca subvencioncións ás pequenas empresas e autónomos; cancelación das taxas municipais sobre as terrazas dos locais de hostalería, amais de bonificacións do 100 % ás Asociacións Culturais ou Deportivas do municipio sobre o IBI dos seus locais e pola taxa de vaciado de fosas sépticas e o seu correspondente transporte.

Baiona agradece á empresa ‘Akiwater’ o préstamo de maquinaria para desinfección con ozono

0

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, agradeceu hoxe no seu nome e no de toda a Corporación Municipal, “o xesto solidario da empresa Akiwater” ao prestar ao Concello unha máquina de desinfección con ozono para utilizar no material que empregue o persoal municipal no desenvolvemento das súas funcións.

Con un sistema ecolóxico e sen utilización de deterxentes, a maquinaria prestada por Akiwater permitirá unha desinfección a fondo tanto dos vehículos como material “que diariamente utiliza o persoal municipal na súa labor de manter en funcionamento os servizos básicos para a cidadanía”, subliña o alcalde de Baiona.

Gómez destacou a “implicación, solidariedade e compromiso” das empresas que, pese ás dificultades que están a pasar nesta crise sanitaria e a declaración do estado de emerxencia, “son quen de prestar o seu apoio desinteresado ás administracións para que estas poidan seguir traballando a prol dos seus veciños e veciñas”.

Nigrán adquire 800 € en alimentación especial para os cans e gatos enfermos de ‘Baisenpulgas’

0

O confinamento provocado polo coronavirus e o conseguinte estado de alarma, vén de afectar de xeito moi directo ás asociacións protectoras de animais que miran como diminúen os seus recursos económicos e afrontan situacións, ás veces dramáticas, que poñen en perigo a supervivencia dos animais que teñen ao seu coidado. Ao igual que o Concello de Ponteareas que axudaba económicamente á protectora ‘Os Biosbardos’, Nigrán optaba por outro xeito de axuda a ‘Baisenpulgaqs’: entregar alimentos especiais para os cans e gatos enfermos e que teñen necesidades alimentarias específicas.

Así, o Concello que preside Juan González facía entrega esta semana á protectora de animais do Val Miñor ‘Baisenpulgas’ alimentación por valor de 800 € para cubrir apropiadamente as necesidades básicas dos seus cans e gatos enfermos.

O Concello atendeu así a demanda realizada en redes sociais por Baisenpulgas e adquiríu nunha clínica do municipio 90 kg de pienso e 72 latas de comida húmida para garantir durante os vindeiros meses a dieta especial que precisan os seus 8 cans e 2 gatos con problemas crónicos (a maioría con enfermidades gastrointestinais ou renais).

“A crise sanitaria do Covid-19 tamén afecta á donación de alimentos ás protectoras e, consecuentemente, aos seus animais, especialmente aos enfermos, porque deben seguir unha dieta especial que ten un custe adicional, tal e como explicou a protectora en redes sociais”, subliña o alcalde, Juan González, quen engade que a compra do Concello está precisamente destinada a estes animais enfermos.

A Deputación prorroga case un ano o prazo para rematar as obras do Plan DepoRemse

A Deputación de Pontevedra aprobará na sesión do seu primeiro Pleno telemático da historia, que se celebrará o próximo día 24, a modificación das bases do Plan de Remodelación e Mellora da Seguridade dos Viais Municipais (DepoRemse) pola que se prorrogará o prazo para o remate das 31 obras previstas nos concellos, cun montante total de 11 millóns de euros, e que supón un dos maiores impulsos á obra pública na provincia.

A presidenta provincial, Carmela Silva, explicou esta medida “na convicción de que estamos a vivir uns momentos históricos e dunha complexidade extraordinaria, polo que as Administracións deben traballar xuntas, sumando esforzos, para facer todo o posible para protexer a saúde das persoas e, en segundo lugar, procurar que a economía se resinta o menos posible. A obra pública, dixo Silva, é un sector especialmente sensible polo seu peso na xeración de emprego.

Ao mesmo tempo, o apoio aos concellos forma parte do modelo que representa a nova Deputación, polo que diante da actual crise só cabía reforzar a alianza co mundo local”. A presidenta cualificou aos municipios como “a verdadeira vangarda territorial na loita institucional contra a pandemia polo que diante deste escenario que nos toca vivir, non imos consentir que nin unha soa obra, financiada pola Deputación, deixe de executarse por razóns administrativas”.

O acordo, que será sometido a votación no Pleno telemático do día 24 consiste nunha prórroga de 11 meses do prazo de execución das obras. A data límite actual estaba fixada no 30 de xuño deste ano e agora adíase ao 31 de maio de 2021. Ao mesmo tempo, o prazo de xustificación administrativa continuará a ser de catro meses dende o remate da obra, polo que pasa ao 30 de setembro de 2021. Carmela Silva explicou que a Deputación aposta polo “máximo legal permitido” en materia de subvencións ao obxecto de despexar incógnitas aos concellos. “Un acordo”, continuou, “que tamén vai ser positivo para veciñanza destes 31 concellos, pois en tódolos casos trátase de obras moi necesarias e que van mellorar a calidade de vida”. Neste senso lembrou que tódolos proxectos foron seleccionados, en concorrencia competitiva, polo persoal técnico provincial e atendendo sempre a criterios de mellora da seguridade viaria e humanización dos espazos públicos”.

Os concellos beneficiarios do Plan DepoRemse son Bueu, Moraña, Barro, Poio, Campo Lameiro, As Neves, Salvaterra de Miño, A Cañiza, Crecente, Covelo, Ponteareas, Silleda, Vila de Cruces, Fornelos de Montes, Baiona, A Guarda, Ribadumia, A Illa de Arousa, Catoira e Cangas-Moaña (que presentaron senllos proxectos coordinados entre os dous municipios). De entre todos eles Barro, A Cañiza, Catoira, Covelo, A Illa de Arousa, Ribadumia, Salceda de Caselas e Silleda teñen rematadas as súas actuacións.

Tamén están en execución, en distintos grados de madurez, os proxectos de Baiona, Bueu; Campo Lameiro, Cuntis, Crecente, Grove, Guarda, Fornelos de Montes, Moaña, Mondariz, Moraña, Neves, Poio, Salvaterra de Miño, Tomiño, Tui, Vila de Cruces e Vilagarcía de Arousa. En fase de licitación están os proxectos de Ponteareas, Pontecesures, O Porriño e, finalmente, pendentes de iniciar o expediente de contratación Cangas e Meaño.

En canto á tipoloxía dos proxectos todos teñen en común a mellora da seguridade viaria nos seus termos municipais. Así, Moaña e Cangas compartiron a implantación do eixe de mobilidade amable e segura entre os seus centros urbanos. En Bueu optouse pola reurbanización integral da rúa A Pedra. En Moraña trabállase na mobilidade viaria na contorna dos centros culturais e educativos da Chan de Amil. En Barro, na seguridade viaria en lugares do municipio. En Poio, adaptación integral na contorna da Seara. En Campo Lameiro, na peonalización da rúa José Antonio e conexión da Casa do Concello coa Chanciña. Nás Neves, reforma da rúa Rosalía de Castro. En Salvaterra de Miño, pasos sobreelevados en vías municipais. Na Cañiza, humanización da contorna do colexio de Infantil e Primaria. En Crecente, accesibilidade nos accesos ao colexio, residencia de maiores e o centro de saúde. En Covelo, mellora de viais municipais. En Ponteareas, integración urbana da contorna da piscina, o centro deportivo e o Centro de Saúde. En Silleda, adaptación da contorna do Centro de Saúde e Residencia de Maiores. En Vila de Cruces, mellora da seguridade na contorna do colexio, escola infantil e polideportivo municipais. En Fornelos de Montes, reurbanización da praza da Igrexa e rúas de As Escolas. En Baiona, reforma da rúa Real Sabarís. Na Guarda, mobilidade segura nas rúas Vigo e Celta. En Ribadumia, adaptación dos accesos á escola infantil, colexio Julia Becerra, pavillón polideportivo e campo de fútbol de A Bouza. En A Illa de Arousa, reforma da contorna do Centro de Saúde. Finalmente, en Catoira, estase a mellorar a seguridade dos viais das parroquias de Abalo, Catoira e Dimo.

Empresas da zona doan desinteresadamente ao Concello de Tomiño pantallas e máscaras protectoras

0

Varias empresas da zona están doando ao Concello de Tomiño pantallas e máscaras protectoras, para repartir entre os voluntarios e voluntarias de Protección Civil e Policía Local, asociación de comerciantes, preceiros e traballadores municipais.

Unha destas empresas é Láser Galicia, que modificou as súas máquinas láser para a fabricación, coa achega gratuita de materiais por parte dos provedores, de pantallas protectoras que está doando a hospitais, residencias, corpos de seguridade e administracións locais. Deste xeito, a empresa, na que traballa Sandra Vázquez, veciña de Tomiño, entregou 78 pantallas de protección ao Concello de Tomiño, que foron repartidas entre comercios socios de ADETO que están abertos ao público, axentes da Policía Local e Protección Civil.

Tamén a empresa Quicelco, S.L. de maquinaria e subministros de limpieza, doará máscaras e luvas para repartir entre os traballadores tomiñeses nos vindeiros días.

[su_image_carousel source=”media: 14042,14041,14039″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Por outra banda, esta mañá dende as 7.00h as forzas de seguridade locais repartiron 1.100 máscaras, enviadas pola Xunta de Galicia, entre empresas da localidade e persoas que se dirixían aos seus postos de traballo. Asemade, os traballadores municipais que acudiron aos seus postos (limpadoras, persoal de mantemento, etc.), recibiron o material de protección axeitado (máscaras, xel desinfectante, luvas, etc.) para poder desempeñar as súas funcións de forma segura. Tamén os praceiros dos mercados de Tomiño e Goián recibirán o mesmo material.

Mentres, a maior parte dos empregados públicos do Concello continúan teletraballando dende as súas casas, co fin de reducir todo o posible o risco de contaxio.

A alcaldesa de Tomiño, así coma o resto do equipo de goberno, agradecen a solidariedade e xenerosidade das empresas que están achegando material de protección de forma desinteresada.

Policía Local e Protección Civil do Porriño entregaron máscaras de protección nos accesos aos polígonos industriais

Dende as 7 horas desta mañá, axentes de Policía Local e voluntarios e voluntarias de Protección Civil do Porriño fixeron entrega de máscaras de protección aos traballadores e traballadoras que hoxe reincorporábanse ás empresas e industrias dos polígonos industriais do municipio, autorizadas polo Goberno Central.

[su_image_carousel source=”media: 14032,14031,14030,14028″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Para facer a entrega, habilitáronse controis nas rotondas de acceso aos polígonos industriais porriñeses onde se realizou a tarefa de reparto en colaboración coa Garda Civil. A entrega realizouse conforme as instruccións recibidas pola Policía Local e Protección Civil, a través da Subdelegación do Goberno en Pontevedra.

Por outra banda, a Policía Local de O Porriño seguirá a colaborar coas restantes forzas de seguridade baixo o mando único do Goberno Central, nas tarefas de vixiancia e control do cumprimento do estado de alarma que se manten duas semanas máis, polo momento.

O Goberno de Salvaterra doará o 30% do seu salario de abril para a loita contra o COVID-19

O Grupo de Goberno do Concello de Salvaterra de Miño, con adicación, doará o 30 % do seu soldo do mes de abril para a loita contra o COVID-19 (coronavirus). A alcaldesa Marta Valcárcel, os dous Tenentes Alcalde con adicación exclusiva e o concelleiro de Xuventude e Deportes, con adicación parcial, donarán a antedita porcentaxe da súa nómina do mes de abril para que sexa destinado a Servizos Sociais do Concello.

Será, sinala Marta Valcárcel, “un xeito de contribuír a atención das necesidades máis urxentes de todas aquelas persoas ou familias que están atravesando por unha situación complicada a consecuencia da situación que estamos a vivir”.

Cancelación actos de Fátima, Festas do Cristo e San Xoán

Ante a declaración do estado de alarma decretado polo Goberno de España por mor do coronavirus, o Concello de Salvaterra de Miño anunciou xa a cancelación dos actos de Fátima, Festa do  Cristo e San Xoan, ademais de diversos actos que se ían levar a cabo durante os próximos meses.

O diñeiro que o Concello ía a destinar a esas celebracións, sinala a alcaldesa Marta Valcárcel, destinarase ao departamento de Servizos Sociais, co fin de facer fronte as necesidades máis urxentes da poboación máis vulnerable.

Nese sentido, o concello centrará os seus esforzos en reforzar este departamento co fin de cubrir ao máximo as necesidades das persoas e familias máis necesitadas.

A celebración dos demáis actos previstos para o verán, “serán analizados segundo a evolución da pandemia”, asegura a alcaldesa de Salvaterra de Miño.

Tui celebra o #SanTelmoNaCasa con propostas nas redes sociais

0

‘Cor de Festa’ de Juan Diego Ingelmo Benavente, de Burriana, Castellón, foi o cartel ganador do concurso convocado polo Concello de Tui para anunciar as Festas de San Telmo 2020. O xurado valorou a calidade técnica e conceptual da proposta gañadora, o seu carácter orixinal e innovador, así coma o feito de recoller no deseño os valores e significado das festas, reflectindo o carácter festivo.

As festas de San Telmo estaban previstas do 11 ao 20 deste mes de abril, pero debido ao Estado de Alarma pola crise do coronavirus foron suspendidas.

Tendo en conta o confinamento non sería factible a súa celebración na rúa, cos actos tradicionais que teñen lugar cada ano. Porén dende o Concello apóstase por facer unha “celebración” simbólica ao longo desta semana nas redes sociais, e buscando a participación da veciñanza dende as súas casas.

Nas redes sociais do Concello de Tui publicouse xa onte unha mensaxe da concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente, explicando que se busca que os e as tudenses aporten o seu pequeno gran de área nesta proposta facendo chegar que significan para eles as festas de San Telmo, cal é para eles a esencia destes festexos, unha lembranza, unha felicitación, un baile… Ao longo da semana iranse plantexando nas redes sociais as formas de participación sempre dende a casa.

Sonsoles Vicente explica que “o que pretendemos é que non nos sintamos sos na nosas casas, son unhas festas que non imos poder gozar na rúa, pero entre todos podemos poñe ese gran para pasar uns días diferentes nas nosas casas”. Remata agardando que que “este San Telmo sexa algo anecdótico nas nosas vidas”.

Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, sinala que “dado que as festas son unhas datas moi especiais para os veciños e veciñas de Tui pola celebración de San Telmo, e toda vez que estamos pasando por un momento moi difícil, o Concello non podía facer outra cosa que menos que lanzar esta iniciativa de celebración da festa a través das redes, toda vez que presencialmente non é posible”.

O cartel deseñado por Juan Diego Ingelmo Benavente será empregado coma imaxe nesta celebración virtual.

A Deputación aproba achegas de 190.000 euros para saneamento e abastecemento en Nigrán

0

A Deputación de Pontevedra aprobou por resolución presidencial a concesión de dúas achegas por preto de 190.000 euros ao Concello de Nigrán, ao abeiro da Liña 1 de investimentos do Plan Concellos 2020 que financia a institución provincial.

Máis polo miúdo, as actuacións inclúen a ampliación da infraestrutura municipal de saneamento e abastecemento na zona de Carrasca, cunha subvención da institución provincial de 138.344,47 euros. A outra achega da Deputación ascende a 51.084,66 euros e está destinada tamén a traballos de saneamento, neste caso na rúa Carousa.

Hai que destacar que o Concello de Nigrán ten á súa disposición este ano un investimento de case un millón de euros (998.648,23 €), correspondente ás tres liñas do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra.

En total, este ano ao abeiro das tres liñas deste plan, a Deputación destina aos 59 municipios da provincia de menos de 50.000 habitantes (todos agás Vigo e Pontevedra) un orzamento de 42,2 millóns de euros, en base aos criterios de poboación, dispersión e extensión territorial. A Liña 1 de Investimentos está dotada con 29,7 millóns de euros

O Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios realizou 160 desinfeccións en centros de saúde e residencias da provincia

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou esta mañá a labor dos profesionais do Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais (SPDCIF) de Galicia que levan realizadas 160 desinfeccións en centros de saúde e residencias de maiores e discapacitados nas comarcas do Salnés, Pontevedra, Morrazo, Deza, Baixo Miño e Condado-Paradanta dende que comezara a súa colaboración de maneira preventiva no marco da situación de emerxencia declarada por mor do coronavirus.

