8.3 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán amplía a organización de 'Aniversarios de balcón' aos maiores do municipio

    Nigrán amplía a organización de ‘Aniversarios de balcón’ aos maiores do municipio

    Ante o éxito da iniciativa municipal para convocar á veciñanza para cantar ao nenos de aniversario e agasallar a domicilio coa axuda de Protección Civil, o Concello inclúe tamén as persoas de máis idade

    O Concello de Nigrán promoverá tamén a organización de ‘aniversarios de balcón’ para os máis anciás do municipio. Ante o éxito da iniciativa municipal lanzada a semana pasada para festexar os aniversarios dos cativos convocando á veciñanza máis próxima a través das redes sociais para cantarlle e mesmo desprazándose Protección Civil para entregar un agasallo, o Concello quere incluír tamén aos anciás de Nigrán, a poboación máis vulnerable ante o Covid-19.

    O alcalde de Nigrán, Juan González, entregando un agasallo de ‘Aniversarios de Balcón’

    “Os maiores de máis de 80 anos son aos que máis duramente ataca o virus e deben extremar todas as precaucións ao máximo, por iso consideramos que é de xustiza que estemos con eles e que sintan a nosa proximidade e a dos veciños no día do seu aniversario”, sinala o alcalde, Juan González, quen agradece a absoluta implicación e compromiso de Protección Civil nesta iniciativa municipal. O sistema será o mesmo que se está a empregar coas crianzas: os fillos destes maiores ou eles mesmos deben escribir a comunicacion@nigran.org indicando data do aniversario, nome, dirección e idade. O Concello pedirá a través das súas redes sociais que os veciños máis próximos lle canten ás 18:00 horas do día en cuestión sen saír da casa, ao tempo que Protección Civil acudirá a entregarlle un agasallo en nome do Concello.

    Jorge recibindo o seu agasallo

    Ademais desta entrega a domicilio, o Concello está a ofrecer ao público de 5 a 16 anos un pequeño show de maxia en directo a través de videochamada, opción con unha marabillosa acollida e que tamén se lle ofrecerá aos anciás. Así, o prestidixitador de Nigrán Rei Midas, a través do Concello, os sorprenderá o día do aniversario cunha chamada á hora concertada coa familia.

    Videochamada do Rei Midas. A maxia axuda a facer máis doado o confinamento

    “Queremos que pese a estar confinados ese día sexa moi especial para eles, que non o esquezan nunca, é tamén un xeito de amosar desde o Concello o noso cariño e a nosa cercanía, empatía e preocupación por non deixar a ninguén atrás nesta crise. Para nos non é unha cuestión menor e estamos orgullosos de promover ese Nigran amigable e solidario entre toda a veciñanza”, conclúe o alcalde.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.