Xoves, 13 Febreiro de 2025

María Gregorio López, agasallada polo concello de Tomiño no sen 100 cumpreanos

María Gregorio López vive no Geriátrico Residencial Tomiño, no barrio da Salgosa. O día 16 de abril cumpriu 100 anos e, a causa do confinamento, tivo que celebrar o seu centenario sen a presenza dos seus tres fillos: Fermín, Jose M. e Mª Joaquina.

Porén, María Gregorio tivo unha pequena celebración de cumpleanos ao facerlle chegar a Concellería de Benestar Social que dirixe Cristina Martínez, un pequeno agasallo (unha caixa de bombóns) a través de un voluntario e unha voluntaria de Protección Civil Tomiño, que tamén lle levaron unha tarxeta de felicitación.

Nesa tarxera, o Concello desexáballe a María Gregorio López “que continúe con boa saúde, coma ata agora, e moito ánimo para sobrelevar estes momentos difíciles”.

O Concello de Tomiño conta, na actualidade, cunha decena de persoas centenarias e os e as habitantes con idades comprendidas entre os 80 e 100 anos, superan os 900. Na vila hai dúas residencias de maiores de titularidade privada “nas que, afortunadamente até o momento, non se detectaron casos positivos de Covid19”, sinala a Concellería de Benestar Social.