18.5 C
Pontevedra
Martes, 30 de Maio de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaA Guarda aproba un segundo paquete de medidas económicas fronte ao COVID-19

    A Guarda aproba un segundo paquete de medidas económicas fronte ao COVID-19

    O Concello da Guarda vén de anunciar a posta en marcha dun segundo paquete de medidas económicas que, deste xeito, engádese ao activado o pasado 24 de marzo. Daquela, o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, adiantaba que “non ían ser as únicas medidas a adoptar e que en función de como fose evolucionando a situación” engadindo que o Goberno local “iría tomando novas medidas coa finalidade de que no período de alarma os veciños e veciñas da localidade non tivese que facer pagamentos ao Concello”.

    Despois de ter analizado a situación, o concello de A Guarda adopta un segundo paquete de medidas:

    1. Ampliar o período de ingreso para a taxa de auga correspondente ao 4 trimestre de 2019 ata o 20/06/2020. A domiciliación deste recibo atrásase ata o 20/05/2020
    2. Ampliar o período de pagamento para a taxa de lixo do 2020 ata o 30/06/2020. A domiciliación deste recibo atrasase ata o 05/06/2020
    3. Seguir avanzando no pagamento de facturas ás empresas e autónomos coa finalidade de trasladarlles liquidez ás mesmas, así fíxose un primeiro pago o 23 de marzo, outro o día 31 de marzo e finalmente para rematar todo o que estaba pendente se fixo un pago durante a semana pasada.

    O obxectivo destas medidas é, por unha parte, –explica Antonio Lomba– “non gravar as familias con pagos durante o período da alarma, sabedores de que moitas delas poden estar pasando por problemas económicos debido as consecuencias desta crise” e, por outra banda, “evitar que as persoas teñan que achegarse aos bancos, dada as dificultades de atención que neles se presentan e o risco de entrar en contacto con outras persoas mentres dure o confinamento”, engade o rexedor local guardés.

    En todo caso, o Concello avanzou que seguirá analizando a situación e terá en consideración outras medidas “que poderán ser adoptadas en función de como vaia evolucionando a crise xerada polo COVID-19”.

    “Queremos trasladar á cidadanía e as empresas guardesas que, ante a situación excepcional que estamos vivindo, a administración local ten que ser quen de adoptar medidas excepcionais tendo como único horizonte a protección dos nos@s veciños e veciñas”, conclúe Antonio Lomba.

    COLABORACIÓNS

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    “The Last Of Us”

    Hace unos días, terminé de ver la primera temporada de la serie "The Last Of Us", una serie basada en la historia de un videojuego inspirado en un mundo apocalíptico.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    83 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS