15.2 C
Pontevedra
Mércores, 29 de Novembro de 2023
Máis
    HomeVal MiñorNigránOs 'Premios Nigrán', aprazados ata outono, recoñecerán as diferentes iniciativas na loita...

    Os ‘Premios Nigrán’, aprazados ata outono, recoñecerán as diferentes iniciativas na loita contra o COVID-19

    “A magnitude desta crise sanitaria consideramos que obriga a modificar o formato da gala para poder homenaxear ás persoas, empresas e profesionais que se están a entregar altruístamente a loitar nesta causa”, explica o alcalde, Juan González

    O Concello de Nigrán aprazará ao outono a celebración da gala dos IX Premios Nigrán, prevista para este sábado 18 de abril, e proporá modificar o formato de xeito excepcional para recoñecer as diferentes iniciativas na loita contra o Covid-19 no municipio. O goberno local trasladará a oposición e ás diferentes entidades que con anterioridade á crise sanitaria xa realizaran propostas, a opción de que estas se pospoñan para a décima edición, xa no 2021.

    “A magnitude desta crise sanitaria consideramos que obriga a modificar o formato da gala para poder homenaxear ás persoas, empresas e profesionais que se están a entregar altruístamente a loitar nesta causa. 2020 non será recordado na Historia como un ano normal e os Premios Nigrán deben saber adaptarse a estas circunstancias”, explica o alcalde, Juan González, quen incide na idea de manter as propostas previas realizadas polas entidades para a vindeira edición de 2021, “non sería xusto obvialas cando ellas fixeron as súas achegas en tempo e forma”. Deste xeito, o propio rexedor convocará unha reunión coa oposición e as asociacións, unha vez que as circunstancias regresen á normalidade, co obxectivo de consensuar esta novena edición e, conseguintemente, a de 2021.

    O xa consolidado acto institucional dos ‘Premios Nigrán’ pretende ser un recoñecemento público de todo o pobo de Nigrán á traxectoria dos premiados, e os estes se dividen desde a súa orixe nas categorías de mérito educativo, cultural, empresarial, social e deportivo. Asemesmo, a proposición de candidatos parte non só do goberno, senón tamén da oposición e de todas as entidades de Nigrán que desexen participar.

    LIBROS

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.