Luns, 7 Xullo de 2025

Continúa a programación de verán en Arbo con dúas sesións de cine

0

Os días 27 e 30 de agosto na Praza Consistorio e cun protocolo adaptado  con todas as  medidas de seguridade e hixiene acordes cos tempos que estamos a vivir.

Dentro das actividades que o concello de Arbo, organiza este ano dentro do verán cultural adicados a veciñanza e os visitantes e que non supoñen risco de aglomeracións e donde e obrigatorio estar sentados e manter a distancia de seguridade, e o cine, polo que renunciando a un veran cultural como en anos anteriores donde  o cartel anunciaba actividades diversas e para todos os públicos, este ano o cine prevalece.

O xoves día 27  de agosto ás 22:00 horas poderemos disfrutar na Praza do Concello da pelicula  Avengers e para remate do verán  e despedida de agosto o día 30 de agosto tamén ás 22:00 na Praza do Concello, proxectarase Jumanji

Dende o Concello, se creou un protocolo para poder levar acabo esta actividade, donde voluntarios e voluntarias do Grupo de Acción Voluntaria do Concello de Arbo, controlarán as entradas e as saidas e serán os encargados de velar polo cumprimento estrico das normas. Entre as normas protocolarias establecidas polo Concello de Arbo, estan  a obrigatoriedade de asistir con media hora de antelación para aplicar as medidas de seguridade e protocolo. Informa o alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil. As Prazas son  limitadas ata cumprir aforo e os nen@s sempre estarán acompañados por un adulto e deberase ocupar a cadeira asignada e non se poderá cambiar de lugar remata o rexedor de Arbo.

En todo momento, os asistentes ao acto deberán cumprir en todo momento o recomendado polos voluntarios que forman parte da organización .

A humanización da rúa Redondela inclúe 38 árbores de grande porte para a súa mellora ambiental, sombreado e ornamentación

A rúa Redondela contará con 38 árbores de grande porte e folla caduca que mellorarán ambientalmente e sombrearán os case 300 metros deste vial. Así se contempla no proxecto de humanización cuxas obras comezaron recentemente. Até agora a rúa dispuña nunha marxe de 6 aligustres de pequeno porte e noutra de 9 falsas acacias, situadas a maioría en beirarrúas estreitas, atrancando o paso peonil, e colocados debaixo dos aleiros ou dos balcóns das vivendas de maneira que non podían desenvolverse nin ofrecer sombra. O Concello informa que este arborado foi cortado seguindo criterios técnicos, porque “obviamente non podía continuar nese lugar ao ser incompatíbel coa súa función e coa humanización e a opción de transplante se desbotou pola escasas posibilidades de que prosperase tendo en conta o seu tamaño e porque a clase de árbores carecía dun valor singular. Agora a rúa contará con arborado en condicións, fóra das beirarrúas e separado das fachadas ao ir colocado entre prazas de estacionamento”.

O goberno municipal do BNG-PSOE salienta que Ponteareas “malia o seu clima soleado e caluroso no verán, carece de arborado na meirande parte das rúas e, onde existe, foi plantado incorrectamente, baixo balcóns e aleiros, estreitando beirarrúas, levantando baldosas e sen cumprir a súa función ambiental e de sombreado. Agora, este goberno está corrixindo esa grave carecencia cos proxectos de mellora urbana que estamos levando a cabo e que contemplan árbores de grande porte, a distancia correcta das edificacións e sen entorpecer a mobilidade peonil. Así se fixo xa na reforma dun tramo do Paseo Matutino ou na nova praza do Mercado Municipal e así se fará nos proxectos en execución como San Roque ou Rúa Redondela, e nos de inicio inminente como Praza da Bugallal ou complexo deportivo Álvaro Pino”. Neste sentido, o goberno non comparte as críticas pola corta das árbores “porque a alternativa pasaría por deixar a rúa no estado actual. En realidade, substituimos unhas poucas árbores que non cumprían función algunha por 38 novas que as cumprirán, comezando pola función ambiental”.

O goberno local tampouco entende as críticas por unha “suposta falta de información. Non podemos admitir que se falte á verdade”, sinala o goberno, “pois en febreiro do pasado ano facilitamos información completa a todas as persoas residentes na rúa e celebramos unha reunión aberta á que tamén asistiron os grupos da oposición e na que a numerosa veciñanza que quixo asistir se pronunciou a favor dunha das dúas dúas opcións que se propuxeron, ademais de formular suxestións que se tiveron en conta no proxecto definitivo. A veciñanza amosouse unanimemente a favor da humanización da rúa e a maioría decantouse pola alternativa que supuña un maior grao de humanización, con dobre sentido de circulación desde a rotonda do Axente Comercial até o cruce coa rúa Pombas e con sentido único desde este cruce até a rotonda da estrada de As Neves”.

A rúa experimentará outras melloras como a renovación das conducións soterradas, a instalación de nova iluminación con tecnoloxía led, bancos, papeleiras e outro tipo de mobiliario urbano. O impacto sobre o estacionamento será mínimo ao reducirse só 18 das 90 prazas existentes.

O alcalde Xosé Represas sinala que as accións son coherentes coa intención do proxecto de mellorar a calidade de vida da zona, de convertela nun espazo atractivo que promova o paseo e polo tanto sexa o mellor escaparate para comercios e negocios.

Baiona inaugura o cuarto Centro de Compostaxe Comunitaria no entorno da Galiña Azul

0

O concelleiro de Medio Rural, Iago Pereira procedeu hoxe  Mércores 26 de Agosto ás 10 da mañá a inaugurar o cuarto Centro de Compostaxe Comunitaria (CCC) do Concello no entorno da escola infantil “A Galiña Azul” de Baiona.

O Concello de Baiona, ao abeiro do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, dispón nestes momentos de 3 centros de compostaxe comunitaria no parque dos Tendais, na rúa Burgo e no Camiño do Carme en Sabarís que funcionan con gran éxito de participación e coñecemento por parte da cidadanía e que permiten tratar dun xeito máis sostible a fracción orgánica do lixo conforme as últimas directivas comunitarias, aforrar custes de xestión do lixo e obter un fertilizante natural con excelentes propiedades para o solo.

Ante o incremento do uso destas instalacións, a Concellería de Medio Rural  segue apostando pola economía circular ca instalación deste cuarto centro que atenderá os residuos orgánicos xerados na escola infantil así como aqueles dos veciños dos edificios colidantes.

A Concellería de Medio Rural anima a cidadanía a achegarse a este novo centro así coma os 3 xa instalados para depositar os seus residuos orgánicos para unha xestión máis sostible do lixo que evita emisións contaminantes á atmósfera, xera aforros na xestión do lixo e consegue un fertilizante natural con excelentes propiedades para aplicar no solo.

Rematadas as obras executadas ao abeiro do Plan Concellos 2018 e 2019

0

O Concello de Tui ten rematadas ou a piques de facelo as obras executadas ao abeiro do Plan Concellos 2018 e 2019 da Deputación de Pontevedra.

Así por unha parte o Concello de Tui ven de rematar as obras de asfaltado no barrio da Malladoura en Baldráns, actuación que contou cun importe de 49.476,68 euros e que estaba incluída no Plan Concellos do ano 2018. Tamén formaba parte do Plan Concellos do 2018 o acondicionamento das pistas de tenis de Areas por importe de 64.245,22 euros que veñen de ser recepcionadas.

Outra das obras rematadas é a substitución da cuberta da nave de maquinaria que o Concello de Tui ten en Guillarei , que supuxo un investimento de 63.120,32.

Por outra parte está próxima a finalización a adecuación da área lúdico recreativa do CEIP de Rebordáns por importe de 42.442,18 euros e a elaboración da cartografía six, ortodixital e rede topográfica do Concello de Tui por importe de 90.000 euros.

Todos estes proxectos forman parte do Plan Concellos da Deputación do ano 2018, onde restan por executar unha área recreativa na aula das Bornetas do CRA Mestra Clara Torres, así coma a obra con maior orzamento que é a humanización da rúa Colón que suporá un investimento de 314.000 euros e cuxo contrato se acaba de asinar.

Con respecto as obras do Plan Concellos do ano 2019 están todas adxudicadas e algunhas rematadas, coma a renovación de equipos da radio municipal e o Deporemse que está tamén a piques de concluírse.

Ao marxe da financiación do Plan Concellos, o Goberno Municipal tamén está a executar, neste caso con fondos propios a construción dun novo muro no campo de fútbol de Ribadelouro ante o risco de derrube que presentaba a anterior estrutura. E está a proceder ao cambio das luminarias dos pavillóns municipais por tecnoloxía led, o que permitirá mellora a eficiencia enerxética nestas dúas instalacións co conseguinte aforro económico.

[su_image_carousel source=”media: 19653,19651″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Cumprimento do horario de peche na fin de semana en Tui

0

A vixilancia do cumprimento do horario de peche na hostalería centrou a actuación da Policía Local na fin de semana. Dende o corpo salientan o cumprimento por parte dos diferentes locais sen rexistrarse incidencias e salientando que na súa totalidade cumpriron coas medidas establecidas ante a COVID 19.

Por outra parte o sábado e o domingo pola mañá os policías municipais presentaron dúas propostas de sanción a dúas persoas ante a Consellería de Sanidade polo non uso da máscara.

En materia de tráfico os axentes da Policía Local deron o alto a un conductor, o venres á noite na Avenida de Portugal, por conducir de forma errática. Tras realizarlle o control de alcoholemia deu unha taxa positiva nunha segunda proba de 0,56 mg/l, polo que cursaron denuncia administrativa.

Na fin de semana e a petición do 112 a Policía Local tivo que realizar distintas intervencións.  

O Festival de Cans no Porriño “un orgullo para esta provincia, que nos sitúa a nivel internacional”

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, destacou hoxe en O Porriño o importante papel cultural do Festival de Cans que “nos converte nunha referencia, nos sitúa en Galicia, no Estado, a nivel internacional, e que consegue algo extraordinario, que sexamos felices”. O evento, incluído na nova marca provincial de calidade “Rías Baixas Film Fest” creada coa Deputación para relanzar e fortalecer aos festivais de cinema, celebra a súa XVII edición entre o 2 e o 5 de setembro.

Na presentación do certame, nun acto marcado polas distancias e normativas da Covid19, organizado pola Asociación Cultural Arela baixo a dirección de Alfonso Pato, a presidenta provincial falou de “orgullo do noso, do cinema que fala do que somos, un grande pobo no que o talento e a creatividade nos caracteriza”. A presidenta provincial fixo fincapé na labor de todos os homes e mulleres que traballan “para que este festival sexa posible”, fixo unha mención moi especial “ás veciñas e veciños de Cans que nos sitúan un ano máis no centro do mundo”, e amosou o seu agradecemento ás persoas presentes no acto, desde Alfonso Pato; á alcaldesa de Porriño, Eva García de la Torre; ao director de Agadic, Jacobo Sutil; e a todas as asociacións, administracións e demais autoridades “que apostan por Cans”.

Na sección oficial do Festival compiten este ano un total de 23 curtametraxes e 15 videoclips. Ademais entre o total das películas proxectadas haberá 15 estreas e 10 estreas en Galicia. Neste eido, no que respecta a sección oficial de non ficción Furacans, as estreas son “Usos e Costumes”, “Notas sobre a habitabilidade en A Barca”, “Un lugar bajo el sol”, e “Paisaje y Paisanaje”. A sección complétase con “Da morte nace a vida”, “1 de 8.000” e “Cartografía do esquecemento”. En canto á sección internacional Extracans, estrearanse cinco curtametraxes chegadas de cinco países diferentes: “Carne”, “Kresala”, “To the Sea”, “Metamorphosis”, e “Seven Sharp”.

Ademais, este ano tamén se crearon dúas novas seccións, unha delas competitiva e dedicada as realizadoras/es máis novas/os baixo o nome Novas Camadas, e outra paralela na que se proxectarán obras de actrices e actores que deron o salto á dirección chamada Directrices. Ademais de cinema, durante 5 días o certame acollerá exposicións, roteiros, visitas guiadas, homenaxes ou coloquios, nos que participarán, entre outras persoas, os actores e actrices Amador Arias, Benedicta Sánchez, Monti Castiñeiras ou Ana Santos.

As actividades desta edición, que tivo que ser aprazada por mor da pandemia, terán un aforo especialmente reducido debido á crise sanitaria. Neste eido, a Deputación de Pontevedra deseñou, en colaboración cos Rías Baixas Film Fest, un Protocolo Covid de medidas de seguridade común a todos os eventos, a través do cal a institución achega detectores manuais de febre, instrumentos para establecer as distancias interpersoais, catenarias para organizar os accesos e saídas, carteis informativos coas medidas de seguridade para o público, mensaxes a través de megafonía e contadores de asistentes para cuestións relacionadas cos aforos.

Galicia preto dos 2.800 casos activos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.798 deles 1.275 son da área da Coruña, 441 da de Lugo, 243 da de Ourense, 165 da de Pontevedra, 177 da área de Vigo, 382 da de Santiago, e 115 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 13 están en UCI, 84 en unidades de hospitalización e 2.701 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 12.086 persoas curadas, rexistrándose 633 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 312.766.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas da cidadanía ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.

Rexistro de viaxeiros no 881 00 2021 e obrigatoriedade do uso da máscara

Lémbrase que as persoas que visiten Galicia nas vindeiras datas e procedan ou estivesen, durante os 14 días previos a súa chegada, nalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica incluídos na listaxe publicada no DOG do pasado 19 de agosto, deberán facilitar os seus datos de contacto ao Servizo Galego de Saúde, ben a través do teléfono 881 00 20 21 ou ben a través do formulario da web do Sergas.

Ademais, reitérase o carácter obrigatorio do uso da máscara tanto en espazos abertos como pechados, poñendo especial énfase na súa utilización nos locais e establecementos comerciais e de hostalería.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven  reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

A Guarda despide o mes de agosto cunha chea de propostas para todas as idades

0

O Concello da Guarda continúa apostando por unha programación de actividades para todos os gustos e idades, tendo sempre en conta as medidas de hixiene e seguridade motivadas pola pandemia da Covid-19.

Nesta semana e pechando xa o mes de agosto a programación, recollida na Axenda de verán 2020, conta coas visitas regulares ó Monte Santa Trega (de venres a domingo), as visitas de natureza que se sucederán cada domingo e as Visitas polo casco urbano os mércores e xoves de agosto. As inscricións se poden realizar a través da Oficina de Turismo Municipal no 986 61 4546 ou no enderezo electrónico [email protected].

Os venres, sábados e domingos proseguen as visitas guiadas ao Monte Santa Trega. Inscrición previa no MASAT 986610504 ou no enderezo electrónico [email protected]

Tamén continúan esta semana as visitas teatralizadas no Monte Santa Trega, cun notable éxito e que xa colga novamente o cartaz de aforo completo para esta semana.

O xoves 27 terá lugar unha actividade deportiva consistente nunha ruta en kaiak polo Río Tamuxe, as prazas están xa cubertas.

PROGRAMACIÓN

Venres 28:

Cinema na rúa coa proxección de “Mr.Link” ás 22:00h. na Praza do Reló. Inscrición previa no Centro Cultural (986611850 – [email protected])

Cunha duración de 93 minutos “Mr. Link” conta a historia de Sir Lionel Frost, quen se considera coma o maior investigador de mitos, monstros e lendas. Estes cualificativos teñen sido cuestionados polo seu círculo mais preto, o que lle anima a comezar unha investigación polo noroeste americano na busca do Eslabón Perdido, unha misteriosa criatura metade humano e metade besta.

Sábado 29

Sesión de Teatro coa posta en escena de “Pelos na lingua” ás 20:00h no Auditorio de San Benito. Inscrición previa no Centro Cultural (986611850 – [email protected]). Cunha duración de 70 minutos Pelos na lingua vai destinado a todo o mundo (e non esaxeramos), independentemente da súa posición respecto á lingua: aos galego falantes, aos que non o son, aos que queren selo pero non se atreven, aos que si queren selo e tomaron esa determinación, aos que non o falan porque non o saben falar ben, aos que lles dá igual que se fale ou non, aos que pensan que o galego debería ser a lingua universal, aos que pensan que debería ser o inglés a lingua universal, aos que cren que a maioría dos galegos falan castelán, aos que cren que a maioría dos galegos falan galego, a políticos, a mestres, a alumnos, a actores, a actrices, a carpinteiros, a carpinteiras, a todos e a todas. Ao mundo enteiro, independentemente da súa lingua. Unha comedia, que dalgún xeito, podería considerarse a segunda parte de Bicos con lingua. Pero non se trata dunha segunda parte como unha continuación da liña argumental, senón que se está a traballar o mesmo tema coa mesma estrutura, aínda que desta vez tratando de darlle un enfoque distinto.

Domingo 30

Nova cita con “Domingos de natureza e auga” ás 10:00h. con diversos percorridos polo litoral guardés. Información e inscricións na Oficina de turismo 986614546 ou no enderezo electrónico [email protected]

O Concello de Baiona entrega as dúas primeiras Cartas de Cidadanía

0

O Concello de Baiona acolleu estes pasados días, o acto de entrega das dúas primeiras Cartas de Cidadanía, o coñecido popularmente como ‘bautizo civil’. O concelleiro Óscar Martínez Álvarez foi o encargado, en nome do Concello, de darlles á nai e ao pai dos dous nenos mellizos, Lucas e Hugo, este documento que os acredita como novos veciños de Baiona.

Trátase, sinala o concelleiro Óscar Martínez, “dun acto simbólico que, se ben carece aínda de validez xurídica, si ten un contido simbólico como é o desexo darlle a benvida a dous novos veciños e recalcar os dereitos que teñen adquiridos como cidadáns”.

Nigrán reunirá a 300 nadadores na X edición da Travesía a nado Costa Serena, que se celebrará o 6 de setembro

0

A X edición da Travesía a nado Costa Serena-Gran Premio Concello de Nigrán reunirá a 300 nadadores entre as cinco probas que se disputarán o 6 de setembro en Praia América. A travesía estará marcada por un estrito protocolo sanitario para garantir a seguridade dos participantes, voluntarios e público asistente. Contará coa presenza de nadadores de máis de 50 clubs de natación de sete Comunidades autónomas e unha importante representación de nadadores portugueses con idades comprendidas entre os 5 e os 71 anos. Nesta edición, a participación de mulleres representa máis do 30% do total de nadadores, porcentaxe que foi aumentando nos últimos anos (26% en 2018 e 28% en 2019).

Esta mañá presentouse en rolda de prensa a travesía a nado no paseo marítimo de Praia América e contou coa presenza do alcalde de Nigrán, Juan González; o deputado provincial de Deportes, Gorka Gómez; os concelleiros de Deportes e Educación, José Luis Sanromán e Mariña Vidal, respectivamente; María Troncoso, en representación de Coca-Cola European Partners; Juan Carlos Álvarez, subdirector da oficina de Abanca en Nigrán; Enrique Prendes, en representación do Club Marítimo de Panxón e a empresa Sakami, e Beatriz Alvariño, en representación da organización da travesía.

Durante a rolda de prensa fíxose entrega dos premios aos gañadores do concurso de debuxo infantil, que se convocou este ano con motivo da X edición da travesía a nado entre os colexios de Nigrán. A gañadora do concurso foi Rita Álvarez Araujo, de 12 anos, alumna do CEIP Carlos Casares de Nigrán. A segunda clasificada foi Xiana Lameiro Fernández, de 10 anos, do CEIP Humberto Juanes, e o terceiro clasificado foi Iago Iglesias Fernández, de 13 anos, do CPI Arquitecto Palacios.

De esquerda a dereita: Xiana Lameiro (segunda clasificada), Iago Iglesias (terceiro clasificado) e Rita Álvarez (gañadora do concurso)

A organización da travesía a nado fixo un gran esforzo para levar adiante a proba este ano tendo que realizar unha serie de cambios co obxectivo de cumprir co protocolo sanitario e garantir a máxima seguridade, segundo apuntou en rolda de prensa Beatriz Alvariño, representante da organización, que agradeceu o apoio do Concello de Nigrán e Deputación de Pontevedra e de todos os patrocinadores e colaboradores. A primeira medida que adoptou o club deportivo Tumetapersonal, organizador do evento, foi a limitación de participantes permitidos en cada un dos percorridos (100 participantes para as probas de 800 e 2.700 metros e 190 para a de 4.000 metros). Nas probas infantís só se admitiron 15 nenos para cada percorrido (50 e 150 metros).

Entre os cambios que se realizarán respecto a edicións anteriores figuran as saídas graduadas de dous nadadores cada 10 segundos tipo contrareloj nos percorridos de 800, 2.700 e 4.000 metros para evitar a aglomeración de participantes na liña de saída. O uso da máscara será obrigatorio para todos os nadadores ata segundos antes da saída, que deberán depositarse nos contedores así como o resto de residuos. Tamén será obrigatorio o seu uso na meta e durante a entrega de trofeos. Ademais, tomarase a temperatura a todos os nadadores antes de entrar na auga e delimitarase as zonas de saída, meta e pódium para garantir a distancia social entre os nadadores e o público asistente, que deberá levar máscara obrigatoriamente e manter a distancia interpersoal.

