O departamento de Benestar Social do Concello deTomiño está colaborando coa Asociación Párkinson Baixo Miño, no reparto entre os usuarios e usuarias do servizo, dun caderno que se elabora semanalmente, con exercizos de estimulación cognitiva para reforzar a memoria nestes momentos de quedar na casa.
Pódese acceder libremente ao primeiro caderno nesta ligazón. Semanalmente publicaranse máis cadernos cos correspondentes enlaces para acceder aos mesmos.
Todas as persoas que queiran recibilos na súa casa en papel (sexan socias ou non, nestes momentos complicados estaremos ao servizo de toda a sociedade) teñen que poñerse en contacto con algunha persoa da xunta directiva ou enviar un correo a [email protected] indicando o nome e o enderezo onde queiran recibilo.