11.4 C
Pontevedra
Venres, 8 de Decembro de 2023
Máis
    HomeLouriñaSalceda de CaselasSalceda chora o pasamento e Justo González, 'Salcedense Distinguido' no 2015

    Salceda chora o pasamento e Justo González, ‘Salcedense Distinguido’ no 2015

    Salceda amencía o domingo coa triste nova do pasamento de Justo González, coñecido por ser un dos fundadores da banda de música da vila, ademáis de pola súa pertenza á mítica Orquestra Sur, e por rexentar unha zapatería durante moitos anos no centro da vila, na que misturaba a venta de zapatos coas clases de solfexo que impartía a ducias de nenos e nenas en plena zapatería.

    Que Justo era unha persoa especialmente querida pode comprobarse facendo un percorrido polas numerosas mostras de afecto verquidas nas redes sociais por familiares e amizades, pero sobre todo polas expresadas por moitos deses nenos e nenas que pasaron pola súa zapatería a estudar música e que hoxe en moitos casos se teñen convertido en profesionais da música ao longo de todo o mundo. E é que o estado de alarma fixo ademais imposible ese último adeus presencial a Justo, polo que foron as redes as que trasladaron todos eses sentimentos á súa familia, a modo de despedida pública.

    Justo era desas persoas boas, que tamén o Concello quixo recoñecer nomeándooo ‘Salcedense Distinguido” alá polo ano 2015, en recoñecemento a unha vida de paixón incondicional pola música. E é que esa era a súa maior paixón, reflexada sobre tódalas cousas na Banda Cultural de Salceda, “a súa banda”, encargada de darlle o último empuxonciño de ánimo cando xa nos seus últimos días no hospital puido ver a nova que o telexornal lle adicou polo seu traballo no confinamento, tal e como unha das súas netas recoñecía tamén a través das redes sociais.

    Justo foise coa alegría de ver como a súa querida banda recuperou décadas despois a que foi a súa orquestra, a Sur, que ademais contou co seu último e máis especial alumno, o seu bisneto.

    A casualidade quixo que tan só dez días antes fose a súa muller a que partise, nunha separación que durou demasiado pouco, e que deixou a toda a vila coa sensación de que se estaban esperando. Sen dúbida Salceda non esquecerá a Justo, unha desas persoas que se fixo querer alá por onde pasou.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.