9.8 C
Pontevedra
Domingo, 2 de Abril de 2023
Máis
    HomeO CondadoPonteareasMáis de 180 servizos a 86 familias, o voluntariado de Ponteareas desafía...

    Máis de 180 servizos a 86 familias, o voluntariado de Ponteareas desafía ao coronavirus para axudar á veciñanza

    A concellería de Voluntariado do Concello de Ponteareas, que dirixe Miguel Bouzó, agradeceu o traballo “de toda a rede de voluntarias e voluntarios que durante o estado de alarma está amosando a súa solidariedade regalando comprensión, atencións e achegando a quen máis o precisa produtos de primeira necesidade, medicinas, entretemento ou facilitando xestións con outras entidades”.

    Máis de 180 servizos a 86 familias e entidades foron testemuña, durante este mes, do lado máis humano dos e das voluntarias de Ponteareas, que traballaron en coordinación cos servizos sociais municipais e co apoio das e dos voluntarios de Protección Civil Ponteareas sempre que foi necesario.

    “O seu traballo e a súa xenerosidade é vital nestes intres nos que non podemos saír á rúa nin contar coa familia, amizades ou veciñanza coa que antes resolviamos os nosos recados”, afirma o concelleiro de Voluntariado. Bouzón non dubida á hora de afirmar que “as e os voluntarios de Ponteareas son un orgullo para o noso concello e un exemplo de que todos e todas xuntas sairemos desta situación temporal”.

    O bo traballo realizado queda reflectido, sinala o responsable do voluntariado ponteareán “nas moitas as familias que nos trasladan os seus agradecementos polo esforzo e a entrega dos e das nosas voluntarias”.

    O servizo de axuda a persoas con necesidades básicas durante a crise do COVID-19 axuda aos e ás máis vulnerables na compra de alimentación, adquisición de medicamentos, retirada de lixo da vivenda, recados de primeira necesidade ou atención psicolóxica. “Neste servizo tamén contamos cun equipo de psicólogas, e cando detectamos que unha persoa precisa atención psicolóxica, ademais de atenderlle a súa necesidade, unha profesional contacta con ela para prestarlle axuda e facer un seguimento periódico da súa situación”, sinala Miguel Bouzó.

    Maiores, persoas con mobilidade reducida ou patoloxías crónicas e persoas con dependentes a cargo contan coa axuda desinteresada destes voluntarios e voluntarias. Organizados dende a oficina municipal de voluntariado traballan a diario e tamén ofrecen acompañamento telefónico para que este tempo de confinamento ninguén se sinta só.

    Todas as persoas que precisen axuda para satisfacer estas necesidades básicas poderán dispoñer deste servizo chamando ao teléfono 687 764 516, de luns a venres, en horario de 10 a 14h e de 16 a 19h. As persoas voluntarias cumpren todas as medidas preventivas para evitar o contaxio e ofrecer o servizo con seguridade.

    Miguel Bouzó fixo extensivo o seu agradecemento á asociación Ponte Solidario, que colabora con este servizo e lembrou que “aquelas persoas que queiran unirse e formar parte do voluntariado para colaborar na posta en marcha destas accións, poderán facelo enviando un correo electrónico coa súa disposición ao enderezo voluntariado@ponteareas.gal”.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS