16.7 C
Pontevedra
Mércores, 8 de Maio de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaA Bibioteca Pública Municipal da Guarda convida a celebrar o Día do...

    A Bibioteca Pública Municipal da Guarda convida a celebrar o Día do Libro 2020

    A Biblioteca Pública Municipal da Guarda convida este ano a celebrar o Día do Libro (23 de abril) dun xeito diferente e posto que debido ao confinamento non se poderán realizar actividades de xeito presencial, a Biblioteca guardesa quere darlle protagonismo aos libros en papel e á literatura. Así, a Concellería de Cultura e a Biblioteca Municipal, convidan a toda a veciñanza a celebrar o Día do Libro coa “vosa presencia virtual” ofrecendo cinco opcións diferentes para que participen todos os veciños e veciñas.

    Como participar?

    1. Envía unha frase ou un verso breve, con indicación do autor e do título do libro, que traslade á cidadanía ilusión e forza nestes momentos de confinamento. Farase unha selección de 15 das propostas que serán despois rotuladas nas rúas e espazos públicos da localidade.
    2. Realiza un vídeo breve cun membro da familia lendo un libro aos máis pequenos e pequenas da casa. Especialmente, os avós e avoas que contan contos e non teñen o hábito de participar na redes sociais.
    3. Faite unha fotografía cunha selección de libros favoritos da túa biblioteca persoal.
    4. Fai unha autofoto co teu libro favorito, unha dedicatoria, unha cita breve.
    5. Realiza unha fotografía do teu recuncho favorito de lectura no teu fogar ou no exterior se tes algunha.

    Envía a información nun correo a bibliotecamunicipaldaguarda@gmail.com coa proposta de participación que elixas xunto co teu nome, idade e localidade.

    O prazo de participación remata o 30 de abril.

    Todas as propostas recibidas serán publicadas na páxina Facebook da biblioteca coas etiquetas #QuedaNaCasa #DíaMundialDoLibro #BibliotecaMunicipalConcelloDaGuarda #ACulturaSegue

    Día Mundial do Libro

    O 23 de abril Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor é unha celebración para promover o goce dos libros e da lectura.

    Proclamada pola Conferencia Xeral da UNESCO en 1995, esta data simbólica da literatura universal coincide coa da desaparición dos escritores William Shakespeare, Miguel de Cervantes e Inca Garcilaso de la Vega. Este día rende homenaxe aos libros e aos autores e fomenta o acceso á lectura para o maior número posible de persoas.

    Este ano dende a UNESCO difúndese esta mensaxe:

    POR QUE A LECTURA É MÁIS IMPORTANTE AGORA QUE NUNCA? Máis que nunca, nun momento na que a maioría das escolas de todo o mundo están pechadas e debemos quedarnos na casa, podemos usar o poder da lectura para combater o illamento, estreitar os vínculos entre as persoas, expandir os nosos horizontes, á vez que estimulamos as nosas mentes e a nosa creatividade. Durante o mes de abril e durante todo o ano, é fundamental tomarse o tempo para ler só ou cos nenos. É un motivo para celebrar a importancia da lectura, fomentar o crecemento dos nenos e nenas como lectores e promover o amor á literatura. A través da lectura e a celebración do Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, o 23 de abril, podemos abrirnos aos demais a pesar da distancia, e viaxar grazas á imaxinación. Do 1 ao 23 de abril, a UNESCO compartirá citas, poemas e mensaxes para simbolizar o poder dos libros e fomentar a lectura. Ao compartir coñecementos, lecturas e libros facemos comunidade e podemos conectar a lectores de todo o mundo e axudar a paliar a soidade.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.