Así mesmo, a entrega de bolsas seguirá un estrito protocolo e farase desde tres días antes da celebración da travesía a nado. Os nadadores terán que acudir obrigatoriamente con máscara e desinfectarse as mans antes da súa recollida. Para a entrega de bolsas utilizaranse pantallas de metracrilato e colocarase sinalización para o cumprimento das medidas de seguridade. As bolsas poderán recollerse os días 3 e 4 de setembro na tenda Boyer Triathlon Vigo ( C/Manuel de Castro, 12) e o día anterior á proba nas instalacións deportivas Dunas de Gaifar, en Panxón, de 11:00 a 20:00 horas.

Entre outras medidas que se tomarán durante a travesía están a creación dunha fila única en meta para a chegada dos participantes, que deberán acceder andando, mantendo en todo momento a distancia interpersoal. Ao saír da auga entregaráselles unha máscara, que deberán colocarse inmediatamente. Ademais haberá máis espazo na zona de avituallamiento coa creación de dous corredores independentes por onde accederán os nadadores para coller a bolsa de avituallamiento (auga e Powerade, plátanos e rosquillas) e deberán abandonala inmediatamente para evitar a concentración de nadadores. Só se permitirá o acceso a esta zona a nadadores e persoal da organización.

Na saída, meta e a entrega de premios colocaranse varios puntos para a desinfección e hixiene de mans dos participantes.

Percorridos

Durante a travesía disputaranse tres probas de 4.000, 2.700 e 800 metros. Os tres percorridos serán cronometrados por chip electrónico a través da empresa Champion Chip Norte. O percorrido longo, que estará limitado a 190 prazas, consistirá nun triángulo de 4 quilómetros con saída desde a canle principal de saída e entrada das embarcacións e a chegada á beira do posto de Protección Civil de Panxón. Os nadadores deberán bordear a baliza de Cabezo de San Juan, situada a 1,5 quilómetros de distancia, regresar cara á costa polo lado sur da praia e percorrer o último quilómetro en paralelo ao areal.

O nadador do Real Club Náutico de Vigo, Miguel Martínez Novoa, e o nadador e adestrador do Club de Natación Galaico de Pontevedra e campión do mundo en acuatlón no grupo de idade de 25 a 29 anos en 2019, Cristian Fernández Nieto, parten como favoritos na proba de 4.000 metros cuns tempos de 42 e 45 minutos, respectivamente. Na categoría feminina, a nadadora do Club de Natación de Ponteareas, Cristina García Marín, aspira a revalidar o título por terceiro ano consecutivo.

O percorrido de 2.700 metros, cun máximo de 100 prazas, terá o mesmo punto de saída que a proba de 4.000 metros. Consistirá en ir ata a baliza de Cabezo de San Juan, bordeala e regresar ao momento de meta polo lado dereito.

Na proba de 800 metros, tamén cun máximo de 100 prazas que se disputará en paralelo á costa, a saída estará situada tamén na canle principal e a chegada será no mesmo punto que as probas de 4.000 e 2.700 metros.

A competición de 800 metros comezará ás 10:00 horas, a de 2.700 metros ás 10:20 horas, mentres que a de 4.000 metros arrincará ás 11:00 horas. No mar, colocaranse boias de sinalización do percorrido para facilitar a orientación dos nadadores, e haberá embarcacións de Protección Civil do Val Miñor e Vigo, Garda Civil do Mar, kaiaks, pádel surf e motos acuáticas seguindo a proba. Na praia, a organización contará co apoio da Asociación Vodea con preto de 40 voluntarios, que estarán a controlar o cumprimento de todas as medidas de seguridade.

Ademais, celebraranse dúas probas de curta distancia para nenos de entre 5 e 13 anos, moi preto da beira. Haberá un percorrido de 50 metros (5 e 8 anos) e outro de 150 metros (9 a 13 anos). Estas probas comezarán ás 13:00 horas (50 metros) e 13:20 horas (150 metros), respectivamente. Este ano, con motivo da X edición da Travesía a nado, os percorridos infantís serán gratuítos e estarán limitados a un máximo de 15 nenos por cada proba.

Premios en metálico na proba de 4.000 metros

Nas probas de 800 e 2.700 metros, entregaranse trofeos aos tres primeiros clasificados absolutos da categoría masculina e feminina. Na proba de 4.000 metros tamén se darán trofeos aos tres primeiros clasificados absolutos da categoría masculina e feminina e, por primeira vez, premios en metálico (150 euros para os primeiros, 100 para os segundos e 80 para os terceiros). Ademais repartiranse medallas aos tres primeiros clasificados das 12 categorías da proba raíña.

Este ano, tamén como novidade, entregaranse premios especiais ao primeiro nigranés e nigranesa, que deberán estar censados no Concello no momento da inscrición. Os nenos que participarán nos percorridos de 50 e 150 metros recibirán unha medalla. Tamén se entregarán trofeos especiais ao nadador máis novo e de máis idade.

Inscricións

As inscricións poderán realizarse ata o xoves 27 de agosto ás 12 da mañá en www.championchipnorte.com. O prezo da inscrición da proba de 4.000 metros é de 24 euros, 21 euros a de 2.700 metros e 19 euros a de 800 metros e inclúe: participación na travesía, camiseta conmemorativa, gorro, cronometraxe electrónica, avituallamiento, seguro de responsabilidade civil, asistencia médica, trofeo para os tres primeiros clasificados absolutos das tres probas, medallas aos tres primeiros clasificados das 12 categorías da proba de 4.000 metros, premios en metálico, máscara, medidas hixiénico-sanitarias (xeles hidroalcohólicos), reportaxe fotográfica, un xeado, aperitivo no Club Marítimo de Panxón e participación no sorteo de material deportivo. Os nenos recibirán unha medalla ao chegar a meta.

A Travesía a nado Costa Serena, organizada polo Club deportivo Tumetapersonal, o Concello de Nigrán e Atlantic Extrem Sports, conta co patrocinio da Deputación de Pontevedra, Abanca, o concesionario Renault Rodosa, Gadis, Centro Comercial da Ramallosa e Sakami. Tamén colaboran Powerade, Froitas Sol, Area, Club Marítimo de Panxón, Froiz, Wetsports Ladeira, Prado Surf, Valmiñor Ébano, McDonald’ s Rías Baixas, Protección Civil do Val Miñor e Vigo, Asociación Vodea, Waira, Kailúa, Boyer Triathlon Vigo, Ángel Leirós Motos, Talaso Atlántico, Comunica e Clubnatacion. com, entre outros.

Comezan as obras de acondicionamento do acceso ao aparcamento Xulio Sexto

0

O Concello do Rosal comezou xa esta semana as obras de acondicionamento e urbanización do acceso ao aparcamento Xulio Sexto, situado no núcleo urbano da vila. Trátanse de obras para a mellora da zona de entrada ao recinto, que permaneceu pechado nas últimas datas debido aos problemas técnicos derivados da formulación inicial do proxecto, creado no pasado mandato.

Durante os vindeiros días desenvolveranse os traballos para a pavimentación da entrada, creando un acceso rodado e outro peonil, ademais de executarse a canalización de augas pluviais e as condicións eléctricas necesarias para dotar de iluminación a zona. Todas estas actuacións teñen por obxectivo corrixir as deficiencias técnicas do proxecto inicial e paliar a problemática derivada do acondicionamento do aparcamento para que poida empregarse de forma normalizada, xa que ata o de agora non cumpría os requisitos mínimos necesarios para o seu uso sen prexuízo para a veciñanza residente nas inmediacións do acceso ao aparcamento.

O uso habitual do aparcamento Xulio Sexto permitirá ademais dotar as inmediacións da Praza do Calvario de maior espazo para o estacionamento de vehículos.

Este proxecto, elaborado pola área de Urbanismo do Concello do Rosal, conta con financiamento do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e coa autorización da sectorial de Estradas de Galicia.

Unha colisión entre un coche e un camión deixa tres feridos en Ponteareas

Unha colisión entre un coche e un camión deixou tres feridos en Ponteareas.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, o sinistro produciuse na A-52, ao paso pola parroquia de Guláns, cando pasaban uns minutos da unha desta tarde.

Como consecuencia do impacto, tres persoas, dúas que viaxaban no turismo e o condutor do camión, sufriron lesións de diversa consideración, polo que foron evacuados polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Na atención dos afectados tamén colaboraron os membros do GES-Bombeiros de Ponteareas e os Bombeiros de Baixo Miño, aínda que anularon a súa saída ao confirmarse que as persoas estaban liberadas e accesibles.

O programa ‘Medrando…’ segue achegando aos fogares recursos educativos e de crianza en formato online

0

Continuando coa liña de actuación impulsada durante o confinamento polo Departamento de Benestar e Educación Familia, o Concello de Tomiño segue apostando por achegar a todos os fogares diferentes recursos e orientación para a crianza dos seus fillos e fillas a través do formato online. Faino co programa ‘Medrando…’, que recolle na web municipal novos servizos impulsados a través de dúas iniciativas diferenciadas por idades, ‘Medrando En Familia’ e ‘Medrando Espazo Xoven’, coas que se busca dar resposta ás necesidades tanto das familias con nenos e nenas na casa como da propia mocidade.

Deste xeito, en ‘Medrando En Familia’ ofrécense pautas e diferentes recursos para a crianza dos máis cativos e cativas da familia non soamente subindo á web contidos en formato vídeo accesibles para todo o público, senón tamén creando unha canle comunicativa directa para solucionar calquera dúbida que poida xurdir no ámbito doméstico da primeira infancia das persoas participantes.

Nestes intres a coidadora infantil encargada de dirixir este espazo atende a unhas 34 familias mediante grupos de WhatsApp divididos por idades, onde se achega información xeral sobre o coidado e apoio para pautas de crianza e acompañamento. Ademais, arredor de 14 familias realizan consultas individuais sobre aspectos máis específicos da crianza dos seus fillos e fillas, como pode ser a xestión de rabechas ou diferentes pautas para a alimentación dos cativos e cativas.

Por outra banda, ‘Medrando Espazo Xoven’ nace como un espazo virtual de achegamento onde se realizan encontros semanais cos rapaces e rapazas de entre 11 e 17 anos inscritos co obxectivo de fomentar habilidades que favorezan a xestión emocional e o desenvolvemento autónomo e grupal de todas e todos estes menores, achegando pautas e orientación en base ás súas inquedanzas e experiencias.

Dende que botou a andar este programa conta coa participación de 8 adolescentes do municipio que se comunican semanalmente coa persoa responsable de dirixir a actividade e que asisten de maneira puntual aos encontros online a través da plataforma Jitsi. Nestes encontros virtuais trátanse temas como o benestar emocional, a identidade e a autoestima, a motivación, propósitos, autonomía e diferentes competencias sociais. Ademais, serve de medio para que todas as e os participantes poidan expresarse libremente e conversar sobre as súas inquedanzas e inseguridades, facilitándolles pautas para enfocar a súa xestión dunha maneira satisfactoria.

Estes programas de apoio seguirán funcionando a través da modalidade online durante este verán, ata que se inicie o curso escolar e a situación sanitaria permita realizar sesións presenciais. A inscrición en calquera destas iniciativas debe facerse enviando un correo electrónico a [email protected].

A Sociedade Cultural do Viso retoma os cursos de música tradicional

0

 A Antiga Escola de Tuimil, epicentro de actividades e cursos na parroquia do Viso, comezará o curso lectivo despois do parón por mor da COVID-19. As actividades comezarán no mes de setembro co curso de gaita tradicional e percusión impartido por Manuel Cruces, gaiteiro do grupo Tanto Nos Ten, os venres pola tardiña a partir das 18:30 horas.

Doutra banda, os martes pola tarde, retómanse tamén os cursos de pandeireta e canto tradicional, impartido este por Luis Prego, músico do grupo Ardentía, a partir das 18:30 h. Pandeireta e canto comezarán xa o vindeiro martes 1 de setembro mentres que gaita e percusión iniciará a súa andaina o venres 4 de setembro.

Para recibir máis información destes cursos, os interesados pódense dirixir ao correo electrónico [email protected] ou aos teléfonos 627 938 607 (gaita e percusión) ou 664 857 687 (pandeireta e canto) .

A Guarda mellora o subministro de auga na zona da Depuradora

0

Operarios municipais traballan dende fai unha semana na substitución dun tramo da rede de subministro de auga na zona da subida da E.D.A.R. da Guarda.

Estas obras realízanse despois de terse detectado numerosas incidencias no subministro nesta zona, polo que se decidiu realizar a substitución completa da tubaxe de subministro de auga ao longo de máis de 200 metros.

Estas obras, realizadas pola Concellería de Servizos, garanten o subministro de auga a máis dunha vintena de vivendas existentes nesa zona da Guarda.

O número 6 da revista Castellum Tyde achega once artigos e dúas crónicas de actividades

0

Onte presentouse na casa do concello de Tui o número 6 de revista “Castellum Tyde” publicada polo Instituto de Estudos Tudenses, IET, co patrocinio do Concello de Tui. No acto estiveron presentes o alcalde, Enrique Cabaleiro, e o presidente do Instituto de Estudos Tudense, Xabier Añoveros.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, recoñeceu o labor realizado polo Instituto de Estudos Tudenses na edición deste traballo. Apuntaba que os datos en canto ao número de artigos publicados reflicten por si mesmos a relevancia e importancia da revista. Ao tempo destacou a necesidade e privilexio de contar cunha entidade coma o Instituto de Estudos Tudenses que traballa pola nosa cultura e o noso patrimonio.

Xabier Añoveros, presidente do Instituto de Estudos Tudenses, destacou os 69 artigos de 33 investigadores publicados dende o primeiro número de Castellum Tyde en 2007. Detallou coma o número 6, correspondente ao período 2017/2020, está dedicado ao arquitecto, investigador e membro fundador do Instituto, Jaime Garrido, falecido o ano pasado. Son un total de 11 artigos e 2 crónicas de actividades desenvolvidas as que se recollen nas 304 páxinas da publicación.

A revista ábrese cun artigo “in memoriam” sobre o arquitecto Jaime Garrido Rodríguez da autoría de Rafael Sánchez Bargiela, quen tamén achega “Tui nos relatos peregrinos e viaxeiros polo Camiño Portugués”.  O propio presidente do IET, Xabier Añoveros, é o autor de “El monumento al padre Salvado”.  Suso Vila presenta “Poliorcética medieval en Tui: La iglesia y las fortificaciones de la ciudad”, e Ernesto Iglesias Almeida “El hoaspital de San Gián dos Lázaros”.  Avelino Bouzón escribe “Bicentenario de los Maristas. Centenario del Juniorado Marista Portugués en Lagarteira (Tui). 1920-2020”.  “Manifestaciones artísticas culturales en Tui inspiradas en la Armada” é a contribución de Rosendo Bugarín González.

Este número 6 de Castellum Tyde recolle tamén o artigo do profesor Domingo L. González Lopo titulado “La devoción a San Julián en Galicia: raíces populares de una hagiografía confusa”.  Xoán Martínez Tamuxe achega “Familiares do Santo Oficio nos concellos do Baixo Miños, menos en Oia. Primeira e única referencia en Oia á Inquisición, en 1695”.

Complétase a publicación con “Dos canónigos de la catedral de Tui nombrados capellanes de honor: Antonio Bernardo Mosquera Tabares y Sotomayor y Rafael María Andreu Ballester” de Juan Ramón Aparicio González, e “Contrasta: a vila medieval” de Isilda Martins.

Amais destes artigos Marta Cendón publica na revista a crónica da actividade desenvolvida en 2018 polo instituto co gallo do aniversario dos concilios provinciais celebrados no mosteiro de San Bartolomeu de Rebordáns baixo o título de “1.118: La Huella de Gelmírez en la sede tudense”. E recóllese tamén a crónica da “Xornada sobre San Domingos, arte e historia” desenvolvida en agosto do ano pasado co obxectivo de ofrecer unha achega sobre a súa dimensión artística, a súa vinculación coa liñaxe de Soutomaior e os procesos devocionais da Idade Moderna”.

Foron editados 400 exemplares deste número 6 da revista Castelum Tyde.

Mellora do entorno do Parque de Laxe Grande na Guarda

0

A pasada semana comezaron as obras de mellora do entorno do Parque de Laxe Grande da Guarda, unhas obras que inclúen a reposición do firme e da area do parque infantil, reparación dos camiños interiores, reparación da fonte e substitución integral da balustrada de pedra.

Estas obras veñen a mellorar un dos espazos públicos do noso municipio, aportando tamén novas medidas de seguridade cunha nova balustrada en pedra, máis segura e firme que a que existía até o de agora.

Na xornada do pasado luns o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a Tenente de Alcalde, Montserrat Magallanes, e o Concelleiro de Vías e Obras, Miguel Español,  visitaron este parque para comprobar o avance destas obras, que poderían estar xa rematadas nun par de semanas.

Galicia supera xa os 2.500 casos activos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.580 deles 1.240 son da área da Coruña, 352 da de Lugo, 224 da de Ourense, 147 da de Pontevedra, 170 da área de Vigo, 329 da de Santiago, e 118 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 13 están en UCI, 73 en unidades de hospitalización e 2.494 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 12.019 persoas curadas, rexistrándose 633 falecementos. O número de PCR realizadas é de 308.162.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas da cidadanía ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.

O “Louriña Cycling Team” estréase ao grande nos campionatos de España contra reloxo e fondo en estrada

Sonia Parente e Uxía Fernández, dúas cicilistas do “Louriña Cycling Team”  fixeron a estrea do novo equipo ciclista porriñés que participou o pasado fin de semana, nos campionatos de España contra reloxo e de fondo en estrada que se celebran en Jaén.

Sonia rematou no posto 26 da clasificación na proba de contra reloxo feminina disputada hoxe sobre un percorrido de 26 quilómetros entre La Iruela e a Serra de Cazorla que realizou en 52’51”. A súa compañeira de equipo, Uxía Fernández rematou no posto 27 da clasificación cun tempo de 55’00”.

O sábado, ambas as dúas xunto ca súa compañeira Elena Caride participaron na proba en liña do Campeonato de España feminino élite que se realizou sobre unha distancia de 105 quilómetros nun circuito entre Ubeda e Baeza.

Finalmente, o domingo foi a quenda dos homes. Un ciclista do equipo porriñes, Roberto Mediero participou na proba en liña élite que cubriu un percorrido de 185 quilómetros, tamén entre Ubeda e Baeza.

David Alonso, concelleiro de  Deportes do Porriño, desplazouse ata Jaén para acompañar ao novo equipo na súa posta en escea. O Concello do Porriño é o principal patrocinador do “Louriña Cycling Team” que próximamente realizará a súa presentación oficial na nosa vila.

Os desempregados interesados en certificarse en soldadura poden formarse en Mos

0

A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, ven de concederlle ao Concello de Mos a través da concellería de Promoción económica, desenrolo empresarial e emprego que dirixe a edil Julia Loureiro  o curso de Soldadura Oxigás e Soldadura MIG/MAG.

Trátase de formación práctica de calidade e con futuro xa que, ao terminar, ós alumnos entregaráselles un diploma acreditativo do  Certificado de Profesionalidade, da familia profesional de Fabricación Mecánica, área profesional da construción metálica: “Soldadura Oxigás e Soldadura MIG/MAG”.

A subvención autonómica concedida para a realización deste curso AFD (Acción Formativa para Desempregados) ascende a 76.733,10 euros.

Trátase dunha acción formativa cunha duración total de 670 horas que será impartida por parte da Axencia de Colocación do Concello de Mos, que continúa a priorizar as políticas de formación, emprego e inserción laboral nestes duros momentos de crise económica derivada da COVID-19.

Os requisitos de acceso para os/as interesados/as en participar son: título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, Certificado de profesionalidade de nivel 2, Certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional, cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou ben superar as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas, ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e/ou de 45 anos, ter superado as competencias clave Nivel 2.

En principio, e en función das circunstancias derivadas da COVID-19, a data prevista de inicio do curso sería finais do mes de setembro cun horario de 9:00 a 15:00 horas. As persoas interesadas en participar poden solicitar máis información para inscribirse no teléfono da Axencia de Colocación de Mos, 986487786, ou no correo electrónico: [email protected]

As competencias a adquirir polo alumnado durante a acción formativa son a realización de soldaduras e proxeccións térmicas por oxigás, soldaduras con arco baixo gas protector con eléctrodo consumible (MIG, MAG) e proxeccións térmicas con arco, de acordo coas especificacións dos procedementos de soldeo (WPS).  As materias que se impartirán son prevención de riscos laborais, interpretación de planos, procesos de corte e preparación de bordos, Soldadura Oxigás, Soldadura MAG de chapas e estruturas de aceiro ao carbono e Soldadura MIG de aceiro inoxidable e aluminio.

Tras o curso os/as alumnos/as terán 40 horas de prácticas non laborais  en empresas cuxo obxectivo é que poidan por en práctica os coñecementos adquiridos nun ambiente real de traballo.  Ademais, estes alumnos formaranse para acceder ao mercado laboral como soldadores e serán inscritos na bolsa de emprego: http://www.axenciadecolocacionmos.es/, dende onde se realizará unha intermediación laboral con empresa do sector para conseguir a súa inserción laboral.

Nigrán creará un grupo de voluntariado para coordinar as entradas e saídas seguras do alumnado

0

O Concello de Nigrán, a suxerencia das direccións e anpas de todos os centros educativos públicos do municipio, creará un grupo de voluntariado para coordinar as entradas e saídas seguras do alumnado nos colexios. Esta foi unha das propostas que xurdiron na reunión convocada pola Concellería de Educación o venres pasado no Salón de Plenos para analizar conxuntamente a aplicación do protocolo Covid-19 da Xunta nos colexios de Nigrán.

“A Educación é unha competencia do goberno autonómico e actualmente hai moitas dúbidas e inquedanzas entre o profesorado e os pais sobre a volta ás aulas, por iso quixemos manter esta reunión, para saber por boca dos propios profesionais de cada centro que podemos facer desde o Concello para facilitar este regreso seguro”, explica o alcalde, Juan González, quen invitará esta mesma semana á Plataforma Solidaria Educativa do Val Miñor (creada entre profesorado xubilado para impartir clases este verán e rachar así coa fenda educativa que puido xerar o confinamento entre as familias vulnerables) para trasladarlle a proposta. A maiores, o Concello facilita o mail da concelleira de Educación, Marina Vidal ([email protected]) como punto de contacto para toda aquela persoa que desexe colaborar neste grupo de voluntariado.

“A idea é coordinar a chegada e saída do recinto para que non se xenere ningunha aglomeración e para diminuír os contactos, tanto entre os que veñen a pé coma nos que van no autobús. Ahora queremos formar o grupo e, todos xuntos, buscar fórmulas para coordinar ben estas saídas e entradas”, incide Marina Vidal. Igualmente, o Concello contará coa colaboración de Protección Civil para establecer ese protocolo e para recurrir a eles en caso de actividades extraordinarias dos centros (como puidera ser alguna excursión ou actividade fora do recinto) que requiran maior presencia de persoal. “Pensamos que incluso esta primeira experiencia piloto pode servir de guía para que a rede de sendeiros seguros que temos xa de acceso aos coles estén vixiados por adultos nun futuro, é dicir, para animar a máis familias a que o alumnado acuda ao colexio andando”, explica González.

Paralelamente, o Concello asumirá a maior limpeza e desinfección diaria dos centros, tal e como marca o protocolo da Xunta, pero seguirá a reclamar ao goberno autonómico que destine cartos a este asunto. “Igual que a Xunta debería investir en contratar a máis profesorado para facer factible todo o que recolle o protocolo, tamén debe destinar fondos para a limpeza, xa que a partida orzamentaria dos Concellos neste eido verase incrementada considerablemente”, explica González, quen lanza unha mensaxe de tranquilidade aos pais, “poden estar seguros de que as instalacións serán correctamente desinfectadas pola seguridade de alumnos e profesores”.

Igualmente, o Concello facilitará o Pavillón Municipal ao alumnado do IES Val Miñor, xa que conta cun ximnasio de pequenas dimensións  e imposible de empregar nestas circunstancias mantendo a seguridade. “O Covid-19 está a poñer en relieve circunstancias que se viñan denunciando desde hai anos: instalacións deficientes para o número de alumnado”, indica.

Finalmente, garantiuse que, en caso de confinamentos dos centros, repetirán o servizo de entrega de fotocopias e facilitarán todos os medios para que ningunha familia se quede atrás por carecer de dispositivos.

Do 1 ao 9 de setembro celebrarase o programa de conciliación Igual É +

0

Do 1 ao 9 de setembro vaise desenvolver o Programa de Conciliación “IGUAL É +” dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos empadroados no concello de Tui. O Concello de Tui, a través da concellería de Igualdade pon en marcha esta actividade para promover a conciliación da vida laboral, familiar e persoal. O obxectivo é fomentar a corresponsabilidade entre mulleres e homes a través da conciliación dos seus tempos persoais, laborais e familiares incorporando a perspectiva de xénero para fomentar a igualdade entre mulleres e homes nos nenos e nenas que participen neles.

Este programa de fomento da Conciliación “IGUAL É +” foi concedido pola Secretaría Xeral da Igualdade, e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020 e polo Concello de Tui.

Ofértanse 70 prazas para nenos e nenas distribuídos en 7 grupos de 10 integrantes a realizar tanto no centro urbano coma nas parroquias de forma simultánea.

Cada grupo traballará sobre unha temática específica tendo en conta o principio de igualdade e aplicando a perspectiva de xénero:

1.         Tui Urbano 1: Temática. Mulleres Senlleiras Galegas

2.         Tui Urbano 2: Temática. As Profesións

3.         Caldelas De Tui: Temática.  Educación Emocional

4.         Guillarei: Temática. Artes Escénicas

5.         Pazos De Reis: Temática Descubre O Teu Talento

6.         Randufe: Temática Música E Baile

7.         Areas.: Temática. A Natureza

Así do 1 ao 9 de setembro, en horario de 9 a 14 h, os nenos e nenas participantes en Igual É + realizarán actividades coma Mirando con lentes de xénero; Coñecendo os nosos dereitos humanos; Uso do tempo e división do traballo dentro das familias; Obradoiro de análise de actividades e roles; Treatrévete (teatro para traballar os estereotipos de xénero); Contos ao revés; Eu son e podo; Xincana non sexista; Cancións pola igualdade; Xogos tradicionais galegos; Xogos deportivos para traballar os roles de xénero; Xincanas temáticas e Actividade de orientación e xincana medioambiental. Contará cun estrito protocolo COVID de medidas hixiénico sanitarias.

As persoas interesadas teñen que cubrir o formulario de inscrición, dispoñible en tui.gal e presentalo por rexistro de entrada ou na sede electrónica até este venres, 28 de agosto, xunto coa documentación requirida nas bases da convocatoria (fotocopia do Libro de familia, declaración da renda de 2019, certificado acreditativo do grao de discapacidade e copia do ditame técnico facultativo, emitido polo equipo de valoración e orientación correspondente da/o menor, certificado de familia monoparental, sentenza de separación ou divorcio ou convenio regulador e acreditación da necesidade de conciliación).

As prazas ofertadas cubriranse por rigoroso orde de inscrición tendo prioridade os/as nenos/as empadroados/as no Concello de Tui, e seguindo os criterios establecidos nas bases do programa, entre eles o nivel de renda da unidade familiar.

A información sobre este programa Igual É + pódese ampliar no 986 60 36 25 ext. 54.

Ponteareas reafírmase na súa aposta pola sustentabilidade coa creación da rede urbana de calor con biomasa

O Concello de Ponteareas vén de dar inicio ás obras que, unha vez remadadas, formarán a rede urbana de calor con biomasa destinada solventar as necesidades enerxéticas nos edificios e instalacións municipais. As obras foron adxudicadas por 717.823 € a través dun concurso público transparente que garantíu a igualdade de oportunidades e ao que se presentaron sete empresas.

Nestes intres a empresa adxudicataria comezou a obrar na contorna da residencia de maiores donde irá ubicado o edificio de caldeiras e depóstio de astela de abastecemento. A rede urbana de calor dará servizo a Residencia de Maiores e Centro de Día, Centro Social, Escola Infantil, estación de autobuses e Casa do Concello, e no futuro poderá ampliarse para chegar a máis edificios.

Con esta actuación, que conta con financiación con cargo aos fondos FEDER da Unión Europea no marco da estratexia ‘Ponteareas, Hábitat Saudable’, apóstase por sistemas eficientes e eficaces que supoñen un aforro económico tanto no gasto do consumo como de mantemento.

dav

A utilización de biomasa, neste caso acha de madeira, como fonte de enerxía renovábel permitirá substituir os actuais combustibles, gasóleo e electricidade, que se veñen empregando nas instalacións municipais para calefacción e auga quente. O goberno local aposta así por unha materia prima procedente das masas forestais dos nosos montes o que permitirá un mellor e maior aproveitamento dos nosos recursos, fomentando o emprego e a economía local ao tempo que se reduce o risco de lumes.

Con esta actuación tamén se reduciran considerablemente as emisións de CO2 avanzando cara un concello máis sustentábel e respectuoso co planeta.

O goberno adianta que irá informando á cidadanía dos posibles cambios que se poidan producir nalgunhas das rúas polas que pasen as canalizacións e agradece a comprensión de toda a veciñanza durante o desenvolvemento destas obras.

Música tradicional e jazz para poñer o punto e final a programación de verán do Rosal

0

O Rosal pon esta semana punto e final á súa programación de verán con dous concertos nos barrios este 27 e 28 de agosto nos que a música tradicional e o jazz serán os protagonistas.

O xoves 27 a música tradicional chegará da man do grupo Os Folieiros, da que todos os rosaleiros e rosaleiras poderán desfrutar a partir das 21.00 horas na Capela de San Vicente de Marzán.

Mentres, pola súa banda, o venres 28 Xacobe Martínez Antelo Trío fará soar jazz galego de primeira liña, sen límites e sen complexos a partir das 21.00 horas no lateral da Igrexa das Eiras. Saxofón tenor, contrabaixo e batería para vivir a tradición jazzística con este trío renovado.

Nestas dúas actuacións a entrada será de balde e libre ata completar aforo. Os concertos forman parte dunha programación de verán ao aire libre pola que apostou o Concello do Rosal, achegando actividades de rúa para todos os públicos e en pequeno formato aos distintos barrios.

O Concello de Salceda ofrece á Xunta o edificio do antigo centro de saúde “para que se poidan baixar as ratios dos colexios” no nincio de curso

O Concello de Salceda de Caselas vén de ofrecer á Consellería de Educación da Xunta de Galicia o inmoble que albergaba o antigo centro de saúde da vila para que poida ser utilizado para uso educativo e “poder baixar as ratios dos colexios” no inicio do novo curso. Nesa liña, o Goberno local levará ao pleno do vindeiro día 27 de agosto, o campo de uso do edificio para poder utilizalo no uso educativo e fará o mesmo coa antiga aula unitaria de Revolta, en Parderrubias.

A volta presencial ao colexio en menos de tres semanas, logo de dous meses de clases telemáticas e as vacacións de verán, preocupa especialmente en Salceda de Caselas que, tal e como lembra a alcaldesa Loli Castiñeira, conta nestes momentos “con máis de 800 nenos e nenas entre os colexios de infantil –CRA Raíña Aragonta– e primaria –CEP Altamira–.

Entende o Concello de Salceda que para garantir a seguridade dos nenos e nenas “é fundamental a diminución das ratios” pero tamén é consciente da realidade que non é outra que “ámbolos dous colexios non dispoñen de aulas suficientes para garantir dita diminución”.

Considera a alcaldesa Loli Castiñeira que á hora de garantir a seguridade dos nenos e nenas “a colaboración entre administracións ten que ser indiscutible”, motivo polo que o Goberno local pon a disposición da Consellería tanto o immoble do antigo centro de saúde coma a antiga aula unitaria de Revolta, na parroquia de Parderrubias.

Queda por último a alcaldesa “a disposición da Consellería” para que realicen unha visita aos espacos de cara “a coordinación do seu uso cando vostedes consideren”.

A FANPO asegura que os plans para o inicio do curso da Xunta son unha mostra máis “da improvisación por bandeira”

A FANPO, a federación que agrupa as ANPAS do ensino público do Condado, A Paradanta e a Louriña, a través so seu presiente, Alberto Vázquez, vén de cualificar de “improvisación” as afirmacións da conselleira de Educación da Xunta de Galicia, Carmen Pomar, ao defender a necesidade de que as nenas e nenos, especialmente as e os máis pequenos regresen ás escolar co consideralo a administración educativa como “o máis beneficioso”.

A FANPO salienta que tales afirmacións poderían entenderse como un paso adiante “se non miramos máis aló da ‘fachada” pero que unha vez analizada a situación, nais e pais “non poden estar máis intranquilos do que xa estaban, pero tampouco menos”.

Fai unha comparación a federación de ANPAS do máis significativo ao asegurar que “isto é como defender a necesidade de que os automóbiles pasen a ser eléctricos porque hai que pensar no medio ambiente e o máis beneficioso é deixar de contaminar, pero que nin se fale de dotación de servizos para as novas necesidades dos vehículos eléctricos, nin se fale de como orzamentar esas necesidades ou de como e quen se vai facer cargo, etc”.

Ao entender da Federación, a Xunta “segue improvisando sen ningún tipo de reflexión profunda ben fundamentada” e, ao mesmo tempo, “tampouco tentan abordar a situación, non xa con altura de miras como nos demandaba o presidente da Xunta, se non tampouco con anchura, con visión global da situación, con unha mínima intención de anticipación ante distintos escenarios posibles, deseñando alternativas distintas para escenarios distintos”.

A FANPO asegura estar de acordo na necesidade da educación presencial e non só para o alumnado máis cativo pero, afirman, “o que diferencia a nosa postura da postura da Xunta é o ‘como’, ou ‘a que prezo’ e o ‘baixo a responsabilidade de quen”.

“Estamos a ver, remata a Federación de ANPAS, “como están estirando o tempo, os meses, as semanas, os días que faltan para o inicio do curso” para, finalmente, atoparnos respostas do tipo “as circunstancias mandan e agora non podemos artellar outra solución porque non hai tempo” e dito isto: todo o alumnado para casa.

A FANPO, cinguíndose ás verbas da Conselleira “hai que pensar nos máis pequenos (…), o máis beneficioso é que volvan ás aulas.”, pregúntase que medidas acompañan esta decisión, “as mesmas que levan defendido no protocolo? Pois segundo as verbas da propia conselleira, no temos nin idea porque seguramente nin eles o teñen claro. E isto non é unha afirmación ao chou se non axustada ao feito de que, de telo claro dende a Consellaría, xa houberan dito medidas concretas para situacións concretas posibles e con varias alternativas”.

O presidente da Federación asegura que as ANPAS teñen moi claro o que queren, “medidas certas, lóxicas, fundamentadas e consensuadas con TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA. Só dese xeito poderemos ter un retorno ás aulas o máis achegado a un clima de “normalidade” dentro da propia anormalidade do momento”. Pero está claro que para chegar a ese consenso moito hai que falar. “Non sentarse a facelo é seguir perdendo o tempo e amosando a nula intención de ter unha segura volta ás aulas (moi distinto de dicir unha volta segura ás aulas)”, afirma Alberto Vázquez.

Finalmente a Federación de ANPAS diríxese á conselleira de Ensino para subliñar que o feito de que “o alumnado de secundaria non volva ás aulas non significa por si mesmo un cambio nas circunstancias da volta ás aulas do alumnado de infantil e primaria se non hai medidas distintas das actuais previstas”.

Con todo o respecto, –rematan– “para nós isto é unha tomadura de pelo e un insulto á intelixencia das familias. Por certo, non esqueza que as familias e o alumnado de secundaria, teñen en moitos casos membros da súa familia nas etapas de infantil e primaria e todo o que se faga mal nesas etapas educativas afecta ao propio alumnado de secundaria e ás súas familias. Temos fillas e fillos, non cobaias”.

Aberta a inscrición para a ‘DepoRuta BTT’ que percorrerá o concello de Ponteareas

Enmarcada na programación Vive Deporte, coa que a Deputación de Pontevedra invita á cidadanía a desfrutar este verán dunha ampla oferta de actividades deportivas sostibles, este luns 24 de agosto a institución provincial abrirá o prazo de inscrición para a “DepoRuta BTT” que percorrerá o concello de Ponteareas o 13 de setembro e que ofrece 200 prazas.

O obxectivo desta iniciativa da Deputación é fomentar o deporte á vez que se pon en valor os montes da provincia, a súa riqueza natural, ecolóxica e patrimonial. O programa está dirixido a todas aquelas persoas maiores de 16 anos (persoas, grupos ou familias) que gocen do deporte en contacto coa natureza e aposten por actividades sustentables.

As e os interesados en participar nesta ruta en bicicleta poderán inscribirse a través da web www.depo.gal ata completar o límite de prazas ata o 7 de setembro, ás 12 horas. Unha vez cubertas as prazas, abrirase unha lista de agarda. Ás persoas participantes se lles confirmará a asistencia a través da web www.depo.gal coa publicación da lista definitiva, e vía SMS, co programa “Depo Informa”.

As e os menores de idade deberán ir acompañados e, en caso de familias con varias crianzas, será suficiente cunha persoa representante ou titora por familia. A ruta _ que inclúe os avituallamentos_ estará sinalizada e as persoas participantes deberán seguir o itinerario e ritmo marcados pola organización. Será rigorosamente obrigatorio o uso de casco protector durante todo o percorrido.

A Deputación ten deseñado un protocolo de actuación para a prevención da covid-19 en relación con esta proba deportiva, que establece en primeiro lugar que as persoas que teñan algún síntoma compatible coa enfermidade como febre, tose ou dificultade respiratoria non deberán asistir á ruta.

Recomenda que as e os deportistas realicen o desprazamento de maneira individual no seu propio vehículo e, no caso de que viaxe máis dunha persoa, se respecten estritamente as medidas establecidas polas autoridades, que inclúen a utilización de máscaras protectoras e o viaxe, se é posible, en filas de asentos distintas, mantendo a maior distancia posible entre as e os ocupantes. Xa no momento da chegada ao evento, as persoas asistentes deben utilizar a máscara durante o tempo de circulación entre espazos comúns, así como evitar saúdos ou choques de mans. Só se lle permitirá o acceso á zona de retirada de dorsais á ou ao deportista que vai participar; non se admitirá a entrada a ningunha outra persoa acompañante. Con carácter xeral, non se compartirá ningún material e, se isto non fose posible, garantirase a presenza de elementos de hixiene para o seu uso continuado.

A organización habilitará unha carpa exterior para a retirada de dorsais con zonas de entrada e saída diferentes onde as e os participantes deberán acudir 30 minutos antes da súa quenda de saída. Na entrada montarase o servizo de control de temperatura. A ou o deportista que supere os 37,5 ºC non poderá tomar a saída.

As e os participantes colocaranse coa máscara na saída ata 10 segundos antes do comezo. Deberán gardar a máscara no maillot e volver poñela ao chegar o avituallamento. A entrada a esta zona realizarase de maneira individual e coa máscara posta. Non se entregará ningún produto na man, as e os participantes deberán recollelos da mesa. Haberá mesas suficientes para poder garantir a distancia mínima de seguridade. Finalmente, na chegada á meta, as e os deportistas deberán retirarse da zona nada máis chegar para evitar aglomeracións. Doutra banda, elimínanse as duchas e vestiarios.

A Deputación activa os protocolos de seguimento da COVID tras confirmarse a existencia de tres positivos en persoas traballadoras da institución

O Goberno da Deputación de Pontevedra foi informado hoxe polo Servizo de Prevención de Riscos Laborais da existencia de tres positivos confirmados por Covid19 de tres persoas traballadoras da institución provincial, polo que se activaron de xeito inmediato todos os protocolos correspondentes á normativa sanitaria.

No primeiro dos casos, segundo informa a Deputación, a persoa que deu positivo nas probas “atopábase en período de vacacións e non tivo ningún contacto co resto do persoal da Deputación”. Nos outros dous casos, engade a administración provincial, “trátase de persoas que realizan as súas funcións en servizos externos”.

O Servizo de Prevención informou igualmente do seguimento doutro caso, por contaxio dunha persoa da súa familia, “que está en estudio e á espera das probas preceptivas”.

As praias de Bandeira Azul da Guarda contan xa con novo material para dar “resposta eficaz” a calquera posible incidente

0

O servizo de socorrismo das praias de Area Grande e O Muíño conta xa con novo material e equipamento de cara a dar unha resposta, o máis rápida posible, a calquera incidencia que se poida presentar en calquera destes dous areais guardeses.

Fende xullo a setembro, Area Grande e o Muíño contan con servizo de socorrismo e, durante estes meses, foron recibindo o equipamento previsto para esta tempada que debido a situación sanitaria foise atrasando.

Entre o material recibido, destacan as táboas de rescate que os e as socorristas poden empregan para facer vixilancia activa, como achegarse ata os bañistas para dar recomendacións e, inclusive, ante unha actuación de rescate.

Amais, a pasada semana recibíronse os desfibriladores automáticos, un equipamento tamén moi esperado para mellorar a atención, e que reafirman o compromiso de que o servizo conte cos medios adecuados para a atención das posibles incidencias que podan xurdir nestas dúas praias de gran afluencia.

A praia do Muíño é a praia accesible do concello polo que, ademais de pasarelas e aseos adaptados, conta dende hai anos cunha cadeira anfibia para facilitar o baño ás persoas con discapacidade física. Este verán adquiriuse unha nova cadeira anfibia máis cómoda e práctica para os usuarios que a solicitan cada ano.

Colectivos galegos e portugueses aúnanse contra a explotación mineira da Serra d’Arga

O pasado sábado, membros do Movimento SOS Serra d’Arga e das asociacións galegas ANABAM (Asociación Naturalista do Baixo Mino), Centro Social Fuscalho e A Jalleira (Asociación Forestal e de Educación Ambiental) percorreron a Serra d’Arga a pé, visitando alguns dos lugares mais amenazados polo proxecto de explotación mineira que o goberno portugués pretende implementar.

Esta marcha, é a primeira dunha serie de accións conxuntas que desenvolverán eses colectivos durante as vindeiras semanas nas localidades fronteirizas, tendo en conta, sinalan “a sensibilización das poboacións na problemática de explotación mineira de lítio que, de avanzar, “poñería en risco os recursos naturais da rexión, nomeadamente o río Miño, acuífero común ás dúas nacións”.