Estas intervencións leváronse a cabo nos exteriores das residencias de maiores, para personas con discapacidad e centros de saúde, ademais, de desinfectarse tamén outras áreas do rural especialmente concorridas, como beirarrúas ou zonas establecidas para a recollida do lixo.

Segundo os datos que manexa a Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra, na comarca de Baixo Miño-Vigo foron 25 actuacións, en 3 centros de saúde e 4 residencias, mentres, no Condado-Paradanta, contabilizáronse 37 desinfeccións, 8 en centros de saúde e 3 residencias de maiores.

En total, no ámbito provincial, os axentes e bombeiros forestais realizaron 160 actuacións en 25 concellos.

Ademais, cabe destacar que para realizar estes traballos adecuadamente, os efectivos contan coa debida formación e con todo o material de protección e desinfección necesario, así como cos protocolos de actuación pertinentes, seguindo en todo momento as recomendacións sanitarias.

Finalmente, cómpre matizar que todas estas funcións adicionais que realizan estes profesionais non impiden que desenvolvan a súa función principal e primordial, que é a de prevención e extinción dos incendios forestais que se poidan rexistrar ao longo do día en todo o territorio galego.

O Concello de Nigrán regala roscas ás residencias de maiores do municipio e ao centro de saúde Val Miñor

0

O Concello de Nigrán iniciou hoxe e continuará mañá co reparto de roscas nas cinco residencias de anciás do municipio e no centro de saúde da Xunqueira (centro de referencia do Covid-19 na comarca) como felicitación da Pascua e sinal de cariño do pobo de Nigrán a traballadores e residentes nestes intres tan complicados para eles especialmente. Nesta entrega na que colaboran altruístamente as panaderías locais La Flor de Nigrán, Valverde e La Pintora non se pudo incluír á residencia de Tempo Libre de Patos (onde hai anciás sans de Barreiro e Aldán) ante o rexeitamento expreso da Xunta de Galicia a esta posibilidade a semana pasada.

“Somos conscientes de que estes intres son especialmente duros para os sanitarios que traballan arreo arriscando as súas vidas; tamén para os maiores, a poboación máis vulnerable ante o Covid-19, e de que os traballadores e as direccións das residencias deste municipio están esforzándose ao máximo por protexerlos deste virus”, sinala o alcalde, Juan González, quen incide en que “desde o Concello quere transmitirse o agradecemento en nome de toda a veciñanza e o cariño e a confianza de que pronto todo regresará á normalidade”.

Comercio Local

O Concello de Nigrán emprendeu durante esta semana unha campaña para promover o comercio de proximidade entre a veciñanza apostando nesta Semana Santa pola compra de Pascua nas panadarías do municipio, todas elas con longa tradición na elaboración de roscas e listas para recibir encargos e incluso facer os envíos a domicilio.

A Deputación desenvolve en ‘Príncipe Felipe’ un plan de continxencia con simulacros para todo o persoal

A Deputación de Pontevedra está a desenvolver no Centro de Menores Príncipe Felipe un plan de continxencia específico que va máis alá dos protocolos e normas establecidas. Trátase dun programa exhaustivo e diferenciado que foi elaborado para o persoal educativo, de limpeza, servizo de enfermería, mantemento, lavandería, vixilancia, manexo de residuos e desinfección. Este plan leva aparellada a realización de simulacros a fin que todo o persoal, caso de ser necesario, saiba como proceder en todo momento.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, supervisou o desenvolvemento deste plan, na reunión do Comité de Seguimento específico de Príncipe Felipe coas direccións dos centros, e puxo en valor a sucesión de medidas que se están a tomar cara ás e os menores e ao persoal que mantén a actividade. “Estase actuando e tomando decisións que van moito máis alá do que as normas esixen, insistiu a presidenta, porque para a Deputación de Pontevedra o Príncipe Felipe é unha prioridade”. Silva tamén coñeceu de primeira man o novo reforzo de material de protección no Centro, cun acopio de equipos EPI e de máscaras “para garantir e poder facer fronte a calquera continxencia que se poida producir, e que todo o persoal teña a súa disposición material de uso diario”.

Potenciar o benestar emocional dos rapaces e rapazas

O Comité de Seguimento de Príncipe Felipe tamén deu conta das novas medidas para potenciar o benestar emocional das e dos menores que, dixo Carmela Silva, “están asumindo esta situación dunha maneira extraordinaria”. Xa están en marcha novas iniciativas como o reforzo da plataforma telemática para que os nenos e nenas poidan contactar de xeito fluído coas súas familias mediante videoconferenciase para as que, amais, habilitáronse novos espazos en Agarimo e na Escola Fogar a fin de dotarlles de maior intimidade. Esta actuación únese ao reforzo dos equipamentos informáticos, con ata 100 novos PC e 160 monitores, para que os e as menores poidan seguir as tarefas escolares e teñan máis opcións de entretemento por Internet con plataformas de televisión como Disney+ e Netflix.

Por outra banda, nestes días festivos, o Centro está a desenvolver menús de sobremesas especiais, habituais destas datas de Semana Santa. “Trátase de que a rapazada estea na mesma situación que os demais cativos e cativas, ningún pode quedar á marxe, por isto cada día da semana teñen unha sobremesa especial”. Esta iniciativa se está a seguir no Centro, pero tamén cos nenos e nenas do Centro de Día que agora están coas súas familias, a quen levan estes e outros produtos da Semana Santa no kit de alimentación diario que reciben nos seus domicilios.

O PP de Ponteares pide a redución do salario dos concelleiros e concelleiras con dedicación durante o estado de alarma

O Grupo Municipal do PP rexistrou unha petición dirixida ao alcalde, Xosé Represas, para solicitar a redución do salario de todos os edís da Corporación que gozan de dedicación. A esixencia dos populares é que “polo menos sexa un 50 % de redución e que sexa aplicado con efecto inmediato e mentres dure o Estado de Alarma”.

“Nun momento no que toda a sociedade está a arrimar o ombreiro, facendo un sacrificio económico e social, nós non podemos ser menos. Debemos dar exemplo e contribuír na medida do posible a atallar esta situación. Por iso esperamos que esta medida sexa aplicada e conte co visto e prace do bipartito”, aseguran os populares.

Solicita o PP que o diñeiro sexa destinado ao Fondo solicitando en días atrás para axudas a autónomos e empresarios, “que se están vendo gravemente afectados polo peche dos seus negocios”.

Tomiño colabora coa Asociación Párkinson Baixo Miño no reparto dun caderno que se elabora semanalmente

0

O departamento de Benestar Social do Concello deTomiño está colaborando coa Asociación Párkinson Baixo Miño, no reparto entre os usuarios e usuarias do servizo, dun caderno que se elabora semanalmente, con exercizos de estimulación cognitiva para reforzar a memoria nestes momentos de quedar na casa.

Pódese acceder libremente ao primeiro caderno nesta ligazón. Semanalmente publicaranse máis cadernos cos correspondentes enlaces para acceder aos mesmos.

Todas as persoas que queiran recibilos na súa casa en papel (sexan socias ou non, nestes momentos complicados estaremos ao servizo de toda a sociedade) teñen que poñerse en contacto con algunha persoa da xunta directiva ou enviar un correo a [email protected] indicando o nome e o enderezo onde queiran recibilo.

Ribadetea suspende a súa tradicional “Festa da Tortilla”

A Asociación de Veciños ‘San Xurxo’ de Ribadetea, en Ponteareas, vén de anunciar a suspensión da Festa da Tortilla que se desenvolvía ininterrompidamente dende hai 16 anos, grazas ao esforzo e traballo da propia AA.VV. o que a converte na segunda máis antiga de Galicia despois da de Laro, en terras de Silleda.

“Coidádevos moito para volvar a participar o ano, apertas”, así di o cartel que anuncia a suspensión deste evento gastronómico que, dende o seu nacemento como festa parroquial, medrou ata converterse nun referente a nivel galicia, promocionado no mesmísimo ‘Luar’ da TVG e que, nas últimas edicións contou con tortillas chegadas dende todos os puntos de Galicia, incluído o centro urbano da Coruña.

Como as cousas fanse con sentidiño, a AA.VV. decidiu a suspensión deste evento dado que se trata dunha cita multitudinaria que, como tantas outras nesta terra, mírase na obriga de poñer a vista no 2021.

Así que, o vindeiro ano, Ribadetea volverá a encherse de xentes chegadas de todos os recunchos de Galicia; uns para participar coas súas tortillas no concurso, outros para degustalas. Todos eles partícipes dunha festa gastronómica que, pasiño a pasiño, con moito esforzo, sacrificio e traballo anónimo por parte da Asociación de Veciños de Ribadetea e a veciñanza da parroquia, foi quen de facerse un oco no extenso panorama de festas gastronómicas deste país.

Nigrán amplía a organización de ‘Aniversarios de balcón’ aos maiores do municipio

0

O Concello de Nigrán promoverá tamén a organización de ‘aniversarios de balcón’ para os máis anciás do municipio. Ante o éxito da iniciativa municipal lanzada a semana pasada para festexar os aniversarios dos cativos convocando á veciñanza máis próxima a través das redes sociais para cantarlle e mesmo desprazándose Protección Civil para entregar un agasallo, o Concello quere incluír tamén aos anciás de Nigrán, a poboación máis vulnerable ante o Covid-19.

O alcalde de Nigrán, Juan González, entregando un agasallo de ‘Aniversarios de Balcón’

“Os maiores de máis de 80 anos son aos que máis duramente ataca o virus e deben extremar todas as precaucións ao máximo, por iso consideramos que é de xustiza que estemos con eles e que sintan a nosa proximidade e a dos veciños no día do seu aniversario”, sinala o alcalde, Juan González, quen agradece a absoluta implicación e compromiso de Protección Civil nesta iniciativa municipal. O sistema será o mesmo que se está a empregar coas crianzas: os fillos destes maiores ou eles mesmos deben escribir a [email protected] indicando data do aniversario, nome, dirección e idade. O Concello pedirá a través das súas redes sociais que os veciños máis próximos lle canten ás 18:00 horas do día en cuestión sen saír da casa, ao tempo que Protección Civil acudirá a entregarlle un agasallo en nome do Concello.

Jorge recibindo o seu agasallo

Ademais desta entrega a domicilio, o Concello está a ofrecer ao público de 5 a 16 anos un pequeño show de maxia en directo a través de videochamada, opción con unha marabillosa acollida e que tamén se lle ofrecerá aos anciás. Así, o prestidixitador de Nigrán Rei Midas, a través do Concello, os sorprenderá o día do aniversario cunha chamada á hora concertada coa familia.

Videochamada do Rei Midas. A maxia axuda a facer máis doado o confinamento

“Queremos que pese a estar confinados ese día sexa moi especial para eles, que non o esquezan nunca, é tamén un xeito de amosar desde o Concello o noso cariño e a nosa cercanía, empatía e preocupación por non deixar a ninguén atrás nesta crise. Para nos non é unha cuestión menor e estamos orgullosos de promover ese Nigran amigable e solidario entre toda a veciñanza”, conclúe o alcalde.

O Goberno ponteareán porá en marcha de medidas de apoio a autónomos, pemes, comercio local e incremento de axudas a emerxencia social

Logo de catro semanas desde a declaración do estado de alarma, o goberno municipal de Ponteareas, formado por BNG e PSOE, fixo balance das actuacións municipais desenvolvidas para facer fronte á crise sanitaria. Dito balance tamén foi compartido cos grupos da oposición, PP e ACiP, nunha reunión celebrada por vidoeconferencia na tarde deste mércores.

Nun amplo documento, o goberno enumera todas as actuacións que abranguen as medidas organizativas de dirección e xestión da crise, as de prevención e autoprotección no ámbito interno municipal, as de información e atención cidadá, as de saúde pública, as relativas á asistencia social e as referentes ao ámbito educativo, cultural, deportivo e de ocio, as adoptadas en materia económica e fiscal e, por último, as referidas á seguridade cidadán e mobilidade.

Respecto á dirección e xestión da crise, o goberno BNG-PSOE puxo en marcha antes da declaración do estado de alarma unha comisión de seguimento da crise sanitaria do Covid-19, presidida polo alcalde Xosé Represas e formada polas tenentes de alcalde Cristina Fernández, Chus Garrote e Roberto Mera Neste marco inclúese tamén a comunicación e coordinación diaria coa administración sanitaria e o centro de saúde da localidade, con especial seguimento á situación da residencia de maiores e ao servizo de axuda no fogar.

Para seguir mantendo ao máximo nível posíbel o funcionamento do Concello, a concellaría de Innovación Tecnolóxica implementou en tempo récord o teletraballo para boa parte dos servizos administrativos, reorganizando a atención cidadá a través de telefonía, correo e sede electrónica e creándose un espazo específico na web municipal adicada á crise sanitaria onde se pode acceder a ampla información de interese para a veciñanza.

O goberno municipal amósase satisfeito polo traballo desenvolvido e polo comportamento exemplar que ven mantendo a inmensa maioría da poboación. “Estamos moi orgullosos da veciñanza pero tamén”, destaca o alcalde Xosé Represas, “do cadro de persoal municipal en xeral e, en particular, do que se atopa en primeira liña nestes intres tan complicados, como a Residencia de Maiores, o Servizo de Axuda no Fogar, a Policía Local, Bombeiros, Protección Civil, os servizos sociais, o persoal de limpeza e o voluntariado xestionado polo concello”.

Pola súa banda, a tenenta de alcalde Chus Garrote quere agradecer as suxestións dos axentes sociais e as aportacións da oposición e eganden que “seguimos día a día as circulares da Xunta e do Estado para propoñer medidas para as empresas e autónomos nas que o goberno de estado ou o goberno galego non chega”.

Finalmente, en materia de seguridade cidadán e mobilidade, o goberno local salienta o labor de información na rúa que ven desenvolvendo a Policía Local e a Agrupación de Voluntarios/as de Protección Civil sobre recomendacións, normas, pautas de comportamento, etc… relativas á mobilidade e á autoprotección da saúde. A Policía Local, coordinadamente coa Garda Civil, realiza de maneira continua patrullaxe e controis específicos dos movementos de persoas e da apertura de establecementos para garantir o cumprimento das restricións impostas no estado de alarma.

O goberno local está a traballar na posta en marcha de novas medidas como o incremento das partidas económicas destinadas as axudas de emerxencia social, a ampliación do servizo de axuda a domicilio, a creación, en colaboración co sector, dunha plataforma dixital para a difusión da oferta comercial local e de vendas, a posta en marcha de concursos de creatividade e habilidades dirixidos ás persoas confinadas con premios consistentes en bonos de compra no comercio local, as bonificacións de taxas e impostos dirixida á actividade económica afectada pola crise sanitaria e a elaboración dun plan de apoio a autónomos, pemes e comerciantes, tanto para a situación actual durante o estado de alarma como para a necesaria recuperación posterior da actividade económica comercial e de servizos

Viticutores de Arbo súmanse ás tarefas de desinfección contra o COVID-19

0

Ás tarefas de desinfección programadas polo Concello de Arbo e que contaron, dede o inicio coa colaboración das adegas As Laxas, Marqués de Vizhoja e Pazo Pondal, sumaronse tamén os viticultores do municipio que colaboran, coa súa maquinaria á desfinfección do municipio.

Así, o pasado venres día 3 de abril, os primeiros viticultores desinfectaban os núcleos da parroquia de Arbo e o sábado 4 de abril outro grupo o facía nos núcleos da parroquia de Sela, o mercores día 8 de abril novamente os viticultores saían cos seus tractores para desinfectar todas as parroquias do Concello de Arbo.

Horacio Gil, alcalde de Arbo, asegurou que “son moitos os veciños e veciñas arbenses que se ofreceron para colaborar co Concello de Arbo mostrando a súa implicación, solidaridade e preocupación, do que como alcalde, me fai sentir moi orgulloso”.

[su_image_carousel source=”media: 13955,13954,13953,13952,13951,13950″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Ese orgullo ao que fai referencia o rexedor local, o fai extensivo “á resposta que están a dar os e as arbenses ante as severas medidas adoptadas polas autoridades sanitarias, pola Xunta de Galicia e polo Goberno de España, medidas moi duras para eles e para mín”. Pese a esa dureza, engade Horacio Gil, “estamos a dar exemplo de organización e de cumprimento estrito de cada orde que recibimos, actuando con lealdade e seguindo as medidas de prevención precisas coa finalidade de conter a propagación do virus e tratar de minimizar as afeccións no noso municipio”.

O alcalde de Arbo insiste na importancia de “seguir cumprindo estritamente as recomendacións, evitando ao máximo saír dos nosos domicilios. Entre todos podemos conseguir que este virus non se propague na nosa area de influencia”, remata o rexedor.

A Deputación planifica o pago fraccionado dos tributos como nova medida de apoio á cidadanía e ás empresas

Co obxectivo de seguir a axudar á veciñanza e ás pequenas e medianas empresas da provincia, ante as consecuencias económicas da crise xerada polo COVID19, a Deputación de Pontevedra planifica un novo servizo ao través do ORAL para facilitar o fraccionamento, sen xuros, do pago dos tributos. A medida, que suporía un novo respiro económico para a cidadanía e as pemes, está a ser avaliada técnica e xuridicamente para poder beneficiar ás veciñas, veciños e empresas daqueles concellos que teñan delegadas na Deputación as competencias do pago e recadación tributaria.

Trátase, en definitiva, dun plan específico de pagos personalizados que posibilitaría o abono fraccionado en varios meses das cotas do IBI, o IAE, e o IVTM, unha vez se domicilien os abonos. A medida xa está a ser informada cos servizos xurídicos e económicos da Deputación, para despois ser levada á aprobación do próximo pleno provincial. Amais, ao través do ORAL, a institución provincial tamén prestará o seu asesoramento e colaboración aos concellos, na tramitación dos expedientes necesarios para a modificación das súas ordenanzas fiscais en relación coas medidas que, na súa potestade tributaria, decidan adoptar.

Esta actuación de flexibilización sen xuros do pago das obrigas tributarias enmárcase na batería de medidas, postas en marcha pola Deputación de Pontevedra, como os anticipos aos concellos do Fondo Extraordinario de Liquidez, dotado con 21 millóns de euros. Cara á veciñanza reforzáronse os servizos de atención telefónica e telemática ao través da oficina virtual; prorrogouse o calendario fiscal e o período de pagamento voluntario; e ampliáronse os prazos para pagos, notificacións, requirimentos, audiencias e recursos.

Chega tamén a Clave Segura

Por outra banda, o goberno provincial aprobou a posta en marcha dun novo sistema de identificación para a realización de trámites tributarios urxentes e inaprazables, a través da Oficina Virtual Tributaria (https://ovt.depo.gal). Esta nova medida, baseada en “clave segura de usuario/a”, consiste nunha nova forma de autenticación para o acceso á oficina virtual e así realizar os trámites electrónicos no eido dos tributos locais.

A obtención da “clave segura de usuario” se realizará mediante unha chamada telefónica ao número de atención usual do ORAL (886 211 400), na que levarase a cabo unha comprobación da identidade mediante unha serie de preguntas e respostas de control entre a Administración e a veciñanza. Durante a chamada para a obtención da “Clave”, a ou o xestor telefónico solicitará un enderezo de correo electrónico ao que enviará as instrucións para a activación da súa Clave directamente na oficina virtual tributaria electrónica, a través do trámite ‘Obter ou recuperar contrasinal´, unha vez que foi habilitado o sistema de identificación tras o rexistro telefónico previo.

O sistema aprobado pode ser utilizado mentres dure o estado de alarma decretado no ámbito da crise do COVID-19. A presentación de solicitudes, escritos ou comunicacións utilizando este sistema de identificación xerará, por si mesma, un xustificante interno que acredita o depósito e recepción da documentación pola Administración Provincial. Unha vez dentro da Oficina Virtual, a persoa usuaria deberá achegar á vez e xunto coa presentación da propia solicitude, documentación acreditativa da súa identidade.

Alberte Momán Noval, «Terra Nullius»

«Terra nullius» é unha expresión latina utilizada maiormente nos tempos das colonizacións para referirse a certos territorios sen dono, case sempre deshabitados e que, en principio poderían ser reclamados por calquera país. Sobre esta idea, Alberte Momán argallou unha novela breve na que a súa protagonista, coma se fose un destes territorios sen dono, defende a súa propia liberdade e reclama a súa condición de terra sen conquistar, se se me permite a expresión. Pero non lle vai resultar doado porque o entorno é quen de fustrigala sen contemplación. A idea da violencia estrutural das sociedades modernas campa polas páxinas da novela ofrecendo un relato que aparenta ser de perdedores pero que, no fondo, do que nos fala e desa procura da independencia e da liberdade á que me referín máis arriba.

Tal procura é a que move á nosa protagonista, unha personaxe que, para potenciar a idea de que representa a calquera de nós, nin sequera ten nome. Ela reivindica a súa independencia a partir da idea do sexo como acto puramente pracenteiro, sen vinculacións afectivas. Sen dono. E esa defensa do seu corpo acarrearalle algúns problemas nunha sociedade que non acaba de asumir a aqueles que non obedecen as normas establecidas e pretenden ir por libre.

Ao longo do relato, a protagonista padece unha serie de situacións que redundan na idea da violencia estrutural contra os versos soltos da sociedade, que van dende a agresión ata a precariedade laboral. Mesmo resultaría doado buscar unha correlación entre a súa situación e certas consideracións sobre o capitalismo salvaxe e o aburguesamento (mesmo aborregamento) da sociedade contemporánea, que son sutilmente suxeridas polo narrador. Pero non todo resulta tan negativo como pode parecer e sempre aparecen algúns personaxes amables e dispostos a comprender, mesmo colaborar, na procura iniciada pola nosa protagonista, representadas neste caso por unha parella homosexual.

A narración está dividida en dúas partes de desigual extensión. A primeira ocupa dous terzos do total e responde ao mesmo título da novela. A segunda leva o título de ‘Terra queimada’ e vén a presentar a situación da protagonista logo de padecer todo aquilo ao que me referín no parágrafo anterior (tamén a da parella de amigos). Coido que estes títulos son suficientemente descritivos como para que non faga falla afondar máis no contido da novela, e así evitaremos estragar a sorpresa da lectura.

Finalmente, cabe salientar que boa parte da extensa produción literaria de Momán está dedicada á lírica e iso, como en tantísimos outros casos, semella levar implícito un considerable dominio da palabra ata atopar a precisión requerida en cada intre, elemento este que marca a súa produción narrativa. Tal condición, xunto coa acción continua, fan de «Terra nullius» unha lectura moito máis doada e áxil do que aparentan os extensísimos parágrafos. Mais é no trasfondo de cada frase e de cada idea onde o autor deposita a semente que agromará en nós segundo avanzamos entre as súas páxinas.

Alberte Momán

Terra Nullius

M Editora

Semana Santa

Ha llegado la Semana Santa, tiempo deseado por muchos, unos porque es el período de vacaciones en los que la gente huye de su lugar habitual, por lo menos de su rutina cotidiana para desconectar, y cambiar así sus quehaceres, otros, por la pasión religiosa, porque conmemoran sus creencias y esperan estas fechas con fervor para cumplir sus clásicos rituales.

Pero este año, todo eso queda en un segundo plano, porque las medidas excepcionales que se han tomado en nuestro país y en casi todos los países del mundo para intentar frenar la pandemia que estamos viviendo, ha dado lugar a que esta sea una Semana Santa especial y peculiar.

La Semana Santa es tiempo de pasión, la que no ponen nuetros gobernantes para tranquilizar a la población, dando los medios suficientes para que nuestros sanitarios puedan realizar su trabajo con seguridad, para que los trabajadores, sean del gremio que sean, puedan desempeñar su labor lo más protegidos posibles ante esta pandemia, no, para eso no ponen pasión, la única que ponen es para seguir cobrando sus sueldos, que no suelen ser bajos y no he escuchado que se lo vayan a bajar o donar para ayudar a los miles y miles de parados que va a tener éste país, lo único que iban a donar son sus dietas… ¿tendrán cara de querer seguir cobrando sus dietas cuando ni siquiera se están desplazando a sus puestos de trabajo? Y también ponen pasión para continuar con sus intereses particulares, el ansia del poder, para eso, si hay pasión. Esperemos a ver si alguno entona el Mea Culpa.

La Semana Santa es tiempo de devoción, de fervor, pero el religioso en estos tiempos lo dejamos de lado para ver el fervor y la devoción que ponen nuestros sanitarios haciendo todo lo posible para salvar la vida de las personas que caen enfermas, tanto por esta pandemia que nos azota cómo por todas aquellas demás enfermedades que no nos han abandonado y su labor encomiable para que puedan llevar esta situación lo mejor posible. Pero tampoco no nos podemos olvidar de todas aquellas que siguen realizando su labor para que nuestra vida pueda continuar, dentro de lo posible lo más parecida a lo habitual, disponiendo de alimentos, medicinas y otros servicios a nuestra disposicion, y manteniendo el orden y la disciplina, porque son momentos en os que todos debemos de colaborar aunque se realizando pequeños sacrificios.

La Semana Santa es también tiempo de procesiones, esas que en estos días sólo podemos ver por la televisión de años pasados, pero también de procesión a los balcones para aplaudir a las ocho de la tarde, de procesión a nuestros teléfonos móviles para ver noticias, juegos y por supuesto llamar a nuestros amigos y seres queridos, y también, cómo no, de procesión a nuestras neveras, así que aquellos que habian empezado la operación bikini, o estaban pensando en hacerlo, van a tener que esperar a tiempos más propicios para ello.

También es tiempo de rezo, y en estos momentos, nada mejor que hacerlo por todas las personas que han perdido la vida, por todas aquellas que siguen enfermas para que tengan una pronta recuperación, y por supuesto, para que esta pandemia deje de ser una pesadilla para convertirse en un recuerdo.

Pero la Semana Santa es también tiempo de resurreción, sabemos que son momentos complicados los que estamos viviendo, momentos que en nuestra historia reciente no nos había tocado sufrir, pero que generaciones pasadas ya padecieron, que otros lugares de nuestro planeta también han vivido y han superado, por lo que nosotros también lo haremos, así que miremos al futuro con optimismo, y aprovechemos las noches también para mirar al cielo, a las estrellas y pensar que queda un dia menos.

Y estos días, quedemos en casa para que todos podamos muy pronto volver a estar fuera.

O Museo de Pontevedra anima á rapazada a ‘achegar’ a súa casa pezas da exposición ‘Debuxantas, pioneiras da ilustración’

O Museo de Pontevedra segue a aumentar a súa oferta de actividades para facer na casa e no día de hoxe difundirá na súa páxina web, http://www.museo.depo.gal unha iniciativa para que a rapazada coñeza máis fondamente a algunhas das autoras da exposición ‘Debuxantas, pioneiras da ilustración’ e mesmo transforme pezas da mostra de maneira personalizada.

A proposta, enmarcada dentro da iniciativa ‘O Museo en Familia’, consiste en facer diversas manualidades con varias das ilustracións que estes días colgan nas salas do Museo sen que ninguén as poida visitar presencialmente. A primeira actividade é crear portalapis ou caixas personalizadas con debuxos de tres ilustradoras (a.t.c., Viera Sparza e Xelia) con materiais sinxelos: é preciso imprimir os modelos a disposición na páxina web do Museo os modelos, colorealos, recortar a silueta e dobrar as pestanas para despois encolalas e unilas. Podedes descargalo nesta ligazón.

Por outra banda, tamén se propón achegar á casa dúas pezas da ilustradora Ana María Badell Lapetra (Santander, 1932-2014) para darlle vida coloreándoas con colores propios diferentes ás da creadora (pódese descargar dende este enlace). Esta muller, a pesares do seu talento, só puido desenvolver as súas capacidades artísticas a través da ilustración debido ao momento no que lle tocou vivir, no que non estaba ben visto que as mulleres foran artistas. Escribiu varios libros e contos, entre os que destacan os de ‘Quinita la trapisonda’, que ela mesma ilustrou e que foron publicados pola revista Blanco y Negro entre 1958 e 1959 e hoxe se conservan no Museo ABC. Os debuxos que se propoñen para dar color son os titulados como ‘Quinita va a ver a su abuela’ e ‘Jaula de fieras’, ambos de 1958.

A exposición ‘Debuxantas, pioneiras da ilustración’ exposta no Museo de Pontevedra contén 136 obras de 40 mulleres artistas que traballaron para a revista Blanco y Negro e ABC dende a súa fundación en 1891 ata 1903, respectivamente, ata finais dos anos 90 do século pasado. Unha das curiosidades desta mostra é que a palabra ‘debuxanta’ non está recollida agora no diccionario da RAG nin ‘dibujanta’ no diccionario da RAE, pero escolleuse en memoria do ‘I Salón de Dibujantas’ que tivo lugar en Madrid en 1931 organizado polo Lyceum Club feminino da cidade. Se queres saber máis sobre esta interesante exposición, preme esta ligazón.

A pesares dos contactos da dirección do Museo para poder prolongar a mostra máis alá da súa data de peche inicial en Pontevedra –17 de maio– o máis probable é que non sexa posible. Xa existen outros destinos axendados para a exposición noutras localidades a partires de finais do mes de maio, e todo indica que a situación de confinamento pola crise sanitaria actual será prolongada máis alá do previsto e a apertura de espazos públicos realizarase de maneira paulatina, o que impediría unha ampliación para o público da cidade do Lérez.

Redondela suspende as Festa do Choco e Os Maios

0

O Equipo de Goberno de Redondela anunciou hoxe a suspensión das festas do Choco e Os Maios, dúas celebracións de referencia no municipio e que “por motivos obvios” non poden ser aprazadas. A decisión da suspensión da Festa do Choco adoptouse logo de manter contactos co presidente da confraría de pescadores e con empresarios do sector da hostalería que tiñan confirmada a súa presenza nesta edición do 2020.

En ámbolos dous casos confirmouse a imposibilidade de trasladar a data de celebración, “dado que o choco ten a súa tempada e non tería sentido facelo fora da mesma”, explica a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, que lembra que concellos “como Arbo ou As Neves, suspenderon a Festa da Lamprea e a do Requeixo e o Mel, por motivos similares, ao tratarse de festas gastronómicas con datas moi concretas”.

Algo similar acontece coa Festa dos Maios que, cada ano, congrega a miles de persoas arredor dunha tradición ancestral que Redondela soubo conservar e poñer en valor. O alongamento do estado de alerta e a súa próxima apertura “controlada” na que se prohibirán as aglomeracións de público, “fan imposible unha celebración que é multitudinaria e que, polo seu propio nome, non tería sentido trasladala, previsiblemente, máis aló de xullo”, apunta a rexedora redondelá.

En todo caso, agás estes dous casos puntuais “as actividades culturais que se teñan que desenvolver no futuro máis inmediato, non serán suspendidas, senón aprazadas”, explica o concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa. De feito, engade Boullosa, “as actuacións e espectáculos previstos con motivo da festa do Choco, non serán anuladas, senón que se lles buscará unha nova data para a súa celebración adaptándonos ás circunstancias que, para entón, marque o Goberno do estado”.

A non suspensión das actividades culturais, subliña Digna Rivas, “son un xeito de apoiar á cultura e as persoas que viven dela e ás que, como a case todo o sector empresarial, comercial e produtivo, esta crise sanitaria golpea con especial dureza”.

Nigrán despide ao seu policía local Víctor Lomba González

0

Veciñanza de Nigrán e policía local non só do municipio, senón dos outros concellos do Val Miñor –aos que se sumaron axentes do Porriño e Redondela–, participaron hoxe no emotivo acto de despedida do seu compañeiro Víctor Fernando Lomba González, de 53 anos de idade, que finaba repentinamente esta pasada noite.

A homenaxe sumouse tamén a Garda Civil, Protección Civil e GES Val Miñor que querían coa súa presenza, agradecerlle a Víctor Lomba González o labor desenvolvido a prol da veciñanza e da súa seguridade dende que, en 1998, entrou a forma parte deste corpo.

O Concello de Nigrán que, en nome de todos os traballadores e traballadoras e Corporación Municipal, trasladou as súas condolencias á familia, compañeiros e achegados, decretou dous días de loito oficial nos que, as bandeiras do Concello ondearán a media hasta.

As Neves apola pola “acción continuada” fronte á pandemia coa colaboración veciñal

0

Diante do aumento da demanda de material de protección individual e as dificultades para cubrir a necesidade que hai do mesmo, o Concello das Neves puxo en marcha unha iniciativa de colaboración veciñal para a confección de batas e mascarillas reutilizables, a partir de tecido de uso sanitario financiado polo Servizo Galego de Saúde (Sergas), e que aporta a coordinadora do equipo solidario de batas e mascarillas de Ponteareas,  Maite Isla.

Para levar a cabo esta iniciativa, o Concello achega os tecidos xa cortados ás casas dos veciños e veciñas que o soliciten, que aportarán o seu gran de area coséndoos. Finalmente, será tamén o propio Concello o encargado de recoller o material rematado. 

Este martes realizouse a primeira entrega de material para a confección deste material a 10 persoas da vila, nas súas casas, grazas á colaboración da taxista Nieves González.

