O Concello de Nigrán, ante o inicio da terceira avaliación e con elo maior demanda de tarefas ecolares, canaliza directamente co profesorado a realización de fotocopias e posterior entrega a domicilio para todos aqueles alumnos sen medios técnicos. Así, son os propios titores os que facilitan ao correo electrónico da Concellería de Educación os documentos que precise cada estudante en concreto indicando a dirección de entrega e un contacto telefónico para poder achegarllo persoalmente desde o Concello.
O
servizo, presentado xa ás direccións de todos os centros educativos
públicos de Nigrán e xa en marcha desde este luns, pretende
solventar deste xeito as carencias de cada familia e evitar as
desigualdades no eido educativo. “Non queremos que as familias sen
medios técnicos sexan, aínda por riba, as máis prexudicadas deste
parón da ensinanza presencial, por iso garantimos que durará
mentres non haxa clases presenciais”, indica o alcalde, Juan
González.
A
propia edil de Educación, Marina Vidal, comezou o luns pasado
a
realización de fotocopias e as está a entregar diariamente nos
domicilios de Nigrán que os titores lle indican. Durante todo o
tempo que dure o confinamente será ela quen se ocupe directamente de
levar adiante o servizo.
A publicación nun medio de comunicación dunha listaxe de ‘pacientes coronarivus’ de centros de saúde do sur sa provincia, entre eles o de Salceda de Caselas, amais de espertar a indignación de Movemento Salceda e persoal sanitario, lévanos tamén a facer unha fonda reflexión sobre o COVID-19 e a ética da información. Nunha situación de gravísima crise sanitaria é cando os medios de comunicación maior responsabilidade deben adoptar á hora de publicar determinadas información e, en todo caso, esas teñen que ser meridianamente claras para que non ofrezan ningún tipo de dúbida.
Salceda
ten, nestes momentos, 7 persoas contaxiadas –bastante lonxe das 39
que asegura o xornal en cuestión–, todas elas con síntomas leves
e confinadas nos seus domicilios e, no que as residencias atinxe, non
se deu ningún caso positivo. Así consta nos datos que, cada dous
días, trasládanse ao Comité de Seguimento formado pola alcaldesa
de Salceda, a xefa de servizo do Centro de Saúde de Salceda, a
concelleira de Sanidade e o portavoz do grupo municipal do PP.
Publicar
unha listaxe de ‘pacientes coronavirus’ na que non se especifica
se se fai referencia a persoas contaxiadas, persoas en corentena ou
persoas que se lles realizou a proba –independentemente do
resultado da mesma–, non contribúe, nin de lonxe, a ofrecer ningún
tipo de información válida e si, en cambio, en crear un alarmismo
innecesario na poboación –sobre todo na de idade máis avanzada–
amais poñer en entredito os datos que posúen os e as profesionais
dos centros de saúde, punta de lanza nesta batalla.
A ‘Ethical Journalism Network’ (Rede de Xornalismo Ético), unha páxina que debería ser de lectura obrigada para todas e todos os profesionais, ofrece nestes días unha magnífica guía titulada ‘7 puntos para cubrir unha pandemia’. Chama a atención o EJN sobre un principio deontolóxico aplicable, específicamente, en casos de crises extremas como é, tristemente, a do COVID-19.
Fai
fincapé especial sobre o concepto ‘Humanidade’ e sinala
textualmente que as e os profesionais debemos ter en conta que o que
publiquemos pode ser ferinte polo que recomendan encarecidamente “que
debemos ser conscientes do impacto das nosas palabras, datos e imaxes
na vida dos demais”.
Recomenda,
un pouco máis adiante “ser sensibles cos recordos e emocións das
familias dos e das afectadas”.
Unha listaxe como a publicada, con ambigüidades claras e datos confusos, non é nin de lonxe unha práctica ética recomendable. Négome a pensar, como xornalista con case que catro décadas de profesión ás costas, que un medio publique informacións deste tipo co ánimo de que se ‘fagan virais’ (que se di agora) e quero, prefiro e desexo atribuílo a un erro que, sendo humanos como somos, tamén é posible.
O goberno de Ponteareas (BNG-PSOE) asegurou hoxe que as obras de humanización da rúa Fernández Vega na contorna do auditorio-praza de abastos “afrontan a súa fase final coa colocación do pavimento e remate de arquetas, sumidoiros e instalacións eléctricas”.
A
empresa adxudicataria procede nestes días á colocación do solado,
pavimentos de granito e rematado do formigón de cor. No día de
onte comezouse coa colocación das instalacións eléctricas e
procederase a continuación coas instalacións de regadío para logo
seguir coa colocación do mobiliario urbano e a apertura total dos
accesos.
Na pasada semana ademais
rematáronse os traballos para reparar unha importante rotura da
tubaxe de saneamento situada no lateral esquerdo da praza de abastos
descuberta durante as obras de humanización. Unha empresa
especializada realizou estes traballos que requiren actuar a varios
metros de profundidade.
O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a concelleira de Vías, Obras e Alumeado, Chus Garrote, sinalaron que nas vindeiras semanas estarán rematadas estas obras enmarcadas na estratexia ‘Ponteareas, hábitat saudable’ financiadas cos fondos de desenvolvemento rexional da Unión Europea (fondos FEDER) que custean o 80% e cos fondos propios do concello que se fai cargo do 20%.
“Este
espazo entre o auditorio e a praza de abastos será un espazo de
convivencia que dará a benvida a toda a veciñanza unha vez que
superemos esta situación temporal de estado de alarma. Precisamente
esta situación provocou o retraso no subministro do mobiliario
urbano que será colocado en canto chegue”.
O
tramo entre o auditorio municipal e a praza de abastos é agora unha
plataforma única coa estética dunha praza aínda que manterá a
circulación de vehículos. Éstes deberán subir á plataforma e
circular a tan só 20 km/h, garantindo así a seguridade dos peóns.
O obxectivo da actuación foi converter esa zona comercial con grande
movemento de persoas nun amplo espazo peonil atractivo, agradábel e
seguro, con mobiliario urbano como bancos, nova iluminación e
arborado de certo porte.
A Deputación de Pontevedra vén de autorizar ao concello de Ponteareas o anticipo de 916.962,50 euros do novo Fondo Extraordinario de Liquidez do ORAL, dotado con 21 millóns de euros, unha das medidas do goberno provincial para dotar de máis recursos aos municipios para facer fronte ás necesidades da veciñanza nesta situación de crise sanitaria xerada polo COVID-19. Trátase da cantidade aproximada que o concello de Ponteareas obterá por toda a recadación tributaria deste ano, tomándose como referencia a de 2019. O diñeiro é adiantado en 48 horas ao concello pola institución provincial a coste cero, a pesar de que o Servizo ORAL, no que Ponteareas ten delegadas as competencias para o cobro e taxas e tributos, aínda non recadou nada do correspondente a este ano 2020.
Trátase
do sexto concello da provincia, despois de Arbo, Ponte Caldelas,
Cerdedo-Cotobade, Catoira e Cuntis en acollerse a este Fondo do ORAL
para inxectar liquidez municipios, anticipos que ata hoxe suman un
adianto por parte da Deputación de 1,8 millóns de euros. Con esta
iniciativa, respéctase a autonomía municipal e se dá resposta ás
necesidades das vilas e pobos para que poidan enfrontar á crise.
A solicitude de
Ponteareas chegou este luns e xa se elaborou a autorización para
ingresar de forma inmediata o anticipo excepcional de taxas e prezos
públicos que lle corresponden atendendo ao recadado no 2019. Así,
da cantidade de 916.962,50 euros, a meirande parte (806.411 euros)
corresponde ao anticipo da futura recadación deste ano pola taxa de
recollida de lixo e o resto aos tributos polos postos da praza de
abastos, postos públicos, vaos e utilización de dominio público
por reserva da vía pública.
O
Fondo de Liquidez do Servizo ORAL forma parte da batería de medidas
postas en marcha polo goberno da Deputación de Pontevedra, a raíz
do Estado de Alarma, polo coronavirus para achegar recursos de xeito
útil, próximo, rápido e eficaz aos concellos máis pequenos da
provincia. Amais, no pleno que se celebrará este venres día 24
levarase tamén á aprobación un plan específico de pagos
personalizados que posibilitará á cidadanía e ás empresas o abono
fraccionado en varios meses, sen xuros, das cotas do IBI, o IAE, e o
IVTM. Amais, ao través do ORAL, a institución provincial tamén
prestará o seu asesoramento e colaboración aos concellos, na
tramitación dos expedientes necesarios para a modificación das súas
ordenanzas fiscaisen
relación coas medidas que, na súa potestade tributaria, decidan
adoptar.
Ao
Fondo do ORAL hai que engadir as axudas extraordinarias; a
modificación das Axudas de Emerxencia para poder obter o 100% desde
o primeiro momento; a do Plan de Servizos Básicos Comunitarios e o
SAF; e o cambio da Liña 2 do Plan Concellos que os municipios da
provincia poden agora destinar á crise sanitaria. Todas estas
medidas supoñen poñer a disposición dos concellos máis de 28
millóns de euros.
O Monte Real Club de Iates decidiu aprazar a unha data aínda por determinar o Trofeo Repsol – Regata de Primavera que se ía a disputar entre o 1 e o 3 de maio. O aprazamento vén motivado pola situación xurdida por mor da crise sanitaria do Covid-19 e como consecuencia das restricións derivadas do Estado de Alarma, publicadas no Real Decreto 463/2020.
O artigo 10.3 do citado Real Decreto prohibe todo tipo de actividades deportivas e de lecer como «probas e exhibicións náuticas», que inclúe todas as actividades referentes a regatas ou probas e exhibicións náuticas mentres dure o Estado de Alarma.
Desde o Monte Real Club de Iates lamentamos enormemente esta situación pero entendemos que é responsabilidade do club cumprir coas restricións ditadas polas autoridades para facer fronte a este problema de saúde mundial.
Catorce dos
concellos adheridos ao Plan Revitaliza recibirán de maneira
inmediata subvencións da Deputación para contratar quince mestres e
mestras composteiras que se farán cargo dos centros de compostaxe e
do control dos composteiros individuais de cada municipio. Este
venres a Xunta de Goberno aprobará a axuda económica para este
exercicio, que ascende a preto de 300.000 euros, e supón o 100% do
salario para os oito meses que restan do ano.
A incorporación do
persoal técnico para a compostaxe nos concellos está prevista para
o 15 de maio, sen prexuízo de que se poidan producir retrasos
motivados polo estado de alarma ou pola decisión dos propios
gobernos locais. Segundo explica o vicepresidente César Mosquera, a
Deputación decidiu retomar o proceso selectivo que quedara
paralizado na fase de concurso no mes de marzo pola emerxencia
sanitaria levantando a suspensión de prazos de forma motivada, xa
que o servizo de tratamento de residuos, no que se inclúe a
compostaxe, está considerado esencial.
Hai que lembrar que
nestes momentos están activos todos os centros de compostaxe da
provincia dependentes do Revitaliza. Estes son atendidos por un
servizo básico de mestras e mestres composteiros da Deputación que
realiza os labores de control do proceso –medicións de
temperatura, enchido, impropios…-, así como de mantemento das
garantías sanitarias. Durante as semanas do estado de alarma a
equipa do Revitaliza ten constatado un aumento moi significativo das
achegas de residuos orgánicos nos composteiros. De feito, tense
contabilizado que o nivel de enchido tense duplicado como media e
case cuatriplicado nalgúns centros de compostaxe comunitaria.
