21.2 C
Pontevedra
Sábado, 3 de Xuño de 2023
Máis
    HomeÉ NoticiaO Servizo de Teleasistencia da Deputación realizou máis de 700 actuacións durante...

    O Servizo de Teleasistencia da Deputación realizou máis de 700 actuacións durante o estado de alarma

    Ata o momento, o programa rexistrou preto de 20 novas altas, realizáronse 600 chamadas para a prevención de estafas e atendeuse a preto de 20 persoas que solicitaron axuda en compras, xestións ou reparacións no domicilio

    O Servizo de Teleasistencia Domiciliaria da Deputación de Pontevedra realizou máis de 700 actuacións e rexistrou preto de 20 novas altas dende o comezo do Estado de Alarma. Trátase dun servizo máis esencial que nunca e que se viu reforzado, debido á situación derivada polo Covid-19, para prestarlle especial atención ás máis de 650 persoas beneficiarias de 46 concellos da provincia.

    En concreto, dende o 14 de marzo, realizáronse ao redor de 600 chamadas para a prevención de estafas e atendeuse a preto de 20 persoas que solicitaron axuda en compras, xestións ou reparacións no domicilio. Ademais, tamén se fixo seguimento especial de máis de 110 persoas por vulnerabilidade e de 5 persoas por sospeita ou confirmación de Covid-19.

    Durante o Estado de Alarma a Deputación intensificou os seguimentos telefónicos das máis de 120 persoas que non contan con apoio familiar ou social e tamén está a estudar novas medidas dirixidas a esas persoas que están soas nun momento tan delicado coma este. No caso do resto das persoas usuarias, explica a administración provincial, “tamén se está a intensificar o seguimento, reducindo os prazos de quince días a unha semana”.

    Ademais das actuacións relacionadas coa atención telefónica das persoas usuarias, o Servizo de Teleasistencia comprende outras actividades que completan a citada atención. Trátase da prestación de axuda en compras ou outras xestións, as reparacións en domicilio, ou a campaña de prevención de timos e estafas. O Servizo de Teleasistencia Domiciliaria permite a persoas de avanzada idade ou con algún tipo de diversidade funcional manter a súa independencia e continuar vivindo no seu domicilio con tranquilidade e seguridade, coa consecuente mellora na súa calidade de vida. Ante unha situación de emerxencia no fogar, con só pulsar un botón, dáselle resposta inmediata ás persoas usuarias, as 24 horas ao día e os 365 días do ano, mobilizando os recursos necesarios para solucionar a incidencia.

    COLABORACIÓNS

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    “The Last Of Us”

    Hace unos días, terminé de ver la primera temporada de la serie "The Last Of Us", una serie basada en la historia de un videojuego inspirado en un mundo apocalíptico.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    83 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS