11.7 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoO RosalO Rosal pon en marcha o reparto de comida a domicilio para...

    O Rosal pon en marcha o reparto de comida a domicilio para persoas maiores en situación de vulnerabilidade

    Xestionarase a través de Servizos Sociais. Varios restaurantes do municipio tamén preparan comida para levar por encargo

    O Concello do Rosal segue atendendo ás persoas máis vulnerables no escenario de excepcionalidade que se está a vivir pola crise sanitaria e traballando para cubrir as necesidades que van xurdindo a raíz do confinamento forzoso. Por este motivo, o Concello pon a disposición de persoas adultas que se atopen en situación de vulnerabilidade pola crise sanitaria por COVID-19 un servizo de reparto de comida a domicilio.

    “Consideramos que nestes momentos é necesario facer un esforzo para prestar un servizo que é moi necesario e atender ás persoas máis vulnerables”, salienta a alcaldesa, Ánxela Fernández.

    Trátase dunha iniciativa que se xestionará a través dos Servizos Sociais do Concello e que irá destinada a todas as persoas con problemas para saír a mercar, a buscar a comida, que non estean en situación de cociñar ou que teñan algunha necesidade derivada da situación actual.

    Serán menús variados e equilibrados listos para quentar que se levarán a domicilio dos e das usuarias unha vez á semana extremando as precaucións de hixiene e distanciamento social requiridas nos protocolos de prevención. Os usuarios e usuarias poderán elixir entre un menú para 5 ou para 7 días e se precisa comida ou comida e cea. O servizo non será gratuíto, senón que terá un prezo axustado que variará en función das necesidades da persoa solicitante:

    • Comida: primeiro prato e segundo prato: 4,95 €/día.
    • Comida: primeiro prato, segundo prato e postre: 5,30 €/día.
    • Cea: primeiro prato e segundo prato: 3,50 €/día.
    • Cea: prato único: 2,25 €/día.

    As persoas interesadas e que cumpran os requisitos poden solicitar este servizo chamando ao teléfono 986 62 50 00 e solicitando falar coa área de Servizos Sociais.

    Comida para levar

    Ademais do servizo de comida a domicilio posto en marcha polo Concello, no municipio diferentes restaurantes están a ofrecer comida para levar por encargo durante a situación de crise sanitaria. Unha aposta polo comercio de proximidade que pode facilitar e facer máis levadía a situación que se está a vivir durante este estado de alarma. Así, por exemplo, pode encargarse a comida para levar no:

    • Restaurante As Brasas. Prepara menú diario ao mediodía para todas as persoas interesadas. É preciso chamar 609 349 080 sobre ás 10 h para facer reservas para o mesmo día e os menús recóllense na barra exterior do restaurante.
    • Restaurante La Pradera. Prepara comidas para levar os sábados e domingos por encargo. Os números de teléfono son 986 611 277 ou 687 872 045.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.