16 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeLouriñaMosMos deseña un plan en tres fases para cando sexa posible o...

    Mos deseña un plan en tres fases para cando sexa posible o regreso ás oficinas e á atención ao público

    Dentro da reestructuración e organización do persoal municipal extrémanse as medidas de seguridade, limpeza e desinfección

    A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informou hoxe de que, desde o departamento municipal de Persoal, se está a traballar na reestructuración e organización do cadro de persoal de funcionarios e funcionarias para adaptarse á nova situación laboral derivada da cise sanitaria do COVID-19.

    A rexedora local mosense apuntou tamén que desde o inicio do estado de alarma máis do 90 % do persoal municipal atópase teletraballando, a excepción únicamente das persoas que tiveron permisos de paternidade/maternidade por menores ao seu cargo e dos/as traballadores/as que continuaron acudindo ao seu posto para a prestación de servizos esenciais.

    Agora a reestructuración laboral do persoal municipal realízase en tres fases: inmediata, primeira fase e segunda fase.

    A inmediata atópase en marcha e inclúe aos traballadores municipais cuxa incorporación é máis apremiante (operarios do departamento de Vías e Obras, imprescindibles para os traballos de limpeza) que están a ser obxecto de revisións médicas tanto por parte da Mutua como dos seus respectivos médicos de cabeceira para que poidan incorporarse canto antes.

    Tamén dentro desta fase inmediata atópanse os conserxes dos edificios municipais como a Casa Consistorial e a Axencia de Colocación, que están en activo.

    Para a posta en marcha da primeira fase, que se intentará poida iniciar a executarse de cara ao vindeiro 27 de abril, o departamento de Persoal atópase xa revisando o estado de todas as instalacións municipais e deseñando un planning sobre como iniciar progresivamente o regreso ou reanudación paulatina dos/as traballadores/as físicamente aos seus respectivos postos de traballo.

    A segunda fase, prevista futuriblemente, aínda que sen confirmación á espera da evolución do virus e das medidas estatais que se vaian establecendo, para o 10 de maio, consiste no deseño dun protocolo de medidas de seguridade para cando se poida iniciar (aínda que pouco a pouco) a atención ao público nas dependencias municipais.

    Entre outras moitas accións a coordinar dentro desta fase atópase a redistribución do persoal de limpeza, xa que a partir de agora haberá que multiplicar frecuencia, intensidade e traballadores/as de limpeza nas instalacións municipais para previr e evitar contaxios. Como exemplo, salientar que desde o departamento de Persoal estiman que para asumir as tarefas de limpeza e desinfección exhaustivas que a partir de agora serán precisas e necesarias no edificio da Casa do Concello tres persoas, mentres que ata o de agora esa labor era asumida diariamente por unha única persoa.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.