Martes, 22 Abril de 2025

‘Estou na corentena’, revoluciona as redes sociais con 10.000 reproducións nunha hora

A versión do coñecido tema 'Estou na lavarora' dos ponteareáns 'O Caimán do Río Tea', está interpretada por grupos e artistas ponteareáns que se sumaron a esta iniciativa

A concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, lanzou onte nas redes sociais facebook e twitter unha nova versión do afamado tema ‘Estou na lavadora’ orixinaria do grupo ponteareán ‘O Caimán do Río Tea’. Grupos e artístas de Ponteareas uníronse para crear e interpretar esta nova versión que arrasou nas redes sociais conseguindo máis de dez mil visualizacións en tan só unha hora.

‘Estou na corentena’ é o título desta divertida versión na que participan integrantes dos grupos O Caimán do río Tea, SonDaRúa, Sulfatar, Skandalo GZ, Max Power, School e artistas como Tonhito de Poi, Chico López, Duke Sam e Baby Jane.

O concelleiro de Cultura e o concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó, destacan a boa acollida deste videoclip que onte pola noite fixo bailar ás familias ponteareás e de toda Galicia cunha versión dun tema que acadou o éxito da man do programa de Televisión de Galicia, ‘Xabarín Club’.

‘Estou na corentena’ pódese escoitar nas páxinas de facebook Concello de Ponteareas e Cultura e Turismo Ponteareas e no twitter @ponteareas_gal e @visitponteareas