As e os mestres composteiros que se incorporen como persoal interino municipal por programa pasarán a reforzar o servizo provincial. Os concellos que pasarán a contar con mestras e mestres composteiros para traballar seguindo as indicacións do plan de compostaxe son Vilaboa, Bueu, Cangas e a Mancomunidade do Morrazo na comarca do Morrazo; Illa de Arousa, O Grove e Valga na zona do Salnés; A Guarda e Tui no Baixo Miño; Mondariz e As Neves no Condado; Gondomar no Val Miñor; e Poio e Ponte Caldelas na comarca de Pontevedra.
Para a concesión
das subvencións aos concellos que este venres aprobará a
Deputación, tivéronse en conta diferentes parámetros,
principalmente, a experiencia acumulada no tratamento dos residuos
orgánicos a través da compostaxe tanto nos centros de compostaxe
comunitaria (CCC) como a través de composteiros individuais de
exterior (COIN), ademais da realización doutras accións destinadas
a fomentar a separación en orixe da FORM e a reciclaxe do resto das
fraccións. Tamén se valorou a posibilidade de que os concellos
teñan posibilidade de acadar o tratamento progresivo da totalidade
da fracción orgánica de residuos municipais por medio de
composteiros.
As subvencións para
a contratación do persoal técnico aos concellos non se limitará a
este exercicio de 2020, senón que se prorrogará durante dous anos
máis aínda que con menor contía económica. Así, no
2021 a Deputación achegará o 50% (179.858,25 euros) e no 2022 unha
partida de 107.914,95 euros (30%), facendo un total de 575.546,40
euros nos tres anos. O custe máximo por cada membro do plantel
técnico será duns 28.800 euros.
Trátase da segunda
vez que a Deputación facilita a contratación de persoal aos
concellos adheridos ao plan de compostaxe provincial, tendo outorgado
na primeira convocatoria axudas para a contratación de trece postos
técnicos. As quince novas prazas c con peubriranse con persoal
preparado en compostaxe, chamando en primeiro lugar ás persoas que
forman parte da vixente bolsa de emprego e, en segundo lugar, da
lista creada tras o proceso de selección realizado este ano pola
Deputación.
O Concello de Tui recibiu no día de onte corenta novos colectores para a recollida selectiva que se van distribuír polas parroquias. Coa adquisición deste novos contedores, que están fabricados con material reciclado refórzase a recollida e envases lixeiros nas parroquias logo de detectar un incremento importante no volume deste tipo lixo e a demanda destes colectores para o seu depósito.
Ao longo deste ano, segundo avanza o alcalde, Enrique Cabaleiro, “realizaranse novas adquisicións de colectores para seguir estendendo a recollida selectivo e atender así as demandas da veciñanza neste senso”.
O presidente da Mancomunidade de Municipios do Val Miñor e alcalde de Baiona, Carlos Gómez, vén de solicitar do SERGAS que, “á maior brevidade posible” lle sexan facilitados datos “reais e fiables” sobre a evolución do COVID-19 na comarca. Gomez destaca a importancia de posuír dita información “para que os concellos de Baiona, Nigrán e Gondomar saiban como afecta a pandemia á súa poboación, a curva de evolución prevista e, en consecuencia, poder adoptar as medidas correctoras máis adecuadas e máis efectivas para a súa veciñanza”.
O
presidente da Mancomunidade do Val Miñor lamentou que eses datos que
agora solicita “non foran remitidos ‘de oficio’ polo SERGAS
dende hai tempo”, ao tratarse, dixo, “dunha situación de alerta
sanitaria que afecta ao conxunto da cidadanía sen distinción e na
que é imprescindible que todas as administracións traballemos de
xeito coordinado”.
Carlos
Gómez, que agarda unha resposta “á maior brevidade posible”,
insistiu en que “coñecer os datos reais da actual situación
sanitaria permitiríanos aos concellos axustar as medidas que xa
estamos desenvolvendo de cara a facelas máis eficaces”.
A concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, lanzou onte nas redes sociais facebook e twitter unha nova versión do afamado tema ‘Estou na lavadora’ orixinaria do grupo ponteareán ‘O Caimán do Río Tea’. Grupos e artístas de Ponteareas uníronse para crear e interpretar esta nova versión que arrasou nas redes sociais conseguindo máis de dez mil visualizacións en tan só unha hora.
‘Estou na corentena’ é o título desta divertida versión na que participan integrantes dos grupos O Caimán do río Tea, SonDaRúa, Sulfatar, Skandalo GZ, Max Power, School e artistas como Tonhito de Poi, Chico López, Duke Sam e Baby Jane.
O concelleiro de Cultura e o concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó, destacan a boa acollida deste videoclip que onte pola noite fixo bailar ás familias ponteareás e de toda Galicia cunha versión dun tema que acadou o éxito da man do programa de Televisión de Galicia, ‘Xabarín Club’.
Salceda amencía o domingo coa triste nova do pasamento de Justo González, coñecido por ser un dos fundadores da banda de música da vila, ademáis de pola súa pertenza á mítica Orquestra Sur, e por rexentar unha zapatería durante moitos anos no centro da vila, na que misturaba a venta de zapatos coas clases de solfexo que impartía a ducias de nenos e nenas en plena zapatería.
Que Justo era unha persoa especialmente querida pode comprobarse facendo un percorrido polas numerosas mostras de afecto verquidas nas redes sociais por familiares e amizades, pero sobre todo polas expresadas por moitos deses nenos e nenas que pasaron pola súa zapatería a estudar música e que hoxe en moitos casos se teñen convertido en profesionais da música ao longo de todo o mundo. E é que o estado de alarma fixo ademais imposible ese último adeus presencial a Justo, polo que foron as redes as que trasladaron todos eses sentimentos á súa familia, a modo de despedida pública.
Justo era desas persoas boas, que tamén o Concello quixo recoñecer nomeándooo ‘Salcedense Distinguido” alá polo ano 2015, en recoñecemento a unha vida de paixón incondicional pola música. E é que esa era a súa maior paixón, reflexada sobre tódalas cousas na Banda Cultural de Salceda, “a súa banda”, encargada de darlle o último empuxonciño de ánimo cando xa nos seus últimos días no hospital puido ver a nova que o telexornal lle adicou polo seu traballo no confinamento, tal e como unha das súas netas recoñecía tamén a través das redes sociais.
Justo foise coa alegría de ver como a súa
querida banda recuperou décadas despois a que foi a súa orquestra,
a Sur, que ademais contou co seu último e máis especial alumno, o
seu bisneto.
A casualidade quixo que tan só dez días antes
fose a súa muller a que partise, nunha separación que durou
demasiado pouco, e que deixou a toda a vila coa sensación de que se
estaban esperando. Sen dúbida Salceda non esquecerá a Justo, unha
desas persoas que se fixo querer alá por onde pasou.
O Concello de Salvaterra vén de poñer en marcha un grupo de voluntarios e voluntarias que se encargarán de confeccionar máscaras de protección que, posteriormente, serán repartidas entre todos os veciños e veciñas.
O material para confeccionar estas máscaras de protección, mercarase coa achega do 30 % que farán a alcaldesa e os concelleiros e concelleiras de Salvaterra de Miño con dedicación para iniciativas na loita contra o COVID-19.
As máscaras que se entregarán son lavables a temperatura de 60-90 graos e recoméndase lavalas con frecuencia, sinalan dende o concello de Salvaterra. A alcaldesa, Marta Valcárcel, lembra que a utilización de máscaras de protección non implica “que se esquezan de adoptar as demais recomendacións como lavar as mans frecuentemente con auga e xabón ou utilizar solución hidroalcohólica, evitar tocar os ollos, o nariz e a boca e manter a distancia de seguridade”.
O Concello lembrou tamén que ten mascarillas quirúrxicas a disposición de todas as persoas de risco que teñan que desprazarse a un centro hospitalario. Poden solicitarse no teléfono 697 911 050 en horario de 9 h a 13 horas.
O
Servizo de Teleasistencia Domiciliaria da Deputación de Pontevedra
realizou máis de 700 actuacións e rexistrou preto de 20 novas altas
dende o comezo do Estado de Alarma. Trátase dun servizo máis
esencial que nunca e que se viu reforzado, debido á situación
derivada polo Covid-19, para prestarlle especial atención ás máis
de 650 persoas beneficiarias de 46 concellos da provincia.
En concreto, dende o 14 de marzo, realizáronse ao redor de 600 chamadas para a prevención de estafas e atendeuse a preto de 20 persoas que solicitaron axuda en compras, xestións ou reparacións no domicilio. Ademais, tamén se fixo seguimento especial de máis de 110 persoas por vulnerabilidade e de 5 persoas por sospeita ou confirmación de Covid-19.
Durante o Estado de Alarma a Deputación intensificou os seguimentos telefónicos das máis de 120 persoas que non contan con apoio familiar ou social e tamén está a estudar novas medidas dirixidas a esas persoas que están soas nun momento tan delicado coma este. No caso do resto das persoas usuarias, explica a administración provincial, “tamén se está a intensificar o seguimento, reducindo os prazos de quince días a unha semana”.
Ademais
das actuacións relacionadas coa atención telefónica das persoas
usuarias, o Servizo de Teleasistencia comprende outras actividades
que completan a citada atención. Trátase da prestación de axuda en
compras ou outras xestións, as reparacións en domicilio, ou a
campaña de prevención de timos e estafas. O Servizo de
Teleasistencia Domiciliaria permite a persoas de avanzada idade ou
con algún tipo de diversidade funcional manter a súa independencia
e continuar vivindo no seu domicilio con tranquilidade e seguridade,
coa consecuente mellora na súa calidade de vida. Ante unha situación
de emerxencia no fogar, con só pulsar un botón, dáselle resposta
inmediata ás persoas usuarias, as 24 horas ao día e os 365 días do
ano, mobilizando os recursos necesarios para solucionar a incidencia.
O Concello da Guarda vén de anunciar a suspensión de todos os eventos que tiñan previsto celebrarse no municipio, cando menos, ata o 12 de xullo. Entre os principais actos que non se celebrarán neste 2020 atópanse a festa das Alfombras Florais con motivo do Día do Señor, prevista para o 14 de xuño, e a Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, na primeira fin de semana de xullo. A suspensión obedece á situación de emerxencia sanitaria que se está a vivir e dado que ámbalas dúas celebracións congregan a un importantísimo número de visitantes.
O estado de alarma que se vive dende o 14 de marzo e que, previsiblemente o día 26 de abril sexa ampliado ata o 10 de maio, fixo que o Goberno que preside Antonio Lomba puxera sobre a mesa todos os eventos culturais, lúdicos, deportivos e de carácter turístico que estaban previstos para estudar, con tempo, como lles afectaba esta situación. Nesa liña, os reponsables municipais mantiveron contactos con todas as asociacións e persoas implicadas na organización destes eventos, así como cos portavoces dos grupos políticos con representación municipal.
