19.9 C
Pontevedra
Martes, 23 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán retoma as obras públicas coas humanizacións da rúa Vista ao Mar...

    Nigrán retoma as obras públicas coas humanizacións da rúa Vista ao Mar e da Carrasca

    A remodelación en Vista ao Mar soluciona un problema de seguridade viaria e accesibilidade no barrio da Area (San Pedro da Ramallosa) e de entrada ao areal de Lourido-Praia América

    O Concello de Nigrán retoma a actividade nas obras adxudicadas despois de dúas semanas de interrupción por mor do estado de alarma decretado co Covid-19. Así, hoxe finalizaron as obras de pavimentación e humanización na rúa Rúa Vista ao Mar (Lourido) adxudicadas a empresa NAROM S.L por un importe de 42.896,61 € e cunha partida provinte dos proxectos incluídos polo goberno de Nigrán no Plan Concellos 2019.

    A restauración, que estaban practicamente rematada, foi suspendida durante este periodo de parada dos traballos esenciais por mor do Covid-19. Previamente, o Concello remodelara a rotonda de acceso ao barrio da Area na PO-325.

    “Os traballos quedaron totalmente suspendidos nas pasadas dúas semanas e agora se retoman coa máxima prudencia, tendo en conta todas as medidas de seguridade e atendendo sempre ás recomendacións que se fagan desde o goberno”, indica o alcalde, Juan González

    As obras en Vista ao Mar consistiron na demolición e levantado das lousas e aglomerado asfáltico existente; reposición do firme mediante unha capa de MBC de 10 cm.; apertura de caixeo para executar o novo adoquinado na contorna da zona verde e pavimentación mediante adoquíns de pedra.

    “Soluciona un problema de seguridade viaria e accesibilidade nun tramo moi frecuentado no barrio da Area (San Pedro da Ramallosa) xa que en este espazo concéntrase un importante número de establecementos hostaleiros e é un dos accesos principais ao areal de Lourido-Praia América. Era unha obra necesaria e moi demandada”, incide o alcalde, Juan González.

    Praza da Carrasca

    Paralelamente, o Concello retomará este luns 20 de abril as obras de acondicionamento e humanización da Praza da Carrasca (Parada), adxudicadas á empresa AUDECA e que tamén se viron suspendidas durante as pasadas semanas e que se demorarán dúas semanas máis.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.