Desta primeira iniciativa, xurdiu unha declaración conxunta das organizacións participantes, baixo a forma de manifesto, na que sinalan que “o norte de Portugal e Galicia son casa para dous pobos irmáns, unidos non só pola matriz da lingua senón tamén pola paisaxe, pola cultura e por un río que nos abraza e aproxima”. Continúa o manifesto sinalando a ameaza que pesa sobre o río Miño cun proxecto mineiro que o goberno portugués pretende poñer en marcha “e que vai damnificar irremediablemente o noso territorio e compromete o futuro da auga que nos é vital”.

Xuntos galeg@s e portugues@s –finalizan– non imos permitir o avence deste proxecto que non fará máis que imposibilitar o desenvolvemento sustentable da nosa rexión común”.

Os casos activos por coronavirus increméntanse en 146 chegando aos 2.452 en toda Galicia

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.452 deles 1.236 son da área da Coruña, 321 da de Lugo, 212 da de Ourense, 141 da de Pontevedra, 155 da área de Vigo, 274 da de Santiago, e 113 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 12 están en UCI, 70 en unidades de hospitalización e 2.370 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.956 persoas curadas, rexistrándose 633 falecementos. O número de PCR realizadas é de 305.847.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

A alcaldesa de Salceda solicita á Subdelegación do Goberno “un reforzo da vixilancia” de cara a garantir á seguridade da veciñanza

A alcaldesa de Salceda de Caselas, nun escrito dirixido á Subdelegación do Goberno en Pontevedra, vén de pedir un reforzo da vixilancia no Concello de Salceda de Caselas por parte dos diferentes corpos de seguridade do Estado, “garantindo a seguridade da nosa veciñanza”.

No seu escrito, a alcaldesa de Salceda salienta que nas últimas semanas “estamos a detectar un incremento de actos de incivismo no noso municipio que están a afectar a convivencia pacifica e o descanso da nosa veciñanza” citando entre outras as aglomeracións nas zonas de ocio nocturno, ruidos ata altas horas, incumprimentos das normas vinculadas á COVID 19, festas en vivendas particulares, etc.

Do mesmo xeito Loli Castiñeira cualifica de “moi preocupante” o incremento de actos de condución temeraria “que fan que ultimamente se nos estea a facer coñecedoras de carreiras ilegais de coches, derrapes e outras accións temerarias que poñen en serio perigo a seguridade de viandantes, así como do resto de vehículos que fan uso das vías públicas”.

Foto de arquivo dunha das últimas reunións da Xunta Local de Seguridade antes da pandemia da COVID-19

Para a rexedora local de Salceda, estas actitudes non son algo circunscrito ao concello de Salceda de Caselas, senón que tamén se está a dar nos concellos da contorna polo que, sinala “é un problema global que está a afectar á sociedade nun momento tan complexo como o que estamos a vivir por mor da pandemia do coronavirus”.

O Concello de Salceda de Caselas –explica Castiñeira– conta na actualidade con unha plantilla de policía local formada por cinco axentes e un auxiliar, “o que fai inviable unha cobertura 24 horas e coa presenza precisa para afrontar tódolos feitos que vimos de mencionarlle”. Salienta a alcaldesa “a continua comunicación entre o Concello e a Garda Civil do cuartel de Torneiros (Porriño)” comujnicación que se fai, sinala “cun afán absoluto de colaboración por ambalasduas partes”.

“Pensamos que se está a facer un bo traballo pola súa banda aínda que tamén somos conscientes da carencia de medios no seu corpo, sobre todo no que a persoal se refire”, apunta Loli Castiñeira.

En todo caso a alcaldesa considera “importante” un reforzo na vixianza que se presta no municipio, “en aras a manter a seguridade da veciñanza e a evitar que poidan suceder acontecementos que teñamos que lamentar, como por desgraza xa aconteceu en algunha ocasión”.

Remata Loli Castiñeira adiantando que, nas vindeiras datas, convocará unha Xunta Local de Seguridade “na que poder analizar esta e outras cuestións”.

Camembert relleno al horno: un APERITIVO o cena que no puede ser más fácil (sin gluten)

Hoy vamos a hacer una receta fácil, rápida, totalmente ‘tuneable’ y siempre exitosa. Combinar queso y fruta o frutos secos es una delicia. Combinar queso y dulce, otra delicia (¿habrá alguien a quién no le guste un trozo de queso de tetilla con un buen dulce de membrillo?).

En esta receta lo combinamos todo: el queso, la fruta, el dulce y los frutos secos, y el resultado es excelente. Las posibilidades son múltiples, pero yo esta vez he elegido el queso camembert con nueces y mermelada de higos, todo ello envuelto en hojaldre. Como un bocadillo, pero en “más fino”.

Si tienes tiempo es un buen momento para hacer una mermelada casera de higos o de moras, pero sino, las hay muy ricas en el mercado.

Como siempre, mi receta es sin gluten, pero totalmente adaptable para quien no tenga celíacos en la mesa.

¡Vamos allá!

Ingredientes

  • 2 hojas de hojaldre sin gluten
  • 1 queso camembert
  • Mermelada de higos (o de arándanos, moras, tomate, cebolla…)
  • 1 yema de huevo batida
  • Nueces (o pistachos, avellanas…)

Elaboración

  • Precalentamos el horno a 200 ° (o a la temperatura que indique el fabricante).
  • Forramos la bandeja con papel de horno y colocamos encima una lámina de hojaldre.
  • Dividimos el queso en dos mitades y colocamos uno de los discos en el centro del hojaldre.
  • Extendemos mermelada sobre el Camembert y por encima esparcimos unas nueces.
  • Cubrimos con la otra mitad del queso y volvemos a extender mermelada y nueces.
  • Humedecemos con huevo batido el hojaldre alrededor del queso y cubrimos con la otra hoja de hojaldre, sellando bien. Cortamos el hojaldre alrededor del queso, dejando un margen de unos cms, que apretamos con un tenedor para que quede perfectamente sellado.
  • Pintamos con huevo batido.
  • Decoramos a nuestro gusto con tiras de hojaldre.
  • Horneamos durante 15 a 20 minutos, hasta que el pastel esté dorado.
  • Si lo servimos caliente disfrutaremos del camembert fundido y la mermelada extendiéndose por el plato… Mmmmm

También puedes cambiar la mermelada por cebolla caramelizada y el resultado será excelente.

Ya ves, una receta sencilla y ‘tuneable’ que siempre funciona.

¡A por ella!

Alfonso Pexegueiro, «Viaxe á illa das mulleres loucas»

Hai libros que semellan perseguidos por unha aura máxica, que crecen e amplían o seu radio de acción e a súa capacidade de abarcar novos hourizontes. Tal é o caso de ‘A illa das mulleres loucas’, orixe do que hoxe nos trae a este espazo. Aquel libro que Pexegueiro escribiu, segundo confesión propia, entre 1979 e 1983, apareceu impreso por vez primeira no lonxano 1984 nunha edición bilingüe galego-catalán. Ao ano seguinte veu unha nova edición, tamén bilingüe, galego-castelá. E non sería ata 2004, vinte anos despois da súa aparición, que chegou a primeira edición galega da man da editorial Galaxia.

Por aquelas datas, azares do destino, o propio Pexegueiro andaba a traballar nun proxecto de recitado dos poemas que integraban aquel libro, acompañado de dous músicos de renome: Anxo Pintos á zanfona e Quico Comesaña á arpa. Como consecuencia daqula colaboración, ao ano seguinte e con motivo da reimpresión do libro por parte de Galaxia, decidiron acompañalo dun CD no que se recollían algúns daqueles poemas en voz do autor e acompañado dos músicos referidos.

Ese proxecto literario e musical foi crecendo e collendo forma de espectáculo teatral coa incorporación de dúas actrices, Vanesa Sotelo e María Caparrini, coas que se foi moldeando unha nova achega a ‘A illa das mulleres loucas’. O iluminador e escenógrafo Baltasar Patiño púxolle o ramo e así, naceu un espectáculo de vida efémera, pois só se celebraron catro representacións, e que veu a luz no ano 2011 nas cidades de Vigo, A Coruña, Lugo e Compostela. De vida efémera dixen, si, pero de fonda pegada no panorama literario e teatral galego.

O autor, consciente da repercusión que aquelas poucas representacións tiveron, propúxolle ao Concello de Ponteareas recuperar ese traballo e fixar o texto da representación teatral, integrado por diveros fragmentos dos poemas do libro orixinal. E desta maneira chegamos ao libro que hoxe traemos a esta sección que representa, como indica o seu título, unha nova viaxe á illa das mulleres loucas, moito máis ampla que calquera das achegas anteriores. Porque nesta nova versión inclúse, ademais do texto da versión teatral, finalmente fixado, unha chea de material complementario, gráfico e literario, que axudará a comprender un pouco mellor o universo no que se desenvolve a trama do poemario orixinal. E para rematar, acompaña ao texto outro agasallo: a gravación en DVD da última das representacións teatrais, a de Compostela.

Pasaron 36 anos dende que o poemario deus os seus primeiros pasos en Barcelona, onde Pexegueiro residía por aquelas datas, e coido que non han de ser os últimos antes de que esta illa das mulleres loucas, coma aquela mítica illa de Avalón na que as regras naturais desaparecen para darlle paso á maxia, volva a agromar entre a bruma para amosarnos algún novo misterio.

Alfonso Pexegueiro

Viaxe á illa das mulleres loucas

Concello de Ponteareas

Bambú, la planta milagrosa de Rodrigo Rodriguez. Música para Shakuhachi

En esta ocasión, el maestro de la flauta Shakuhachi, Rodrigo Rodríguez , nos cautiva una vez más con la música del lejano oriente inspirada en los conceptos culturales del Budismo y Shintoísmo; una religión de tiempos prehistóricos, que se basa en el respeto a la naturaleza y en particular a ciertos lugares sagrados.

El Shakuahchi un instrumento misterioso de origen Japonés, fabricado de bambú y tocado desde el siglo VII en Japón.Sus Orígenes se remontan a lamúsica Sacra del país del sol naciente.

Rodrígo Rodríguez

Rodrigo actualmente vive en el Sudoeste Asiático, desde archipiélago Filipino desarrolla su trabajo con el shakuhachi, estudio de grabación y producción, importación y exportación de shakuhachi y escuela basada en el legado de su maestro Kohachiro Miyata.

Mitología del Sudoeste Asiático relacionada con el Bambú:

La Brisa de la Tierra y La Brisa del mar se casaron y tuvieron un hijo: una planta gigante de bambú. El primer hombre, Malakas (Fuerte), y la primera mujer, Maganda (Hermosa), emergieron de la planta de bambú dividida en dos después de una batalla entre el Cielo y el Océano.

Esta es la leyenda del primer hombre y mujer según la tradición oral filipina. Hay varias leyendas relacionadas con la creación en toda Asia. En Malasia, una leyenda similar cuenta que un hombre descubrió que la bella mujer de sus sueños emergió de un árbol de bambú que abrió. En la mitología hawaiana, el bambú es la forma corporal de Kane Milohai, el dios que creó el cielo, latierra y el cielo superior.

