10.4 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasA Casa do Concello de Ponteareas tínguese de verde como homenaxe ás...

    A Casa do Concello de Ponteareas tínguese de verde como homenaxe ás e aos profesionais que prestan servizos básicos

    O edificio da Casa do Concello de Ponteareas permanecerá iluminado con luz de cor verde en homenaxe ás traballadoras e traballadores que neste estado de alarma “deron exemplo de profesionalidade para garantir que os servizos básicos estiveran cubertos e velar pola nosa seguridade e saúde”, sina a a concelleira de Vías, Obras e Alumeado, Chus Garrote.

    Garrote quere agradecer deste xeito, en nome de toda a Corporación, o traballo de todos e todas estas profesionais símbolo de esforzo e de vocación, “grazas ao seu traballo tivemos as nosas necesidades básicas cubertas. Profesionais e voluntariado que estiveron en primeira liña expóndose e que fan mellor esta situación temporal de confinamento”.

    Sanitarios, corpos de seguridade e de emerxencias, voluntariado, transportistas, sector alimentario, axuda a domicilio, os servizos de limpeza… todos e cada un deles serán homenaxeados con esta luz verde que representa a moitos destes sectores e que se fai agora extensible ao resto dos profesionais e voluntariado que deixa a seguridade dos seus fogares para prestar servizos públicos básicos. A concelleira agradece especialmente “a colaboración do presidente da Asociación de Alfombrista do Corpus Christi de Ponteareas”.

    Elas e eles axudados por toda a cidadanía que queda na casa fan posible que o noso confinamento sexa mellor e o máis curto posible. En nome de todo o Goberno, Chus Garrote quérelle “trasladar os seus parabéns e unha mensaxe de ánimo e ilusión a toda a cidadanía”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.