Nesas xuntanzas, o alcalde Antonio Lomba trasladoulles a intención de aprazar ou suspender os eventos dos vindeiros meses no concello da Guarda. Todos os implicados manifestaron a súa conformidade en canto a esta decisión, conscientes do esforzo e do tempo que leva organizalos, da imposibilidade de facelo nas actuais circunstancias, da incertidume sobre a obtención das autorizacións necesarias e as previsións da falta de participación, no caso de conseguir facelos.
Outros eventos, como é o caso do concerto de Heredeiros da Crus previsto para o 11 de xullo, serán trasladados a unha nova data e, neste caso concreto, barállase que podería realizarse a finais de verán dependendo de como evoluciones a actual situación.
Será esa evolución da emerxencia sanitaria e das directrices a seguir que marque o Goberno Central, as que servirán para tomar decisións sobre a celebración de eventos que, sen supoñer aglomeración de persoas, poidan ser referentes de ocio, entretemento e cultura para a cidadanía.
“Sabemos que da diminución de contactos entre as persoas depende o control desta pandemia –explica o alcalde Antonio Lomba–, e sabemos tamén que a desescalada producirase de forma progresiva. Todos e cada un de nós debemos colaborar para acabar coa pandemia o que permitirá recobrar a normalidade nas nosas vidas no menor tempo posible”.
O prolífico Xosé Antonio Neira Cruz presenta unha nova novela, galardoada o pasado ano co premio Ánxel Fole de narración curta organizado polo Concello de Lugo. Un relato que se bambea entre a realidade e a ficción e que supón unha auténtica viaxe no tempo ata A Coruña de principios do século XX.
A protagonista da novela é Elvira Morales. Tal é o seu nome na
ficción, pois a inspiración, como confesa o autor, foi unha muller
de carne e óso, a xornalista coruñesa María Luz Morales, que pasou
á historia como pioneira do xornalismo cultural e como a primeira
muller que en España tivo a responsabilidade de dirixir un xornal de
tirada nacional, o catalán La Vanguardia. De maneira que estamos
diante dunha recreación absolutamente libre do que puideron ser os
seus inicios no mundo do xornalismo, cando a presenza de mulleres nas
redaccións non pasaban do puramente anecdótico e, no mellor dos
casos, coa responsabilidade de traballos considerados menores, como
as crónicas de sociedade.
María Luz deixou de nena A Coruña para trasladarse cos seus pais a
Barcelona, pero a personaxe da novela, Elvira, fica na cidade e, logo
de rematar os estudos de maxisterio, atopa a súa verdadeira vocación
no eido do xornalismo. Sabedora de que a sociedade coruñesa da época
foi quen de apoiar a moitas mulleres emprendedoras, dende María
Barbeito –coprotagonista na novela cun papel importante como amiga
persoal de Elvira–, ata Emilia Pardo Bazán, Fanny Garrido, Sofía
Casanova, Francisca Herrera e tantas outras, Elvira opta por buscar
fortuna na redacción dun xornal local, La Voz de Galicia, un mundo,
como diciamos, reservado case que en exclusiva para homes.
Neira Cruz xoga, como tamén apuntamos, entre a realidade e a
ficción, enchendo a novela de personaxes reais e procurando unha
ambientación que semella perfectamente estudada. Falamos dun tempo
no que a cidade vive unha profunda transformación, que aquí se ve
reflectida a través das novas tecnoloxías aplicadas ao xornalismo
(a chegada das linotipias, que revolucionarán a composición de
textos e axilizaron a edición). Asistimos, xa que logo, a un momento
importante dentro da historia local da cidade e, por extensión, de
Galicia, unha loita entre tradición ancestral e a modernidade, que
compón o telón de fondo do relato.
Pero, ao mesmo tempo, asistimos tamén ao esforzo dunha das pioneiras
a prol da defensa do traballo feminino, unha pioneira, xa que logo,
na loita pola igualdade da muller, neste caso dende o campo do
xornalismo. O seu papel, sen chegar a ser combativo, resultou
providencial na loita por esa igualdade, pero a súa relevancia foi
minguando ata a actualidade, na que se converteu nunha personaxe
practicamente esquecida. Pola súa dimensión, a recuperación desta
figura, aínda que sexa a través da recreación literaria, supón un
aliciente máis desta novela.
Hoy la idea de la receta y las fotos os las manda mi hijo Álvaro.En realidad él quería hacer un dónut gigante y decorarlo como los dónuts de Los Simpson, pero al final lo que hizo fue un bizcocho y lo decoró como un dónut. Una buena solución.
Nos unimos así a la fiebre bizcochil que se ha extendido entre la población con esto del confinamiento y os proponemos una receta para hacer con vuestros hijos uno de estos días. El bizcocho es una adaptación sin gluten del Bizcocho de naranja de Webos Fritos. Vamos con la receta:
INGREDIENTES
(ojo, si tenemos alguna persona celíaca en casa, debemos asegurarnos de que todos sean aptos)
Media naranja
2 huevos y 3 yemas
180 g azúcar
90 g aceite de girasol
1 yogurt natural
210 g harina sin gluten
10 g levadura
Pizca de sal
Para decorar 1 tableta de chocolate blanco para postres y colorante rosa (si no tenéis o no podéis comprarlo, nosotros compramos el que había en el súper sin gluten, que es rojo y echamos poquito) Fideos de colores o sprinkles de colores.
ELABORACIÓN
Encendemos el horno a 180º . Engrasamos un molde redondo
Rallamos la piel de media naranja y reservamos
Pelamos la naranja, evitando que quede parte blanca y la partimos.
Ponemos en un cuenco la naranja en trozos junto con el azúcar, los huevos y las yemas y batimos con barillas unos 5 minutos.
Añadimos el aceite y el yogur y batimos un minuto más.
Incorporamos la harina tamizada con la levadura, la ralladura de naranja y una pizca de sal y mezclamos con cuidado para integrar todo.
Vertemos la masa en el molde y horneamos unos 35 minuros.
Sacamos del horno, dejamos templar y desmoldamos.
Una vez frío lo cubrimos con el chocolate que previamente habremos fundido al baño María y coloreado de rosa. Extendemos el chocolate dejando que caiga por algunas zonas haciendo chorretes. Decoramos con fideos de colores o, como en este cado, lo que había en el súper, estrellitas.
Y ahora, niñ@s ¡¡a merendaaaaaar!! Os merecéis un bizcocho así de rico y más. ¡¡Sois un@s campeon@s!!
O Concello de Baiona vén de prorrogar, mediante unha resolución de Alcaldía, o contrato de prestación do Servizo de Atención a Domicilio que remataba este vindeiro luns 20 de abril. A decisión de prorrogar este servizo é unha competencia do Pleno da Corporación Municipal pero, as excepcionais circunstancias provocadas polo estado de alarma, fixeron precisa a adopción desta medida “tan extraordinaria como urxente”, explica o alcalde Carlos Gómez
En todo caso e como paso previo á resolución de Alcaldía, Carlos Gómez puxo este feito en coñecemento dos portavoces dos distintos grupos políticos da Corporación “que foron quen de entender a urxencia da situación e as circunstancias únicas que se estaban a dar”. Precisamente por iso, o rexedor de Baiona quixo expresar publicamente o seu agradecemento a os grupos municipais que co seu apoio “amosaron un alto grao de responsabilidade e compromiso”.
Non nos cansaremos de repetir, subliñou o alcalde de Baiona, “que en circunstancias extraordinarias temos que adoptar medidas extraordinarias” e, nese sentido lembrou o rexedor baionés que “os concellos como primeira liña nesta loita, temos que adoptar decisións rápidas para dar solucións aos problemas da cidadanía”.
O
Servizo de Atención a Domicilio, que é un servizo dunha
extraordinaria importancia en tempos normais “convértese en
absolutamente imprescindible nestes tempos de emerxencia sanitaria”,
apuntou Gómez, polo que o Concello “tiña a obriga de adoptar esta
decisión urxente para que as usuarias e usuarios non quedaran
desatendidos xusto cando máis falta fai”.
A
Deputación de Pontevedra inicia esta fin de semana as actividades
coas que conmemorará este ano a celebración do Día Internacional
do Libro, que se celebra o vindeiro día 23. Una especial efeméride
que este ano será distinta polas circunstancias excepcionais
derivadas do COVID-19 e que, como destaca a presidenta Carmela Silva,
“reforzan a necesidade de compartir cultura, de sentirnos parte dun
todo. Aproveitemos para saír deste encerro físico temporal e viaxar
cos ollos abertos a través de historias descoñecidas e personaxes
sorprendentes -subliña Silva-. Será unha entretida aventura para
todos e todas”.
Enmarcadas
nas propostas deste abril como o Mes da Cultura, estas iniciativas
inícianse nas redes sociais da Deputación, onde ao longo dos
próximos días iranse compartindo desde os distintos perfís da
institución arredor de trinta citas de autores da literatura galega
e universal. Son frases que, como di a presidenta provincial, “xa
forman parte da nosa vida, pequenas xoias que aparecen nos libros ou
nas citas das túas autoras e autores favoritos, que te inspiran e te
acompañan”. Por elo, a institución invita tamén á cidadanía a
compartir as súas citas favoritas e novas propostas de lectura, as
frases que inspiran e acompañan no seu día a día e para elo abriu
unha xanela común para compartilas nas redes sociais a través da
etiqueta #adepocalectura.
A
primeira das citas coas que a Deputación iniciará esta proposta
corresponde a Miguel de Cervantes (Nalgún
lugar dun libro hai unha frase agardando por nós para darlle un
sentido á existencia)
e, ata o día 23 iranse colgando outras relacionadas sobre libros e
lecturas (de autoras e autores como Jane Austen, Ana María Matute ou
Italo Calvino entre outros); citas da literatura universal (de Mary
Shelley, Pablo Neruda, Virginia Woolf, Quevedo ou Isabel Allende), e
de autores e autoras galegos como Fina Casalderrey, Rosalía de
Castro, Emilia Pardo Bazán, Manuel Rivas ou Uxío Novoneyra.
O
eixo central da semana do Día do Libro será o convite da Deputación
á cidadanía a participar nunha viaxe literaria a través de sete
grandes obras da literatura universal de autores e autoras dos cinco
continentes, que falan dos grandes temas que preocupan á humanidade:
o amor, a dor, a amizade, a guerra, a liberdade ou a familia.
Mulleres e homes que nos falan da liberdade, da esperanza, da
supervivencia e da amizade, pero tamén da
guerra, do fracaso, do racismo, do machismo e da infamia.
Así, por medio dun mapa virtual farase parada en autores de
referencia como Rosalía e Cervantes (coas obras “En las orillas
del Sar” e “O Quixote”) da literatura europea; Harper Lee e
Gabriel García Marquéz (cos libros “Matar a un ruiseñor” e
“Cen anos de soidade”), de América do Norte e do Sur; Mariama Bâ
(“A miña carta máis longa”), de África; Khaled Hosseini
(“Cometas no ceo”), de Asia e Kate Grenville (“Sara
Thornhill”), de Oceanía.
Amais,
autoras e autores contemporáneos tamén compartirán coa cidadanía
os seus libros de referencia a través dun vídeo que se colgará o
día 23 na web da Deputación. Nel poderase escoitar a Pedro Feijoo,
Marilar Aleixandre, Francisco Castro, Ledicia Costas, Domingo Villar,
Inma López Silva, Manel Loureiro, Silvia Penas, que nos agasallarán
coa mellor literatura: “a
que nos compromete, a que nos emociona, a que nos fai pensar, a que
nos fai máis libres”.
O
Concello de Redondela convocará esta semana a primeira reunión da
Mesa
de asesoramento Económico
e Reestruturación
do Sector
Comercial, unha iniciativa que nace coa intención de comezar
a traballar conxuntamente nun plan de acción para
intentar paliar os efectos da
criseque
o estado de alarma poloCOVID-19
traerá
aparellada durante o mesmo e nas
datas posteriores ao seu remate.
Esta
Mesa,
na que participarán representantes dos sectores económicos máis
significativos –
hostalería,
comercio, Asociación
de Empresarios– así como técnicos
municipais e representantes dos distintos grupos políticos, busca “a
unión e implicación de tódolos sectores afectados
para reactivar a economía e buscar unha saída en común a crise
provocada pola pandemia”, explica a concelleira de Economía do
Concello de Redondela, María Castro.
A
este respecto, a folla de ruta que se está perfilando pasa
polo
compromiso do Goberno
local en
apoiar a revitalización
do sector nestes
momentos tan complicados, “polo que se contemplarían dende
actividades de promoción e dinamización ata a exención de taxas,
pasando por
axudas, infraestruturas e iniciativas de publicidade e comunicación”
matiza o Equipo de Goberno.
De
feito, durante este
estado de alarma, o Concello xa está a implementar medidas como a
promoción dos mercados de abastos municipais, o a
potenciación
do
servizo
de pedidos nos
mesmos. Asemade
estableceuse
a
exención ou
bonificación de varios tributos municipais ou a mobilización de un
millón de euros para axilizar o pago a provedores, de cara a
permitir que as empresas e persoas autónomas, dispoñan de liquidez
para seguir funcionando.
A
este respecto, explicou Digna Rivas, que o
Goberno local “segue
a estudar a
posta en marcha demais
medidas que
permitan ao comercio e ao sector produtivo, adaptarse
a unha situación cambiante como a
que vivimos”.
Coa
vista posta no “día despois”, o Goberno local, en colaboración
co sector comercial e empresarial, desenvolverá medidas dinamización
“que se recollerán nun Plan de
choque no que se incluirán campañas
de sensibilización que
lembren á cidadanía a importancia de mercar no comercio local e de
proximidade como medio de creación de riqueza, emprego e
reactivación económica
e
que contribúa a que saiamos, o antes posible, desta situación
crítica”, afirma a alcaldesa Digna Rivas.
A concellería de Educación, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández, fai chegar nestes días a través de persoal municipal, diverso material didáctico a aquelas familias que os centros eductivos consideran imprescindible. Trátase dunha iniciativa que permite que as familias non teñan que saír dos seus fogares.
Cristina Fernández aclara que “son os centros educativos os que deciden o material que hai que repartir e a que alumnado se lle ha de facilitar”. Grazas á colaboración entre os centros e o Concello, explica a concelleira, “é posible acurtar a brecha dixital e facer que os estudos continuen coa maior normalidade posible”.
Cristina Fernández asegura que “traballamos para que todo o alumnado dispoña das mesmas ferramentas e poida seguir formándose nas súas casas. Agradecemos a comprensión e colaboración das familias que afrontan a diario esta situación de excepción e que contribúen a saír desta crise sanitaria permanecendo nos fogares”.
Así mesmo, a Concelleira agradece “a todo o profesorado e comunidade educativa en xeral a súa rápida adaptación e o traballo que fan na procura de novos recursos educativos”.
Por último, a concelleira lembra que no botón ‘recursos lúdicos e educativos’ da páxina web do Concello as familias poden atopar propostas para o tempo de lecer deseñadas para o público infantil e para as familias e tamén no botón ‘COVID-19’ todas as medidas de urxencia adoptadas polo Estado nesta crise sanitaria, medidas sobre alugamentos, consumo ou axudas entre outras cuestións.
Nestes días ademais,
distribuiránse vídeos con consellos e pautas para unha mellor
convivencia nestes tempos de quedar na casa.
O Concello de Nigrán, ante a situación derivada do estado de alarma que rebasa xa un mes, ven de crear un servizo de atención psicolóxica telefónica para persoas que están a ter dificultades emocionais polo confinamento. Atendido directamente por unha psicóloga, este estará operativo os mércores e xoves de 10:00 h a 14:00 horas mediante cita previa en [email protected] ou 650271896 (chamando mércores ou xoves). Paralelamente, desde o Concello estase a contactar telefónicamente (ou mediante carta se o número non aparece no padrón) con todas as persoas maiores de 70 anos que viven soas co obxectivo de facerlles un seguimento, ofrecer conversa, compañía e, ao mesmo tempo, incidir en que poden empregar o servizo municipal de axuda ante o Covid-19 (onde poden xestionar a compra e entrega a domicilio de alimentos, menciñas, libros… ou calquera outra necesidade).
“Dado
que o confinamento xa rebasa un mes, consideramos que é preciso
crear este servizo de apoio psicolóxico telefónico porque moitas
persoas poden estar a sentir angustia, soidade, tristura ou
situacións de conflicto familiar… E ademais, reforzamos esta
acción con chamadas a todos os maiores que o viven en completa
soidade”, explica o alcalde, Juan González, quen subliña que,
desde a Concellería de Maiores, a propia edil María Mayán leva
semanas contactando con todas estas persoas que superan os 70 anos
para facer un seguimento de cada situación concreta e ofrecer
conversa, completándose isto coa entrega de cartas a domicilio onde
se incide na existencia do servizo municipal de axuda ante o
Covid-19. A partir de agora, en caso de detectar neles un problema
emocional, serán derivados ao novo servizo psicolóxico do Concello
para recibir unha terapia máis exhaustiva.
“Nas
chamadas se lles pregunta como se atopan e se precisan algo, tamén
se lles ofrece conversa para aliviar a sensación de soidade que
poden estar a sufrir agora especialmente”, incide María Mayán.
“Agradecen infinitamente a chamada porque para eles significa que
non están sós, que teñen unha persoa en concreto a quen recurrir
se o precisan e que o Concello os ten en conta; despois da
presentación inicial e da súa sorpresa ante a chamada acabamos
falando de calquera outro tema porque, loxicamente, teñen necesidade
de socializar e de sentirse escoitados. É moi gratificante”.
“O
Goberno local habilitará todas as medidas necesarias para que as e
os escolares poidan seguir as clases de xeito non presencial”
asegurou hoxe a concelleira de Educación do Concello de Redondela,
Olga García Ballesteros.
García
Ballesteros lembrou que, dende máis dunha semana “e de xeito
coordinado cos distintos centros escolares”, voluntarios e
voluntarias de Protección Civil achegan as tarefas escolares “aos
nenos e nenas que, ou ben carecen de conexión a internet ou que non
dispoñen de ordenadores nas súas casas” segundo un listado
elaborado polos propios colexios e institutos.
A
esta medida engádese agora a distribución dos ordenadores que
posúen os centros escolares “ao alumnado que non dispón de
ordenador na súa casa” e, a esta medida, engadirase nas datas
inmediatas, a posta a disposición dos alumnos e alumnas que carezan
de conexión a internet no seu domicilio “de dispositivos que lles
permitan conectarse á rede para que poidan seguir as clases de xeito
non presencial”.
A
impresión das tarefas, lembra Olga García, “faise só para
aqueles e aquelas que non teñen posibilidade de seguir as clases
online, xa que para realizar as tarefas –segundo indicaron os
propios centros escolares– non é preciso imprimir os exercicios
propostos”.
Pola
súa banda a alcaldesa, Digna Rivas, salientou que, a estas medidas,
“iranse engadindo outras que dependerán da evolución da crise
sanitaria e do estado de emerxencia”. En todo caso, engadiu a
rexedora local redondelá, “ningún alumno ou alumna quedará sen
poder seguir o curso escolar por falta de medios”.
Rivas
agradeceu “o traballo que están a realizar os centros escolares e
as profesoras e profesores” na grave situación que se está a
atravesar” e salientou a importancia do “traballo coordinado e
meticuloso” que están a realizar o Goberno local e os centros
escolares “encamiñado a diminuír o impacto deste estado de alarma
sobre as e os escolares e o seu progreso académico”.
A Deputación de
Pontevedra, trasladou nas últimas horas ás entidades financeiras a
súa solicitude de que axilicen ao máximo a resposta administrativa
e de xestión para garantir rapidez a todas as solucións que poidan
destinar aos sectores produtivos, “a fin de que a saída da crise
sexa o menos gravosa posible para empresas e familias”.
Nunha
carta remitida ás entidades, a presidenta provincial, Carmela Silva,
recolle as demandas das familias, a hostalería e a hospedería, o
comercio, as persoas autónomas ou as empresas grandes ou pequenas,
“que están a sufrir como nunca unha situación de asfixia
económica”. “Todos os sectores produtivos, sinala Silva,
recoñecen abertamente as súas dificultades para xestionar as súas
necesidades de carácter económico e financeiro, e a sociedade
necesita respostas contundentes das administracións públicas, pero
tamén das entidades socio económicas do país”.
Por
elo, a presidenta provincial, que recoñece a sensibilidade que as
entidades financeiras están a demostrar en relación a crise
provocada polo COVID19, expresa a necesidade de que haxa unha máxima
axilidade na xestión das solucións que necesitan as familias e as
empresas. “Todas as persoas que pertencemos a ámbitos con
responsabilidade pública e privada sabemos que este é un momento de
demostrar non so a nosa empatía, di Carmela Silva, senón de
articular medidas para que a saída de pandemia sexa sostible e
equilibrada”. “O valor das persoas enténdese ante as
adversidades, remata, confío en que unamos forzas como sociedade”.
O sexting consiste en compartir de forma voluntaria mensaxes, fotos ou vídeos de contido sexual a través aplicacións de mensaxería móbil ou das redes sociais, unha práctica que se está disparando na corentena e que creceu de forma importante entre a xente máis nova durante este tempo de confinamento. Unha práctica de risco, dado que moitas veces ese contido pode ser compartido sen permiso.
Por este motivo, o Concello do Rosal quere achegar ás familias unha serie de recomendacións para abordar este tema cos rapaces e rapazas, así como unha serie de pautas e precaucións para xestionalo do mellor xeito.
Os
expertos recomendan unha comunicación aberta e sen tabús para poder
falar este tema cos fillos e fillas dun modo positivo e construtivo,
tratando de sacar o tema sen que resulte invasivo ou incómodo, e que
pareza o máis natural posible: a través dunha serie, dun libro,
dunha noticia… É importante falar con eles e elas do concepto de
privacidade e explicarlles que o contido que se sobe ás redes
sociais deixa de estar baixo o seu control, xa que se comparte moi
facilmente.
Prohibir
a determinadas idades pode ser un erro, por iso é mellor recomendar
en positivo: explicarlles que é mellor non enviar fotos de contido
sexual a ninguén pero que, se o fan, procuren que non saia a súa
cara nin nada que poida identificalas ou identificalos para evitar
riscos de ser recoñecidos no caso de que esa imaxe poida
viralizarse. Débese lembrar que a confianza é moi importante e que
non se fíen de persoas que coñecen dende hai pouco.
