O Concello de Salvaterra de Miño vén de anunciar que ten máscaras sanitarias de protección a disposición de todas aquelas persoas de risco “que se teñan que desprazar ao médico e non teñan material de protección”. As persoas interesadas poderán solicitalas a través do teléfono 697 911 050, en horario de 9 h a 13 h.
O Goberno que preside Marta Valcárcel adopta esta medida logo de facer entrega, en días pasados, de material de protección a todos aqueles establecementos de primeira necesidade que atenden directamente á cidadanía.