El bambú está firmemente arraigado en muchas culturas de Asia durante miles de años. Algunos todavía creen que el bambú tiene poderes místicos. En el feng shui (un antiguo arte y ciencia chinos), se sabe que promueve el flujo positivo de energía (chi) y a veces se usa como medicina. En Japón, los bosques de bambú a veces rodean santuarios sintoístas como una barrera contra los espíritus malignos.

El bambú es venerado y está ampliamente representado en el arte, la poesía y la literatura, especialmente en el sudeste asiático. Esta planta tiene numerosos significados.

El bambú se utiliza como material para instrumentos musicales predominantemente en Asia desde la antigüedad. Sus propiedades tonales lo hacen particularmente adecuado para instrumentos musicales. Su estructura hueca lo convierte en una opción natural para construir instrumentos de viento y percusión. Las fibras y la resina natural que constituyen el material de bambú en sí son muy resonantes debido a su resistencia y alta elasticidad. Una estrecha franja de bambú flexionada como un arco oscilará libremente cuando se suelte y emitirá un agradable sonido a su frecuencia resonante más algunos armónicos.

En esta composición Rodrigo Rodriguez expone las posibilidades musicales y sonoras del shakuhachi y este material de origen vegetal tan apreciado y respetado en Asia.

Galicia sobrepasa os 2.300 casos activos polo coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.306 deles 1.207 son da área da Coruña, 304 da de Lugo, 203 da de Ourense, 120 da de Pontevedra, 154 da área de Vigo, 212 da de Santiago, e 106 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 10 están en UCI, 66 en unidades de hospitalización e 2.230 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.889 persoas curadas, rexistrándose 632 falecementos. O número de PCR realizadas é de 302.859.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Rexistro de viaxeiros no 881 00 2021 e obrigatoriedade do uso da máscara

Lémbrase que as persoas que visiten Galicia nas vindeiras datas e procedan ou estivesen, durante os 14 días previos a súa chegada, nalgún dos territorios con alta incidencia epidemiolóxica incluídos na listaxe publicada no DOG do pasado 19 de agosto, deberán facilitar os seus datos de contacto ao Servizo Galego de Saúde, ben a través do teléfono 881 00 20 21 ou ben a través do formulario da web do Sergas.

Ademais, reitérase o carácter obrigatorio do uso da máscara tanto en espazos abertos como pechados, poñendo especial énfase na súa utilización nos locais e establecementos comerciais e de hostalería.

O concello de Redondela inaugura o panel dedicado a Pier Maria Baldi na Alameda Castelao

0

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas e o concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa, inauguraron o panel dedicado a Pier Maria Baldi. Situado na Alameda de Castelao, o panel reproduce a acuarela que Baldi debuxou en 1669 ao seu paso por Redondela e, por tanto, retrata a vista da vila varios séculos atrás.

Na imaxe distínguense algunhas construcións e elementos como o campanario da Igrexa de Santiago. Á vista deste panel, veciñas e veciños poderán comprobar os cambios acaecidos no urbanismo local ao longo dos séculos.

A reprodución da acuarela fíxose grazas á xenerosa colaboración da Biblioteca ‘Medicea Laurenziana’, de Florencia, e á iniciativa do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela.

Este panel completa a publicación no ano 2019, a cargo do Concello de Redondela, do libro de Manuel Puga dedicado precisamente ao paso de Baldi por Galicia e, en concreto, por Redondela.

Digna Rivas indicou que “facilitaremos o reparto dos exemplares que aínda temos no concello e que tiñamos pensado repartir durante o pasado curso escolar no contexto dunhas charlas nos institutos” e animou aos veciños e veciñas “a dedicarlle un minuto a este panel para coñecer o pasado da vila”.

O PP lamenta “a tala de árbores e falta de consenso” na humanización da rúa Redondela

O Grupo Municipal do PP lamenta a “falta de planificación e consenso” Goberno local que está a remodelar a Rúa Redondela “sen ter en conta as necesidades e peticións dos residentes nesta zona”, a firma a portavoz popular Belén Villar.

A portavoz popular subliña a eliminación de prazas de estacionamento sen que se habiliten outras novas na zona. Discrepan os populares tamén en deixar a rúa “dunha única dirección” e asegura que non se tiveron en conta as consideracións veciñais sobre ese asunto.

Os populares denuncian que actualmente só poden circular polo vial os residentes que poidan demostralo unha decisión que, ao seu entender, carrexa “graves prexuízos económicos” ás persoas que teñen negocios e hostalería na Rúa Redondela, motivo polo cal presentamos un rogo ao alcalde instando a que levante o veto de circulación”.

O PP considera que a eliminación do dobre sentido obriga aos vehículos “pesados e non pesados” a desviarse pola contorna do parque de As Pombas, decisión ao seu entender discutible xa que o que se fai é “cargarse a zona do parque de As Pombas derivando alí todo o tráfico”.

Por outra banda os populares, curiosamente, únense ás reivindicacións de Adenco, que denunciaron o “arboricidio” levado a cabo nesta rúa.

O rosal inicia os trámites para a recuperación da contorna da ermida de San Vicente

0

O goberno municipal mantivo unha reunión esta semana con distintas personalidades coa intención de traballar conxuntamente na posta en valor e recuperación do entorno da ermida de San Vicente, situada no lugar de Marzán. Á reunión acudiu a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, xunto cos concelleiros Carlos Villanueva, Ramón Fernández e a técnica forestal como representación do Concello. Estiveron presentes tamén na xuntanza veciñas de Marzán da Comisión de San Vicente, membros da asociación forestal ‘A Jalleira’ e o párroco da ermida, don Julio.

A ermida de San Vicente, da época medieval, posúe un entorno cun importante valor patrimonial, xa que nel se atopan tamén dous sartegos medievais escavados en pedra, un conxunto de catro muíños e un lavadoiro. A recuperación deste espazo e a limpeza forestal das súas inmediacións son de vital importancia para o concello, especialmente nunha situación de risco para o patrimonio existente na área, posto que son ocasionais os desprendementos de pólas de árbores que poden ocasionar danos estruturais.

O proceso de recuperación viuse dilatado no tempo debido á complexidade dos procesos burocráticos necesarios para tal fin, ao ser unha área na que son necesarios permisos de varias sectoriais (Patrimonio, Confederación Hidrográfica, Estrada Provincial e Medio Rural). Isto tórnase mais complexo ao estar a propiedade do entorno da ermida en mans de múltiples propietarios forestais, os cales precisan dirixirse a Medio Rural para solicitar unha corta dos eucaliptos das súas fincas.

Ante esta situación, o Concello do Rosal decidiu dar un paso á fronte establecéndose como un mediador, creando un modelo de autorización para que os propietarios lle cedan a súa autorización para xestionar o trámite con Medio Rural de forma conxunta. O obxectivo desta acción é axilizar o proceso e conseguir que teña viabilidade, colocando o primeiro chanzo deste obxectivo na reunión mantida esta semana.

Dende o Concello agradecen profundamente a colaboración das veciñas de Marzán da Comisión de San Vicente, membros de asociacións e demais partes presentes na xuntanza por colaborar coa recuperación e posta en valor dunha parte patrimonial fundamental para o municipio como o é a ermida de San Vicente e todo o seu entorno.

A Xunta concede máis de 100.000 euros para accións de mellora paisaxística no Camiño Portugués pola Cosa ao seu paso pola provincia de Pontevedra

A Xunta de Galicia vén de conceder axudas por importe de 107.858 euros para acometer accións de mellora paisaxística ao longo do Camiño Portugués da Costa ao seu paso pola provincia de Pontevedra. Neste itinerario foron beneficiarios os concellos de Vilaboa, Redondela, Valga e Pontecesures, así como 6 particulares doutros concellos como A Guarda, Oia, Caldas de Reis ou Pontevedra.

Esta liña de subvencións enmárcase no Plan de Embelecemento da Ruta Xacobea dotada cun total de preto de 1,2 millóns de euros. En virtude da mesma, o Goberno galego financiará o 75 % das intervencións propostas polos beneficiarios, entre as que figuran actuacións en elementos que xeren un impacto visual nos itinerarios ou a restauración de bens do patrimonio etnográfico galego.

Xunto con esta liña de axudas, o Plan de embelecemento da Xunta inclúe un proxecto piloto realizado en colaboración coa Fundación Juana de Vega e que permitiu analizar e propoñer solucións de mellora paisaxística para 45 puntos situados na Ruta Xacobea. Esta iniciativa, que contou co asesoramento da Escola Galega da Paisaxe incluíu a elaboración dun manual de boas prácticas neste eido que servirá como referencia nas actuacións financiadas ao abeiro desta liña de axudas.

Cinco ámbitos de actuación

En concreto, as subvencións incluídas neste plan enmárcanse en cinco ámbitos de actuación. O primeiro deles céntrase en a intervencións sobre elementos etnográficos e a súa contorna e inclúe accións de valorización, mantemento, consolidación ou restauración de fontes, lavadoiros, hórreos, pontes, muíños, valados ou calquera outro elemento de carácter tradicional vinculado á paisaxe e a cultura do lugar.

O segundo contempla actuacións sobre casas e eiras, como melloras nas fachadas e nas cubertas empregando materiais propios da zona; mentres que a terceira liña abrangue intervencións no espazo agrario co fin de reducir o impacto visual que xeran elementos en desuso ou abandonados sen interese patrimonial ou paisaxístico como naves, silos ou casetas. As axudas do Plan de Embelecemento do Camiño de Santiago complétanse con actuacións para incorporar a vexetación como elemento integrador da paisaxe ou actuacións nos trazados do Camiño co fin de substituír elementos do mobiliario urbano que polo seu estado de deterioro ou as súas características físicas resulten alleas á contorna da Ruta Xacobea.

Accións de mellora nos trazados

Entre os obxectivos do Goberno galego a través desta iniciativa destacan os de ofrecer a mellor versión de Galicia aos visitantes e contribuír a unha Galicia máis verde e próspera, favorecendo a protección e posta en valor dos distintos Camiños, aumentando a concienciación e sensibilidade sobre a Ruta Xacobea e fomentando a colaboración cidadá xunto coas administracións públicas neste eido.

Esta liña de axudas compleméntase coas diferentes actuacións impulsadas pola Xunta na antesala do Xacobeo 2021. Entre esas accións, e co obxectivo de que os distintos trazados cheguen a esta cita no mellor estado posible, puxéronse en marcha accións de mantemento e sinalización incluídas no eixo Soporte do Plan Estratéxico do Xacobeo 2021, que ten por obxectivo a mellora das infraestruturas dos Camiños de Santiago coa ollada posta no vindeiro Ano Santo.