É importante lembrarlles tamén que todas as
persoas son libres de enviar e recibir contido íntimo e privado,
pero redifundilo é un delito grave. Ninguén merece que se viole a
súa intimidade, polo que os rapaces e rapazas deben ter claro que se
lles reenvían material sen consentimento doutra persoa non poden ser
parte da cadea que viraliza este contido, senón que debe borrar a
imaxe ou o vídeo e empatizar coa situación imaxinando como se
sentirían se fosen els ou elas.
A Biblioteca Pública Municipal da Guarda convida este ano a celebrar o Día do Libro (23 de abril) dun xeito diferente e posto que debido ao confinamento non se poderán realizar actividades de xeito presencial, a Biblioteca guardesa quere darlle protagonismo aos libros en papel e á literatura. Así, a Concellería de Cultura e a Biblioteca Municipal, convidan a toda a veciñanza a celebrar o Día do Libro coa “vosa presencia virtual” ofrecendo cinco opcións diferentes para que participen todos os veciños e veciñas.
Como participar?
Envía unha frase ou un verso breve, con indicación do autor e do título do libro, que traslade á cidadanía ilusión e forza nestes momentos de confinamento. Farase unha selección de 15 das propostas que serán despois rotuladas nas rúas e espazos públicos da localidade.
Realiza un vídeo breve cun membro da familia lendo un libro aos máis pequenos e pequenas da casa. Especialmente, os avós e avoas que contan contos e non teñen o hábito de participar na redes sociais.
Faite unha fotografía cunha selección de libros favoritos da túa biblioteca persoal.
Fai unha autofoto co teu libro favorito, unha dedicatoria, unha cita breve.
Realiza unha fotografía do teu recuncho favorito de lectura no teu fogar ou no exterior se tes algunha.
Envía a información nun correo a [email protected] coa proposta de participación que elixas xunto co teu nome, idade e localidade.
O
prazo de participación remata o 30 de abril.
Todas
as propostas recibidas serán publicadas na páxina Facebook da
biblioteca coas etiquetas #QuedaNaCasa #DíaMundialDoLibro
#BibliotecaMunicipalConcelloDaGuarda #ACulturaSegue
Día Mundial do Libro
O
23 de abril Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor é unha
celebración para promover o goce dos libros e da lectura.
Proclamada
pola Conferencia Xeral da UNESCO en 1995, esta data simbólica da
literatura universal coincide coa da desaparición dos escritores
William Shakespeare, Miguel de Cervantes e Inca Garcilaso de la Vega.
Este día rende homenaxe aos libros e aos autores e fomenta o acceso
á lectura para o maior número posible de persoas.
Este
ano dende a UNESCO difúndese esta mensaxe:
POR QUE A LECTURA É MÁIS IMPORTANTE AGORA QUE NUNCA? Máis que nunca, nun momento na que a maioría das escolas de todo o mundo están pechadas e debemos quedarnos na casa, podemos usar o poder da lectura para combater o illamento, estreitar os vínculos entre as persoas, expandir os nosos horizontes, á vez que estimulamos as nosas mentes e a nosa creatividade. Durante o mes de abril e durante todo o ano, é fundamental tomarse o tempo para ler só ou cos nenos. É un motivo para celebrar a importancia da lectura, fomentar o crecemento dos nenos e nenas como lectores e promover o amor á literatura. A través da lectura e a celebración do Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, o 23 de abril, podemos abrirnos aos demais a pesar da distancia, e viaxar grazas á imaxinación. Do 1 ao 23 de abril, a UNESCO compartirá citas, poemas e mensaxes para simbolizar o poder dos libros e fomentar a lectura. Ao compartir coñecementos, lecturas e libros facemos comunidade e podemos conectar a lectores de todo o mundo e axudar a paliar a soidade.
O Concello de Nigrán aprazará ao outono a celebración da gala dos IX Premios Nigrán, prevista para este sábado 18 de abril, e proporá modificar o formato de xeito excepcional para recoñecer as diferentes iniciativas na loita contra o Covid-19 no municipio. O goberno local trasladará a oposición e ás diferentes entidades que con anterioridade á crise sanitaria xa realizaran propostas, a opción de que estas se pospoñan para a décima edición, xa no 2021.
“A
magnitude desta crise sanitaria consideramos que obriga a modificar o
formato da gala para poder homenaxear ás persoas, empresas e
profesionais que se están a entregar altruístamente a loitar nesta
causa. 2020 non será recordado na Historia como un ano normal e os
Premios Nigrán deben saber adaptarse a estas circunstancias”,
explica o alcalde, Juan González, quen incide na idea de manter as
propostas previas realizadas polas entidades para a vindeira edición
de 2021, “non sería xusto obvialas cando ellas fixeron as súas
achegas en tempo e forma”. Deste xeito, o propio rexedor convocará
unha reunión coa oposición e as asociacións, unha vez que as
circunstancias regresen á normalidade, co obxectivo de consensuar
esta novena edición e, conseguintemente, a de 2021.
O
xa consolidado acto institucional dos ‘Premios Nigrán’ pretende
ser un recoñecemento público de todo o pobo de Nigrán á
traxectoria dos premiados, e os estes se dividen desde a súa orixe
nas categorías de mérito educativo, cultural, empresarial, social e
deportivo. Asemesmo, a proposición de candidatos parte non só do
goberno, senón tamén da oposición e de todas as entidades de
Nigrán que desexen participar.
A Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas que dirixe Fernando Groba e dentro dentro das iniciativas que desenvolve para estes días de confinamento polo Covid-19, vén de convocar o primeiro concurso de microrrelatos por internet ‘O libro da túa vida’, unha iniciativa aberta a todas as persoas que desexen participar.
Os textos deben ser en galego e non superar as cen palabras, sen incluír o título. Tamén deben estar acompañados dunha imaxe ou un debuxo relacionado coa trama.
O prazo para enviar os microrrelatos remata o 30 de abril e deben ir acompañados do nome e apelidos da persoa autora e un teléfono de contacto. Os textos e a imaxe deben enviarse á [email protected]
A partir do 23 de abril, ‘Día do Libro’, comezáranse a publicar os relatos no facebook de Cultura e Turismo. Todos e todas as participantes recibirán un agasallo e ademais un xurado imparcial decidirá os tres mellores relatos que recibirán uns premios especiais ao longo do mes de maio.
Para calquera dúbida en relación con este concurso de microrelatos poden chamar ao teléfono 673 794 762 ou escribir a [email protected].
O concelleiro de Cultura, Fernando Groba Bouza invita a toda a veciñanza a participar nesta iniciativa para conmemorar o Día do Libro compartindo os nosos relatos con toda a veciñanza do municipio.
María Gregorio López vive no Geriátrico Residencial Tomiño, no barrio da Salgosa. O día 16 de abril cumpriu 100 anos e, a causa do confinamento, tivo que celebrar o seu centenario sen a presenza dos seus tres fillos: Fermín, Jose M. e Mª Joaquina.
Porén, María Gregorio tivo unha pequena celebración de cumpleanos ao facerlle chegar a Concellería de Benestar Social que dirixe Cristina Martínez, un pequeno agasallo (unha caixa de bombóns) a través de un voluntario e unha voluntaria de Protección Civil Tomiño, que tamén lle levaron unha tarxeta de felicitación.
Nesa tarxera, o Concello desexáballe a María Gregorio López “que continúe con boa saúde, coma ata agora, e moito ánimo para sobrelevar estes momentos difíciles”.
O Concello de Tomiño conta, na actualidade, cunha decena de persoas centenarias e os e as habitantes con idades comprendidas entre os 80 e 100 anos, superan os 900. Na vila hai dúas residencias de maiores de titularidade privada “nas que, afortunadamente até o momento, non se detectaron casos positivos de Covid19”, sinala a Concellería de Benestar Social.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva ofreceru hoxe unha rolda de prensa, –a primeira que se fai en formato telemático–, para dar conta das actuacións que o organismo provincial puxo en marcha dende o inicio da crise sanitaria para axudar tanto aos concellos coma aos sectores produtivos. Esta primeira rolda de prensa ‘virtual’ foi precedida pola primeira Xunta de Goberno telemática na que, entre outras medidas, aprobouse unha achega dun millón de euros, dentro do Plan Concellos, para Arbo, Marín, O Porriño e Soutomaior, municipios que tiñan solicitado recursos para investimentos relacionados con humanizacións e renovación de servizos.
Carmela Silva repasou, polo miúdo, as actuacións desenvolvidas “máis de 150 que abranguen todos os ámbitos de decisión” sinalou a presidenta provincial. De feito, matizou “non hai un só día no que a Deputación non adopte varias decisións para axudar á provincia a mitigar esta crisis e tamén a deseñar a saída dela”.
Silva asegurou que por parte do Goberno provincial préstase “atención moi específica aos concellos” aos que cualificou como “os mellores aliados para dar resposta ás necesidades que ten a cidadanía, sobre todo ás persoas máis vulnerables”. Nese sentido, Carmela Silva subliñou o pouco que se fala do traballo dos concellos “que son elementos imprescindibles nesta crise porque son os que están na primeira liña na toma de decisións para facer fronte a tantas e tantas consecuencias desta situación de emerxencia”.
Centro Príncipe Felipe
A atención prestada ao Centro Príncipe Felipe foi, dende o primeiro momento “especialísima”, sinalou a presidenta da Deputación ao considera como prioritario “que os nenos e nenas que levan no Príncipe Felipe sen poder ver as súas familias dende o decreto do estado de alarma, teñan todas as garantías de atención educativa, social, afectiva, emocional e de protección da saúde”, unha protección sanitaria rigorosa “tanto para os nenos e nenas como para as traballadoras e traballadores do centro
Material de protección
No encontro coa prensa, Carmela Silva prestou especial importancia á protección, tanto da cidadanía coma dos traballadores e traballadoras da administración provincial. Nesa liña, a presidenta subliñou que a adquisición de máscaras de protección e adiantou estar en contacto con distintos provedores para, chegado o momento, “poder cubrir ás necesidades das nosas traballadoras e traballadores, non só dos que agora mesmo están de xeito presencial, que son unha porcentaxe moi baixa, senón pensando na reincorporación futura do resto, para que teñan todas as medidas de seguridade”.
A presidenta avanzou tamén que se dotarán aos servizos provinciais de mamparas de protección e mesmo se está a estudar a posibilidade “de instalar arcos de medición de temperatura para control de febre para aquelas dependencias da Deputación que superen a afluencia de 50 persoas”.
Axudas aos concellos
Carmela Silva salientou que, nestes momentos, estaban transferidos á totalidade dos 500.000 euros aos concellos destinados a actuacións de emerxencia social “e os máis de 1.270.000 euros da liña de axuda extraordinaria polo COVID destinada aos concellos de menos de 20 mil habitantes”.
Estes recursos –asegurou Silva– “permiten que os concellos poidan facer fronte a medidas de desinfección, de compra de material de protección, de axuda a maiores e menores en situación de vulnerabilidade, á compra de alimentos, á compra de medicamentos e un longo etcétera de actuacións en materia de atención á cidadanía”.
Cómpre salientar que, entre as medidas adoptadas, a Deputación deu a opción de que a Liña 3 do Plan Concellos, –destinada inicialmente ao pago de débeda, gastos correntes, actividades culturais e deportivas–, “puidera ser modificada e que os concellos utilizasen estes recursos para atender a outras iniciativas que non estaban contempladas e que agora, nesta situación excepcional, si o están”.
Na mesma liña de axudas á administración local, a Deputación prorrogou en case que un ano os prazos do plan DepoRemse, (unnha iniciativa de recuperación de espazos públicos para goce da cidadanía, eliminando vehículos e creando espazos de encontr). Esta prórroga “permite que os concellos poidan ter prazo suficiente para realizar os proxectos”.
No encontro coa prensa, Carmela Silva destacou tamén o traballo que se estaba a realizar en materia de teleasistencia, que nestos momentos atende a máis de 700 persoas en toda a provincia, reforzando o servizo para as persoas que viven soas e que polo tanto son máis dependentes e que teñen con esta iniciativa, recalcou a presidenta da Deputación “unha atención diaria totalmente persoalizada”.
No que a tributos atinxe, explicou Carmela Silva que no próximo Pleno “modificarase a ordenanza para que, tanto o empresariaco coma cidadanía poida facer fronte aos seus pagamentos tributarios de xeito fraccionado, case que cunha ‘petición á carta’, de xeito que poidan distribuír o pagamento dese tributo ou taxa ao longo de todo o ano como mellor lles veña porque estamos nunha situación moi complicada e temos que adoptar medidas que dean solución aos problemas”.
Pemes, empresas e autónomos
Dado que son tres sectores aos que a crise afecta directamente, a Deputación fixo unha instrucción interna para axilizar pagos a autónomos. Nese sentido, Carmela Silva fixo fincapé en que “pese a que xa eramos a administración provincial que antes pagaba de toda España, temos incluso reducido o número de días para pagar a provedores” o que é considerado pola presidenta como unha medida fundamental “para xerar liquidez ás empresas”. Nesa mesma liña de axuda aos sectores produtivos, deu conta Silva do adianto “das bases de subvencións para as confrarías de pesca e marisqueo e cooperativas agrogandeiras, preto de 500.000 euros para que poidan manter a súa actividade”.
No eido do emprendemento, a presidenta provincial deu conta do éxito do primeiro coworking online en Barro “no que participan 20 emprendedores e emprendedoras, 11 mulleres e 9 homes”. Un éxito similar ten o programa SmartPeme “que neste tempo de crise medrou en consultar un 14 por cento” feito que, para Carmela Silva, ten a lectura clara que “neste tempo de crise as pemes, autónomos e emprendedores están traballando para que, cando remate esta situación, as súas empresas e proxectos estean preparados”.
Novas tecnoloxías
Especial atención dedicou Carmela Silva na rolda de prensa ás novas tecnoloxías, tanto no que atinxe ao funcionamento interno da deputación, como ao servizo que prestan á cidadanía e aos propios concellos. A presidenta da Deputación lembrou que a aposta do seu Goberno neste campo, dende que á administración provincial hai cinco anos, “permitiu implantar a administración electrónica que fai posible que, a día de hoxe, máis de 6.000 persoas, entre deputación e concellos, poidan estar teletraballando”.
Esa aposta decidida polas novas tecnoloxías, fai posible que nunha situación excepcional como esta, tanto concellos como Deputación, poidan celebrar plenos e reunións de órganos colexiados de xeito telemático. “Hoxe –explicou Carmela Silva– fixemos a primeira Xunta de Goberno e as comisións informativa e, o venres, o faremos co Pleno”. Eso mesmo poden facer os concellos xa que dende a Deputación, engadiu, “ofrecémoslles a 52 concellos da provincia de Pontevedra a posibilidade de ter unha plataforma onde celebrar reunións de órganos colexiados de xeito telemático”. A día de hoxe teñense adherido 40 concellos que poden ter estas reunións grazas a esta plataforma ofertada gratuítamente pola deputación de pontevedra. “Lalín, por exemplo, ten hoxe venres o seu primeiro Pleno online e o concello de Mos vai poder facer tamén o seu pleno grazas á plataforma telemática gratuíta da Deputación”, apuntou.
Turismo e cultura
Carmela Silva asegurou o sector do turismo merece contar cun especial apoio por parte das administracións porque, dixo, “foron os primeiros en ter dificultades de carácter económico pero tamén van a ser os que teñan unha saída máis complexa e máis longa no tempo e polo tanto será preciso adiptar moitas medidas para prestarlle unha atención moi moi específica”.
Nese sentido, a posta en marcha dun novo Plan Estratéxico de Turismo 21-23 que permitirá a restructuración do sector porque “vivimos nun paraíso natural”. Cando remate esta situación, afirmou con rotundidade Carmela Silva, “o turismo de proximidade vai ser a primeira resposta que teñamos que dar e nós podemos ofertar todo o que as persoas van desexar, van desexar natureza e actividades ligadas con esa natureza, van desexar un turismo de saúde no que nós somos unha grande potencia, van desexar espazos abertos que permitan ese distanciamento social e van precisar que a provincia de Pontevedra sexa un destino que garanta a seguridade e a saúde”.
A importancia de Pontevedra como destino turístico reflíctese na resposta que tiveron diversas iniciativas online postas en marcha. O vídeo ‘Viaxa mañá’ –explicou Silva– “tivo máis de 50.000 vistualizaciónes, máis de 25.000 descargas e máis de 1.5 millóns de impresións” o que vén a indicar que “hay interés pola nosa provincia e estamos mellor posicionados que outros destinos”.
No eido da Cultura, a Deputación desnvolveu numerosas iniciativas online tanto dende o Museo de Pontevedra coma dende a páxina web e as redes sociais da Deputación. Adiantou Carmela Silva que “imos facer un proxecto moi potente cara ao 23 de abril, día internacional do libro” e agradeceu a participación “dos nosos escritores e escritoras neste proxecto de posta en valor dos libros que, por certo, están sendo fundamentais neste confinamento. Os libros teñense convertido nos nosos amigos máis fieis”.
A Deputación está, nese sentido, en contacto co mundo da cultura, cos organizadores dos festivais musicais e de cinema, coa xente do mundo do teatro “e estamos en contacto e apoiando as librerías que tiveron que pechar neste tempo e que son un negocio fundamental para unha sociedade avanzada” un contacto que se hace extensivo ao mundo do deporte para o que a Deputación ten xa as bases de financiamento en marcha “e tan pronto se levante o estado de confinamento faremoslle chegar estes recursos”.
Igualdade
Pese a situación de confinamento, a Deputación segue a ser punta de lanza na loita pola igualdade e contra a violencia de xénero. Así, Carmela Silva sinalou que a campaña ‘Fronte a Violencia de Xénero non estás soa’, permite que as mulleres saiban que ferramentas posúen se están a ser obxecto de violencia de xénero e, nese eido, faise tamén un seguimento a centros de asistencia a vítimas de violencia de xénero, adaptando todo o procedemento a un sistema electrónico. “Nos concellos de menos de 20.000 habitantes –explicou Silva– hay 69 mulleres que dispoñen dun dispositivo que só teñen que pulsalo en caso de emerxencia”.
Quixo tamén a presidenta da Deputación de Pontevedra facer un chamamento “a non abandonar os animais de compañía” e non dubidou en asegurar que “unha sociedade avanzada non pode abandonar aos seus animais”. Neste período de confinamento un total 40 cans e cadelas foron rescatadas dende o centro de acollida CAAN. En todo caso e pese a esta situación, apuntou Carmela Silva, “o CAAN segue a facer ese traballo de recollida de animais abandonados” e amosou a súa esperanza de que “unha vez rematado o confinamento, poidamos voltar a esa proceso de adopcións que estaba tendo un crecemento exponencial”.
Relacións con outras administracións
A Deputación de Pontevedra, dende o inicio desta emerxencia sanitaria e o consiguiente estado de alarma, puxo a disposición do Goberno todo o material de protección, analítico e médico da Estación Fitopatolóxica do Areeiro e da Finca Mouriscade “ademais de material e persoal da Escola de Enfermería da propia Deputación de Pontevedra”. Colaboramos tamén, dixo a presidenta provincial, “cos ministerios de exteriores e universidades para facilitar a repatriación dos 35 estudantes de FP que están en programas Erasmus e Practicum Depo. Dos 35 estudantes solicitaron volver só 6 que xa están na provincia, pero facemos un seguimento diario da xente que temos no exterior”.
Finalmente, Carmela Sival referiuse ás relacións coa Xunta de Galicia lamentando que por parte do seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, aínda non houbera resposta á solicitude feita o 3 de abril “dunha xuntanza telemática entre a Xunta e as deputación galegas a fin de que se nos informe sobre as medidas que se van a tomar, coordinarnos e mirar o xeito en que nós podemos colaborar”.
Os presidentes de Castela-León, Canarias, Baleares, Castela-A Mancha, Aragón, Valencia e Euskadi “si que fixeron unha reunión coas súas deputación, polo tanto eu pídolle ao presidente Núñez Feijóo esta xuntanza porque nestes tempos a información, a colaboración e a coordinación entre administracións é fundamental”.
Por último a presidenta da Deputación deu conta tamén do envío, hoxe mesmo, dunha carta ao presidente da Xunta de Galicia sobre a axilización dos recursos para as persoas afectadas polos ERTE. Carmela Silva explicou que a Xunta de Galicia, “en lugar de poñer en marcha o que establecía o Real Decreto do Goberno de España que dicía que os ERTES tramitáranse en cinco días, a Xunta decidiu tramitalos en 10 que se converten en 15, xa que estamos a falar de días hábiles, o que está significando que haxa retrasos nos recursos ás persoas afectadas polos ERTES”. A presidenta da Deputación de Pontevedra, no seu escrito, sinala que tanto o sector de servizos como o turístico e as pemes “téñense dirixido á Deputación de Pontevedra denunciando que non están chegando recursos aos afectados polos ERTES”. A carta, polo tanto, pídelle ao presidente galego que “non se dupliquen os días de tramitación dos ERTES e que se cumpla o estipulado polo Goberno de España e se non existen os recursos materiais ou telemáticos necesarios, que se contraten porque a xente precisa recibir eses recursos”.
Rematou Carmela Silva afirmando sentirse orgullosa “do meu equipo, tanto do meu gabinete como dos funcionarios e funcionarias da deputación de Pontevedra que están facendo un traballo extraordinario”. “Todo se está a facer en menos tempo do que antes se facía o que implica que hai moita xente traballando moitas máis horas das que teñen que estipuladas polo que teño que darlles as grazas públicamente”.
O edificio da Casa do Concello de Ponteareas permanecerá iluminado con luz de cor verde en homenaxe ás traballadoras e traballadores que neste estado de alarma “deron exemplo de profesionalidade para garantir que os servizos básicos estiveran cubertos e velar pola nosa seguridade e saúde”, sina a a concelleira de Vías, Obras e Alumeado, Chus Garrote.
Garrote quere agradecer deste xeito, en nome de toda a Corporación, o traballo de todos e todas estas profesionais símbolo de esforzo e de vocación, “grazas ao seu traballo tivemos as nosas necesidades básicas cubertas. Profesionais e voluntariado que estiveron en primeira liña expóndose e que fan mellor esta situación temporal de confinamento”.
