20 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoO RosalO Rosal edita recomendacións para abordar o 'sexting' unha práctica en aumento...

    O Rosal edita recomendacións para abordar o ‘sexting’ unha práctica en aumento durante o confinamento

    O Concello achega ás familias unha serie de pautas para xestionar este tema cos rapaces e rapazas e unha serie de precaucións a tomar

    O sexting consiste en compartir de forma voluntaria mensaxes, fotos ou vídeos de contido sexual a través aplicacións de mensaxería móbil ou das redes sociais, unha práctica que se está disparando na corentena e que creceu de forma importante entre a xente máis nova durante este tempo de confinamento. Unha práctica de risco, dado que moitas veces ese contido pode ser compartido sen permiso.

    Por este motivo, o Concello do Rosal quere achegar ás familias unha serie de recomendacións para abordar este tema cos rapaces e rapazas, así como unha serie de pautas e precaucións para xestionalo do mellor xeito.

    Os expertos recomendan unha comunicación aberta e sen tabús para poder falar este tema cos fillos e fillas dun modo positivo e construtivo, tratando de sacar o tema sen que resulte invasivo ou incómodo, e que pareza o máis natural posible: a través dunha serie, dun libro, dunha noticia… É importante falar con eles e elas do concepto de privacidade e explicarlles que o contido que se sobe ás redes sociais deixa de estar baixo o seu control, xa que se comparte moi facilmente.

    Prohibir a determinadas idades pode ser un erro, por iso é mellor recomendar en positivo: explicarlles que é mellor non enviar fotos de contido sexual a ninguén pero que, se o fan, procuren que non saia a súa cara nin nada que poida identificalas ou identificalos para evitar riscos de ser recoñecidos no caso de que esa imaxe poida viralizarse. Débese lembrar que a confianza é moi importante e que non se fíen de persoas que coñecen dende hai pouco.

    É importante lembrarlles tamén que todas as persoas son libres de enviar e recibir contido íntimo e privado, pero redifundilo é un delito grave. Ninguén merece que se viole a súa intimidade, polo que os rapaces e rapazas deben ter claro que se lles reenvían material sen consentimento doutra persoa non poden ser parte da cadea que viraliza este contido, senón que debe borrar a imaxe ou o vídeo e empatizar coa situación imaxinando como se sentirían se fosen els ou elas.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.