12 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorBaionaBaiona prorroga o contrato de Servizo de Atención a Domicilio

    Baiona prorroga o contrato de Servizo de Atención a Domicilio

    O alcalde, Carlos Gómez, agradeceu “o alto grao de responsabilidade” amosado por todos os grupos da Corporación Municipal para permitir que este servizo "poida seguir atendendo á veciñanza nesta crise sanitaria"

    O Concello de Baiona vén de prorrogar, mediante unha resolución de Alcaldía, o contrato de prestación do Servizo de Atención a Domicilio que remataba este vindeiro luns 20 de abril. A decisión de prorrogar este servizo é unha competencia do Pleno da Corporación Municipal pero, as excepcionais circunstancias provocadas polo estado de alarma, fixeron precisa a adopción desta medida “tan extraordinaria como urxente”, explica o alcalde Carlos Gómez

    En todo caso e como paso previo á resolución de Alcaldía, Carlos Gómez puxo este feito en coñecemento dos portavoces dos distintos grupos políticos da Corporación “que foron quen de entender a urxencia da situación e as circunstancias únicas que se estaban a dar”. Precisamente por iso, o rexedor de Baiona quixo expresar publicamente o seu agradecemento a os grupos municipais que co seu apoio “amosaron un alto grao de responsabilidade e compromiso”.

    Non nos cansaremos de repetir, subliñou o alcalde de Baiona, “que en circunstancias extraordinarias temos que adoptar medidas extraordinarias” e, nese sentido lembrou o rexedor baionés que “os concellos como primeira liña nesta loita, temos que adoptar decisións rápidas para dar solucións aos problemas da cidadanía”.

    O Servizo de Atención a Domicilio, que é un servizo dunha extraordinaria importancia en tempos normais “convértese en absolutamente imprescindible nestes tempos de emerxencia sanitaria”, apuntou Gómez, polo que o Concello “tiña a obriga de adoptar esta decisión urxente para que as usuarias e usuarios non quedaran desatendidos xusto cando máis falta fai”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.