13.1 C
Pontevedra
Venres, 24 de Marzo de 2023
Máis
    HomeVal MiñorNigránZona Franca financiará os gastos de mantemento de Porto do Molle durante...

    Zona Franca financiará os gastos de mantemento de Porto do Molle durante a crise do COVID-19

    David regades reúnese coa comunidade de propietarios do parque empresarial de Nigrán

    Co obxectivo de seguir analizando como a Zona Franca pode tomar medidas encamiñadas para minorar o impacto real do Covid-19 na economía da nosa área, David Regades mantivo unha reunión telemática coa xunta directiva da comunidade de propietarios de Porto do Molle. O delegado puido conversar co presidente da comunidade, José Manuel Rouco, de Marine Instruments; o seu vicepresidente, Pedro García- Trejo de GTG Enxeñeiros; Enrique Beiro, de Investimentos Vigo Real e Nacho de Francisco, de Fiba Cátering, quen lle expuxo a súa preocupación pola repercusión desta situación excepcional nos resultados económicos deste ano.

    Desta conversación saíu, como primeira achega, que a Zona Franca duplicará durante o próximos tres meses a súa cota á comunidade de mantemento do parque para que as propias empresas non teñan que realizar ningún desembolso durante este difícil período. Unha vez que se normalice a situación, as empresas volverán realizar as súas achegas ata conseguir equilibrar as cotas comunitarias no horizonte do mes de outubro de 2021.

    Os empresarios tamén explicaron ao delegado que as empresas de Porto do Molle que traballan prestando os seus servizos ao sector industrial –como son as de automatismos, robótica, enxeñerías etc–, necesitan garantir a saúde dos seus empregados para que estes poidan entrar a desenvolver o seu traballo nas plantas industriais para o que necesitarían facerlles probas para que poidan dispoñer do correspondente carné sanitario.

    Ante a complexidade do tema, no que interveñen moitos factores, o delegado prometeu que o equipo técnico de Zona Franca estudará conxuntamente coa xunta de propietarios a mellor maneira de articular unha solución colectiva para as persoas que traballan en Porto do Molle.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS