7.9 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoO RosalO Rosal desinfecta con ozono vehículos municipais e de persoal sanitario

    O Rosal desinfecta con ozono vehículos municipais e de persoal sanitario

    Os traballos de desinfección foron realizados grazas á colaboración desinteresada da empresa Neverafter

    A loita contra o COVID-19 continúa. A todas as medidas preventivas adoptadas nas últimas semanas o Concello do Rosal acaba de engadir a desinfección de vehículos municipais e de persoal sanitario encargado das atencións domiciliarias con ozono, un dos desinfectantes máis potentes e eficaces, que se fixo este mércores na Praza do Calvario.

    Esta desinfección realizouse grazas á colaboración desinteresada da empresa Neverafter, que achegou os materiais e os operarios necesarios para levar a cabo todo o proceso.

    Durante a mañá desinfectáronse ademais dos coches da Policía Local e de Protección Civil, o camión do lixo, tres vehículos de obras e os coches do persoal sanitario encargado de realizar as atencións domiciliarias durante esta crise sanitaria.

    Dende o Concello quérese agradecer iniciativas “tan solidarias e importantes como a da empresa Neverafter, que nos axudan a loitar día a día para controlar a pandemia do COVID-19”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.