Sanitarios, corpos de seguridade e de emerxencias, voluntariado, transportistas, sector alimentario, axuda a domicilio, os servizos de limpeza… todos e cada un deles serán homenaxeados con esta luz verde que representa a moitos destes sectores e que se fai agora extensible ao resto dos profesionais e voluntariado que deixa a seguridade dos seus fogares para prestar servizos públicos básicos. A concelleira agradece especialmente “a colaboración do presidente da Asociación de Alfombrista do Corpus Christi de Ponteareas”.
Elas e eles axudados por toda a cidadanía que queda na casa fan posible que o noso confinamento sexa mellor e o máis curto posible. En nome de todo o Goberno, Chus Garrote quérelle “trasladar os seus parabéns e unha mensaxe de ánimo e ilusión a toda a cidadanía”.
A
igualdade é un dos eixos prioritarios do goberno da Deputación de
Pontevedra, establecéndose como política transversal que vertebra a
acción da institución provincial. Deste xeito, vén de inxectar
320.000 € á cobertura de plans e iniciativas de igualdade, así
como programas de loita contra a violencia machista que impulsaron
concellos e entidades da provincia. Máis polo miúdo 220.000 euros
foron dirixidos a 42 concellos de menos de 20.000 habitantes e
100.000 euros a 21 entidades.
En
canto aos concellos, a institución máis próxima á cidadanía, as
axudas de 220.000 euros concedidas tiveron por obxectivo previr a
violencia de xénero e fomentar a igualdade de oportunidades.
Preténdese así colaborar cos municipios para que impulsen e
realicen actuacións de cara a conseguir unha sociedade máis xusta e
equitativa con proxectos e actividades de sensibilización, formación
e prevención da violencia machista; iniciativas xurdidas dos acordos
das mesas locais de coordinación interinstitucional contra a
violencia de xénero; proxectos para a mellora da atención integral
ás vítimas de violencia de xénero, fillas e fillos ou persoas
dependentes ao seu cargo; actuacións destinadas a mulleres
vulnerables ou con dificultades; iniciativas para mellorar a
formación e orientación para o emprendemento e inserción laboral
das mulleres; proxectos para elaborar plans municipais de igualdade
ou difundilos; accións para crear redes e servizos de apoio que
favorezan a corresponsabilidade e conciliación da vida persoal,
familiar e profesional; proxectos de prevención e sensibilización
no eido educativo e campañas de difusión e sensibilización en
materia de igualdade.
Os concellos
beneficiados por esta liña de axudas da Deputación foron Arbo,
Barro, Baiona, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, A
Cañiza, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Cuntis, Fornelos de
Montes, Gondomar, O Grove, A Guarda, A Illa de Arousa, A Lama, Meaño,
Meis, Moaña, Mondariz Balneario, Moraña, Mos, As Neves, Nigrán,
Oia, Poio, O Porriño, Portas, Ribadumia, Rodeiro, O Rosal, Salceda,
Salvaterra, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Valga, Vilaboa e
Vilanova de Arousa.
En
canto ás entidades, as achegas concedidas ascenden a 100.000 €
distribuídos entre 21 entidades de 10 concellos da provincia
(Caldas, Cambados, Cangas, A Guarda, Mos, Pontevedra, Silleda, Vigo e
Vilagarcía) que están a traballar para fomentar a igualdade de
oportunidades entre mulleres e homes e a loitar contra a violencia de
xénero. En liñas xerais, a través desta iniciativa estanse a
impulsar proxectos de ámbito provincial centrados na
sensibilización, formación e prevención da violencia de xénero;
na atención integral a vítimas de violencias machistas; programas
destinados a mulleres vulnerables ou con dificultades; iniciativas de
fomento da igualdade; accións para mellorar a formación e
orientación para o emprendemento e inserción laboral das mulleres;
iniciativas para crear redes e servizos de apoio e campañas de
difusión e sensibilización da cidadanía.
O
departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda, en
colaboración coa Asociación de Parkinson do Baixo Miño, vai a
poñer a disposición da poboación en xeral uns cuadernillos de
actividades para a estimulación cognitiva para reforzar a memoria.
Tamén
aquelas persoas que o desexen, poden recibilos nos seus domicilios
previo contacto e solicitude cos Servizos Sociais do Concello da
Guarda no 986 61 45 07 ou coa Asociación Parkinson Baixo Miño nos
teléfonos 627 438 882 / 690 006 266.
O Concello de Nigrán retoma a actividade nas obras adxudicadas despois de dúas semanas de interrupción por mor do estado de alarma decretado co Covid-19. Así, hoxe finalizaron as obras de pavimentación e humanización na rúa Rúa Vista ao Mar (Lourido) adxudicadas a empresa NAROM S.L por un importe de 42.896,61 € e cunha partida provinte dos proxectos incluídos polo goberno de Nigrán no Plan Concellos 2019.
A restauración, que estaban practicamente rematada, foi suspendida durante este periodo de parada dos traballos esenciais por mor do Covid-19. Previamente, o Concello remodelara a rotonda de acceso ao barrio da Area na PO-325.
“Os
traballos quedaron totalmente suspendidos nas pasadas dúas semanas e
agora se retoman coa máxima prudencia, tendo en conta todas as
medidas de seguridade e atendendo sempre ás recomendacións que se
fagan desde o goberno”, indica o alcalde, Juan González
As
obras en Vista ao Mar consistiron na demolición e levantado das
lousas e aglomerado asfáltico existente; reposición do firme
mediante unha capa de MBC de 10 cm.; apertura de caixeo para executar
o novo adoquinado na contorna da zona verde e pavimentación mediante
adoquíns de pedra.
“Soluciona
un problema de seguridade viaria e accesibilidade nun tramo moi
frecuentado no barrio da Area (San Pedro da Ramallosa) xa que en este
espazo concéntrase un importante número de establecementos
hostaleiros e é un dos accesos principais ao areal de Lourido-Praia
América. Era unha obra necesaria e moi demandada”, incide o
alcalde, Juan González.
Praza da Carrasca
Paralelamente,
o Concello retomará este luns 20 de abril as obras de
acondicionamento e humanización da Praza da Carrasca (Parada),
adxudicadas á empresa AUDECA e que tamén se viron suspendidas
durante as pasadas semanas e que se demorarán dúas semanas máis.
O Concello do Rosal segue atendendo ás persoas máis vulnerables no escenario de excepcionalidade que se está a vivir pola crise sanitaria e traballando para cubrir as necesidades que van xurdindo a raíz do confinamento forzoso. Por este motivo, o Concello pon a disposición de persoas adultas que se atopen en situación de vulnerabilidade pola crise sanitaria por COVID-19 un servizo de reparto de comida a domicilio.
“Consideramos que nestes momentos é necesario facer un esforzo para prestar un servizo que é moi necesario e atender ás persoas máis vulnerables”, salienta a alcaldesa, Ánxela Fernández.
Trátase
dunha iniciativa que se xestionará a través dos Servizos Sociais do
Concello e que irá destinada a todas as persoas con problemas para
saír a mercar, a buscar a comida, que non estean en situación de
cociñar ou que teñan algunha necesidade derivada da situación
actual.
Serán
menús variados e equilibrados listos para quentar que se levarán a
domicilio dos e das usuarias unha vez á semana extremando as
precaucións de hixiene e distanciamento social requiridas nos
protocolos de prevención. Os usuarios e usuarias poderán elixir
entre un menú para 5 ou para 7 días e se precisa comida ou comida e
cea. O servizo non será gratuíto, senón que terá un prezo
axustado que variará en función das necesidades da persoa
solicitante:
Comida: primeiro prato e segundo prato: 4,95 €/día.
Comida: primeiro prato, segundo prato e postre: 5,30 €/día.
Cea: primeiro prato e segundo prato: 3,50 €/día.
Cea: prato único: 2,25 €/día.
As
persoas interesadas e que cumpran os requisitos poden solicitar este
servizo chamando ao teléfono 986 62 50 00 e solicitando falar coa
área de Servizos Sociais.
Comida para levar
Ademais
do servizo de comida a domicilio posto en marcha polo Concello, no
municipio diferentes restaurantes están a ofrecer comida para levar
por encargo durante a situación de crise sanitaria. Unha aposta polo
comercio de proximidade que pode facilitar e facer máis levadía a
situación que se está a vivir durante este estado de alarma. Así,
por exemplo, pode encargarse a comida para levar no:
Restaurante As Brasas. Prepara menú diario ao mediodía para todas as persoas interesadas. É preciso chamar 609 349 080 sobre ás 10 h para facer reservas para o mesmo día e os menús recóllense na barra exterior do restaurante.
Restaurante La Pradera. Prepara comidas para levar os sábados e domingos por encargo. Os números de teléfono son 986 611 277 ou 687 872 045.
O Concello de O Porriño anunciou a ampliación ata os 70.000 euros da partida destinada a atender ás familias máis desfavorecidas e persoas con dificultades económicas, partida que inicialmente estaba establecida en 20.000 euros. Os fondos están destinados a crubrir as necesidades das familias con menos recursos para que poidan abastecerse de alimentos frescos e produtos básicos de primeira necesidade.
As
sucesivas prórrogas obrigaron a incrementar a partida económica,
mediante crédito extraordinario. Ademais a previsión inicial de
persoas a atender multiplicouse pola prolongada paralización
económica que afecta gravemente a máis de 200 familias do concello,
que precisan desta axuda de emerxencia.
David Alonso, concelleiro de Servizos Sociais e Emprego non descartou que “teñamos que afrontar unha nova ampliación da partida para esta emerxencia social en caso de novas prórrogas do estado de alarma. É unha circunstancia que valoraremos”, engadiu David Alonso.
Para atender esta emerxencia, o Concello do Porriño establecera un contrato con un supermercado local para que as persoas e familias máis desfavorecidas puideran aprovisionarse deses produtos frescos e de primeira necesidade nos establecementos desa firma na rúa Ramón Gónzalez e tamén en Torneiros.
Coa
achega municipal, as compras das familias máis desfavorecidas, que
previamente valoraron os técnicos de Servizos Sociais, vanse
descontando. A cada beneficiario da axuda, atribúeselle unha contía
semanal que é o importe das compras que poden realizar no super.
Esta
acción extra do Concello de O Porriño complementa á axuda
periódica que distribúe o Banco de Alimentos “SOS Porriño” que
tamén dobrou o número de demandantes a ta chegar a 300 familias.
O Concello de Salvaterra de Miño vén de anunciar que ten máscaras sanitarias de protección a disposición de todas aquelas persoas de risco “que se teñan que desprazar ao médico e non teñan material de protección”. As persoas interesadas poderán solicitalas a través do teléfono 697 911 050, en horario de 9 h a 13 h.
O Goberno que preside Marta Valcárcel adopta esta medida logo de facer entrega, en días pasados, de material de protección a todos aqueles establecementos de primeira necesidade que atenden directamente á cidadanía.