Segue a entrega de material de protección

Continuando coa iniciativa de facer chegar ‘material de seguridade e protección’ aquelas persoas que traballan nas Neves atendendo ás veciñas e veciños, o Concello vén de entregar 20 batas de alta protección coas súas correspondentes mascarillas, 1 caixa de luvas de nitrilo e 1 pantalla, á coordinadora e algunhas auxiliares de Atendo que fan o Servizo de Axuda no Fogar.

Esta achega súmase as que se están a facer nos establecementos que seguen abertos coma supermercados, farmacias, tendas, quiosco ou a gasolineira e xa se comunicou a todos os establecementos da vila que soliciten as batas, mascarillas e pantalals que precisen.

Mampara no Centro de Saúde

Ao mesmo tempo, onte quedou instalada no Centro de Saúde a mampara solicitada ao Concello para separar unha zona específica onde sexa posible atender as nenas e nenos de Pediatría que cheguen ao centro con febre e reforzar, aínda máis, a seguridade de cantos teñen que ir ao médico.

Limpeza e desinfección

Persoal de Concellería de Servizos Públicos segue coa desinfección que dende hai dez días estase a realizar nos lugares máis transitados das Neves –coma gasolineiras, farmacias, supermercados, panaderías, bancos, parada de taxis, tendas, o Centro de Saúde, prazas ou a oficina de Correos–, ademais de todos os edificios públicos e 331 puntos nos que se atopan as illas e contedores do lixo.

Este traballo faise en todas as parroquias, poñendo especial coidado nas zonas nas que é máis habitual o paso e o movemento de veciños e que,  subliña o concelleiro de Servizos Públicos e segundo tenente de alcalde, Óscar González, “se repetirá as veces que sexa necesario para que diminúa ao máximo calquera risco que puidese existir de contaxio”.

A Guarda crea unha rede de apoio veciñal de acompañamento afectivo a distancia

0

Sabías que no teu barrio viven persoas maiores? É probable que leven días sen saír da casa e sen falar con ninguén… Coñeces a algunha persoa que poida necesitar axuda? Esas son as preguntas que hai detrás dunha iniciativa dos Servizos Sociais da Guarda para ofrecer unha atención persoalizada á veciñanza que viva soa ou a outros colectivos con necesidades.

Ante esta situación de emerxencia polo COVID -19 o obxectivo do servizo é ofrecer un acompañamento afectivo a distancia para previr a soidade a través de chamadas telefónicas cun grupo de voluntariado, fomentando así as relacións interxeracionais.

Outro dos obxectivos é recuperar e afianzar as relacións veciñais de toda a vida, xa que consideramos que é a mellor forma de previr a soidade das persoas.

Os servizos sociais, a través de chamadas telefónicas realizadas por un grupo de persoas voluntarias, contactará coas persoas maiores susceptibles de recibir este apoio. Deste xeito identificarémolas, recolleremos as súas necesidades e activaremos un proceso de resposta.

O Concello chama tamén á colaboración cidadá ao sinalar que “se tes coñecemento dalgunha persoa que se sinta nesta situación ou consideras que poida haber outra persoa que non estea dentro deste colectivo pero precisa de apoio, chama ao 986 614 507 de luns a venres e de 10 h a 14 horas.

A Deputación coordina co Goberno central o retorno do alumnado do ‘Practicum Depo’ en cidades europeas

A Deputación de Pontevedra está a coordinar co Goberno de España a repatriación voluntaria á provincia das e dos estudantes que estaban a desenvolver as súas mobilidades en cidades europeas, e que solicitaron á volta ao país pola crise xerada polo Covid19 Trátase de alumnas e alumnos de centros de Formación Profesional da provincia de Pontevedra que, desde fai uns meses, están a realizar as súas prácticas en empresas e centros de investigación de distintos países europeos coas bolsas do programa da Deputación Practicum Depo.

Ata o momento so seis estudantes decidiron retornar á provincia do total de 35 alumnas e alumnos. Os dous últimos chegaron aos seus domicilios onte á noite, procedentes das cidades italianas de Venecia e Verona. Os outros 4 estudantes retornados e retornadas desenvolvían a súa labor en Italia (2), en Portugal (1) e en Irlanda (1). As 29 bolseiras e bolseiros restantes decidiron de momento manter as súas estadías. 11 seguen en cidades de Italia, 6 en Portugal, 4 en Malta, 2 en Finlandia e 6 en Irlanda.

Estas alumnas e alumnos estudan nos seus centros de FP da provincia ciclos medios de Conservación de medio natural, Producción agroecolóxica, Telecomunicacións, Actividades Comerciais, Electromecánica, Acuicultura, Actividades Físico-Deportivas, Xestión Administrativa, Sistemas Microinformáticos e Redes, Coidados de Enfermería, Xardinería e Florería, ou Instalacións Eléctricas e Automáticas.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, expresou o “agradecemento a todas e a todos os estudantes porque nos están a dar unha lección de serenidade e responsabilidade, ao igual que ás súas familias a pesar das dificultades lóxicas que estamos atravesando”. Silva agradeceu tamén ao goberno de España “a información puntual e diaria que están a dar e ao esforzo que están a facer para facilitar o retorno”

O proceso de repatriación voluntaria está a ser coordinado pola Deputación co Goberno de España ao través do Ministerio de Exteriores e o de Universidades que están a organizar os voos e a garantir a seguridade e a protección de todos os participantes nestas bolsas europeas. Desde o inicio da crise sanitaria, a institución provincial co SEPIE, o Servizo Español para a Internacionalización da Educación, están a manter o contacto e seguimento diario do alumnado a quen, amais, se lles transmite toda a información puntual das medidas de contención en cada país europeo así como a organización das repatriacións para facilitar a volta daquelas e daqueles estudantes que así o requiran.

A Deputación achega aos concellos gratuitamente a plataforma telemática para celebrar plenos e xuntas de Goberno

En menos de 24 horas desde a posta en marcha na Deputación de Pontevedra da Plataforma Informática para a celebración de Plenos e Xuntas de Goberno de xeito telemático, a institución fai extensible o seu sistema aos 53 concellos da provincia adheridos á administración electrónica. O obxectivo desta iniciativa é facilitar a xestión municipal con total garantía e seguridade nesta situación de crise sanitaria a través dunha ferramenta que habilita a Deputación de xeito totalmente gratuíto.

Esta nova ferramenta informática posta a disposición dos concellos estará habilitada na plataforma de administración electrónica e permitirá a celebración de sesións telemáticas dos órganos colexiados, así como reunións e plenos virtuais, mesas de contratación a distancia, así como traballo colaborativo entre persoal funcionario. Amais, o novo sistema, ao que se pode acceder a través de ordenadores e dispositivos móbiles, permite retransmisións en directo a través da propia sede electrónica ou plataformas nas redes sociais, garantindo unha maior transparencia.

Máis polo miúdo, os concellos que poderán desde agora celebrar as súas sesións de órganos colexiados de xeito telemático son: Poio, Tui, Cambados, O Rosal, Tomiño, Baiona, Vila de Cruces, Mos, A Cañiza, Bueu, Cangas, Redondela, A Estrada, Lalín, A Guarda, Salceda, O Porriño, Moaña, A Illa de Arousa, Soutomaior, Ponte Caldelas, Ponteareas, Meaño, Gondomar, Salvaterra de Miño, O Grove, Silleda, Caldas, Valga, Vilaboa, Meis, Cuntis, Mondariz, Moraña, As Neves, Barro, Forcarei, Catoira, Portas, Pontecesures, Pazos, Oia, Arbo, Rodeiro, A Lama, Covelo, Agolada, Crecente, Campo Lameiro, Fornelos, Dozón, Mondariz-Balneario e Cerdedo-Cotobade.

A praza de abastos de Salceda mantén a súa actividade na venta de alimentos frescos con total seguridade

A praza de abastos de Salceda segue a ser o principal punto de abastecemento de productos frescos en Salceda durante o estado de alarma. O mercado mantén a súa actividade diaria de venta de carne, peixe fresco e froita, así como o servizo de bancadas dos mércores para a venta de peixe.

Nestes tempos complicados, “a praza de abastos segue a ser símbolo da venda de produtos frescos e de calidade”, asegura a concelleira de Comercio, Verónica Tourón, quen asegura que, dende o Concello “estanse a poñer todas as ferramentas precisas para que a actividade poida seguir a desenvolverse con seguridade” e lembra que os mércores “seguen a ser días de venda de peixe fresco en Salceda”.

