O Concello de Nigrán recibiu a donación de 250 mascarillas hixiénicas donadas pola firma de moda viguesa ‘Chill&Buy’ e que foron confeccionadas artesanalmente por María Victoria Domínguez con telas coa estampa de Frida Kahlo. Estas mascarillas están a ser distribuídas polo Concello entre persoal de supermercados de Nigrán ou de residencias de anciáns e colectivos que precisen o seu uso na súa incorporación ao traballo.
Igualmente, o Concello recibíu onte a donación de 100 mascarillas homologadas por parte de Abanca e 50 pantallas hixiénicas e 50 abreportas ‘Lu-Toch’ de parte da empresa Akwel Spain SLU (estas dúas últimas achegas foron entregadas por parte dun dos seus traballadores nigraneses). ‘Lu-Touch’ é un útil de apertura e peche de portas e xanelas que permite tamén actuar como pulsador de botóns e interruptores, de forma que se evita o contacto directo con superficies e limítanse os riscos de contaxio. Este dispositivo, presentado onte oficialmente, é unha iniciativa solidaria da Universidade de Vigo, Asime e as empresas Lupeon, Davitic (ambas de Nigrán) Roviño5 e Akwel Automotive. Os primeiros ‘Lu-touch’ foron entregados esta mañá polo alcalde ao Grumir xunto con pantallas, mascarillas e outros materiais, tamén se lle entregará a taxistas e outros colectivos.
O Concello recibíu desde o inicio da pandemia multitude de donacións de medios protectores por parte de particulares ou empresas, todo o foi entregando nos sectores que máis urxentemente o precisaban ao estares esgotados no mercado (como as mascarillas para as traballadoras do servizo de axuda a domicilio ou residencias). Mercerías como a gondomareña ‘O Rincón de Elo’ e o grupo ‘YoMePongoACoser’, composto por 16 persoas e a Mercería Barrosiña e Organza Producciones, tamén teñen facilitado ao Concello mascarillas confeccionadas artesanalmente e de xeito altruísta.
A maiores, o Concello fornece desde inicios da crise de materiais para que dous particulares solidarios fagan pantallas coas súas impresoras 3D, así, dúas persoas de Nigrán (Camos) e de Gondomar están a traballar na realización destes accesorios que o Concello se encarga de achegar aos centros de saúde, Hospital Álvaro Cunqueiro ou residencias.
“As mostras de solidariedade son infinitas e sería imposible nomear a todas as persoas e empresas. Estamos moi orgullosos do comportamento do texido social e empresarial de Nigrán nesta grave crise sanitaria”, subliña o alcalde, Juan González.