O Concello de Tomiño leva anos apostando polos cursos de idiomas, que sempre teñen aceptación e demanda entre a poboación. Ademais de aprender outra lingua, a mocidade amplía as habilidades comunicativas e axuda a introducirse noutra cultura, e a abrir portas a nivel laboral. O alumnado adquire coñecementos de comprensión auditiva, lectiva, expresión verbal e escrita.
Aos
tradicionais cursos de inglés, francés, italiano e portugués
fóronse engadindo outros menos convencionais, coma o chinés ou o
ruso. E para sorpresa dos organizadores, as persoas que se apuntaron
foron moitas.
Poucos días antes de que comenzara o confinamento, arrancou o CURSO DE CHINÉS III, dirixido a persoas con coñecementos na lingua e quixeran melloralos coa axuda dunha docente nativa. Lili Wo, unha profesora nada en Shangai e radicada en Galicia hai 12 anos. Ás súas clases na Universidade de Vigo e no Instituto Confucio, suma ásorganizadas pola Omix de Tomiño, e nonlle vai nada mal, coma amosan as 30 persoas que continúan formándose con ela. Para non suspender o curso, decidíu impartilo a través de internet, dividindo o grupo en dos e realizando sendas videoconferencias dende a súa casa, en Salvaterra do Miño.
Entre
os seus alumnos e alumnas, son máis as mulleres que se interesan en
aprender o chinés. A media de idade está entre os 25 e os 30 anos,
aínda que tamén hai persoas de 16 e de 50. Unha vez á semana, se
reúne con eles para seguir impartindo os fundamentos da súa lingua
nativa, tanto falada coma escrita, da que xa coñecen máis de cen
caracteres. Comenta que non é particularmente difícil, pero require
estudio, coma todos os idiomas. Entre o alumnado hai dous mozos que
xa superaron, incluso, o primeiro nivel dos exámenes oficiais coa
máxima nota.
Entre
as estudantes figuran tamén dúas mozas nadas en China e criadas en
Galiza que queren aprender o idioma da terra onde naceron.
Pero,
curiosidades aparte, o máis importante é que todos poden manter
pequenas conversacións ou formular as preguntas básicas para poder
relizar unha viaxe por China.
A concelleira de Mocidade, Fátima Rodríguez, agradeceu “a boa disposición da profesora e do alumnado para poder continuar desenvolvendo a programación das accións formativas, a pesar do confinamento obrigado por esta causa de forza maior”.
A concellería de Voluntariado do Concello de Ponteareas, que dirixe Miguel Bouzó, agradeceu o traballo “de toda a rede de voluntarias e voluntarios que durante o estado de alarma está amosando a súa solidariedade regalando comprensión, atencións e achegando a quen máis o precisa produtos de primeira necesidade, medicinas, entretemento ou facilitando xestións con outras entidades”.
Máis de 180 servizos a 86 familias e entidades foron testemuña, durante este mes, do lado máis humano dos e das voluntarias de Ponteareas, que traballaron en coordinación cos servizos sociais municipais e co apoio das e dos voluntarios de Protección Civil Ponteareas sempre que foi necesario.
“O seu traballo e a súa xenerosidade é vital nestes intres nos que non podemos saír á rúa nin contar coa familia, amizades ou veciñanza coa que antes resolviamos os nosos recados”, afirma o concelleiro de Voluntariado. Bouzón non dubida á hora de afirmar que “as e os voluntarios de Ponteareas son un orgullo para o noso concello e un exemplo de que todos e todas xuntas sairemos desta situación temporal”.
O bo traballo realizado queda reflectido, sinala o responsable do voluntariado ponteareán “nas moitas as familias que nos trasladan os seus agradecementos polo esforzo e a entrega dos e das nosas voluntarias”.
O servizo de axuda a persoas con necesidades básicas durante a crise do COVID-19 axuda aos e ás máis vulnerables na compra de alimentación, adquisición de medicamentos, retirada de lixo da vivenda, recados de primeira necesidade ou atención psicolóxica. “Neste servizo tamén contamos cun equipo de psicólogas, e cando detectamos que unha persoa precisa atención psicolóxica, ademais de atenderlle a súa necesidade, unha profesional contacta con ela para prestarlle axuda e facer un seguimento periódico da súa situación”, sinala Miguel Bouzó.
Maiores, persoas con mobilidade reducida ou patoloxías crónicas e persoas con dependentes a cargo contan coa axuda desinteresada destes voluntarios e voluntarias. Organizados dende a oficina municipal de voluntariado traballan a diario e tamén ofrecen acompañamento telefónico para que este tempo de confinamento ninguén se sinta só.
Todas as
persoas que precisen axuda para satisfacer estas necesidades básicas
poderán dispoñer deste servizo chamando ao teléfono 687 764 516,
de luns a venres, en horario de 10 a 14h e de 16 a 19h. As persoas
voluntarias cumpren todas as medidas preventivas para evitar o
contaxio e ofrecer o servizo con seguridade.
Miguel Bouzó fixo extensivo o seu agradecemento á asociación Ponte Solidario, que colabora con este servizo e lembrou que “aquelas persoas que queiran unirse e formar parte do voluntariado para colaborar na posta en marcha destas accións, poderán facelo enviando un correo electrónico coa súa disposición ao enderezo [email protected]”.
O Concello da Guarda vén de anunciar a posta en marcha dun segundo paquete de medidas económicas que, deste xeito, engádese ao activado o pasado 24 de marzo. Daquela, o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, adiantaba que “non ían ser as únicas medidas a adoptar e que en función de como fose evolucionando a situación” engadindo que o Goberno local “iría tomando novas medidas coa finalidade de que no período de alarma os veciños e veciñas da localidade non tivese que facer pagamentos ao Concello”.
Despois
de ter analizado a situación, o concello de A Guarda adopta un
segundo paquete de medidas:
Ampliar o período de ingreso para a taxa de auga correspondente ao 4 trimestre de 2019 ata o 20/06/2020. A domiciliación deste recibo atrásase ata o 20/05/2020
Ampliar o período de pagamento para a taxa de lixo do 2020 ata o 30/06/2020. A domiciliación deste recibo atrasase ata o 05/06/2020
Seguir avanzando no pagamento de facturas ás empresas e autónomos coa finalidade de trasladarlles liquidez ás mesmas, así fíxose un primeiro pago o 23 de marzo, outro o día 31 de marzo e finalmente para rematar todo o que estaba pendente se fixo un pago durante a semana pasada.
O obxectivo destas medidas é, por unha parte, –explica Antonio Lomba– “non gravar as familias con pagos durante o período da alarma, sabedores de que moitas delas poden estar pasando por problemas económicos debido as consecuencias desta crise” e, por outra banda, “evitar que as persoas teñan que achegarse aos bancos, dada as dificultades de atención que neles se presentan e o risco de entrar en contacto con outras persoas mentres dure o confinamento”, engade o rexedor local guardés.
En todo caso, o Concello avanzou que seguirá analizando a situación e terá en consideración outras medidas “que poderán ser adoptadas en función de como vaia evolucionando a crise xerada polo COVID-19”.
“Queremos trasladar á cidadanía e as empresas guardesas que, ante a situación excepcional que estamos vivindo, a administración local ten que ser quen de adoptar medidas excepcionais tendo como único horizonte a protección dos nos@s veciños e veciñas”, conclúe Antonio Lomba.
A loita contra o COVID-19 continúa. A todas as medidas preventivas adoptadas nas últimas semanas o Concello do Rosal acaba de engadir a desinfección de vehículos municipais e de persoal sanitario encargado das atencións domiciliarias con ozono, un dos desinfectantes máis potentes e eficaces, que se fixo este mércores na Praza do Calvario.
Esta desinfección realizouse grazas á colaboración desinteresada da empresa Neverafter, que achegou os materiais e os operarios necesarios para levar a cabo todo o proceso.
Durante
a mañá desinfectáronse ademais dos coches da Policía Local e de
Protección Civil, o camión do lixo, tres vehículos de obras e os
coches do persoal sanitario encargado de realizar as atencións
domiciliarias durante esta crise sanitaria.
Dende
o Concello quérese agradecer iniciativas “tan solidarias e
importantes como a da empresa Neverafter, que nos axudan a loitar día
a día para controlar a pandemia do COVID-19”.
Tan
só días despois do rescate da cadela Lara e os seus sete cachorros
dunha situación extrema en Crecente, o Centro de Acollida e
Protección de Animais da Deputación de Pontevedra realizou dúas
intervencións para salvar dun tráxico final a outros nove cachorros
abandonados en dous concellos da comarca do Deza.
No
primeiro caso, o persoal do CAAN rescatou a tres cachorros atopados
nunha explotación gandeira en Rodeiro. As circunstancias da
aparición destes animais (dúas femias, Rona e Roma, e un macho,
Ron), que tivo lugar o pasado Xoves Santo, 8 de abril, apuntan a que
foron abandonados no devandito lugar. Amais, dous deles apareceron no
interior dunha fosa de zurro e de non ser pola rápida intervención
do persoal do centro da Deputación expoñeríanse a unha morte
segura. Na zona onde se atoparon os animais, que teñen dous meses de
idade, sitúanse varias explotacións gandeiras e apenas hai vivendas
próximas, polo que a hipótese do abandono cobra forza.
Afortunadamente, os cachorros atópanse en aparente bo estado e están
a recuperarse e ser coidados polo persoal do CAAN, que xa procedeu a
súa desparasitación.
Laila e os seus cachorros, abandonados en Outeiro, na parroquia de Moneixos (Lalín)
E
o pasado luns o centro rescatou a unha cadela, Laila, e os seus seis
cachorros (Suso, Antón, Lois, Breixo, Ramón e Leal) que estaban
abandonados en Outeiro, na parroquia de Moneixos en Lalín. O CAAN
foi alertado pola Policía Local do concello da presenza dos animais
e tralo seu rescate, o persoal do centro comprobou que as crías
teñen un mes e se atopan en aparente bo estado, aínda que se están
a extremar os coidados pola delicada saúde que habitualmente
presentan os cachorros a esa idade.
Con
estes animais son xa 36 os recollidos polo centro dependente da
Deputación desde que se decretou o Estado de Alarma polo COVID-19. A
presidenta provincial, Carmela Silva, fixo un chamamento contra o
abandono de cans e cadelas nesta época de confinamento, “e de
todos os animais que dependen de nós, que nos fan tanta compañía e
que non merecen un maltrato tan brutal como é o abandono. Os animais
nunca nos abandonarían, nin no noso peor momento, son incondicionais
e a nosa resposta ten que ser coidalos e darlles o noso amor”.
Silva
lembrou que durante o Estado de Alarma o CAAN está pechado ao
público e ten as adopcións suspendidas, pero mantén o seu servizo
de lacería para casos de atención necesaria. Nestes supostos
realizáronse recollidas desde o 14 de marzo nos concellos de Marín,
Caldas, Redondela, Nigrán (2), Baiona, Meaño, Soutomaior, Meis (3),
A Estrada, Mos, Campo Lameiro, Fornelos, A Cañiza, Crecente (8),
Rodeiro (3), Vilanova (2) e Lalín (7). En seis destes casos (Marín,
Caldas, Meis, Mos, Vilanova e un en Nigrán), os cans puideron ser
devoltos aos seus propietarios. Onte tamén se devolveu ao seu dono
un can que fora recollido en Meis con anterioridade ao estado de
alarma.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.