Nese sentido, dende o comezo da crise do COVID-19, dende o Concello adoptáronse todas as medidas de seguridade precisas para garantir a seguridade sanitaria tanto de usuarios e usuarias coma dos praceiros e praceiras. A Policía Local e Protección Civil controlan o aforo os mércoes, día de venta de peixe, garantindo deste xeito a seguridade das persoas que se acheguen ao edificio a facer as súas compras de producto fresco.

Ademais os diferentes postos fixos da praza teñen establecido un sistema de encargas e de servizo a domicilio, evitando tamén deste xeito as esperas no inmoble, e minimizando así os riscos de contaxio que poidan producirse.

A alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, aposta decididamente “polo apoio ao comercio local” e nesa liña o Concello de Salceda, lembra a rexedora local, tomou dende o primeiro momento medidas económicas “como a suspensión das taxas das terrazas ou o aprazamento das taxas do mercado municipal. Servizos como a preparación de pedidos por encargo ou o repartos domicilio contribúen a que a nosa praza de abastos poida seguir a abastecernos nestes días complexos”.

PP e EU de Ponteareas apoian a iniciativa de CCOO e UGT dunha retribución complementaria para os traballadores expostos ao COVID-19

O Grupo Municipal do PP e Esquerda Unida de Ponteareas únese á solicitude realizada polos sindicatos CCOO e UGT encamiñada a que se retribúa de forma complementaria aos empregados municipais que están a traballar durante a situación de Estado de Alarma.

Os populares xustifican o apoio ás propostas sindicais polo risco que supón, nesta situación, o seu labor e aseguran que “debemos contribuír a recoñecer o seu traballo. Nun contexto social no que todos debemos quedarnos na casa, eles teñen que seguir ao pé do canón, expoñéndose ao virus”.

Pola súa banda, Esquerda Unida de Ponteareas salienta que se de algo está a serviz a actual crise sanitaria “é para deixar aínda máis clara a importancia dos servizos públicos e a dignidade do traballo realizado polas traballadoras e traballadores destes sectores”. Nesa liña salientan que o persoal dos Servizos Sociais “está permanentemente exposto a situacións de risco no desenvolvemento do seu traballo, polo que nas súas retribucións debería estar contemplada esta situación”.

Esquerda Unida considera que a aprobación dunha retribución complementaria ao persoal da Residencia de Maiores, de Axuda no Fogar e de todo aquel que está a dar apoio neste momento á poboación máis vulnerable “é unha cuestión de recoñecemento e dignificación do seu traballo e esforzo. Nestes momentos de urxencia queda demostrado que as súas tarefas son esenciais para o desenvolvemento da sociedade”.

A Deputación adianta os IV Premios Provinciais á Xuventude e anima a converter “a crise en oportunidade”

Co obxectivo de converter a crise en oportunidade, a Deputación de Pontevedra adianta este ano o lanzamento dos Premios Provinciais á Xuventude ao respecto de edicións anteriores, para que a mocidade da provincia aproveite a situación que estamos a vivir e desenvolva todo o potencial que ten dentro. Deste xeito, as mozas e mozos poden comezar a idear e traballar nos proxectos cos que participar nos premios, aproveitando así o período de confinamento no que nos atopamos.

De feito, a Deputación quere incentivar todo o talento que se está a ver estes días nas redes sociais, con tantos proxectos liderados por xente moza ao abeiro da crise sanitaria. Por elo, a institución provincial convida a presentarse a todas as persoas novas que están ofertando propostas e iniciativas sociais como a creación de equipos de protección; iniciativas empresariais de persoas emprendedoras que propoñen solucións para necesidades xeradas polo covid-19; ou a multitude de grupos musicais e culturais con interesantes proxectos para este período de confinamento. Hai que resaltar que as bases desta edición dos Premios Provinciais á Xuventude publicaranse no BOPPO nas vindeiras datas pero o prazo de presentación das propostas non se abrirá ata que remate o estado de alarma.

A dotación económica dos Premios vese incrementada con respecto ao ano pasado en 10.000 euros, repartidos entre todas as categorías. Polo tanto, son 32.000 euros os que se entregarán ás persoas gañadoras das oito modalidades que compoñen esta cuarta edición. As categorías que a conforman son iniciativa social, empresarial, contido dixital, educación en valores, traballo musical, literario, fotografía orixinal e deseño e moda. Esta última modalidade continúa neste 2020 tras o éxito colleitado na súa estrea, na edición anterior.

Unha das novidades deste ano é que na modalidade de educación en valores, dirixida aos centros de educación secundaria, a idade mínima das mozas e mozos que poden participar adiántase aos 14 anos, cando ate agora era de 16 a 18 anos. Salvo nesta categoría, os IV Premios Provinciais á Xuventude están dirixidos a mozas e mozos de 16 a 35 anos, que poden concursar nunha ou en varias modalidades cun único proxecto orixinal en cada unha delas. As gañadoras e gañadores recollerán os seus trofeos nunha gala que terá lugar durante o último trimestre do ano.

‘Redondela MercaNaCasa’, iniciativa para reactivar o comercio local durante o confinamento do COVID-19

0

A Concellería de Emprego do Concello de Redondela vén de poñer en marcha unha iniciativa que, baixo o nome de ‘Redondela MercaNaCasa’ busca reactivar o comercio local durante o estado de alarma provocado pola crise sanitaria do coronavirus. ‘Redondela MercaNaCasa’ parte do convencemento da existencia de numerosos establecementos redondeláns “que poden ofrecer os seus produtos e servizos a domicilio”.

Deste xeito, explica a concelleira de Emprego, María Castro, “conséguese que, por unha banda, as veciñas e veciños non teñan que abandonar o confinamento, co risco sanitario que iso supón, para mercar produtos. Doutra banda, as compras realízanse no pequeno comercio do municipio que vén de sufrir un duro golpe coa obriga de peche establecida polo estado de alarma”.

Do que se trata, apunta pola súa banda a alcaldesa Digna Rivas, é de “coordinar aos comercios locais que estean en disposición de ofrecer os seus produtos ou servizos a domicilio e que, ao mesmo tempo, a veciñanza saiba a que establecementos pode recorrer en caso de precisar un determinado servizo”.

O comercio local, engade Rivas, “enfróntase a tempos complicados e a nosa obriga como administración máis próxima á cidadanía, é habilitar os mecanismos que fagan máis doada esta situación”. É preciso, afirma a alcaldesa de Redondela “reinventarse” nos tempos complexos e “administración e tecido comercial e empresarial traballar xuntos e coordinados para que o impacto negativo desta crise, sobre as nosas empresas e comercios, sexa o menor posible”.

Para poñer en marcha a iniciativa o Concello vén de habilitar un enderezo de correo electrónico, [email protected] ao que, os negocios interesados deberán remitir datos como o nome do establecemento; logotipo, ou páxina web, se teñen; teléfono e persoa de contacto; enderezo electrónico; produtos e servizos que ofrecen; de que xeito queren interrelacionarse coa cidadanía (por teléfono ou correo electrónico); modo de facer chegar o pedido ao cliente; métodos de pagamento e o consentemento a poder utilizar estes datos.

Para resolver as dúbidas que se poidan presentar, habilítanse tamén dous números de teléfono, operativos de luns a venres e de 9 h a 14 horas: 986 402 664 e 986 400 300.

Esta é, conclúe Digna Rivas, “a primeira dunha serie de medidas que o Goberno local adoptará, en colaboración cos interlocutores económicos e empresariais de Redondela, para non só minimizar o impacto da crise do coronavirus na economía local, senón tamén a súa reactivación unha vez remate o actual estado de alarma”

O Concello de Tui agradece as doazóns de elementos de protección que segue a recibir

0

O Concello de Tui quere amosar unha vez máis “o seu agradecemento a todas as persoas que están a facer aportacións de diverso material de protección no actual estado de alarma no que nos atopamos derivado da crise do coronavirus”. O Concello que preside Enrique Cabaleiro, quixo tamén facer extensivo ese agradecemento “a todas as persoas que están a traballar desinteresadamente na elaboración de diverso material de protección dende máscaras de protección ou mascarillas”.

Na xornada do luns, o Concello e a empresa Netcom, cederon ao padeeiro Roi Rodríguez dúas bobinas de plástico para que coa súa impresora 3D poida continuar a fabricar pantallas de protección.

Tamén o luns o Concello de Tui recibiu a doazón de gafas de protección doadas por Opticalia Tui.